Primeiro tráiler de Thexder Neo

Por: Venres, 25 de Setembro de 2009, 12:38 COMENTAR

Noticia dirixida para os nostálxicos das recreativas dos 80, para aqueles que viviron a etapa “matamarcianos” na NES, MSX e similares, porque Thexder Neo volveravos facer desfrutar e rememorar esa etapa de ouro.

Este título é un “remake” no que manexaremos a un robot capaz de transformarse en nave espacial. A didáctica do título está en atravesar os escenarios con centos de inimigos botando man destas dúas perspectivas. Cando controlemos ao robot poderémolo manexar de forma máis doada e disparar en todas as direccións, sen embargo, coa perspectiva de nave, seremos moito máis rápidos e poderemos chegar a lugares inalcanzábeis da outra maneira.

Así, partindo desta base e engadíndolle o deseño dos escenarios, podémonos atopar diante dun “matamarcianos” clásico. Destes que non te das despegado del por unha tempada.

Para que non teñades dúbidas déixovos un vídeo para que vos fagades unha idea do que me estou a referir.

A historia continua, e se onte faciamos alusión a unha das técnicas de Sony para que o golpe contra o chan polo fracaso da súa nova máquina sexa máis leve , que por certo, non tiña moito sentido, agora a propia compañía segue engadindo parches ao seu proxecto.

Si, están intentando tapar todos os erros dos que está composta a PSP GO, e moito teñen que tapar. O último que intentan mellorar ( solucionar ) é a inaccesibilidade dos periféricos da PSP normal na PSP GO, e como remedian isto ?, pois moi doado, no Tokyo Game Show presentouse un adaptador que se acopla á nova PSP permitíndoche usar calquera dos periféricos antigos.

adaptador PSP GO

Como vedes, usando isto as medidas da consola aumentan de forma esaxerada ( non presumían fai pouco da redución consistente das súas dimensións? ). Se xa a PSP normal é grande para ser unha portábel, con este accesorio a portabilidade comeza a desaparecer,e so non me credes, mirade esta imaxe:

adaptador e PSP GO

Xa teño visto GPS e cámaras ben máis pequenos, e por certo, como solucionarán o tema dos UMDs que a xente pode ter na casa?, fabricarán outro accesorio similar?, só espero que non, porque se isto sucede, a Sony cáelle o peso do ceo na cabeza… e pensando ben, quizais o mereza.

PSP Go cabezon

O que está facendo Sony coa súa inútil polémica consola xa parece un chiste. Se onte facían patente que os xogos na PSN costarán o mesmo que nas tendas físicas  , agora vemos un novo capítulo de: A historia dunha portábel que nunca debeu estar en desenrolo.

Porque SCEE decidíu regalar tres videoxogos da portábel, a aqueles, que aínda que teñan unha versión anterior da PSP, decidan cambiar para á PSP GO. Esta promoción ( eu prefiro chamalo, intento de evitar este previsíbel fracaso a toda costa ) levará o nome de PSP GO Rewards, e durará desde o 1 de outubro ao 31 de marzo de 2010.

Moi ben Sony, isto é o único que sabes facer?, pois vólveme a parecer unha solución pésima e inútil, xa que para facer isto teremos que levar a cabo un proceso que pode resultar bastante engorroso, xa que primeiro hai que mercar a PSP GO, crear un conta, despois insertar un UMD na PSP antiga para que se active o rexistro PSP GO Rewards. A continuación témonos que rexistrar, descargar un tema para a nova PSP, e por e-mail chegaranos un cupón para descargar os tres xogos.Sinxelo, verdade?. E non só iso, xa que só poderemos escoller tres xogos dos 17 que teremos a nosa disposición, e non pensedes que son precisamente actuais: Killzone: Liberation, SOCOM: U.S. Navy SEALs Fireteam Bravo 3, WipEout Pure, Everybody’s Golf, Echochrome, Buzz!: Brain Bender, Master Quiz, LocoRoco ou Patapon, entre outros.

Haber se o entendín ben. Sony pretende que adquira a súa nova PSP GO a 250 €, sabendo que xa teño unha versión anterior coa mesma calidade, e como excusa preténdeme agasallar con tres xogos, que co tempo que teñen o máis normal é que xa os xogara, o se non, é moi doado atopalos a un prezo moi reducido ( e se imos ao mercado de segunda man, xa non che digo). Así, coa nova PSP GO, terei os xogos a 40 eurazos desde a PSN ( sen libro, carátula, nin nada, por suposto ), tamén é certo que non poderei utilizar ningún tipo de periférico que use un USB normal, polo que me podo esquecer dos GPS, cámaras, etc. E para rematar quedareime coa miña colección de UMDs inutilizados ata que Sony nos diga como pensan facelos funcionar na nova máquina ( que xa están tardando demasiado, por certo ).

