Nintendo Wii Supreme

Por: Luns, 21 de Decembro de 2009, 18:31 COMENTAR

Que hai xente que está pillada da cabeza xa é sabido por todos, porque se non a que ben facer unha wii completamente de ouro e 78 diamantes. Eu aínda non o entendo , aínda que se foi para chamar a atención saíulle o tema ben, xa que se convirteu na consola máis cara da historia, cun prezo de 490.000$. O mellor de todo é que para xogar con ela necesítase o mando de plástico normal para contrastar…

Nos tempos que corren, andan ou coxean, e que se gasten millóns en crear un simple adorno, pensándoo ben, como todas as Wii… Paseime?,uuuuhhh, que malo sooooon.

NWIISupreme

Media hora con DJ Hero

Por: Domingo, 8 de Novembro de 2009, 16:11 COMENTAR

dj hero pantalla

Por moi mal que me fixesen pasar a porquería de instrumentos do World Tour , sempre tiven certa debilidade por esta saga musical, e aínda que non comparto a idea de Activision de facer un copia e pega en cada título de Guitar Hero, sen engadirlle practicamente ningunha innovación, sempre acompañei a esta saga desde a segunda entrega.

Agora, pretenden darlle un certo xiro á constancia da estratexia e arríscanse cunha nova versión, e desta volta deixan a un lado as guitarras, baterías, etc, e adéntranse no mundo dos DJs. Eu estiven durante un bo anaco probando este título , e o primeiro que me chamou a atención foi o periférico. Continúa o plástico peculiar de todos os instrumentos anteriores ( sobre todo na batería ), pero o disco de distorsión compleméntase cun material bastante agradábel , dándolle así un modelado máis profesional.

Algo do que se agradece de DJ Hero, é precisamente a obrigación de empezar de cero, non vale iso de , “como xa xoguei a todos os Guitar Hero anteriores, pódome afrontar a este título, que a mecánica é a mesma “, asegúrovos que isto non vale, comprobado.

Por suposto, a temática é moi similar, vemos caer notas en pantalla e debemos pulsar o botón correspondente no momento adecuado, aínda que a diferenza dos anteriores títulos, só temos tres notas, pero tranquilos, que a dificultade está moi presente no videoxogo. E por qué é difícil?,porque aínda que só haxan tres notas temos que levar a cabo máis funcións, mover o disco de distorsión da forma adecuada e no momento adecuado ( preméndo ao mesmo tempo os botóns correspondentes ), dirixir a línea de son coa man esquerda, (exemplo : cada vez que pulsamos un botón correctamente, unha línea de luz parte desa nota, este luz deberémola dirixir á esquerda, o centro ou á dereita dependendo do carril da nota que se nos amosa en pantalla.), distorsionar o son cando se nos indique…

Se lle engadimos que todo isto terémolo que facer ao mesmo tempo para que a peza soe correctamente, teremos un reto ante nós, sobre todo en dificultades superiores.

Quizais as cancións non teñan tanta forza como nos Guitar Hero ( iso que me gusta o Hip Hop ), pero enganchan dunha forma familiar, tan familiar que me recorda a miña primeira vez que probei o Guitar Hero.

Como dixen, gústame a idea de ter que empezar de cero nun título destas características, que xa estaba farto de pasarme moi rápido cada título de Guitar Hero que adquería, e isto é normal, xa que unha vez que controlas máis ou menos a guitarra, as cancións sáenche, e de feito os mellores recordos que teño de Guitar Hero foi no meu período de aprendizaxe. A primeira vez que fixen cinco estrela en modo experto flipei.

Aínda así, súrxeme unha dúbida con respecto ao DH Hero. Será máis doado controlar a “mesa “ de DJ, que controlar a guitarra?. Eu recordo que pasei meses viciándome ao Guitar Hero , porén , aínda que a primeira impresión do DH Hero é a súa dificultade, pronto lle fun collendo o tranquillo ( nunha dificultade moderada por suposto ), e conseguín tocar algunha peza que soaban bastante ben, e iso que era a primeira vez que me afrontaba a este título.

