Mario Sports Mix para 2011

Por: Xoves, 28 de Outubro de 2010, 14:37 COMENTAR

Este xogo que fora presentado no moi descafeinado E3, parece ser que finalmente sairá á luz para o vindeiro ano, mentras, como acontece habitualmente, en Xapón poderán probar a súa calidade o 25 de novembro.
Lonxe de desmotivarnos,será mellor que saibades algúns dos datos novos que se presentaron.
Primeiro, decir que será desenrolado por Square Enix e que os xogos que abarcará serán o baloncesto,béisbol,balón prisioneiro e hockey, ademáis están confirmados 16 escenarios, e todos estilo mariescos, polo que xa podedes esperar como serán os escenarios….colorido,diversión e orixinalidade.
Tamén debemos mencionar que o título traerá minixogos cos que pasar as horas e coa tradición que ten Nintendo neste aspecto podemos asegurar que serán do máis divertidos (espero non ter que tragar as miñas palabras).
Agora mesmo estou nun conflito mental con este título,estará á altura dos xogos de Mario?,ou simplemente será un pseudo-proxecto para calmar as ansias dos neo-nintendeiros.

Queredes trucos?, pois Trucoteca

Por: Martes, 21 de Setembro de 2010, 17:50 2 COMENTARIOS

trucoteca

Sei que moitos de vós andades con truquiños para empregar en videoxogos, e aínda que é algo que non estou nada de acordo ( os xogos son para desfrutalos de forma natural, sen axudas ), a realidade é que estos trucos son moi utilizados.

Pois para todos eles, podedes entrar en Trucoteca, unha páxina na que se especialiazaron xustamente nesta temática.

Aquí podedes realizar case calquera opción con este cometido, incluso descargalos directamente para unha maior comodidade ou resolver as vosas propias dúbidas cunha gran selección de guías de videoxogos.

Agora incluso crearon unha rede social na que agasallan videoxogos todos os meses.

Xa vedes,se estades buscando guías ( as cales son moi útiles para pasar ao 100% os videoxogos), ou saber os logros dun determinado título, trucos,parches ata os análises máis recentes, pasade por esta páxina.

Máis amor de Kirby

Por: Xoves, 2 de Setembro de 2010, 18:23 COMENTAR

A Wii espera dous grandes títulos que non consigo sacar da cabeza, o regreso de Donkey Kong e unha nova aventura da bola rosa traga obxectos.

Deste último amósovos outro tráiler que revosa amor e preciosidade por todas as beiras,e tamén sabemos o fío argumental que seguirá Kirby.

O noso protagonista atopará unha froita e non se da resistido de comela, pero este manxar non estaba abandonada e o seu dono, enfadado, atrapa a Kirby cunha especie de calcetín máxico que o transportará a un mundo no que todo está feito de cordel.

O argumento non é do mellor, pero se vai ser tan divertido como era Kirby nos seus inicios firmo xa a compra, e polo que se pode ver ten toda a pinta de que o consiga.

Desfrutade deste minuto delicioso.

Análise de Dead Space Extraction

Por: Mércores, 25 de Agosto de 2010, 11:11 2 COMENTARIOS

dead space extraction 1

En primeiro lugar gustaríame saudar a todos os que len este blogue pois é a miña primeira colaboración nel. Tratarei de facelo o mellor que poida, pois ata o de agora nunca fixera análises e artigos sobre videoxogos.

Tamén me gustaría aclarar que os meus artigos serán sobre xogos para PC e Wii, que son os sistemas que teño, e que aparte diso, probablemente na maior parte dos casos non serán sobre xogos moi actuais por razóns basicamente de tempo. Teño moito menos tempo do que me gustaría para poder xogar e polo tanto rematar os xogos lévame tamén mais.

Aclarado isto comezo a análise de Dead Space Extraction para Wii:

Recordo a grandísima sorpresa que levei cando xoguei a Dead Space no meu PC. Tratábase dun shooter en terceira persoa con toques de Resident Evil e ambientado nun futuro no que a humanidade quedaba sen recursos e tiña que explotar outros mundos para sobrevivir. Isto non é moi orixinal, pero misturado con toques de Terror, bastantes elementos de Rol (as armas, armadura son persoalizables e pódense mellorar), e cunha ambientación e guión soberbios daban como resultado un xogazo coma poucos deses que te enganchan totalmente ata que os finalizas.

