tetris
Un estudo feito na Universidade McGill en Canadá, os doutores atoparon un interesante tratamento para a ambliopía (máis coñecida como “ollo vago”): xogar ao Tetris.

Segundo as probas feitas en 18 adultos, observouse que o xogo resulta máis efectivo como tratamento desta enfermidade, fronte ao empregado normalmente que consiste en tapar o “ollo bo”, para forzar ao “vago” a traballar máis.

Despois destes resultados positivos, agora queren facer as probas con 50 rapaces, para comprobar que se obteñen os mesmos resultados nesa franxa de idade.

duke-nukem-ii-cover
No 20 aniversario do clásico shooter «Duke Nukem 2», 3D Realms traballou conxuntamente con Interceptor Entertainment para crear unha versión mellorada do videoxogo para dispositivos con iOS 6.

A segunda vesión do «Duke Nukem», lanzada en 1993, foi un coñecido shooter 2D de desprazamento lateral e foi a versión previa á entrega máis coñecida da saga, o «Duke Nukem 3D», un dos máis coñecidos FPS.

A versión para iPhone/iPad terá 32 niveis de disparos en 2D, con control táctil e marcadores online.

road-rash
Dan Geisler, programador e co-deseñador das versións anteriores de Road Rash, confirmou que iniciará unha campaña na páxina Kickstarter.com para relanzar a saga “se hai suficiente interés”.

Despois de que fai uns días un fan publicara unha imaxe na páxina Reddit.com preguntándose porqué non se fixera unha nova entrega deste popular videoxogo dos 90, o mesmo Dan Geisler (incluíu unha imaxe propia para confirmar a súa identidade) respondeulle coa seguinte mensaxe:

Non se fixo un novo porque estaba esgotado despois de Road Rash 3. Pero estou disposto a facer outro agora. Só necesitei 20 anos de descanso. Estou listo para facer un mellor agora. Tamén boto de menos xogalo. Se hai suficiente interés, farei unha campaña en Kickstarter. Por certo, moitas grazas polo post. Dan Geisler, programador/co-deseñador de Road Rash 1, 2 e 3

Proba: http://imgur.com/rUZUtuq http://www.linkedin.com/pub/dan-geisler/4/228/496

Tras consultar á actual posuidora dos dereitos da saga, Electronic Arts, ésta respondeu: “Non podemos simplemente poñelo na tecnoloxía actual coa mesma xogabilidade de hai 10 anos, temos que ter algo novo”.

Todo comezou cun rapaz que queria facer un regalo de aniversario a un amigo. Como tiña certa experiencia en modificar aparellos electrónicos, pensou… por que non facer unha Game Boy que poida emular xogos de Game Boy, Game Boy Color, Game Boy Advance, Master System, NES, SNES, Neo Geo e demais consolas retro?

Si, hai pouco falamos de como tornar a túa Game Boy nun gamepad para Android, mais este rapaz vai moito máis alén. O que por fóra é unha Game Boy Classic, por dentro é unha Dingoo A330, con conexión á televisión, conexión sen fíos, porto USB, lector de mini SD e batería recargábel. Quen non querería ter un amigo que che fixese estes regalazos?

Podes ver as instrucións do proceso, con moitas fotos, na seguinte ligazón: http://casingthejoint.wordpress.com/gameboo/

Vía | Microsiervos

É doado que todos lembredes o popular xogo de espada e maxia de SEGA “Golden Axe”, descaradamente baseado nos personaxes de “Conan o bárbaro”, que revolucionou os arcades alá por 1989 e poida que unha bo morea de vos continue a xogar nel hoxe nas consolas ou emuladores. Non so foi declarado mellor xogo daquel ano pola prensa especializada senón que a afección corroborou tal galardón de xeito case unánime, sendo moi alta a recadación nos salóns recreativos e as ventas das conversións oficiais para os fogares en Mega Drive e Master System.

Dende aquela foron saíndo máis conversións, despois segundas e terceiras partes da saga e “remakes” de afecionados, uns con máis sona que outros. O que aquí vou comentar é un deses “remakes” pero de corte profesional, programado pola propia SEGA para a PlayStation 2 de Sony, que podemos atopar no recompilatorio “SEGA Classics Collection” do ano 2005, que viña tamén con versións melloradas doutros sete xogos de SEGA “de toda a vida”: Columns, OutRun, Virtua Racing, Monaco GP, Fantasy Zone, Space Harrier e Puzzle & Action (Bonanza Bros. / Tant R).

O primeiro que habería que remarcar é que para alguén que nin xogou nin coñece a versión orixinal do Golden Axe, este “remake” pareceralle un xogo aburrido e sobre todo monótono, que asemella non ter fin e por intres cunha dificultade demasiado elevada. É dicir, que para gozar do título cómpre non só coñecer a saga (ou polo menos a primeira parte) senón tamén ser “fan” dela. E aínda así… en fin, vexamos.  Ler o resto da entrada »