En fín, aire fresco ( deixémolo en aire semifresco ), que Activision nos ofrece, pero machacando a mesma temática conseguen unha cousa, enganchar.

Rebaixa de Wii

Por: Domingo, 20 de Setembro de 2009, 19:00 COMENTAR

oferta WII

Eu comprendo que fai dous anos a Wii arrasara no mercado, xa que o prezo das outras duas consolas era bastante superior a esta. De fai un ano para adiante a consola de Microsoft comezoua baixar a seu prezo ata límites verdadeiramente sorprendentes ( tendo en conta a calidade da 360 e dos seus xogos ). Aquí xa me comecei a preocupar porque a Wii aínda se mantiña de forma esaxerada como a consola máis vendida do mercado.

Certo é que o márketing da consola de Nintendo foi de matrícula, pero sendo honestos, a calidade dos títulos que saían ao mercado deixaban bastante que desexar. Solución?, comezouse a crear unha burbulla na que se mencionaba que o apropiado para calquera xogador, era ter unhas das dúas consolas competidoras (Play 3 ou Xbox 360 ) combinada cun Wii. O resultado foi inmellorábel, así, a consola branca de Nintendo invadíu a maioría dos fogares.

Pero o conto comezou a cambiar, e se a 360 era a mellor consola referente á calidade/prezo , Sony decidíu tomar medidas ao asunto e crearon a Slim acompañado dunha rebaixa considerábel, 300€ . A rebaixa levada a cabo neste ano polas dúas compañías competidoras, non lle debeu agradar moito a Nintendo, xa que , sobre todo en territorio americano o descenso de ventas da Wii decaeu nun 50 %.

Era normal, a 360 máis barata que a Wii, e agora a Play 3 só a 50 € máis “ca” esta.

Pero por fin, ou eso parece, porque Nintendo non contesta aos rumores ( aínda que se deu a coñecer esta noticia nunha conferencia orientada ao comercio minorista ) , a contestación desta compañía a estas circunstancias é inminente, xa que o 27 de setembro a Wii venderase a 199 $. Supoño que Nintendo non comenta nada para facer vixente esta nova nalgunha feira próxima, e así matar dous paxaros dun tiro. A decir verdade, isto está previsto para o territorio ianqui, pero debido á crise de ventas que esta a sufrir Nintendo coa Wii, moito me temo que se extenderá de forma rápida para todo o territorio. E a verdade, xa me estaban tardando nesta rebaixa, porque gastar 250 € na Wii tendo a 360  a 180 € ….

Segundo resumo da Gamescom

Por: Xoves, 20 de Agosto de 2009, 16:57 COMENTAR

Como as noticias nesta feira de videoxogos ( e en todas ) saen á luz cada minuto, o meu propósito é resumir de forma clara e breve o máis importante do sucedido por Alemania. Se xa fostes lectores ( máis ben espectadores) do anterior reportaxe, non deberiades perdervos a súa continuación. Comezamos.

  • Rumor sobre se Sony pode sacar ao mercado unha Playstation 3 Slim de 250 GB
  • Vídeo do modo historia de Tekken 6

(Non debería ter mellor pinta?… a min ségueme sen convencer)

god of war 3 img

god of war 3 img 2

god of war 3 img 3

  • Imáxes de Ratchet & Clank: a Crack in Time

r&c 1

r&c 2

r&c 3

  • Imaxes de Echoshift

echoshift 1

echoshift 2

echoshift 3

  • Anuncio de Phantasy Star Portable 2
  • Novo tráiler de Saboteur 
  • Novo vídeo de Zelda: Spirit Tracks

  • Novidades de Borderlands : moitísimos elementos RPG, mellora de habilidades de personaxes, puntos de experiencia, multixogador cooperativo a catro xogadores…

Ata aquí chega o resumo de hoxe, e como podedes aprezar as imaxes comezan a antepoñerse aos vídeos, polo demáis, igualiño que días anteriores, moitos avances pero moi poucas novidades.

Esperemos ás próximas horas para observar máis avances, e se temos algo de sorte ( que o dubido ) algunha nova interesante.