A alegría que levei o ler nos medios especializados de que se estaba a levar a cabo un novo episodio ambientado antes do orixinal e para a consola de Nintendo so se viu reducida o saber que sería un Shooter on Rails. Pero pouco a pouco íase filtrando información, fotos e vídeos e todo invitaba o optimismo. Os que temos unha Wii sabemos que a pesares que temos grandes xogos para a nosa consola, normalmente os xogos de terceiras empresas non son precisamente obras mestras, pero tanto Electronic Arts como Visceral Games prometían un xogo cun nivel técnico coma nunca se vira na Wii.

E non nos enganabamos, non. O xogo ten un nivel técnico sobresainte e explota case que o 100% a potencia da consola. Pero había un problema, sobre todo para os que vivimos no estado Español, i é que o xogo non viña traducido nin dobrado o castelán (xa non digo nada do galego). E nun On Rails digamos que é imposible ler, traducir e disparar o mesmo tempo, e mais si aínda o nivel de Inglés que ten un servidor e tan malo. Coma min, supoño que moitos terían o mesmo problema, e o xogo foi un fracaso de vendas no noso pais. Todas as esperanzas postas no xogo tiradas polo chan…

Gracias a Deus, ou mais ben a un grupo de xente moi xenerosa (Team Extraction) , o cabo duns meses puidemos desfrutar dun parche que traducía todos (si, todos, non só os subtítulos) os textos do xogo a lingua de Cervantes; co que o fin podía xogar polo menos entendendo e non intuíndo. A análise farase sobre a versión traducida.

Despois de esta quizais demasiado extensa aclaración e introdución, comeza o análise do xogo en cuestión:

Dead Space Extraction

Como xa comentara anteriormente o xogo encadrase dentro dos shooters en primeira persoa sobre raís. Como sabedes este é un xénero que se adapta perfectamente ca Wii, xa que o método de control é o mellor para este tipo de xogos, apuntar e disparar. Si ben este tipo de xogos son o paradigma da linealidade, o non permitir ver mais co que o creador quere que vexamos; Dead Space Extractión “innova” o deixarnos en certos momentos xirar a cámara para ver o redor noso e normalmente poder aprovisionarnos de munición e outros items. Tamén en certos momentos nos permite escoller o camiño que queremos seguir. Cada certo tempo teremos que ter bo pulso para facer unha serie de soldaduras en circuítos a modo de puzles, que nos permitirán avanzar na historia. Segundo avance a historia estas soldaduras serán mais complicadas de realizar e en certos momentos verémonos obrigados a disparar e soldar a vez.

No xogo tomaremos o rol de diferentes personaxes, catro en total, aínda que non hai diferencias entre eles, excepto as armas que portan dende o principio. Estes personaxes serán un mineiro, un policía, unha científica e un militar. Todos eles estarán relacionados con Lexine, que sen tomar nos o control dela en ningún momento, é a protagonista da historia.

Disporemos de diferentes armas, como a básica remachadora de cravos, pasando por pistolas, subfusil, e as típicas de Dead Space, como a serra circular, o canón de enerxía, o arco voltaico…etc Todas estas armas dispón dun modo secundario que nos permite obter novas funcionalidades das armas. Estas tamén son susceptíbeis de ser melloradas, con actualizacións que recolleremos durante a aventura e que nos permitirán aumentar o número de disparos do cargador ou a potencia da arma. A parte das armas, tamén disporemos dun raio gravitacional que nos permite acercar as cousas, é que usaremos para recoller ítems ou obxectos susceptibles de ser lanzados como caixas, bidóns explosivos, etc. Tamén disporemos dun raio paralizador que ralentiza tanto os inimigos coma os obxectos no escenario, e que nos será tremendamente útil para avanzar na historia. Outro característica que temos a nosa disposición e poder usar o nunchaco para dar golpes cunha machadiña cando nos vexamos moi agoniados polos inimigos, ou mentres recargamos. Dicir que o control está perfectamente implementado e non costa nada facerse co dominio deste.