Escoita con atención

Por: Domingo, 18 de Novembro de 2012, 19:55 COMENTAR

Por todos é ben sabido que os temas musicais en 8 e 16 bits eran en moitas ocasións composicións complexas que ven poderían ser asinadas polo mesmiño Mozart. E sen esaxerar, por grandes compositores do noso tempo. O que está claro é que estas pezas das que falo non son as típicas melodías para “pasa-lo grolo” por parte dos programadores que ben poderían darse tendo en conta o apartado visual dos xogos da época, que era primario e baixo recursos de hardware limitados. A diferenza entre os gráficos e o son era, nos mellores casos, como o do día e a noite. O malo é que esta calidade musical pasaba desapercibida ou máis ben menosprezada. Sen ir máis lonxe, aos mandos dunha NES levando a Mario polo mundo dos cogomelos, escoitabamos unha doce e harmoniosa musiquiña que acompañaba os brincos e as carreiras do fontaneiro pero que quizais non era ben comprendida en toda a súa magnitude, asemellando, se non lle prestabamos atención dabondo, sons “tintineantes” un detrás doutro sen moita complicación. E tampouco é cousa de criticar ao xogador por iso, pero si que merece que deamos outra oportunidade ao concepto que quero transmitir e vexamos un exemplo práctico. Nesta ocasión, preséntovos un vídeo no que un seguidor dos xogos clásicos  interpreta ao teclado as músicas do xogo Ice Climber, un clásico entre clásicos para a NES de Nintendo. Non o tentedes na casa a non ser que dispoñades de horas e horas para ensaiar.

 

Seguindo o fío das últimas entradas feitas polo compañeiro Skaltum coas listas dos mellores xogos para PS3 e Xbox 360, hoxe póñome sentimental lembrando a que sería a miña lista persoal cos mellores xogos que pasaron pola miña Super Nintendo e dos que algúns aínda conservo os cartuchos e outros que me prestaron e gustaríame moito chegar a conseguir algún día.

Ler o resto da entrada »

O día 16 de maio veu de sair ó mercado Terraria, un xogo do que moito se falou dentro do que se deu en chamar escena indie, xogos que con baixo presuposto, non teñen nada que envexar ás grandes produccións.

Trátase en liñas xerais dun RPG de acción en 2D, pero non un RPG ó uso, xa que emprega elementos de xéneros tan dispares coma os xogos de construcción, exploración, recolección, ou aventura. En definitiva, e como os seus propios creadores din, (o pequeno estudio Re-Logic), o espírito do xogo pode resumirse na seguinte frase: “Escava, pelexa, explora, constrúe! Nada é imposible neste xogo de acción e aventura. O mundo é o teu lenzo e a propia terra a túa pintura.”

Ler o resto da entrada »

Falaremos desta volta dunha das máis famosas aventuras, Maniac Mansion. O debut de Ron Gilbert supuxo un novo horizonte para o xénero, rachou co parser de texto para o instalar no point & click.

Parodiando un xénero xa autoparódico de por si, o cinema de terror adolescente, Maniac Mansion conta a historia dun grupo de rapaces, liderados por Dave, que acoden á Mansión Edison para rescatar á moza deste, Sandy. O Dr. Fred, presa do influxo dun maligno meteorito que caera nas proximidades da súa mansión catro lustros atrás, raptou a rapaza para utilizala nun dos seus experimentos.

Ler o resto da entrada »

Dreamcast portátil

Por: Martes, 31 de Maio de 2011, 19:28 COMENTAR

No mes de xuño chegará ás tendas xaponesas unha versión portátil da Dreamcast, a última videoconsola lanzada por Sega. O trebello vai ser vendido pola cadea Pachimon.TV por 38.000¥ (uns 327€) sen contar coa licenza oficial de Sega. A dicir polo seu tamaño moi portátil non é, e bonita tampouco. E non se teñen datos sobre a batería, a pantalla, a compatibilidade… mais que máis ten, é unha Dreamcast portátil! Poderás xogar ao Sonic Adventure mentres estás no cuarto de baño!

Para ese grande sector do noso público que fala xaponés, aquí está a páxina oficial: http://pachimon.tv/goods.php?code=438310&menu=&kind=NEW&keyword=&shop_id=aqsASsrSx

Pica Pic – A colección dixitalizada de Hipopotam de xogos electrónicos portátiles

http://www.pica-pic.com/

Os máis novos non se lembrarán, pero hai moitos anos non había Nintendos DS nin PSP. Nin sequera Game Boys. A industria do videoxogo portátil reducíase ás chamadas maquiniñas, capitaneadas polas míticas Game&Watch de Nintendo. Tratábase de máquinas cun único xogo nunha pantalla de cristal líquido cun fondo debuxado. A versatilidade era ínfima, mais a xogabilidade era adictiva.

Hoxe en día aquelas maquiniñas fican no esquecemento, a pesar de reedicións modernas feitas por Nintendo e de recompilatorios de Game&Watch para Game Boy. Porén non todo está perdido, pois desde Pica Pic ofrécennos a posibilidade de xogarmos a multitude daquelas maquiniñas directamente no navegador. A que esperas para rememorar vellos tempos?

Plus: Cada xogo ten clasificacións, diarias e absolutas… Demostra que es o mellor!

Nintendo 64 nos recordos

Por: Xoves, 19 de Maio de 2011, 9:58 6 COMENTARIOS

E eu sen coñecer esta xenial páxina pixelada que nos fai saír os nosos mellores recordos con estes trebellos que se denominan consolas.

Vós podedes entrar e escoller a vosa consola preferida, pero eu hoxe quérovos amosar esta pequena marabilla.

Cantas horiñas diante dela, cantas noites apenas sen durmir, cantas xenialidades en forma de cartuchos…