Assassin-s-Creed-4-Black-Flag-Gets-Brand-New-Screenshots
Ubisoft ven de publicar o anuncio que emitirán nas televisións norteamericanas para promocionar a nova entrega da saga: «Assassin’s Creed IV: Black Flag».

O lanzamento está previsto para o vindeiro 1 de novembro para as videoconsolas actuais, mentres que as videoconsolas de nova xeración e PC terán que agardar ao 22 de novembro.

f1-2013_1
Como ven sendo habitual cada fin de semana de Gran Premio, Codemasters ven de publicar un vídeo dunha volta rápida ao trazado no que se disputa a carreira, neste caso, no circuíto de Yeongam, onde o domingo se disputará o GP de Fórmula 1 de Corea.

Nesta ocasión, o monopraza escollido é o Marussia MR02 do francés Jules Bianchi

O xogo chega hoxe ás tendas con versións para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

need-for-speed-rivals
Neste novo vídeo da nova entrega da saga, Need for Speed: Rivals, creado polo estudo sueco Ghost Games, podemos ver os desafíos que terá que superar o xogador nas carreiras ilegais e persecucións para conseguir as melloras para o seu coche.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 22 de novembro para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

Posta de longo de GTA Online

Por: Martes, 1 de Outubro de 2013, 11:43 COMENTAR

actual_1380327011

Hoxe é o día no que Rockstar lanza GTA Online, a plataforma multixogador do ‘Grand Theft Auto V’ que está destinada a convertir Los Santos nunha cidade en constante cambio. Debido á expectación xerada, desde Rockstar ofrecen os horarios e detalles sobre o inicio de GTA Online na súa web.

Ler o resto da entrada »

halo-3
Dende hoxe, 1 de outubro e ata o vindeiro día 15, os membros Gold de Xbox Live poderedes descargar de balde o «Might & Magic: Clash of Heroes», tal como xa vos anunciaramos hai uns días.

Agora xa coñecemos o título que nos ofrecerán durante a segunda quincena deste mes de outubro e non será outro que o coñecido «Halo 3», título que xa anunciaran que incluirían nesta promoción, mais aínda non se sabía cando.

Lanzado ao mercado en setembro de 2007, foi o primeiro título da exitosa saga de Bungie para a Xbox 360.

Para os que non a coñezades, coa promoción «Games with Gold», a compañía Microsoft está a agasallar, dende o pasado xuño e ata o vindeiro decembro, con dous xogos ao mes aos membros Gold do seu servizo Xbox Live. Polo de agora, incluíron títulos principais como o «Fable III», «Assassin’s Creed II»ou «Dead Rising 2» e títulos arcade como o «Magic 2013» ou «Defense Grid: The Awakening», entre outros.

f1-2013_1
Codemasters publicou o anuncio para televisión do seu novo simuladorde Fórmula 1, o F1 2013.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 1 de outubro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

might-and-magic-clash-of-heroes
Segundo confirmou Microsoft, o título da primeira quincena de outubro dentro da promoción Games with Gold, coa que está a agasallar dous xogos ao mes aos usuarios cunha subscrición Gold a Xbox Live, será o Might & Magic: Clash of Heroes (Ubisoft, 2011).

“Xa está dispoñible para XBLA o premiado xogo Might & Magic Clash of Heroes! Vive a épica aventura de 5 novos heroes que deberán liderar aos seus exércitos para salvar o mundo de Ashan. Descobre unha mezcla única de RPG, batallas e crebacabezas e os novos modos de combate online e offline de ata 4 xogadores. – Desfruta de 20 horas de campaña no impresionante universo de Might & Magic e aprende incríbles combos – Lidera 10 faccións de heroes e feitizos, 40 criaturas con diferentes habilidades e máis de 50 artefactos. – Reta aos teus amigos tanto online como offline, 1 contra 1 ou no novo modo cooperativo 2 contra 2. – Aumenta a experiencia do teu heroe ata convertilo nun campión nos modos exclusivos online de batallas con ranking.”

Máis información do xogo en Xbox.com.

Micropagos en GTA Online?

Por: Martes, 24 de Setembro de 2013, 15:04 COMENTAR

gta 5 1

Coa repercusión que está a ter a quinta entrega de GTA penso que todos sabemos que o 1 de outubro chegará ás tendas GTA Online, do cal, aparte de que poderá soportar até 32 xogadores simultáneos, pouco máis se sabe.

