Desde que sabemos que Altair chegará á PSP todos estamos esperando saber algo máis deste título, e aínda que na conferencia de Sony o único que se mencionou deste título é a posibilidade de interación entre Assassin´s Creed 2 e Bloodlines, xunto o traspaso de habilidades e obxectos, máis tarde, volveu a dirixirse ao público para revelar algo máis deste título.

O xogo situarase xusto despois donde remata a primeira parte sendo un  enlace entre a primeira e a segunda parte. Ademáis tamén mencionaron que esta entrega portábel será fundamental para coñecer a orixe de Ezio ( protagonista de Assassin´s Creed 2 )

E se todo vai ben e non sofre ningún retraso, poderémolo xogar en novembro de 2010 ( si, eu tamén me percatei de que falta máis dun ano para que saia,así que podemos esperar sentados ou deitados). De momento conformarse con este par de imaxes, que para tratarse dunha portábel pinta máis que ben.

assassin psp

assassin psp 2

Metal Gear Solid: Peace Walker para PSP

Por: Martes, 2 de Xuño de 2009, 11:09 COMENTAR

E volvemos con Kojima, concretamente confirmando outro rumor do que se viña falando desde xa hai un tempo, é dicir , un novo Metal Gear para a portábel de Sony.

metal gear psp

Como podemos comprobar non o veremos ata 2010 e levará o sobrenome de Peace Walker, pouco máis se sabe sobre este proxecto, así que haberá que agardar, como sempre.

Chega PSP Go

Por: Domingo, 31 de Maio de 2009, 11:05 COMENTAR

psp go

Era algo que se sabía con certeza que aparecería no E3, pero parece que se adiantaron un pouco para sacar a noticia á luz.

O que moitos chamaron PSP 2, oficialmente estamos a falar de PSP Go,  xa que non estamos falando dunha nova consola, se non dunha PSP normal mellorada.

Como novidades representativas, temos a ausencia de UMDs ( cousa que xa se falara fai algún tempo, e parece ser que estaban no certo), aínda que para complementar esta ausencia conta cunha memoria de 16 Gb. Ademáis posue unha pantalla deslizábel podendo desta maneira esconder os botóns da consola, pero segue sen contar cun segundo stick, algo impensábel, tendo en conta a cantidade de críticas que recibíu por esta falta.

Parece que Sony decidíu copiar a Nintendo e mellorar (de novo) a súa portábel . A mín, honestamente, non me parecen novidades demasiado relevantes como para adquirir esa nova versión, de feito o mesmo pensaba da última versión da DS, o que me leva á seguiente pregunta.Non se estarán aproveitando das ínfimas novidades que inclúen nas súas consolas para elevar ao máximo o seu número de ventas?…vaia resposta tan obvia.

Análise de Rock Band: Unplugged

Por: Venres, 29 de Maio de 2009, 10:38 COMENTAR

RB unplugged

Agora que están tan de moda os xogos musicais ( e parece que seguirá por un tempiño máis), só era cuestión de tempo que esta tendencia chegara á portábel de Sony.

Así, respaldado por un par de Rock Bands para consolas de sobremesa, chéganos Unplugged, no cal deixa a un lado os periféricos en forma de instrumentos, quedándonos como única opción, a rapidez e pericia dos nosos dedos para superar todas as cancións.

O desenrolo do xogo é idéntico ao resto dos predecesores, polo que veremos como baixan pequenos rectángulos, os cales teremos que pulsar no momento correspondente e co botón específico ( triángulo, círculo, cruceta arriba e cruceta esquerda, aínda que sobra dicir que se pode personalizar este control). E xusto neste momento é cando vou mencionar a gran novidade do xogo, unha novidade que non me gustou absolutamente nada e que baixou a este Rock Band do podio no que o tiña subido. Xa que durante a canción teremos que tocar todos os instrumentos ( incluído a voz), empregando R ou L para cambiar entre un e outro. Por se non me entendestes ben, teremos que tocar unha porción dunha peza sen fallar, e se o conseguimos, teremos que pasar a outro instrumento para facer o mesmo, e así sucesivamente e con todos, o cal nos deixa un moi regular sabor de boca. Tamén é certo que en certas ocasións tocaremos “solos” de guitarra , batería, baixo ou voz ( si, tamén solos de voz), nos cales nos obrigan a tocar cun só instrumento toda esa parte ( como se fose un Rock Band normal), sendo sen dúbida o mellor do modo historia.

Por se fose pouco, a dificultade non é moi elevada, eu xogueino no modo experto e non me supuxo ningún reto pasarlle todas as cancións, de feito moi poucas notas triples atoparás, aumentando así a simpleza do xogo.

