EA-WIi-U

Xa falamos noutras ocasións que a nova consola de sobremesa de Nintendo está perdendo o apoio de múltiples compañías á hora de lanzar videoxogos para esta.

Agora é o turno de EA, unha das compañías máis importantes no ámbito, a cal dixo que polo de momento non ten preparado sacar absolutamente ningún xogo para a Wii U.Cero xogos.

EA xa se mostrara contraria a esta consola dicindo que o seu motor Frostbite non collía na Wii U, mais de isto a non sacar absolutamente ningún videoxogo hai un paso xigante, un paso que debería preocupar a Nintendo.

Só queda pensar cal foi o motivo que empurrou a EA tomar esta decisión, mais divagacións á parte, Nintendo queda sen o apoio dunha das compañías máis fructíferas do panorama videoxoguil.

Wii U Cut the Rope

Nintendo quere que aumente o éxito da súa Wii U e para iso pretende dar un paso bastante considerábel, que a súa nova consola de sobremesa sexa compatíbel con títulos de telefonía móbil.

Co éxito destes xogos é normal que Nintendo estea camelando aos desenvolvedores de telefonía para que se fixen na Wii U. A idea sería modificar certo software da consola para que os desenvolvedores poidan levar os xogos á Wii U sen demasiadas complicacións.

A ver se con este movemento Nintendo aumenta as súas ventas, seguiremos informando.

Nova actualización para Wii U

Por: Venres, 26 de Abril de 2013, 21:30 COMENTAR

wiiu
Nintendo lanzou a actualización do firmware 3.0 para a Wii U.

Antes da descarga, avisan ao usuario que o proceso pode levar máis dunha hora e que non apague a videoconsola durante o proceso para evitar posibles erros no sistema.

Entre as novidades, podemos atopar, entre outras cousas:

  • Función stand-by, que permitirá a descarga e instalación automática de contidos despois de apagar a videoconsola.
  • Soporte para o controis Wii Remote, Wii U Pro Controller, e o Control clásico en Miiverse e o explorador de Internet.
  • Cando se merque contido descargable na Nintendo eShop, instalarase automáticamente despois da descarga e tamén se descargarán automáticamente as actualizacións dispoñibles.
  • Posibilidade de ordear as descargas.
  • No xestor de almacenamento poderanse conectar dous dispositivos de almacenamento USB para transferir datos entre eles ou á memoria interna da videoconsola. O resto do tempo, soamente se poderá conectar un dispositivo USB de almacenamento.
  • Mellora na estabilidade do sistema así como unha mellora notable nos tempos de carga.

Máis información na páxina oficial.

batman-arkham-origins
Segundo certos rumores que circulan pola rede, «Batman: Arkham Origins» podería incluír un modo multixogador no que o usuario tomaría o control dos membros das bandas dos malos para tratar de eliminar a Batman e Robin.

Debido ao silencio por parte de Warner Bros., aínda non está claro se os usuarios poderán ter o control de Batman e Robin ou se éstes serán controlados pola CPU.

«Batman: Arkham Origins» será a terceira entrega da saga e a súa historia será anterior aos acontecementos dos videoxogos anteriores Batman: Arkham Asylum e Batman: Arkham City. A data de lanzamento está prevista para o vindeiro 25 de outubro para PC, PlayStation 3, Xbox 360 e Wii U. Ademáis, tamén se anunciou o lanzamento dunha versión para 3DS e PS Vita titulado «Batman: Arkham Origins Blackgate», como xa vos informamos anteriormente.

Gamestop decepcionada coas ventas de Wii U

Por: Mércores, 3 de Abril de 2013, 10:54 COMENTAR
Wii U

Wii U

A Wii U non está pasando por un bo momento, sexa porque non convence aos usuarios do seu potencial ou porque non sacan videoxogos atractivos para ela.

Tanto é así, que un dos máximos responsábeis da liña de tendas Gamestop fixo unhas declaracións na que non nega que a nova consola de Nintendo decepcionou nos primeiros meses aínda que teñen fe nela:

A industria está rodeada dun gran cinismo, e a xente encántalle dicir que cousa vai ou non vai funcionar. Nós cremos que Wii U é unha consola real e que decepcionou durante uns meses, pero tamén pensamos que haberá máis cando se lancen os xogos das first-parties. Nintendo ten algúns ases na manga.

wiiu
Na vindeira actualización da súa videoconsola, prevista para abril, Nintendo mellorará os tempos de carga na Wii U.

Agora mesmo, pode levarlle máis de 20 segundos pechar un xogo e volver á interface principal. Coa nova actualización, reducirase a só 8 segundos.

Tal como prometeran en febreiro, Nintendo estaba a traballar en dúas principais actualizacións do sistema: a que ocupa esta nova, adicada á mellora nos tempos de carga, prevista para abril e a outra adicada a mellorar a conexión a rede para mellorar os retardos nos xogos multixogador, prevista para o vindeiro outono.

No seguinte vídeo pode verse unha comparativa en tempo real co “antes” e o “despois”.

battlefield-4
Como prometera na súa páxina oficial, EA presentou hoxe un vídeo con 17 minutos de xogo ca campaña dun xogador do vindeiro Battlefield 4.