Ridículo, máis que ridículo.

Novo tráiler de Metal Gear Solid : Peace Walker

Por: Xoves, 24 de Setembro de 2009, 13:54 COMENTAR

Case dez minutazos de tráiler amósanos o que realmente pode chegar a ser este proxecto de Kojima. Parece que as secuencias emotivas ( e longas ) volverán a sucumbir nesta saga, algo que o anterior título na portábel de Sony, Portable Ops, non conseguía.

Así, moito me da no fuciño que estaremos ante un dos grandes Metal Gear, e se lle engadimos un apartado técnico brillante ( estes títulos son os que realmente nos amosan do que é capaz a PSP ), o resultado é un xogo obrigado.

Non son moi de fiarme dos vídeos prematuros, pero cada un co que se merece, e visionado este vídeo só podo predecir que o proxecto Peace Walker vai dar moito de si, e tranquilos, que no vídeo non aparecen Spoilers, polo menos de forma directa.

PSP GO...

Desde que se comezou a falar da PSP GO a min nunca me dou moi boa espiña , demasiadas carencias nesta consola, demasiado cara para todas estas carencias e demasiados problemas están envolvendo a este proxecto que pinta fracaso desde lonxe.

Fai unhas semanas, as grandes compañías distribuidoras ameazaban a Sony con non vender esta nova consola nos seus establecementos, basicamente por dúas razóns, a primeira era o elevado prezo co que sairía ao mercao, e a segunda razón era porque non conta con videoxogos físicos.

Como a Sony non lle convén absolutamente nada que non queiran vender a súa PSP Go , agora pretende levar a cabo unha estratexia para solucionar o problema coas distribuidoras, e atención porque eu aínda non o creo ben, xa que esta suposta solución, non é outra que vender os videoxogos da PSN igual de caros que nos tendas físicas. E despois disto, só quero referirme a todos os lectores que len este post, para que me manden un correo explicándome esta… solución? ( non creo que se deba chamar solución ), que pretende levar a cabo Sony.

Porque eu desde logo non o entendo e cheiro o fracaso absoluto desta máquina desde lonxe, moi lonxe. Alguén pensa que esta estratexia sairá ben?, ou é que Sony pretende decirnos que ten os mesmos costes colgar un xogo na PSN, que gravalo nun UMD, fabricarlle a caixa, crear o seu libro interior, pensar a portada, distribuílo mundialmente, deixarlle certo marxe de beneficio ás tendas…

De verdade haberá xente que estea disposto a pagar corenta euros por un xogo baixado de internet?, persoalmente paréceme unha auténtica tolería e unha irresponsabilidade insultante por parte de Sony.

búscase

Qué pasa cando SEGA se reúne con Sony o 5 de agosto, e deixa sen protección algunha, un documento con todo o mencionado nesa reunión ?, pois que non tarda demasiado en saír á luz formando un implosión de información verídica ( ou non ) sobre o que pode ser o futuro de Sony.

A verdade é que as estratexias que se propón levar a cabo Sony son do máis satisfactorias, e desde Akihabara Blues, podémolas ver todas. Comezo con esta avalancha de información:

  1. O tan famoso control de sensor de movemento de Sony preténdese que saia á luz na primavera, eso si, en ianquilandia.
  2. Desde logo unha das máis salientábeis é esta. Parece ser que se rumorea, que algún dos xogos orixinais de Dreamcast pode chegar a PSN.
  3. Bayoneta contará cunha edición de coleccionista que contará cunha figura da súa protagonista, ademáis prevense unha Demo en xaneiro.
  4. Tamén novidades en Home, xa que Iron Man 2 poderían ter o seu propio espazo neste mini-mundo virtual.
  5. Barallan a posibilidade de lanzar todos os xogos de Sonic a 100€.
  6. A máis importante nova de todas. Están pensando en vender TODOS os xogos de PS2 en PSN. Por certo, antes deste punto había que ler isto: «PS2 emulator for PS3 (confidential)».
  7. Un novo xogo do cal non se sabe absolutamente nada del, simplemente o nome : Vanquish.
  8. O título que tantos retrasos está a sufrir, Aliens: Colonial Marines terá interoperabilidade PS3-PSP, e como exemplos poñen os títulos de Assassin´s Creed e Batman : Arkham Asylum . Significa isto que sacarán un Batman para a PSP?
  9. Un xogo de Thor.