O modo historia de Rock Band consta dunha duración bastante elevada, pero a base de repetir cancións, polo que este apartado tampouco é unha virtude, eso si, neste modo iremos desbloqueando personaxes secundarios que nos conseguirán actuacións, algo a ter en conta, xa que ao mellor necesitas ter a un estilista para facer un determinado concerto, e mentres non o consigas…

Unha vez que rematemos con este modo “aventura”, desfrutaremos dun par de opcións máis. Un modo Supervivenvia, no que todas as notas de todos os instrumentos baixarán de forma simultánea, polo que teremos que intercambiar entre todos os instrumentos de forma constante, para que o contador non chegue a cero e un modo Quecemento, sen dúbida o mellor de Rock Band: Unplugged, xa que nos permite facer o mesmo que nos seus predecesores, é dicir, escoller nós o instrumento que queiramos e interpretar a peza que máis nos entusiasme. Unha pena que non se poida facer isto no modo correira.

Con todo isto mencionado, sobra dicir que esperaba bastante máis dun Rock Band, e aínda que en gráficos e visualización é moi similar aos anteriores xogos, non chega,nin de lonxe a súa calidade.

Tenchu: Time of the assassins

Por: Xoves, 7 de Maio de 2009, 14:09 COMENTAR

O primeiro que teño que aclarar é, que posíbelmente non sexa obxetivo de todo con este xogo, simplemente polo feito de que non o rematei. Calquera lle bota valor!!
Unha vez que comezas o xogo, xa vés que o conto non pode rematar ben. Despóis de ver pasar unhas letras que che contan algo da historia da aventura, terás que escoller un protagonista.
E tan pronto comezas a camiñar co personaxe , cáeche todo o poder do xogo en forma de bazofia.
O movemento do personaxe é impreciso, a cámara non a podes mover independentemente ( algo imprescindíbel, tendo en conta que estamos ante un xogo de infiltración), as pelexas son duras, lentas e aburridas e o peor de todo, non verás a menos de dous metros de tí, xa que o escenario irase facendo a medida que ande o personaxe, asique podes ter un inimigo a menos de cinco pasos que o único que verás é unha cortina negra.
O apartado sonoro tampouco consegue elevar a calidade, xa que escoitaremos todo o tempo a típica canción xaponesa, non sabes cal che digo?, si oh, esta que escoitas cando entras nun “chino”, pois esa, e se aínda non sabedes a cal me refiro, botádelle unha ollada ao vídeo.
É máis aburrido xogalo que estar sentado mirando para os caracois.
Nin gráficos, nin xogabilidade, nin bo son, nin diversión, nin……
Deixadeo pasar.

Obscure 2 chegará á PSP

Por: Xoves, 7 de Maio de 2009, 9:12 COMENTAR

E seguen aumentando o catálogo da portábel de Sony. Se estes días facían público a chegada deTekken e Soul Calibur á PSP, ahora tócalle a un survival horror. Falo de Obscure 2.
A segunda parte que fóra lanzado para as plataformas PS2, Wii e PC (2007-2008), seguía a estela que lle deixara a primeira parte, asique xa sabemos co que nos vamos atopar, un grupo de protagonistas terán que saír dun terrorífico edificio (instituto) para que non sexan cazados polos diferentes monstros que se atopan por alí desperdigados. Para problema destes monstros ,terán un punto débil: a luz.
Parece ser que traballaron na adaptación do control da PSP, incluíndo un novo menú para a ocasión.
Se pulen ben este apartado, os gráficos axuden e teña un bo cooperativo, poderemos estar ante un xogo bastante entretido do catálogo desta consola.

Tráiler de Soul Calibur : Broken Destiny

Por: Martes, 5 de Maio de 2009, 12:32 COMENTAR

Se fai uns días bos comentei o anuncio da chegada de Soul Calibur á portábel de Sony, agora é o momento de velo en movemento e polo que parece a calidade gráfica non se vai quedar atrás ( xa se vía vir de lonxe).
Por outro lado, parece bastante semellante á cuarta entrega, sobre todo en escenarios e vestimentas.
Aínda así, prometo andar a “paus” con máis de un… no videoxogo claro.

Xa tiñamos algún dato sobre a segunda entrega de Army of Two, e despóis de saber que esta nova entrega ademáis de saír para Xbox 360, Playstation 3 e PSP, agora chéganos este novo tráiler.
Salem e Ríos volven coas súas características máscaras e esta vez tocaralles viaxar a Shangai.
Os creadores do videoxogo, aclararon que nesta nova entrega existirá unha maior cantidade de civiles en pantalla, polo que moitas veces teremos que decidir, se deixalos vivir ou pola contra, aplicarlle un método de proxectís.
Como se vé no vídeo, o apartado gráfico parece que vai quedar moi por debaixo do esperado (esperemos que se pula moitísimo este apartado), aínda que quizáis se compense co case seguro entretido cooperativo.

