A miúdo existe a discusión entre se os xogos de antes son mellores que os actuais.

Non vou entrar no tema, pero este vídeo resume un pouco o tema.


[Vía RicePirate]

Padre de Familia Tetris

Por: Sábado, 18 de Agosto de 2012, 13:47 1 COMENTARIO

Nunca está de máis botarse unhas risas cunha das mellores series de animación humorísticas da historia e máis se aparecen detalles pixelados nela.

Nostalxia de Sonic

Por: Sábado, 11 de Agosto de 2012, 22:18 COMENTAR

Nostalgia‘ é un canal do Youtube feito polos brasileiros @fecastanhari e @Fabio_APereira onde fan vídeos rememorando series, videoxogos e demais produtos que marcaron a infancia. Desta vez falaron do Sonic, repasando a historia dos primeiros (e máis emblemáticos) xogos, inclusive contando algunha curiosidade que a maioría da xente descoñece.

Vía | Canal Nostalgia

A próxima xoia en forma de videoxogo chegará en outubro e traerá o nome de Dishonored. O título estará das mans de Bethesda polo que temos unha garantía de calidade tendo en conta os xogos que preceden a esta compañía.

A continuación podedes ver as diferentes maneiras que se poden empregar para superar as diferentes misións, ben usar o sixilo como prIncipal método ou pola contra empregar a violencia e os nosos poderes para chegar ao final.

Tamén debemos mencionar os diferentes poderes que temos á nosa disposición que darán unha variedade moi ampla ao desenvolvemento do xogo.

Gústame o que vexo e o 12 de outubro poderemos confirmar se de verdade ten a calidade que promete.

Super Modern Mario Bros

Por: Martes, 12 de Xuño de 2012, 17:37 COMENTAR

De cando en cando aparecen pola rede vídeos de Mario nas versións máis imaxinativas.

O certo é que xa facía tempo que non viamos un destes vídeos de Mario, e con ilusión podemos observar como sería un Mario Moderno, con espectaculares gráficos e ataques propios desta xeración.

Quizais poida que sexa eu, que calquera cousiña de Mario me gusta, pero agora premede o botón de play, gastade un minutiño da vosa vida e comentade a vosa sensación.

Chegou o evento máis esperado da E3… só que non foi mostrado na E3. Trátase da segunda fase do videoxogo cantado do Marcos Castro, ‘A lenda do herói‘.

Outras cancións da serie:


Descarga da música en .mp3: http://www.mediafire.com/?ecsa7q1no7ckk8b

Tradución da letra:

Sei que pode ser un chisco Oddish (estraño)
mais penso que pode Beedrill (ser realmente) xenial
se non fose só por Chansey (casualidade) que te coñecín.
Estou Seaking (á túa procura).
Ler o resto da entrada »

Eis o tema principal (main theme) do Legend of Zelda tocado cunha marimba. Soa ben, ou?

Desta volta o humorista brasileiro Marcos Castro, xunto ao seu irmán Matheus Castro, versionan a canción “Amor I love you” tornándoa “Eu vou matar Ryu”. O .mp3 da música está dispoñíbel para baixar.

Outras cancións da serie: