Novo vídeo de The Conduit

Por: Xoves, 9 de Abril de 2009, 15:07 COMENTAR

Dende o anuncio deste xogo, convertéuse no que presumibelmente sería a salvación de Wii, e a entrada no mundo dos bos xogos. The Conduit ten unha pinta máis que aceptábel, aínda que nada ten que ver sobre as hipótesis, de que o seu apartado gráfico sería parecido ao nivel acadado en XBOX360, xa que xogos como Metroid Prime non lle teñen nada que envexar a este videoxogo.
Así, The Conduit será un FPS (First Person Shooter), no que haberá que disparar a todo o que se nos poña por diante. Esperemos que o gran lastre da Wii( a súa xogabilidade) esté á altura deste xogo.


Fai un mes, falábase da saída neste mes da cuarta parte de Project Zero, pois ben, parece ser que se trataba dun erro, xa que Nintendo, apresurouse a decir que non tiña pensado sacar este xogo en América nin en Europa.
Project Zero tratábase da continuación do clásico “survival horror”, que debuta na consola de Nintendo cun título desenrolado po Grasshopper, os creadores de No More Heroes.
Así, os amantes desta saga “paranormal”, terán que aguantarse, rillar unha parede ou repasar os tres títulos anteriores ata que se decidan a sacar este título por esta zona… se é que se deciden.

Política de márketing de Wii

Por: Xoves, 9 de Abril de 2009, 13:21 COMENTAR

Nintendo sempre foi sinónimo de calidade, con cada consola que sacaba ao mercado, o mundo videoxoguil sufría unha revolución. Está ben claro que isto cambiou.

Antes da saída da Wii, especulouse sobre o que sería a maior revolución neste ámbito, que cambiaría a nosa forma de ver os videoxogos. Pois ben, hoxe sabemos con certeza, que simplemente era parte do seu plan de márketing, e conseguírono, conseguiron que ata a xente , que non sabía nin sequera o significado de “pad”, coñecese esta consola.

Gastaron millóns e millóns en publicidade, a loxística comercial desta consola é tan perfecta, que atopamos Wiis, ata nos lugares máis insospeitados, repetiron ata a saciedade que os xogos tamén ían dedicados á xente maior( ou polo menos máis maior do habitual) ou aos nenos máis pequenos (e por suposto todos obedeceron)…

Así, hoxe en día, na maioría das casas é moi frecuente atopar un destes aparatos, algúns non saberán nin para que serve, outros encenderana cada vez que llo recorda a “todopoderosa” TV, outros usarana como pousavasos e existirá unha minoría que xogue por que lle gusta, sobre todo, rapaciños con mentes corrompíbeis.

Aínda así, despois de ver a atroz eficacia do seu márketing, penso con melancolía na antiga Nintendo, xa que a calidade dunha consola, non ben dada polas características da propia, senón polo repertorio de videoxogos, e sacando os cinco ou seis que fan sobrevivir a Wii, ¿qué nos queda?. Pois un xoguete caro, que grazas a súa política de márketing, consegue que a xente compre.

Así e todo, e con nulas esperanzas, gustaríame que na próxima xeración, Nintendo volvese a poñerse á altura dos seus inicios, invertindo máis en videoxogos e menos en publicidade, para tentar rescatar aos aunténticos xogadores, que fixeron de Nintendo o que foi.