Canción ilustrativa dos motivos polos cales non debes comprar nunca unha videoconsola no lanzamento.

Vía | Geeks are Sexy

Next Gen Smash Bros: 300%

Por: Domingo, 11 de Agosto de 2013, 13:18 COMENTAR

O Super Smash Bros. con actores reais!

Vía | All Time 10’s

Pokémon Snap: The Movie

Por: Sábado, 10 de Agosto de 2013, 13:09 COMENTAR

Hai tempo falaramos de Pokémon Apokélypse, o trailer dun filme de Pokémon con actores reais. Hoxe traémosvos outro tráiler na mesma liña, mais en lugar de facerte con todos terás que fotografalos todos. Desgrazadamente, estes tráilers son o que son, e nunca chegarán a facer o filme de verdade. Unha mágoa.

Vía | All Time 10’s

Xogando coa mamá

Por: Venres, 2 de Agosto de 2013, 18:21 COMENTAR

O vídeo está en inglés, mais paga a pena forzar o ouvido un pouco para ver as reaccións de todas as mamás xogando aos videoxogos.

Vía | Geeks are Sexy

watch-dogs
Ubisoft publicou un novo tráiler do prometedor Watch Dogs, no que alardean dos máis de 90 premios e nominacións, así como das boas palabras que tiveron a maioría de medios especializados da industria dos videoxogos.

Despois de ver a baixa calidade que tiña o último tráiler (seguramente capturado na versión para Wii U), volvemos ver a calidade gráfica que anteriormente nos amosaran.

O lanzamento está previsto para o 22 de novembro para PC, PlayStation 3, Wii U e Xbox 360, así como nas consolas de nova xeración, no momento da súa saída ao mercado.

Sonic en primeira persoa

Por: Martes, 30 de Xullo de 2013, 12:00 COMENTAR

Como sería o primeiro nivel do xogo nunha perspectiva en primeira persoa

Creado por: | pipocaVFX

Sony publicou recentemente un vídeo de pouco máis de 1 minuto de duración no que comparan o tamaño da súa actual videoconsola PlayStation 3 coa vindeira PlayStation 4. A través de varios planos comparativos, podemos apreciar o reducido tamaño que terá a nova videoconsola se a comparamos coa súa predecesora.

Assassin-s-Creed-4-Black-Flag-Gets-Brand-New-Screenshots
Ubisoft publicou un novo vídeo ingame estendido de 13 minutos de duración do vindeiro «Assassin’s Creed IV: Black Flag» que amplía o vídeo de 7 minutos que publicaran hai cousa de dúas semanas. Como no anterior, o vídeo conta cos comentarios do director do xogo, Ashraf Ismail.

O lanzamento deste videoxogo está previsto para o 31 de outubro para PC, PlayStation 3, Wii U e Xbox 360 e no momento do lanzamento das novas videoconsolas PlayStation 4 e Xbox One.

cruce-do-volga

Escena da película “Enemigo a las puertas”, previa ao cruce do Río Volga en Stalingrado

A saga bélica de videoxogos más coñecida da última década “Call of Duty”, bebe moi directamente de multitude de episodios acontecidos nos campos de batalla, tanto a nivel histórico coma de enfrontamentos recentes ou lamentablemente previsibles no futuro, para as últimas e máis modernas versións.

Mais foi no seu inicio, aló polo 2003, cando todos ficabamos pegados ás pantallas dos nosos ordenadores ante as espectaculares e potentes cinemáticas que se nos amosaban, algunha delas copiada tal cual de filmes de éxito coma este cruce do Volga no inicio de “Enemigo a las puertas”, e é que a ver quen se atrevía a non facerlle caso aos comisarios e non “avanzar, avanzar…!!”

Outras escenas desta película foron tamén incluídas coma partes xogables nalgunhas versións do Call of Duty, así que completaremos noutra ocasión este artigo, mentres tanto: coñecedes outras escenas sacadas de películas e trasladadas ao mundo dos videoxogos?

A canción de Sonic a capela

Por: Venres, 19 de Xullo de 2013, 16:00 COMENTAR

Hai xente que perde o tempo con parvadas… outros sábeno aproveitar ben.

Creado por | Smooth McGroove

mad-max
Despois do tráiler de presentación durante a conferencia de Sony no pasado E3, hoxe chéganos un novo tráiler titulado “Soul of a Man” de «Mad Max», videoxogo inspirado na mítica saga de cine que protagonizou Mel Gibson a comezos dos anos 80.

O lanzamento está previsto para 2014 para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

assassins-creed-black-flag-front
Ubisoft acaba de publicar un novo vídeo de 7 minutos de duración do «Assassin’s Creed IV: Black Flag» con comentarios do director creativo do videoxogo, onde podemos ver en acción ao novo protagonista, Edward, aos mandos do seu barco pirata loitando contra outros barcos, atacando fortes e como funcionan as melloras do barco para conseguir facer máis dano aos inimigos.

O lanzamento deste videoxogo está previsto para o 31 de outubro para PC, PlayStation 3, Wii U e Xbox 360 e no momento do lanzamento das novas videoconsolas PlayStation 4 e Xbox One.