Resumo da Gamescom ata o momento

Por: Mércores, 19 de Agosto de 2009, 19:07 COMENTAR

Se aínda non vos enterastes das últimas novidades que se produciron na feira Gamescom, tranquilos, que vou a proceder a resumirvos de forma clara e concisa, todo o que se amosou até o momento.

  • FIFA 10 permitiranos colocar a nosa cara no propio xogo
  • O 17 de setembro teremos novo tráiler de Brutal Legend
  • A data de saída de Dante´s Inferno será o 12 de febreiro
  • Novo tráiler de Mass Effect 2:
  • Bad Company 2 chegará ás tendas o 5 de marzo de 2010 ( especial atención ao modo multixogador).Novo tráiler:
  • Tráiler da expansión de Os Sims 3:Trotamundos:
  • Novo tráiler de Dragon Age: Origins:
  • Vídeo de Need For Speed : Shift:
  • Confirmación de Playstation 3 Slim: Prezo ( 300€ ), Disco duro ( 120 GB), 32 % máis pequena, pesará un 36 % menos e consumirá un 34 % menos de electricidade, continúa coa incompatibilidade cos xogos de PS2 :

ps3 slim

  • Novo tráiler de Heavy Rain, novo personaxe de Heavy Rain ( por agora , a historia que mellor pinta ten do xogo)
  • Novo firmware 3.0 de playstation 3 :

 

  • Novo título para Playstation Network, Dead Nation (zombies, zombies e máis zombies)
  • Xogos “Minis” para PSP e PSP GO .Estos xogos fan referencia a pequenos videoxogos que non chegarán nin a 100 MG en descarga e que terán un prezo máis asequíbel. Desde Kotaku confirman varios títulos.( Eu penso que por estos xogos non deberían cobrar nada).
  • Anunciado Fable III (Como sempre exclusivo de Xbox 360).
  • Novo vídeo ingame de New Super Mario Bros Wii:

 

  • Primeiro tráiler de PES 10:
  • Novo vídeo de Ratchet & Clank: A crack in time:
  • Novo vídeo de MGS: Peace Walker:

 

E ata aquí chega o máis representativo que se víu no Gamescom. Xa vistes, poucas novidades , pero moitos avances en forma de tráilers, in-games, teasers… e outras formas de captar a atención corrupta do videoxogador.

Proximamente presentareivos máis resumos esquemáticos do que se coce por aqueles fríos territorios. Informar , heivos informar.

Que a segunda parte de Modern Warfare vai ser un “vendeconsolas”, “vendegafasnocturnas” e “vendeetc” xa é sabido por todos. Tendo en conta a enorma calidade do primeiro xogo, case podo entender estas ansias dos xogadores por botarlle o dente a este CoD, pero o resultado é incríbel, xa que coa falta de máis de tres meses para a saída do título, Modern Warfare 2 xa foi reservado por 627,567 usuarios da Xbox 360 e 196,541 posuidores de Playstation 3, e isto só en territorio americano.

40 reservas

Como vedes, ao título non lle vai faltar compradores. Ademáis podedes ver o top 40 xogos reservados. Nunca pensei que Uncharted 2 baixase ata case a metade da táboa.

Cando falamos de Madworld, xa asumimos directamente que o vermello predominará no escenario ( e máis sendo un xogo en branco e negro), pois parece que nun inicio ( antes de pasar polos cabronazos  filtros de restricción ) a violencia plasmada no título era aínda maior que no resultado final.

Así se amosa no seguinte vídeo sacado en gametráilers , no cal o protagonista empala a un inimigo coas súas propias armas, rematando cun lanzamento do inimigo ao ceo, provocando así unha choiva de sangue.

Ghostbusters_XBOX_360_OWP_v4.5.indd

Nome: Ghostbusters: the videogame
Desnrolado por: Terminal Reality
Distribuído por: Atari
Xénero: Shooter terceira persoa
Multixogador: Non
Modos online: Non

Cando nos referimos aos Cazafantasmas, a todo o mundo lle ven á cabeza a xenial banda sonora dos filmes, os comentarios sarcásticos dos catro personaxes, a súa peculiar forma de darlle caza aos fantasmas… e toda unha serie de características propias que fixeron dos cazafantasmas un fenómeno de masas.