Se cadra é porque Rockstar non quere dicir aínda todo… mais polo que parece GTA Online poderá contar con microtransaccións. Todo isto grazas a un usuario de Reddit que atopou un arquivo suxirindo o intercambio de diñeiro real, por virtual.

Concretamente o arquivo menciona o intercambio de diñeiro real por cheques de 100.000, 200.000, 500.000 e 1.250.000 dólares, acompañado do seguinte texto:

A pasta manda nesta cidade. Soluciona os teus problemas de diñeiro e date unha xudiña para conseguir o que queiras en Los Santos e Blaine Country coa compra de estes paquetes de diñeiro para GTA Online.

Todo o diñeiro mercado deposítase automaticamente na conta bancaria do teu personaxe. Gasta con cabeza, a terapia de diñeiro é breve.

Polo de momento non existe confirmación por parte de Rockstar, mais cando un rumor ten tantos detalles o seguro é que sexa verdade. Nos próximos días saberémolo.

É curioso o que podes ver neste mundo de píxeles, e unha das novas que máis chama a atención é a que estamos a presentar.

A famosa serie protagonizada polo bo do “Chavo” contará cun videoxogo propio de carreiras que sairá para consolas actuais, Xbox 360, Playstation 3 e PS Vita.

Foi o estudo mexicano Slang quen decidíu levar estes personaxes a un marco videoxoguil e concretamente copiando claramente ao famoso Mario Kart.

Deste xeito protagonizaremos frenéticas carreiras cun estilo visual moi “cartoon” no que iremos recollendo ítems para dificultar a chegada á meta dos nosos contrincantes. Sóavos verdade?

Aquí podedes ver o tráiler de Chavo Kart:

Pois parece que Ubisoft non quere deixar de exprimir a súa actual galiña de ouro, pero isto non será pasarse un pouquiño?

O que días atrás fora un rumor, hoxe a desenvolvedora confirma que Assassin´s Creed: Liberation (o título exclusivo e PS Vita) chegará a PS3, Xbox 360 e PC remasterizado en alta definición.

Segundo Ubisoft Sofia, os encargados deste “port” ás consolas maiores, non será unha simple revisión, senón que melloraron as mecánicas de combate, así como as animacións faciais e outras características xogábeis:

Revisamos as misións individualmente para ofrecer un maior rítmo e desafío. Traballamos moito no “frame rate”. O xogo irá fluído.

Polo de moemento non hai nin data, nin prezo.

O segundo título anunciado trae como nome de Assassin´s Creed: Pirates, un xogo para smartphones que aterrará no outono deste ano.

Pouco se sabe deste título, só que encarnaremos a un pirata sen moita experiencia que recorrerá os mares do Caribe en busca de tesouros. A continuación o vídeo.

En opinión persoal, nunca fun moi fan desta saga, mais incluso para aqueles fieles seguidores, non estaremos a ver demasiada sobresaturación de Assassin´s Creed?

f1-2013_1
Coincidindo coa celebración esta mesma fin de semana do GP de Italia de F1, a compañía Codemasters publicou este vídeo onde nos subimos, como non podía ser doutra forma no trazado italiano, no Ferrari F138 de Fernando Alonso para dar unha volta ao mítico Autodromo di Monza.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 4 de outubro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

xbox360slim
Agora que vai saír ao mercado a nova Xbox One, moitos preguntámonos: “Cando tardarán deixarán de lado a actual Xbox 360?”. Pois ben, polo de agora podemos estar tranquilos, pois, tal e como comentou Yusuf Mehdi nunha conferencia, a compañía Microsoft seguirá a dar soporte durante polo menos 3 anos máis.

Ademáis, tamén anunciou que teñen previsto lanzar máis de 100 novos títulos. Isto significa que polo de agora, vamos a estar servidos durante un tempo coa nosa “velliña 360”.

“Se lle botas un vistazo á Xbox 360, esa plataforma durou de sete a oito anos e seguirá durante outros tres anos. É incriblemente beneficiosa agora mesmo.”

“Seguiremos a investir na Xbox 360 e dous dispositivos poden funcionar ao mesmo tempo.”

“Non é tan sinxelo como que o día que lanzemos a Xbox One, a Xbox 360 xa non funcionará. Seguiremos a dar soporte para ela. De feito, imos lanzar máis de 100 novos xogos para a Xbox 360, así que aínda poderás xogar aos teus xogos, pero non na mesma caixa.”