Big Bad Wolf

Un novo xogo de rol para PC, Xbox One e PS4 está a ser desenvolto en Burdeos por un novo estudo, que ten por nome Big Bad Wolf.

Esta nova non tería a importancia que ten de non ser porque os fundadores desta nova empresa son extraballadores de outros estudos de alto nivel coma Blizzard, Ubisoft ou Cyanide. Do xogo que están a desenvolver pouco ou nada se sabe polo de agora máis aló de que é un xogo de rol e as dúas imaxes que acompañan a esta nova.

The Witcher 3

CD Projekt Red publicou os requerimentos dun dos xogos máis agardados do 2014, lanzamento que rematou por moverse ata o 19 de Maio desde 2015.

A segunda parte da saga foi no seu intre un referente técnico absoluto, e esta terceira entrega é de supor que non quede atrás en canto a relevancia. O igual que no segundo xogo na súa época, os requerimentos non son para todas as máquinas, pero tendo en conta o antecedente, de seguro que paga a pena.

Deste modo, estes requerimentos quedan:

Requerimentos mínimos:

  • Procesador: Intel i5 2500K / AMD Phenom II X4 940
  • Memoria RAM: 6 xigas
  • Tarxeta gráfica: Nvidia GeForce GTX 660 / AMD Radeon HD 7870
  • Espazo en disco duro: 40 xigas
  • Sistema Operativo: Windows 7/8/8.1 x64
  • DirectX: 11

Requerimentos recomendados:

  • Procesador: Intel i7 3770 / AMD FX 8350
  • Memoria RAM: 8 xigas
  • Tarxeta gráfica: Nvidia GeForce GYX 770 / AMD R9 290
  • Espazo en disco duro: 40 xigas
  • Sistema Operativo: Windows 7/8/8.1 x64
  • DirectX: 11

Life-Is-Strange-gets-a-debut-trailer-release-date-revealed-620x350

Life is Strange, o novo xogo do estudo Dontnod que chegará ás tendas o vindeiro 30 de Xaneiro en versións para PC, PS3, PS4, Xbox 360 e Xbox One, desvelou os seus requerimentos mínimos e recomendados.

Requerimentos mínimos:

  • Procesador: Dual Core a 2 xigaherzios
  • Gráfica: Nvidia / ATI con 512 Mb de memoria
  • Memoria RAM: 2 xigas
  • Espazo en disco duro:
  • DirectX: 9.0
  • Sistema Operativo: Windows Vista.

Requerimentos recomendados:

  • Procesador: Dual Core a 3 xigaherzios.
  • Gráfica: Nvidia GTX 206 / ATI HD 4890
  • Memoria RAM: 2 xigas.
  • Espazo en disco duro:
  • DirectX: 9.0
  • Sistema Operativo: Windows 7.

 

Xbox One recibe un novo SDK

Por: Luns, 5 de Xaneiro de 2015, 12:00 COMENTAR

Xbox One recibiu un novo SDK o pasado 12 de Decembro, que supostamente é a causa da mellora de rendemento da máquina.

Deste modo, esta nova versión do SDK optimizaría a xestión da memoria eSRAM, que permite ós desenvolvedores facer operacións que ata agora non podían. A maiores destas mellora, supostamente os desenvolvedores son quen de activar e traballar con 7º núcleo do procesador da consola dende Outubro, o que permite aumentar o rendemento do mesmo ata un 15%, ca limitación de non poder usar o Kinect, xa que dito núcleo estaría dedicado ó seu manexo, polo que para poder aproveitar esa potencia extra a cámara ten que estar desactivada.

kinect

 

 

Microsoft anunciou que o Kinect orixinal, que apareceu en 2010 como un complemento para Xbox 360, deixará de estar nas tendas durante este ano 2015 que recén comenzou.

Deste modo, Microsoft despexa o camiño para a segunda versión do Kinect, que é o empregado pola Xbox One, que inclúe entre outras novidades a grabación en Full HD e a posibilidade de sacar todo o xugo ó SDK 2.0.

Alibaba podería desenvolver unha nova consola

Por: Mércores, 24 de Decembro de 2014, 13:00 COMENTAR

Segundo certas informacións, a compañía china Alibaba, unha das mais grandes cadeas de tendas dixitais podería estar a desenvolver a súa propia consola.

De ser certo o comentado, esta consola lanzaríase o vindeiro 2015 e competiría directamente con PS4 e Xbox One por características.

Platinum Games ten un novo xogo en desenvolvemento

Por: Mércores, 24 de Decembro de 2014, 10:00 COMENTAR

scaleboundlikenothgin-747x309

Yusuke Hashimoto, o director do xogo Bayonetta 2, confirmou nunha recente entrevista en Xapón que un novo xogo ainda non coñecido está a ser desenvolto no estudo.

Este novo xogo podería ser o xa anunciado Scalebound, unha exclusiva para Xbox One da que apenas temos algún dato a día de hoxe.

d4
A partir do vindeiro 1 de Xaneiro e ata o día 15 do mesmo mes, os membros Gold de Xbox Live para Xbox One poderán descargar de balde o «D4: Dark Dreams Don’t Die» (14,99 €).

mafia-3-game

Dende fai un tempo vense falando do desenvolvemento dunha terceira parte da saga Mafia, agora os rumores acadan un novo nivel.

Dito rumor ven dado pola aparición na web dunha coñecida tenda online das dúas versións do xogo, o que soamente faría que as suposicións de que o xogo estaría sendo desenvolto polo estudo Hangar 13 gañaran ainda máis forza.

Sebastian Loeb Rally Evo chegará en 2015

Por: Venres, 19 de Decembro de 2014, 10:00 1 COMENTARIO

car_photo_553921

O estudo Milestone atópase nestes intres no proceso de desenvolvemento do seu primer xogo propio, Sebastian Loeb Rally Evo.

Supomos que tentando repetir a fórmula que tivo tanto éxito no pasado cun título xa lexendario coma era Colin McRae Rally. O xogo anuncia que conta coa colaboración do nove veces campión mundial. Deste modo, anunciouse que o título terá un modo carreira no cal teremos que manexar a un piloto dende o máis baixo ata o cumio do mundillo dos rallies, contando para elo coa axuda do piloto francés.

O xogo, que sairá inicialmente en PS4 e Xbox One, ten como data de publicación outono de 2015.

Anúnciase Sniper: Ghost Warrior 3

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

sniperghostwarrior2_review_1

CI Games, o estudo encargado do desenvolvemento da terceira entrega da saga, anunciou que o xogo está a ser desenvolvido nestes momentos.

Aseguraron que o xogo será un AAA ambientado en Europa do Este e a gran novidade, non será un xogo lineal, de modo que poderemos optar polo sixilo ou pola forza bruta para resolver os problemas ante os que nos atopemos.

A data anunciada de publicación é o primeiro trimestre de 2016 e terá versións para PC, Xbox One e PS4.

Ubisoft arma un bo lío nas Xbox One

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 8:00 COMENTAR

assassins-creed-unity

 

Así é amigos, Ubisoft montou un bo lío con carto parche para Assassins Creed Unity en Xbox One.

Dito parche, que prometía arranxar os erros que tiña a versión anterior do xogo, converteuse nunha trampa para aqueles que tiñan instalado o anterior parche. Nestes casos, en lugar de baixar os 6,7 xigas, baixa os 40 do xogo completo.

Se es un dos afortunados que ten o xogo en formato físico, podes desinstalalo e volver a instalalo para que se baixe únicamente o parche, en caso de telo en versión dixital, vaste ter que tragar a descarga dos 40 xigas.