Como vedes a información é do máis positiva para Sony, pero desde logo quédome coa futura compra de todos os xogos da PS2 en PSN. Imaxinádesvos poder volver xogos ao ICO ou ao primeiro Devil May Cry?, sería un enorme punto a favor para a compañía xaponesa, iso si, que saian a un prezo razonábel, que xa estou vendo o panorama…

Con todo isto, espero que se leven a cabo todas estas propostas e que non se queden só no papel, que por certo, está dando moito que falar polas entrañas da rede, e moito que facer aos avogados ninja de SEGA, pero xa chegan tarde, o mal ( ou o ben ) xa está feito.

Unha vez que sacaron á luz a data de saída, só era cuestión de tempo para que amosasen algunha captura da versión deste novo GTA.

O resultado é do máis desalentador e frustrante para quen esperaba este famosete título (eu inclusive ). A adaptación que tanto prometían , non é máis que un traspaso idéntico da consola de Nintendo para á de Sony, e por moito que melloren a resolución ( aínda que nalgunhas imaxes parece que nin isto fixeron), o resultado non é nin moito menos o esperado. A perspectiva cenital está ben implementada na DS polas súas carencias técnicas, pero na PSP…

Tiña a esperanza que se convertese noutro GTA tan xenial como os anteriores da PSP, pero polo que parece, Rockstar non quixo facer as cousas ao grande, e conformouse co éxito da DS para intentalo mesmo na PSP sen máis esforzos nin complicacións. Para min xa perdeu demasiados enteiros, e aínda que engadan algunhas misións extra, non calmarán o meu enfado ante este pseudo-proxecto en forma de engano.

gtapsp1

gtapsp2

gtapsp3

gtapsp4

GTA :Chinatown Wars para PSP xa ten data de saída

Por: Mércores, 26 de Agosto de 2009, 14:34 COMENTAR

chinatown wars

Desde o twiter oficial de Rockstar anunciouse a data de saída do esperado Grand Theft Auto : Chinatown Wars para a PSP . Como sabedes é unha versión do título que saíu na DS co mesmo nome, e chegará ás tendas o 20 de outubro, tanto en UMD como en formato dixital (por se algún inconsciente pretende adquirir a PSP Go).

Personalmente paréceme unha data moi próxima tendo en conta que se anunciou o seu desenrolo aínda non fai moito, ademáis , estou tremendo polo seu apartado gráfico, xa que, aínda que se especula e se intúe que terá un aspecto similar aos anteriores títulos de GTA que saíron na portábel de Sony ( un nivel moi alto), aínda non amosaron ningunha imaxe referente a este título.

E se pretenden plasmar a mesma visión cenital que se utilizou na Nintendo DS?, esperemos que non, esperemos que fagan as cousas ben.

ACTUALIZACIÓN: PARECE SER QUE A DATA DE SAÍDA RETRASOUSE TRES DÍAS ( POR FIARME ) ASÍ QUE DEFINITIVAMENTE , OU ATA OUTRA NOVA, GTA CHINATOWN WARS PARA A PSP CHEGARÁ O 23 DE OUTUBRO.

O enigma en forma de cadro

Por: Luns, 24 de Agosto de 2009, 12:36 COMENTAR

No stand de Sony na Gamescom púidose ver un extraño e curioso cadro que simulaba unha PSP nun estilo bastante surrealista. Ata aquí nada raro, o curioso é o título da obra, situado na parte inferior esquerda do lenzo, xa que este cadro titúlase “PSP II”.

Significa algo esto?, eu teño as miñas inmensas e insaciábeis dúbidas, pero cada un que saque as súas propias conclusións.

Cadro de PSP 2

Segundo resumo da Gamescom

Por: Xoves, 20 de Agosto de 2009, 16:57 COMENTAR

Como as noticias nesta feira de videoxogos ( e en todas ) saen á luz cada minuto, o meu propósito é resumir de forma clara e breve o máis importante do sucedido por Alemania. Se xa fostes lectores ( máis ben espectadores) do anterior reportaxe, non deberiades perdervos a súa continuación. Comezamos.

