strider1

Tras moitos anos sen poder catar o famoso ninja de Capcom, a distribuidora xaponesa decide traerlo de novo nas mans de Double Helix (Silent Hill Home Coming) nunha aventura de perspectiva 2.5D ó máis puro estilo Metroid clásico.

Nesta ocasión, Hiryu converterase no meior guerreiro da sua promoción obtendo como agasaio a misión de asasinar o Gran Mestre Meio, dictador do futuro planeta Terra no ano 048 do calendario Meio.

Cabe destacar que no xogo non esquecerase introducir unha boa cantidade de camiños alternativos e moitas opcións de personalización, coma no caso da mítica bufanda, que tornará de cor según a habilidade que teñamos equipada.

O xogo aparecerá no 2014 en formato dixital para a distintas plataformas de distribución de X360, PS3 e PC.

Rebaixas no «Steam Summer Sale»

Por: Venres, 12 de Xullo de 2013, 10:00 COMENTAR

steam-logo
Como ven sendo habitual, Valve acaba de lanzar a habitual campaña de descontos do verán coñecida como «Summer Sale».

Con descontos de ata o 75% en centos de xogos, os usuarios poderán aproveitar para mercar xogos como o “Bioshock Infinite” (24,99 €), “Elder Scrolls V: Skyrim – Legendary Edition” (29,99 €), “Counter-Strike: Global Offensive” (7,36 €) ou “Grid 2” (29,99 €).

Se queredes comprobar os xogos que están agora mesmo de rebaixas, visitade a páxina oficial. As rebaixas estarán dispoñibles ata o vindeiro 22 de xullo e en cada xogo durará soamente un día (ofertas diarias) ou 8 horas (ofertas flash), así que non vos esquezades visitar a páxina a miúdo para ver os xogos que están ese día de oferta.

Tamén hai o “Community’s Choice Voting Sales” onde os usuarios poden votar para escoller que xogo queren que os de Steam poñan de rebaixas, durante un período de 8 horas. Agora mesmo, no momento de escribir este artigo, o gañador é o “Borderlands 2, que está dispoñible por 10,19 €.

Thomas Was Alone foi unha pequena xoia que comprei sen querer nun Humble Bundle. Interesábame outro dos xogos do pack para xogar multixogador vía Steam, e ese estaba aí. Non lle dei a maior importancia até moito despois, concretamente hoxe. E logo de xogar a el toda a tarde deste domingo, déixovos aquí esta pequena análise.

Título: Thomas Was Alone (Thomas estaba só)
Creador: Mike Bithel
Web oficial: http://www.thomaswasalone.com/
Plataformas: Linux, Windows e Mac (directamente ou vía Steam), PS3 e PS Vita (vía PSN)
Prezo: 7,99 € (máis barato se estás atento ás promocións)

Thomas Was Alone
Ler o resto da entrada »

Fai un ano a idea da realidade virtual nos videoxogos soaba desfasada ou de película dos 90. Nese momento Id Software anunciou que un dispositivo de realidade virtual sería compatible co seu novo título Doom BFG Edition. O prototipo chamou a atención dos asistentes e Oculus Rift soou como unha promesa de futuro.

Pouco despois da súa demostración no E3 de 2012, a compañía presentou o seu proxecto en Kickstarter para conseguir 250.000 dólares, en catro horas a suma desexada xa se alcanzara e un mes despois chegou aos case dous millóns e medio de dólares. Este diñeiro foi empregado na creación de kits para desarrolladores e para os inversores, que foron enviados entre marzo e maio. Este pasado mes de xuño o seu capital aumentou coa inversión de 16 millóns de dólares adicionais por parte de Matrix Partners, Spark Capital, Founders Fund e Formation 8.

Os kits para desarrolladores deron moito de sí na Rede, na que apareceron análises e impresións xerais. Os creadores xogaban coa tecnoloxía que Oculus Rift lles permitía, pero continuaban os problemas. A baixa resolución, 640×800, era un dos problemas principais que se compensaba pola incrible percepción dos movementos da cabeza. Valve anunciou hai tan só unha semana que a nova actualización da súa ferramenta, Source SDK 2013, sería compatible co desenvolvemento de realidade virtual vía Oculus Rift. Non é de estrañar, xa que Newell (presidente de Valve) foi sempre un defensor da iniciativa.

