Primeiro tráiler de Gladiator A.D.

Por: Xoves, 28 de Maio de 2009, 9:50 COMENTAR

Este é o novo proxecto de High Voltage Software para Wii, e creo que non  é necesario comentar sobre que pautas seguirá o videoxogo.

Unha vez que vemos o vídeo percatámonos de que o título se atopa nunha etapa moi prematura de desenrolo, porque a enorme cantidade de erros que amosa o tráiler é impresionante. Con isto, non entendo por qué os de High Voltage queren dar a coñecer a xogo tan rápido, tendo en conta que o tráiler non está en condicións de ser amosado. Así, só conseguen unha cousa,que os consumidores ignoren este título, e vexo totalmente normal, a mín desde logo, non me chama nada a atención.

Ju-On, medo?, non creo

Por: Xoves, 21 de Maio de 2009, 10:43 COMENTAR

Fai uns días anunciouse un novo proxecto para Wii. O título leva o nome de Ju-On e parecía que ía ser o videoxogo de Wii que nos faría pasar medo de verdade, con nenas con pelo por diante da cara, escuros corredores, e todos estes tópicos.

Pois agora chéganos este vídeo no cal vemos as reaccións dos videoxogadores ao probar este título (si, igual que fixeron no cine coa película REC), e polo que parece mete medo de verdade, pero un, que é desconfía ata dos dedos que escriben, pregúntase. Canto hai de real no vídeo?, porque se me intentan facer crer que un xogo consegue meter eses sustos, van mal.

A miña opinión?, puro márketing para o xogo, cos seus actores, coa súa habitación , co seu xogo que non asusta…

O absurdo dos periféricos de Wii

Por: Martes, 19 de Maio de 2009, 9:53 COMENTAR

Xa estamos acostumados a que Wii nos brinde con intencións totalmente inútiles, ben sexa polo wiitriciclo,wiimonopatín,wiigafas, e outra serie de proxectos que ben é que non saian á luz.

wiinutil 1 

wiinutil 3 wiinutil 2

Pero cando parecía que non había forma de superar estas atrocidades,algún ser (aínda está por ver se é deste planeta),chéganos cun proxecto revolucionario,conmovedor e tan útil como o wiipeluche,nada máis e nada menos que o…….DARDOMOTE.

wiinutil supremo

Sí, eu tamén me botei unhas risas, sobre todo polo cómodo que ten que ser…

En fín esperarei a que alguén se lle ocorra facer algo máis ridículo, aínda que para superar isto vai ter que esmerarse.

Periférico de Tony Hawk

Por: Venres, 15 de Maio de 2009, 11:32 COMENTAR

O deporte extremo volve ás nosas consolas, desta vez da man do skate, e na nova entrega de Tony Hawk: Ride teremos unha novidade consistente, a inclusión dun novo periférico en forma de monopatín.

Non teño moi seguro que vaia ser un éxito, tanto pola excisiva enormidade do aparato (hai monopatíns ben máis pequenos), como polo cansado que será xogar a este título.
Non digo que os primeiros días teña a súa graza subirse na táboa e simular saltos e outra peripecias similares, ademáis que tamén teremos que premer os botóns lateriais do periférico para conseguir novas acrobacias, pero, cánto durará esta motivación inicial?.
O mellor son eu, que prefiro o pad de toda a vida, pero se xogo é para relaxarme e non reventarme na miña habitación facendo o idiota.
Non sei como rematará isto, e aínda que me gusta que se proben cousas novas neste mundo tan igual, o pad tradicional, é o pad tradicional.
O vídeo que se amosa paréceme que pertence ás versións de Playstation 3 e Xbox 360 pero a Wii tamén recibirá no outono a súa ración de skate.

Volve ao mundo das predicións o tan coñecido analista de Wedbush Morgan, Michael Pachter e desta volta tocoulle o momento ao periférico que está por chegar á consola de Nintendo, o WiiMotion Plus.
Segundo Pachter, o periférico podería vender cerca de 10 millóns de unidades neste ano, e isto grazas ás posíbeis ventas dos xogos Sports Resort, Tiger Woods PGA Tour 10 ou EA Sports Grand Slam Tennis ( que todos eles incluirán o tan famoso accesorio).
O WiiMotion Plus, poñerase á venta en xuño (aínda non se sabe o prezo), polo que pronto saberemos se estas novas palabras de M.Pachter son verdadeiras ou falsas, pero tendo en conta as anteriores predicións , non estaría moi convencido.

Red Steel 2 só funcionará co Wiimote Plus

Por: Martes, 12 de Maio de 2009, 10:51 COMENTAR

O que nun principio ía ser un complemento voluntario do mando da Wii, agora parece que será obrigatorio para determinados videoxogos como na segunda parte do Red Steel.
Honestamente, penso que por moita sensibilidade que lle inclúan ao xogo ( cousa que dubido bastante), seguirá sendo unha boa idea destruída na man duns programadores.
Moitos xa saberedes o que opino de Red Steel 2, pero é que cada vez que escoito algo deste xogo,unha tristeza enorme acompañada dun sorriso malicioso invádeme por dentro.

