O Marcos Castro, quen xa coñecemos polas cancións de ‘Um joystick, um violão‘, vén agora con esta nova serie ‘A lenda do herói‘. Acompaña as aventuras deste heroe nun mundo en dúas dimensións cheo de saltos de 5 metros, bólas de fogo que non queiman ao portador mais matan inimigos e máis violacións das leis da física.

O rap do Legend of Zelda

Por: Sábado, 3 de Decembro de 2011, 16:55 COMENTAR

É, o meu nome é Link, meu, son máis coñecido que Lil Wayne.
Oh, pensabas que o meu nome era was Zelda? ESE É UN P*TO NOME DE NENA!
Salvei o mundo unhas quince veces e salvei a princesa de espichala,
e fixen todo iso só, sen axuda nin consellos.

“Hey, Look, Listen” Hey, look, listen, p*ta fada das bólas!
Prefiro que me obriguen a escoitar seguido Katy Perry.
Creo que é o momento de ter algo de recoñecemento, non cres?
Legend of Zelda? O CARALLO! Legend of LINK.

Porque el é o L, o I, o N, o K,
viste mallas todos os días, non lle interesa o que dis.
Ten as bólas máis grandes que o mesmo Evel Knievel
e non vai parar até que o mundo sexa libre do mal.

Vou escachar todos os teus potes e non vou escoitar os teus laios,
teño a Triforza do coraxe, PORCA! Entón é mellor que escoites (así é)
Chámanme racha-arbustos e a miña conta bancaria está ao límite,
teño 999 rupias e a miña carteira de coiro está chea.

Non podo recuar, non podo folgar, o mundo precisa que ataque agora
e mesmo así teño que pagar un ollo da cara polas bombas no Castle Town.
Dáme apenas uns contentores de corazón e déixame cuspir na ocarina
e así poderei enviar o imbécil do Ganon dunha patada á Arxentina.

Porque el é o L, o I, o N, o K,
viste mallas todos os días, non lle interesa o que dis.
Ten as bólas máis grandes que o mesmo Evel Knievel
e non vai parar até que o mundo sexa libre do mal.

Ei, ti, elfo fedello, necesitas axuda para ir ao Polo Norte?
Ao Papá Noel vanlle os elfos, xa está a anular o seu matrimonio.
Pensas de verdade que por salvares a princesa vou convencerme de que es hetero? (Ha-ha!)
A moda das “Medias e Saia” é moi de 2008!

Oh olla, é o Ganondorf tentando rirse do meu estilo.
Capa de Batman, barba de Lincoln, vestíuche un cativo?
Es un rubio sen alma e pareces un p*to troll.
Non é xa un pouco anticuado andar a raptar raparigas indefensas?

Pensas que a Zelda é tan estúpida para que a secuestre decote?
Ela corre ao meu castelo, entra no meu cuarto e prega que a encerre.
É, está chea das túas pequenas noces Deku e da túa cara de nena.
L-I-N-K? Quererás dicir L-I-N-Gay.

Meu, debían terte abortado, como o Jersey Shore.
É unha sucia mentira o que dixeches da Zelda porque ela adora a miña espada mestra.
É unha vergoña que gastases a vida enteira a tentar dominar Hyrule
porque hoxe será lembrado como “O día que che deron unha lección”.

Porque el é o L, o I, o N, o K,
viste mallas todos os días, non lle interesa o que dis.
Ten as bólas máis grandes que o mesmo Evel Knievel
e non vai parar até que o mundo sexa libre do mal.

Hoxe vemos o humorista brasileiro Marcos Castro versionando a canción “Sapato velho” xenialmente convertida en “Cartucho velho”. Como é costume, o .mp3 da música está dispoñíbel para baixar.

Plus: Quen adiviña o que son e o que significan os números que saen no segundo 0:06?

Outras cancións da serie:

Desta vez o humorista brasileiro Marcos Castro ofrécenos unha versión da canción “Sina” coa letra modificada para falar de videoxogos. Como de costume, o .mp3 da música está dispoñíbel para baixar.

Plus: Desta vez a musiquiña do final non é do Sonic, mais é dun videoxogo a que tamén teño moito cariño 😉

Outras cancións da serie:

Desta vez o humorista brasileiro Marcos Castro ofrécenos unha versión da canción “Somos amigos” dedicada ao mundo dos videoxogos. Como sempre, o .mp3 da música está dispoñíbel para baixar.

Plus: Quen recoñece a primeira musiquiña que soa? E quen adiviña cal é a última palabra que a canción non di?

Outras cancións da serie:

Desta vez o humorista brasileiro Marcos Castro ofrécenos unha versión da canción “Assim sem você” dedicada ao mundo dos videoxogos. Como sempre, o .mp3 da música está dispoñíbel para baixar.

Outras cancións da serie:

Lara (@Larawithabird no Twitter) é unha rapariga de Sidney, Australia, que toca o piano e o violino. Tamén lle agradan os videoxogos. Até aquí todo normal. O fantástico acontece ao xuntar estas dúas cualidades.

Podedes ver todos os vídeos no seu canal do YouTube. É realmente fascinante como é quen de tocar ao piano cos ollos vendados, tocar o violino ao tempo que xoga coa alfombra de baile ou pór un disfrace para tocar a canción dos Power Rangers.

No canal do YouTube ten un FAQ en que responde as dúbidas máis comúns que lle formulan. E como sei cal é a pregunta que vos estades a facer, póñoa aquí:

Q. Will you marry me? [Queres casar comigo?]
A. Maybe. If you are not creepy. [Se cadra. Sempre que non deas medo.]

A mítica canción “Aquarela” do Roberto Carlos coa letra un pouco nerdificada. A canción foi feita polo humorista brasileiro Marcos Castro (e amigos), e está dispoñíbel para baixar en .mp3.

Plus: Cal é a musiquiña que interpreta á guitarra entre os tempos 1:14 e 1:28? 😉

A estas alturas non tento enganar a ninguén, este vídeo é falso. Trátase dun engano de primeiro de abril feito por IGN, para brincar cos fans do Zelda. E vaia se o conseguiron! Podes ver a nova ficticia na web de IGN, os autores da brincadeira: http://uk.movies.ign.com/articles/863/863492p1.html


Vídeo en inglés con lexendas en castelán

MegaDriver

Por: Martes, 25 de Xaneiro de 2011, 1:02 COMENTAR

MegaDriver é unha banda brasileira que versiona as músicas de videoxogos clásicos da mítica consola de Sega nun estilo máis Heavy.

Para baixardes as súas músicas, verdes vídeos e máis visitai a súa web: http://www.megadriver.com.br/