A análise feita por Tested en marzo sobre estes primeiros kits é moi interesante, ademáis de divertida, e cun inglés bastante entendible que sempre se agradece:

No último E3 o público esperaba ver as melloras do dispositivo. O cambio principal e máis importante foi a actualización das súas pantallas sendo agora en alta definición. Por outra parte, o máis esperado foi probar o EVE EVR, o xogo multixogador de pelexas espaciais (no universo de EVE Online) e a tecnoloxía de Oculus Rift unidos. O xogo xa creara expectación no EVE Fanfest e non deixou a ninguén indiferente. Intensidade na acción, detalles na cabina, o noso corpo pilotando a nave… Mellor velo por nós mesmos:

Aínda que as compañías todavía non puideron botarlle man ao novo prototipo de alta definición, o equipo Oculus confía que non haberá problemas coa adaptación. Non esquecen que os retos son moitos para o novo sistema. Non se trata tan só de ser compatible con videoxogos xa creados, senón crear xogos específicos para este novo dispositivo que exploten ao máximo as súas capacidades. Un dos nomes destacados é “The Gallery: Six Elements”, un xogo herdeiro espiritual da saga Myst. Sen dúbida, os xogos de exploración e survival teñen moito que mirar en Oculus Rift. Mentres tanto, xogos como The Elder Scrolls V: Skyrim, os dous Portal ou Dear Esther son compatibles total ou parcialmente con esta realidade virtual. Ironicamente, o Doom BFG Edition non está nesa lista.

Nun futuro non moi lonxano, a versión comercial do Oculus Rift (versión 2.0) estará nas nosas tendas. Nese momento poderemos xulgar a calidade da inmersión e da experiencia que nos proporciona. Aínda que algúns cren que o maior reto de Oculus Rift é superar a sensación de ridículo:

 

 

steam_trading_large_verge_medium_landscape

A compañía norteamericana Valve estendeu a todos os usuarios o acceso aos cromos Steam, tamén coñecidos como Steam Trading Cards. Os cromos Steam son cartas virtuais que os usuarios poden obter xogando. A compañía anunciou que hai 30 xogos nos que se poderán obter estas cartas, incluíndo máis cada semana. Algúns dos nomes son coñecidos por todos como Team Fortress 2, Super Meat Boy, Dota 2 ou Counter Strike: Global Offensive. No caso de completar unha colección de cromos, o usuario ten a opción de crear unha insignia para o seu perfil Steam. Estas insignias distínguense do resto porque poden desbloquear contidos exclusivos como fondos de perfil, emoticonos ou cupóns.

Este novo aspecto da plataforma está directamente relacionado co novo cambio de “look” do perfil de usuario. A actualización céntrase máis na actividade do usuario dentro da comunidade e os videoxogos aos que adica o seu tempo. Inclúe ademáis a opción de elixir o que se quere mostrar no perfil: logros, xogos favoritos ou mods creados, interrelacionando todas as características de Steam.

12

Un cambio fundamental é a inclusión dun sistema de niveis e un indicador de experiencia estilo RPG. Cada insignia conseguida por Steam aumenta puntos de experiencia. Estas insignias poden conseguirse participando en eventos e ventas, coleccionando cromos ou disfrutando dalgunhas das outras opcións da comunidade Steam.

Steam podería deixar compartir xogos nun futuro

Por: Mércores, 19 de Xuño de 2013, 11:43 COMENTAR

Steam_Logo

Recentemente, algúns dos usuarios de NeoGAF descubriron, analizando o código fonte do último cliente do programa, que poderase compartir xogos polo menos cun amigo:

SteamUI_JoinDialog_SharedLicense_Title” “Shared game library”
· “SteamUI_JoinDialog_SharedLicenseLocked_OwnerText” “Just so you know, your games are currently in use by %borrower%. Playing now will send %borrower% a notice that it’s time to quit.”
· “SteamUI_JoinDialog_SharedLicenseLocked_BorrowerText” “This shared game is currently unavailable. Please try again later or buy this game for your own library.

Se nos detemos a observar o código, podemos apreciar que a nosa librería completa de xogos sería apta para poder compartirse.

Esperemos por o ben común dos usuarios que esta información chegue a tomar forma vendo que tanto Sony coma Microsoft xa dispoñen de ofertas similares nas súas respectivas tendas online.

Zombie Studios presenta Daylight

Por: Martes, 26 de Marzo de 2013, 14:00 COMENTAR

daylight
O estudio, coñecido por títulos como Delta Force ou Blacklight, presentou o seu seguinte videoxogo: Daylight, un videoxogo de horror en primeira persoa.

Dende Zombie Studios defíneno como un “thriller psicolóxico procesalmente xerado”.

Segundo as declaracións dos seus creadores:

“O protagonista esperta nun hospital abandonado co seu teléfono móbil como única iluminación para explorar o pasado escuro da institución, mentres tratas de escapar.”

“Daylight introduce ao xogador nun mundo que reproduce a natureza horrorífica de Daylight unha e outra vez, pero creando un novo entorno cada vez.”

“Cada vez que o xogador comeza un novo xogo, experimentará un novo mundo con novos contidos e encontros, dende a distribución do edificio e as cousas buscam ata os eventos que atoma, nunca terá a mesma expericencia dúas veces.”

Este xogo empregará a tecnoloxía do Unreal Engine 4 e é o primeiro tráiler dun videoxogo no que vemos esta tecnoloxía en acción:

Está prevista a súa saída neste 2013 e aseguraron que estará “pronto en Steam.”