Vídeo de Red Steel 2

Por: Martes, 5 de Maio de 2009, 12:42 COMENTAR

Aínda non me recuperei por completa da terrorífica noticia da segunda parte de Red Steel, e agora temos o vídeo que encandilará aos fanáticos da Wii. Ben é certo que o apartado Cell-Shading, séntalle mellor que o estilo do anterior xogo, pero síntome igual que cando anunciaron a primeira entrega.
Quéresenos facer crer que teremos o control absoluto da espada, algo que enganou a tanta xente, xa que a falsedade dos anuncios do primeiro Red Steel era pleno.
Se vos digo a verdade, Red Steel 2 dame moi mala espiña.

Michael Pachter:Unha nova Wii HD en 2010

Por: Domingo, 3 de Maio de 2009, 13:19 COMENTAR

Un dos personaxes que máis dá que falar neste mundo, volve a reaparecer. Despóis de soltar que estabamos ante a última xeración de consolas , agora contradí a súas palabras e dí:

“Non esperamos que a próxima xeración de consolas chegue no 2010 ou 2011, de feito é improbábel que o vexamos polo menos ata o 2013”, comentou.
Para argumentar esta opinión, aclarou que se espera un aumento da tasa de crecemento en software entre o 6 e 10% anual durante os próximos cinco anos, o que lles permitirá aos aeditores rentabilizar a inversión realizada nesta actual xeración.
O que Michael Pachter dixo con máis propiedade, é a inmensa probabilidade de que Nintendo saque unha nova Wii coa capacidade de soportar HD, algo que se vén rumoreando case dende a saída da consola.
Con esta nova versión, “equipará á consola de Nintendo coa tecnoloxía actual”, e estará prevista para 2010.

Feel, novo xogo de medo para a Wii

Por: Sábado, 2 de Maio de 2009, 18:30 COMENTAR

Parece que Nintendo quere aumentar o número de xogos para maiores, pero despois da pouca acollida que tivo Madworld e a escasa calidade de The House of the Dead: Overkill, xa non sei que pensar de este survival horror.
O proxecto chámase Feel, e será unha adaptación do film xaponés a maldición, asique todos sabemos con qué nos atoparemos.
Rapaces de pel vampiresca que aparecen e desaparecen, lúgubres e escuros corredores, cambios de cámara repentinos e todo englobado nunha atmosfera asfixiante.
Aínda non se sabe se dito xogo sairá de Xapón, pero se aínda queriades probar o project zero 4 , teredesvos que conformar con esta nova saga… se é que chega.

Información sobre Red Steel 2

Por: Mércores, 29 de Abril de 2009, 12:52 COMENTAR

Despois de xogar o nefasto primeiro xogo de Red Steel, creo que ninguén quedou cas ganas de ver unha segunda entrega, pero tranquilos que os de Wii saben como reventar todos os bos recordos que temos de Nintendo en consolas anteriores, e chéganos Red Steel 2.

O xogo deveráse usar co Motion Plus para disfrutalo ( risas), pero ademáis eliminaron o multixogador o cal extermina as pouquiñas ganas que teño de xogalo.

Tamén aseguraron que en partes do xogo poderase utilizar as dúas partes do mando da wii, para emular unha espada en cada man, ou unha espada nunha man e unha pistola noutra.

Tapeando na wii en Let´s Tap

Por: Venres, 24 de Abril de 2009, 19:15 COMENTAR

Parece que a Nintendo lle vai bastante ben, asique non deixa de lado a súa técnica de tentar atrapar consumidores infantís e fácil saciábeis con títulos tan ridículos como este.
O mecanismo é o máis sinxelo que podemos atopar, golpearemos coa palma da man sobre un periférico cadrado ( así poden aumentar o prezo deste proxecto), para que o protagonista avance polo escenario, todo detallado cuns gráficos propios de calquera videoxogo da SNES.
A degradación desta compañía ( en relación á calidade) é constante.
O que foi Nintendo e no que se está convirtindo.

Novo vídeo de Dead Space Extraction

Por: Xoves, 9 de Abril de 2009, 19:21 COMENTAR

Wii, adaptará nos seus circuitos, unha versión do xogo Dead Space(Xbox360 e Play3),que tan boas críticas recibíu, dende a súa saída. Esta vez, en vez de ser un xogo en terceira persoa , será un shooter en primeira persoa, co que tentará transmitir o medo, que xa transmitía o anterior.
Graficamente, non se pode comparar co das outras consolas de mesa, pero para ser a Wii, o resultado é máis que satisfactorio.
Ademáis se conseguen que sexa adictivo, debería ser unha compra obrigada, para os posuidores desta videoconsola.
Aquí vos deixo o novo vídeo, para que contempledes, que o xogo está evolucionando dunha maneira moi satisfactoria.