Agora chega ás nosas mans o seu videoxogo, un título caracterizado por un guión e unha historia saída das propias mentes de dous dos actores que daban vida aos cazafantasmas, isto conleva unha perfecta cohesión entre as historias dos filmes e o propio videoxogo, algo que se debe aprezar, pero comecemos polo principio.

ghostbuster 1

Nós controlaremos a un quinto cazafantasmas, “un novato” que se une a este equipo e que lle tocará levar a cabo as misións máis sucias ( por algo é o novato), desde a incursión nun edificio encantado, ata o adentramento nunhas cloacas. Por sorte non sempre iremos sós, ao contrario, na maioría das veces estaremos acompañados por algún dos cazafantasmas, o cal teremos que salvar sempre que quede inconsciente e viceversa (por qué non quixeron incluír un modo cooperativo?).  Así, percorreremos diferentes localizacións dando caza a entes paranormais . Básicamente diferenzamos dous tipos de fantasmas, os que debemos capturar, facendo uso do clásico capturador de fantasmas ( deberemos debilitar ao dito ente ata que as súas  forzas mermen, unha vez feito isto, lanzarémoslle o noso capturador para que absorva ao fantasma ), e os que simplemente temos que eliminar ( deberemos sacarlle toda a vida para que desaparezan). Unha vez diferenzado estas dúas clases, sobra dicir, que teremos moitas clases de seres sobrenaturais, xigantes, invisíbeis, voadores, etc, etc e cada un cun coa súa propia característica, desde lanzar raios ata adoptar calquera personalidade. Como vedes, na variedade está o gusto.

Para facerlle fronte a todo este elenco de fantasmas, contaremos cun total de catro armas, un lanzador de raios, unha especie de recortada “fantasmal”, un lanzador de “mucosa” e un  prototipo de metralleta. Aínda que cada arma conta con disparos secundarios, a escaseza de armas resta emoción ao título, obrigándote a eliminar a cada ser , máis ou menos da mesma maneira. Tamén contamos coas gafas de visión fantasmal, que nos serve tanto para localizar aos fantasmas máis “escurridizos”, como para atopar obxectos sobrenaturais ( estes obxectos sérvenos para completar esta misión secundaria, ademáis, con cada obxecto que atopamos, cóntanos a historia del, detalle que pode gustar aos máis seguidores dos “ghostbuster”).

ghostbuster 2

Se falamos do apartado técnico, temos que mencionar unhas texturas bastante “lisas” pero compensado de sobra cuns escenarios completamente cheos. Olvídate dese baleiro que nos atopamos en moitos videoxogos, xa que en “Ghostbuster” cada localización está repleto de cousas, de obxectos que parecen insignificantes pero que en todo o seu conxunto, fan que os escenarios deste título parezan cheos de vida. Unha pena que os seus creadores non quixesen dar un toque máis adulto ao videoxogo e dotasen aos personaxes desas texturas tan “lisas”…

Conforme ao control, contamos cun movemento en terceira persoa ( a excepción do uso das gafas) aínda que en accións como correr ou esquivar o movemento faise demasiado robótico. Tamén lle temos que sumar a enorme duración dos tempos de carga cada vez que morremos ( tanto que mentras esperamos incluso se permiten o luxo de amosarnos uns vídeos mentres escoitamos a canción mítica dos cazafantasmas). Sorte que non perderemos demasiadas veces, xa que a dificultade non é moi pronunciada, só veremos unha certa dificultade na última recta final do videoxogo.

A duración do modo historia non chega ás 10 horas, polo que se une á cantidade de xogos efímeros, ademáis o título non nos chega doblado ( si traducido), polo que teremos que ir lendo os diálogos mentres avanzamos, algo que se pode facer algo engorroso, e asegúrovos que non vos deberedes perder de vista ningún dos diálogos, xa que a simpatía que emiten estos textos faranche saír máis dun sorriso, algo verdadeiramente difícil de atopar nun videoxogo.

O resultado final é un xogo entretido pero con bastantes carencias, polo que se teño que cazar fantasmas, sigo preferindo o Ghosthunter.