No vídeo podemos ver secuencias de combate en primeira persoa así como dous vehículos terrestres. Tal e como se puido ver nun tráiler filtrado en Youtube (xa se apresuraron os de EA a eliminalo), neste xogo tamén haberá vehículos acuáticos.

A creadora do videoxogo DICE só anunciou o seu lanzamento para PC, PS3 e Xbox 360.
Polos respostas de Karl-Magnus Troedsson, manager xeral do estudio á prensa, parece que non chegará á videoconsola de Nintendo Wii U:

“Non estamos vendo a Wii U agora mesmo.”
“Lanzarémolo nas plataformas que sentimos que son axeitados para a experiencia de xogo que temos.”

Cando se lle preguntou polas vindeiras videoconsolas de Sony e Microsoft, Troedsson comentou:

“Estamos en tempos moi interesantes agora mesmo. Estamos a piques de ver algo novo. Xa formamos parte destas transicións anteriormente e sabemos as grandes cousas que traen. Pero somos DICE. Levamos nisto uns 20 anos e non damos o salto tan rápido. Nós movémonos a un ritmo constante, pisando con moito coidado.”

A falta de confirmar, a súa saída está prevista para o outono deste 2013 para PC, PS3 e Xbox 360.

Lego City Undercover, o GTA amable

Por: Domingo, 24 de Marzo de 2013, 22:54 COMENTAR

GameImage

Os seareiros dos videoxogos baseados nos bonecos e pezas de Lego, e posuidores dunha Nintendo WiiU, poderán desfrutar desde esta semana, como xa contamos en Memoria Pixelada, do Lego City Undercover.

Ler o resto da entrada »

assassins-creed-black-flag-front
Despois de varias filtracións estes pasados días (dos que xa vos falamos neste artigo e neste outro), a compañía Ubisoft confirmou nun comunicado os rumores e anunciou a saída da nova entrega o vindeiro 29 de outubro para Xbox 360, PlayStation 3, Wii U e PC e haberá tamén versións para as videoconsolas de nova xeración. Tamén confirmaron que a versión de PS3 terá 60 minutos de xogo exclusivo. Teremos máis datos e tráiler do xogo o vindeiro luns, 4 de marzo.

Páxina oficial

Un GTA ao estilo Lego

Por: Martes, 26 de Febreiro de 2013, 17:46 COMENTAR

Xa pasou máis dun ano dende que Nintendo anunciou o Lego City Undercover no E3 2011. O xogo, desenvolvido por TT Games Fusion, chegará ás nosas tendas o 28 de marzo deste ano, exclusivo para a consola Wii U. Este título basado no popular xogo de pezas tenta innovar no universo dos videoxogos, mesturando o mundo aberto coa aventura, a acción e a creatividade dos Lego.

LEGO_City_Undercover_screenshot_33

A un mes da estrea do Lego City Undercover, TT Games Fusion concedeu hoxe unha entrevista en exclusiva á revista Nintendo Life. Foron especialmente trascendentes as declaracións de Loz Doyle, produtor executivo da empresa, tras ser preguntado pola posibilidade de incluir un DLC nun futuro:

Hai unha morea de vehículos, personaxes e misións. Xa hai moito contido no xogo – estamos falando de entre 40 e 50 horas para completalo ao 100%. É difícil imaxinar que máis poderiamos engadir. Non o imos descartar (engadir un DLC), pero tería que ser algo que encaixase co resto do xogo.

Ao principio do xogo, na área de San Francisco, estarás moi metido na trama principal, pero conforme adquiras habilidades verás cousas cun icono de pechado que antes non podías abrir e agora si. Isto animarate a explorar e usar as diferentes mecánicas e habilidades do xogo.

Está claro que o equipo de Doyle aposta por un sandbox e tenta afastarse da meirande parte dos xogos do universo Lego, pertencentes ao xénero das plataformas. Pode ser o LCU o próximo competidor da saga GTA? Iso aínda está por ver…

 

project-cars
Slightly Mad Studios anunciou que o tan agardado simulador de carreiras Project CARS sairá ao mercado o vindeiro Día de Acción de Grazas: 28 de novembro. Project CARS é un simulador de carreiras creado por unha grande comunidade de usuarios e estará dispoñible en PC, PlayStation 3, Xbox 360 e Wii U.

Éste foi o anuncio que fixo o estudio na súa páxina de Facebook:

Dunha vez por todas: a versión “oficial” do xogo (en todas as plataformas) está previsto para Acción de Grazas … polo momento …

Máis información na páxina oficial.

Aqui os xogos de lanzamento de Wii U

Por: Xoves, 22 de Novembro de 2012, 19:41 COMENTAR

Como saberedes o próximo 30 de novembro chegará ás nosas tendas a primeira consola de “nova” xeración por parte de Nintendo, a súa tan falada e comentada, Wii U.

Pero unha consola sen videoxogos é como un cocido sen grelos, así que Nintendo acaba de sacar nunha nota de prensa os videoxogos que traerá esta consola baixo o brazo.

Un total de 23 que poderedes ver a continuación:

Ler o resto da entrada »