Valve lanza Steam “Early Access”

Por: Xoves, 21 de Marzo de 2013, 13:00 COMENTAR

steam-logo
A compañía Valve acaba de lanzar unha nova sección na súa popular plataforma de videoxogos Steam na que os usuarios poderán pagar por ter acceso a xogos que aínda están en fase de desenrolo. Como recompensa, os xogadores terán descontos no prezo da versión final do xogo.

Esta nova sección, lanzada onte mesmo, estreouse cun total de 12 videoxogos dispoñibles, algúns deles en fase alpha e que contarán con numerosas actualizacións segundo o proceso de creación do xogo avance.

Segundo Valve: “O principal obxectivo de “Early Access” é permitir aos xogadores ver o que hai detrás das escenas e experimentar o proceso de desenrolo na creación dos videoxogos e, o máis importante, permitirlles interactuar cos creadores proporcionándolles a importante “retro-alimentación” durante a creación do videoxogo.”

“Para permitir a interacción entre os xogadores e os creadores, Steam ofrecerá actualizacións automáticas, o que permitirá aos creadores responder rápidamente ás suxerencias e os erros que envíen os xogadores.”

Os 12 primeiros títulos dispoñibles en “Early Access” son:

  • 1… 2… 3… KICK IT! (Drop That Beat Like an Ugly Baby)
  • Arma 3
  • Drunken Robot Pornography
  • Gear Up
  • Gnomoria
  • Kenshi
  • Kerbal Space Program
  • Kinetic Void
  • Patterns
  • Prison Architect
  • StarForge
  • Under the Ocean

Máis información na páxina oficial.


Valve está a traballar nunha nova entrega dun dos shooters máis exitosos e con máis seguidores: o Counter Strike. Esta nova entrega, denominada “Global Offensive” terá novos modos de xogo, sistemas de clasificacións, opcións de matchmaking, skins, novos escenarios e armas, ademais de actualizar mapas xa coñecidos da versión Source como o clásico de_dust.

Está previsto o seu lanzamento para o primeiro trimestre de 2012 para PC, PS3 e XBOX 360.
Por agora, podedes seguir as novidades na súa páxina oficial de Steam (aínda que nós preferimos que as sigades en Memoria Pixelada, claro.. 😀 :D)

Aquí tedes o tráiler:

‘Limbo’ chegará á PSN e Steam

Por: Luns, 11 de Xullo de 2011, 10:45 1 COMENTARIO

Pois máis claro auga de río sen contaminar, porque a obra desenvolvida por Playdead, Limbo, deixará de ser exclusiva da Xbox Live para aterrar na plataforma online da Sony e no Steam.

Na Europa chegará á PSN o 20 de xullo mentres que os usuarios de PC terán que agardar até o 2 de agosto momento en que poderán desfrutar de esta aventura en branco e negro.

Se son honesto aínda non probei este título, pero observando as excelentes críticas que recibiu ao redor do mundo creo que pode ser un xogo digno de catar. Aínda que se estivese pensando en mercalo tampouco podería, xa que non se sabe oficialmente o prezo co que sairá, pero presúmese que sexa igual ao de Xbox Live, é dicir, uns 15 euros.

Tamén sabemos que o 11 de xullo a mesma Playdead sacará a banda sonora do título a uns cinco euros (aínda lembro cando había compañías que a puñan gratis para descargar).

Campamento de verán no Steam!

Por: Domingo, 3 de Xullo de 2011, 12:23 2 COMENTARIOS

Non amigos, non se trata dunha brincadeira, ou dun campamento como até o de agora coñecemos. Aínda que pareza mentira, os campamentos de verán tamén fixeron a súa aparición no mundo dos videoxogos e con eles, unhas baixadas de prezo incribles.

Como todos os anos, coa chegada do verán, no Steam tamén chegan as rebaixas, e con este divertido slogan, podemos atopar ofertas que van até o 90% de desconto.

Estade atentos, pois cada día hai distintos xogos que están sobrerrebaixados, polo que desde agora, e até o día 10 de xullo, vos recomendaría entrar todos os días no Steam, pois quizais encontredes o voso xogo favorito por un ou dous euros.

Para unha das poucas boas novas que temos os xogadores de PC haberá que desfrutala, non si?

😉

O día 16 de maio veu de sair ó mercado Terraria, un xogo do que moito se falou dentro do que se deu en chamar escena indie, xogos que con baixo presuposto, non teñen nada que envexar ás grandes produccións.

Trátase en liñas xerais dun RPG de acción en 2D, pero non un RPG ó uso, xa que emprega elementos de xéneros tan dispares coma os xogos de construcción, exploración, recolección, ou aventura. En definitiva, e como os seus propios creadores din, (o pequeno estudio Re-Logic), o espírito do xogo pode resumirse na seguinte frase: “Escava, pelexa, explora, constrúe! Nada é imposible neste xogo de acción e aventura. O mundo é o teu lenzo e a propia terra a túa pintura.”

Ler o resto da entrada »