Unha das grandes sorpresas que levei este ano foi o cumprimento da promesa de Sony co tema de enriquecer o catálgo da súa portábel. Sí, a mín tamén me extrañou que cumplisen a palabra, pero despois do anuncio de LBP, Motorstorm, un novo God of War, Parasite eve, e outras tantos que chegarán á PSP, ahora anunciaron Tekken e Soul Calibur.
Tendo en conta que o catálogo da PSP xa contén un Tekken, o mellor este título non chama demasiado a atención, pero o que realmente é boa noticia é o Soul Calibur( vale, xa vos dariades conta que son bastante fan deste xogo de loita), pero non puiden evitar un sorriso ao ler esta nova.
Este xogo non contará coa inclusión de Yoda ou Darte Vader, pero sí traerá un novo personaxe que se chamará Dampierre. Por suposto contaremos cos clásicos loitadores de sempre como Voldo,Casandra, Taki,etc.
Cando colla este xogo nas miñas mans, voulle dar de paus a ese novo personaxe co meu Kilik, pobre del……..

Dante`s Inferno tamén sairá para PSP

Por: Mércores, 22 de Abril de 2009, 13:10 COMENTAR

EA, ademáis de lanzar este xogo, tan comentado nas últimas semanas , para as plataformas XBOX 360, Playstation 3 e PC, acaba de anunciar que tamén sairá para a portábel de Sony, cuxo catálogo está sendo cada vez de maior cantidade e calidade( polo menos en comparanza co ano anterior).

Polo de agora non se sabe nada de esta nova versión, pero os seus creadores aseguran que contará coa mesma rápida e intensa xogabilidade, que as versións de sobremesa.
Medo me dá este comentario, dado que un dos lastres que arrastra a PSP dende os seus inicios, é precisamente a súa xogabilidade nos xogos, por culpa da falta dun segun do stick analóxico.
Esperarei sen ningunha ilusión ata que saia a luz este proxecto, e se me sorprende, benvido sexa, e se non( que é o máis probábel), pois xa o teño asumido.

Rock Band Unplugged para PSP

Por: Mércores, 8 de Abril de 2009, 18:15 COMENTAR

Esta mesma mañá as compañías Harmonix, Electronic Arts e MTV, anunciaron a saída do clásico xogo musical Rock Band para PSP baixo o título de Unplugged.

Aclararon que non necesitaremos máis periféricos que as nosas propias mans, cas cales emularemos a guitarra, baixo, batería e voz, ademáis xa nos citaron que haberá cancións de grupos clásicos como 3 Doors Down, Alice in Chains, Audioslave, Blink 182, Jackson 5 o Tenacious D.

O título chegará á portábel de Sony en torno a mediados do mes de Xuño, presumiblemente entre a semana do 8 e do 15 do mesmo mes.

Veremos como lle senta a exclusión dos periféricos a esta versión, teremos que ter paciencia, e se creedes nalgunha divinidade, votádelle algunhas pregarias.

Resistance: Retribution

Por: Luns, 6 de Abril de 2009, 12:48 COMENTAR

Moitas atencións recibíu este xogo antes da súa propia saída, moitas destas especulaciós eran certas, outras tantas, publicidade enganosa para facerlle subir a popularidade , pero agora podemos falar del tal e como é.

Nesta entrega, póñennos na pel do soldado Grayson, que despois de ver como os quimera contaxian o seu propio irmán, vese envolto nunha misión, principalmente de vinganza.
Vale, o argumento, non é precisamente orixinal, orixinal, pero solvéntase coas súas virtudes.

Para empezar, graficamente é do melloriño que podes ver nesta portábel, cunhas explosións máis que aceptábeis, uns enemigos moi ben caracterizados e uns escenarios cheos de detalles (alonxándose do baleiro que te atopas noutros xogos). Cabe destacar a boa representación da auga, que por primeira vez, a superficie parece auga de verdade, cunhas ondulacións a ritmo dos movementos do personaxe e unha física debaixo dela moi lograda. Claro que o xogo volve fallar, no que xa fallaba o primeiro Resistance, o sangue. Nin a cor, nin a textura, nin a física desta son , nen sequera decentes, algo imperdoábel, tendo en conta que imos pasar todo o xogo disparando sen parar.

As misións non chegan aburrir grazas a variedade de escenarios e situacións, tales como momentos de submarinismo, fases pilotando robots,… aínda que a inmensa maioría do xogo pasarala disparando a pé en terceira persoa contra todo ser que se mova. Este detalle non agradará, aos amantes da aventura( e quizáis un pouco máis de exploración e algún que outro puzzle non lle viña nada mal), aínda que poden satisfacer a súa necesidade de aventureiros buscando os documentos que están desperdigados por todos os escenarios(e algún realmente difícilde atopar).
Outro punto forte, é a súa doblaxe, que non lle ten que envexar nada o de algunhas películas, ademáis que a súa duración é máis que decente, ligado á súa dificultade, que a pesar de que o protagonista apunta só, en máis dunha situción, terás que repetir a misión, polas continuas mortes de Grayson, ante as balas dos contrarios.
En fin, Imsomniac creou un videoxogo entretido, pero que non é perfecto nin moito menos,( por moitas alabanzas que reciba de publipáxinas e publirevistas), que te manterá acribillando quimeras durante unhas doce horas.