dead space extraction 2

A ambientación e guión do xogo son perfectos e están divididos en 10 episodios. En todo momento estás dentro de Dead Space (recomendo xogar ao orixinal primeiro, pois vale a pena e entenderás mellor este), cos seus corredores, habitacións, tuneis, paseos espaciais, etc. O único que se resinte un pouco, é a sensación de “mal rollito” que no primeiro Dead Space era maior, pero supoño que será culpa do seu paso polo onrails. Os diálogos están moi ben levados, e enseguida captas coma é cada personaxe, cas súas virtudes e defectos (Algúns ten mais defectos que virtudes). Os inimigos son os mesmos que no orixinal, pero son moi variados e cada un esixe un modo de combate, ou unhas armas mais adecuadas, aínda que basicamente consiste en disparar as extremidades dos monstros para facelos cada vez mais lentos e menos perigosos. Existen xefes de fase, e aí dende o meu punto de vista hai un problema, pois creo que non están colocados por orde de dificultade (supoño que é culpa do guión). Dicir que mais ou menos o xogo costa rematalo entre unhas 8 e 10 horas, quizais é un pouco corto, pero si intenso.

Dende o punto de vista técnico, Visceral Games fixo un traballo soberbio, cumprindo integramente o que prometera. Atopámonos ante un dos xogos con mellores calidades gráficas da Wii. Probablemente un usuario de PC, Xbox360, ou PS3 lle parezan moi normais, pero na de Nintendo tratase dun traballo de primeira. O tratamento gráfico é moi detallado, tanto en texturas, como efectos de luz e partículas. Un bo exemplo e o lanzachamas. Non se ven alarmantes baixadas de framerate en case ningún momento, e os movementos de cámara son moi realistas, así coma as expresións e movementos dos personaxes, que son moi reais. O son tamén ten un traballo sobresaínte, cunhas voces moi cribles (en Inglés, iso si), uns efectos, e músicas que te meten aínda mais no xogo.

En canto a rexogabilidade dicir que dispón de diferentes niveis de dificultade, así como un modo reto que nos permite xogar cada capítulo so dándolle o gatillo, sen historia. Tamén o modo cooperativo que permite que un segundo xogador se meta ou saia da partida no momento que desexe, axudando o xogador principal. Segundo avanzamos na historia principal, imos desbloqueando uns comics que aclaran aínda mais a historia.

En conclusión, un xogo tremendamente recomendable, incluso se non che gustan os On Rails. Dende o meu punto de vista está entre os 10 mellores xogos para Wii do mercado, e tratase dunha pequena obra mestra que non debe faltar na estante da túa casa sobre todo por que actualmente o xogo é unha autentica ganga pois costa sobre uns 20€.

 

Publicado por Leo

Novo vídeo de Epic Mickey

Por: Luns, 26 de Xullo de 2010, 14:13 COMENTAR

Este título desenrolado por Warren Spector e Disney Interactive tenme bastante intrigado desde que se lanzaron aquelas primeiras imaxes.

No E3 puidémolo ver en movemento, e agora, grazas a Comic-Com podemos observar outro vídeo no que se nos amosa algo similar o que xa sabiamos. Escenarios en tres dimensións para movernos en 2D , e recreando mundos clásicos.

Volvemos ver o seu aceptábel apartado técnico ( sen dúbida a mellor parte está nas escenas en branco e negro), pero fáltalle o encanto que presumían os primeiros art-work que se amosaron.

Polo menos é un título de aire fresco que boa falta lle fai ao catálogo da Wii, aínda que está a un segundo plano se mencionamos títulos coma Donkey Kong  e Kirby.

Gameplay de Donkey Kong Country Returns

Por: Luns, 21 de Xuño de 2010, 6:29 COMENTAR

Xa dixen anteriormente que esta nova entrega de Donkey Kong parecéume do melloriño que pasou pola feira do E3, e vós, se tiñades algunha dúbida ao respecto podedes aprezar o novo tráiler deste título no que asegura diversión a montóns, cun aspecto o máis puro estilo “vella escola”.

Promete volver un Donkey Kong imprescindíbel, ah, e con jetpacks.

Xa pasaron as tres conferencias máis importantes da feira do E3, e parece que a gran triunfadora foi a nova 3DS, e iso que non era ningunha sorpresa,pero vamos ver o que nos presentaron estas compañias.