Nova batería de Guitar Hero

Por: Xoves, 16 de Xullo de 2009, 19:50 COMENTAR

A quinta parte de Guitar Hero estará acompañada por un novo periférico para simular a batería. Como se pode apreciar, o deseño é prácticamente idéntico á anterior versión, coa única diferenza presente nos platillos, que nesta ocasión serán completos ( non como o tercio de platillo da anterior batería).

Aínda que o que realmente habería que preguntarse é si a calidade ( e precisión ) será tan mala como o anterior periférico,( e non me fagades recordar a miña tráxica historia cun destos packs de Guitar Hero), xa que os golpes non estaban plasmados ao 100% ( nin sequiera ao 60%), os parches fallaban ao pouco tempo e se te atrevías a aumentar a súa sensibilidade cun cable que tiñas que pedir, desestabilizábanse todos os parches e víaste sumerxido nun caos irremediábel.

¿Estaremos ante uns plásticos inútiles en forma de batería?¿Sentirémonos tan enganados como a anterior ocasión?¿Volverán aproveitarse do tirón de Guitar Hero para meternos outro irrisorio periférico?

Moito me temo que…

batería GH5

Falla o WiiMotion Plus?

Por: Luns, 15 de Xuño de 2009, 16:44 4 COMENTARIOS

Como todos supoñemos, o WiiMotion Plus non vai ser a maravilla infalíbel que nos están vendendo.

Navegando polas redes atopeime con este vídeo que o mostra en todo o seu esplendor. Tampouco debemos ser tan mal pensados, pode ser do xogo, pode ser do xogador, pero hai moitísimas probabililidades de que sexa cousa do novo accesorio.

Non sei vós, pero a mín non me sorprendeu nin o máis mínimo este vídeo.

Parece que Nintendo, no seu afán de destruírse, busca solucións rápidas para perder a pouca reputación que lle queda nesta actual xeración, porque se non , que alguén me explique a nova patente da compañía. O proxecto chámase Demo Play , verémolo por primeira vez no New Super Mario Bros de Wii, e basicamente tratarase de pausar o xogo e mirar como a propia máquina xoga por nós.

“En New Super Mario Bros para Wii, se o xogador experimenta dificultades nunha zona, isto  permitiralle superar o nivel e volver a tomar o control cando estén listos… Pensamos introducir esta tecnoloxía en máis futuros lanzamentos”

Primeiro Nintendo quixo deixar a un lado aos xogadores expertos ( e os que fixeron de Nintendo unha das mellores compañías de videoxogos, nos seus inicios, claro), e tentaron atraer a mulleres embarazadas, señores que non saben nin que é un pad, rapaces que non diferenzan entre un xogo bo e unha bazofia… pero Nintendo non estivo a gusto, e parece que con Demo Play quere chamar a atención de persoas centenarias, fetos e persoas que teñen metos motricidade dactilar que Bush escribindo un texto.

Ademáis tendo en conta que a dificultade dos Marios xa é bastante limitada, non me explico qué persoas quedarán atascado nel, e se pretenden seguir con isto en próximos título, onde queda o placer de repetir a fase as veces que faga falta ata atopar a solución?

Ademáis para mirar como xoga a máquina por mín, para iso vexo un filme , que non vexo eu a diversión en ver como Mario se move el só, ata pasar de nivel.

En fín, outro paso que dá Nintendo cara atrás para ir completando a súa degradación.

wii jaja

Artwork do próximo Zelda de Wii

Por: Venres, 5 de Xuño de 2009, 9:13 COMENTAR

Fai uns días, o mestre Miyamoto concedeu unha charla a porta cerrada para confirmar e desvelar algún detalle sobre o próximo Zelda de Wii. Esta pequena reunión ocompañouna dun Artwork do propio xogo que non tardou en chegar á rede.

Así, preséntovos esta imaxe que pouco aclara do propio xogo, pero que será suficiente para que os incondicionais de Zelda comecen a crear a súa propia película.

Parece que estamos ante un Link adulto, o cal está protexendo a un segundo personaxe feminino que ben pode ser unha Zora ( aínda que non é nada seguro). Esperemos para ver a segunda incursión desta saga na Wii.

artworkzelda