  • Rumor sobre se Sony pode sacar ao mercado unha Playstation 3 Slim de 250 GB
  • Vídeo do modo historia de Tekken 6

(Non debería ter mellor pinta?… a min ségueme sen convencer)

god of war 3 img

god of war 3 img 2

god of war 3 img 3

  • Imáxes de Ratchet & Clank: a Crack in Time

r&c 1

r&c 2

r&c 3

  • Imaxes de Echoshift

echoshift 1

echoshift 2

echoshift 3

  • Anuncio de Phantasy Star Portable 2
  • Novo tráiler de Saboteur 
  • Novo vídeo de Zelda: Spirit Tracks

  • Novidades de Borderlands : moitísimos elementos RPG, mellora de habilidades de personaxes, puntos de experiencia, multixogador cooperativo a catro xogadores…

Ata aquí chega o resumo de hoxe, e como podedes aprezar as imaxes comezan a antepoñerse aos vídeos, polo demáis, igualiño que días anteriores, moitos avances pero moi poucas novidades.

Esperemos ás próximas horas para observar máis avances, e se temos algo de sorte ( que o dubido ) algunha nova interesante.

Resumo da Gamescom ata o momento

Por: Mércores, 19 de Agosto de 2009, 19:07 COMENTAR

Se aínda non vos enterastes das últimas novidades que se produciron na feira Gamescom, tranquilos, que vou a proceder a resumirvos de forma clara e concisa, todo o que se amosou até o momento.

  • FIFA 10 permitiranos colocar a nosa cara no propio xogo
  • O 17 de setembro teremos novo tráiler de Brutal Legend
  • A data de saída de Dante´s Inferno será o 12 de febreiro
  • Novo tráiler de Mass Effect 2:
  • Bad Company 2 chegará ás tendas o 5 de marzo de 2010 ( especial atención ao modo multixogador).Novo tráiler:
  • Tráiler da expansión de Os Sims 3:Trotamundos:
  • Novo tráiler de Dragon Age: Origins:
  • Vídeo de Need For Speed : Shift:
  • Confirmación de Playstation 3 Slim: Prezo ( 300€ ), Disco duro ( 120 GB), 32 % máis pequena, pesará un 36 % menos e consumirá un 34 % menos de electricidade, continúa coa incompatibilidade cos xogos de PS2 :

ps3 slim

  • Novo tráiler de Heavy Rain, novo personaxe de Heavy Rain ( por agora , a historia que mellor pinta ten do xogo)
  • Novo firmware 3.0 de playstation 3 :

 

  • Novo título para Playstation Network, Dead Nation (zombies, zombies e máis zombies)
  • Xogos “Minis” para PSP e PSP GO .Estos xogos fan referencia a pequenos videoxogos que non chegarán nin a 100 MG en descarga e que terán un prezo máis asequíbel. Desde Kotaku confirman varios títulos.( Eu penso que por estos xogos non deberían cobrar nada).
  • Anunciado Fable III (Como sempre exclusivo de Xbox 360).
  • Novo vídeo ingame de New Super Mario Bros Wii:

 

  • Primeiro tráiler de PES 10:
  • Novo vídeo de Ratchet & Clank: A crack in time:
  • Novo vídeo de MGS: Peace Walker:

 

E ata aquí chega o máis representativo que se víu no Gamescom. Xa vistes, poucas novidades , pero moitos avances en forma de tráilers, in-games, teasers… e outras formas de captar a atención corrupta do videoxogador.

Proximamente presentareivos máis resumos esquemáticos do que se coce por aqueles fríos territorios. Informar , heivos informar.

Que a segunda parte de Modern Warfare vai ser un “vendeconsolas”, “vendegafasnocturnas” e “vendeetc” xa é sabido por todos. Tendo en conta a enorma calidade do primeiro xogo, case podo entender estas ansias dos xogadores por botarlle o dente a este CoD, pero o resultado é incríbel, xa que coa falta de máis de tres meses para a saída do título, Modern Warfare 2 xa foi reservado por 627,567 usuarios da Xbox 360 e 196,541 posuidores de Playstation 3, e isto só en territorio americano.

40 reservas

Como vedes, ao título non lle vai faltar compradores. Ademáis podedes ver o top 40 xogos reservados. Nunca pensei que Uncharted 2 baixase ata case a metade da táboa.