Por parte de Nintendo comezaron forte (quizáis demasiado), xa que presentaron o novo Zelda Skyward Sword, no cal o propio Deus Shigeru Miyamoto controlaba a Link, aínda que a xogabilidade eré pésima, tanto que o protagonista respondía de forma independente do que lle mandaba o pad. Se isto vos parece esaxerado, direivos que Miyamoto colleu a ballesta de Link, a cal apuntou directamente ao chan, e o pobre do Miyamoto case non consegue apuntar correctamente. Aínda así, o título pode estar bastante ben, e o cambio ao Cell-shading danlle un aspecto visual máis colorido. Veremos en que remata, e esperemos que lle corrixan os erros:

Despois trouxeron unha selección de títulos como un remake de 007:Goldeneye (con gráficos propios da N64), Metroid, Golden Sun para DS (atención a este título ), un novo Kirby, no cal a bola rosa tiña un apartado técnico curioso, xa que só aparece o contorno de Kirby e avanza cun látigo. Pero para mín, o mellor de toda a feira foi a volta de Donkey Kong, cun apartado técnico moi bo e unha estructura en 2D que recorda aos clásicos. Promete.

Pero a verdade é que todo isto quedou a un segundo plano cando sacaron ao escenario nun pedestal á nova 3DS. Por suposto non puidemos ver como se ven as 3D (é imposíbel desde o ordenador), pero amosaron un tráiler de Kid Icarus no que demostraba que as súas capacidades técnicas medraron moito. Non como para chegar ao nivel de 360 ou Play 3 ( como dixeron ), pero sí chega á altura de Wii, o cal xa é un avanza bastanto grande (veremos algún día un título da calidade de Mario Galaxy na portábel de Nintendo?).

Referente ás pricipais características, cómpre destacar que lle engadiron un stick analóxico (por qué non queren poñer dous analóxicos nas portábeis?), que o deseño é moi parecido a anterior e que traerá dúas cámaras. Pero o que máis chamou a atención é a cantidade de compañías que desenrolará para esta consola, desde Capcom ( Resident Evil) ata Konami ( os cales traerán Metal Gear Solid 3 Snake Eater a esta consola, por fín algo que verdadeiramente sorprendeu).

Pouco despois tocoulle a Sony expoñer as súas novidades, e tampouco destacaron en moita cousa, a verdade.

Quizáis o que máis nos preocupaba era o prezo de Playstation Move, e despois de que provaran o accesorio ( parecía que respondía mellor que o Kinect), deron a noticia:

PlayStation Move + PlayStation Eye + Started Disc: 59,99 €
PlayStation Move: 39,99 €
Navigation Controller: 29, 99 €
PlayStation Eye: 29,99 €

Como novidade presentaron o que parece todo un señor truño de videoxogo que se chama Twisted Metal, e que nos propón unha guerra entre diversos vehículos. Non me chamou nada a atención, todo o contrario:

Pero moito ollo con este título do que falaron moi por enriba, Portal 2, e se xa se intuía de que chegaría a Playstation, agora certifícano cun tráiler que promete convertirse nun xogazo. Non creo que defraude:

 

Tamén amosaron un tráiler do novo God of War para PSP, un xogo no que se xuntaban os grandes clásicos dos plataformas como Ratchet, Clank, Jack, Daxter, Sly ( por qué van tratar así de mal aos grandes Jack and Daxter?), e tamén presentaron a segunda entrega de Infamous:

Sobra decir que pasei por alto algunha que outra cousa, pero o máis importante creo que foi o que vos amosei. Ireivos ampliando a información a medida que vaian saínd máis novidades.

Como vedes, ningunha das tres grandes compñías destacaron demasiado ( só a 3DS, e tampouco ensinaron demasiado).

Agora coa excusa do pre-E3, as grandes novidades e presentacións quedan anuladas.Unha pena.

A unha semaniña do E3

Por: Mércores, 9 de Xuño de 2010, 20:00 COMENTAR

E3

A estas alturas xa todos o sabedes, que só falta unha semaniña para presenciar a maior feira de videoxogos do planeta, o E3.

Co xa máis famoso pre-E3 (estas semanas anteriores ), as novidades máis destacadas xa se fixeron público,pero sempre se pode escurrir algunha cousiña de nos sorprenda, a ver como se ve a 3DS, etc, etc.

Pois se vos apetece ver as presentacións en directo das compañías máis famosas como Microsoft,Sony e Nintendo, poderédelas ver en Gametrailers ou en G4tv .

Para rematar direivos cando son as presentacións:

MICROSOFT: Luns, 14 de xuño ás 19:30

NINTENDO: Martes,15 de xuño ás 18:00

SONY: Martes, 15 de xuño ás 20:30

Realmente será sorprendente? queda algún xogo por presentar? (dubido),será un espectáculo como era nun pasado?…nuha semaniña, todas estas dúbidas resoltas.

Pedazo tráiler de Mario Galaxy 2

Por: Mércores, 21 de Abril de 2010, 21:04 COMENTAR

Alguén recorda o que significaba Nintendo fai uns anos?, pois significaba calidade por todos os recunchos que tiña, e aínda que hoxe en día o conto cambiou totalmente, de vez en cando escápaselle algún que outro xogo sublime, e cómo non, sempre da man de Mario.

Se no primeiro Mario Galaxy xa quedamos entusiasmados, nesta segunda entrega parece que repetirá calidade, innovación, diversión, etc, e déixannolo claro no último tráiler deste xogazo, no que se nos amosa o famoso traxe Nube, que permitirá a Mario realizar saltos no aire durante un breve periodo de tempo.

Eu creo que sobra decir calquera palabra, hai algo que decir?, pois claro que non, é un novo Mario, outra nova xoia que todos deverían probar.

Non vos recomendo ver o tráiler porque quedaredes enganchados e non daredes aguantado a súa saída.Diversión en estado puro.

Vídeo filtrado de Sonic 4

Por: Mércores, 17 de Febreiro de 2010, 18:10 2 COMENTARIOS

Xa non me fío destas filtracións de Sega, porque ou ten un infiltrado nas súas estruturas ou estos vídeos non son tan roubados como din.

Sendo dunha forma ou outra, aquí podemos ver por primeira vez a cuarta parte de Sonic en movemento, e a verdade é que se parece bastante ao orixinal, aínda que ou é imaxinación miña ou parece que se move dunha forma máis lenta, cousa nada boa para Sonic, veremos en que remata.

Tamén hai que decir que non vexo normal que xa anuncien este xogo como o episodio 1, quero verlle a cara aos de Sega como non acaden as ventas que esperan. Este título estará composto por catro zonas, Splash Hill Zone, Lost Labyrinth Zone, Casino Street Zone e Mad Gear Zone, máis unha Special Stage, a partir de aquí veremos quen ten máis fe, nunha mascota morta fai xeracións.

A primeira vez que escoitei falar deste título, nin sequera lle puxen demasiada atención no contido porque xa me esperaba a mesma trapallada de sempre, copia desnatada de Mario Kart e aburrimente ao minuto. Si, todo estofago porque son humano e saco conclusións sen máis información, e claro , unha vez que me atopo co vídeo que vos  presento ( que por certo é unha infiltración, así que non me extrañaría que o eliminasen ), a miña opinión cambia.

E cambia porque o xogo vese moi ben, quén esperaba que se vise así?, e aínda que o da copia de Mario Kart sí que acertei, se se adapta á mesma fórmula pode saír un título para xogar insaciábelmente.

Por suposto que co xogo de carreiras de Mario non poderá competir, pero como alternativa o xa máis que xogado Mario Kart, pode ser unha boa opción. Haber como remata toda esta resurrección de Sega.

Veña Sega, haber se o consegues

Por: Xoves, 4 de Febreiro de 2010, 17:03 2 COMENTARIOS

A qué me refiro?, pois a súa mascota clásica, a quén se non?, porque se fai uns meses xa vos avisaba que Sonic volvería nun xogo en 2D, agora xa non se fala doutra cousa por toda a rede.

Conseguirá SEGA revivir ao seu ourizo azul?, porque cos xogos anteriores sepultárono ben fondo, é máis, non se conformaron con botarlle terra por enriba, se non que lle botaron cemento para que non consiga volver.

Para uns pasaríame coa metáfora, e para outros quedaríame curto, pero o que si que estamos todos seguros é que SEGA ten que facer un traballo moi, moi, pero que moi duro para que Sonic resucite.

Conseguiráo?, dubido moito.

Teño esperanzas?, algunha queda despistada.

 

Si, no vídeo conseguen meternos as ganas no corpo rememorando a idade de ouro de Sonic, pero espero que se deixen de tanto hype inútil, e se poñan a traballar neste título para acadar os obxectivos.