KH PSP

Pois como vedes non só desfrutan de Edicións Especiais as consolas de sobremesa, e  acábase de anunciar unha nova Edición colecionista do próximo Kingdom Hearts que sairá o próximo 10 de setembro por estos lares, xa que os nipóns xa levan un tempo desfrutando del ( como sempre eles primeiro ).

Como sabedes, este novo Kingdom Hearts é un xogo de rol baseado no universo Disney con personaxes clásicos incluídos, e aínda que a versión portáble de Nintendo DS non me fixo moita graza, espero que este sexa algo máis divertido.

Pero os que sexan fans incondicionais, poderán desfrutar deste título nunha caixa diferente, un libro de arte de 48 páxinas e un par de postais, a pouco máis do prezo orixinal. Vale, que esta nova Edición non é grande cousa, pero o conto é gañarlle o máximo diñeiro aos videoxogos, non?

Se pensabades que Kratos ía amansar a súa brutalidade só polo feito de xogar na PSP estades moi equivocados, porque un espartano destas características non vai cambiar por cambiar de plataforma.

Para que vexades que non vos minto, preséntovos o último tráiler gameplay deste esperado título da portábel de Sony:

Como vedes, o rei Midas é a vítima neste caso, e aínda que a crueldade de God of War 3 é moi superior ( a calidade gráfica axuda moito neste aspecto), Kratos volve facer uso da súa mala índole con todos os seus inimigos, e se isto non chega a ser así, gran parte do encanto desta saga perderíase.

Opinión sobre MGS:Peace Walker

Por: Xoves, 15 de Xullo de 2010, 16:26 COMENTAR

peace walker 1

Por nada que busquedes pola rede sobre este esperado título de PSP, atoparedes moitísimos análises na que se derreten en loubanzas, súbeno o podio e convérteno como o mellor título da portábel de Sony, pero eu despois de xogalo ( aínda que non o conseguín acabar pola frustración que me provoca), teño unha opinión moi diferente, e como non, fágovola saber.

Primeiro, e como xa dixen, teño que mencionar que non acabei o título, de aí que non sexa un análise propiamente dito, aínda que as horas que xoguei foron suficientes para ter un concepto moi claro sobre Peace Walker.

Volvemos a encarnar a Big Boss, e continuamos a historia acontecida no mellor título da saga Metal Gear Solid, o Snake Eater. Ata aquí todo ben, pero quizáis as incuestionábeis carencias da PSP fai que a sensación que transmiten os da PS2 quede anulada por unha forza maligna que sume o título nunha néboa impenetrábel.

E refírome, por suposto, á pésima xogabilidade que ten este capítulo, e cando falla este imprescindíbel factor, xa da igual que teña os mellores gráficos que viches na PSP ( con permiso de Kratos), ou unha historia moi traballada. Todo queda a un segundo plano.

Desde o principio do xogo daste de conta que algo falla no seu manexo, e podemos empezar pola cámara. Non vexo normal que nun título de acción-infiltración haxa que soltar o stick de movemento para mover a cámara o teu arredor. Así, botaremos todas as misións parando a continuo, e moitas veces avanzaredes a cegas pola incapacidade de ver o que acontece no escenario mentres estamos en movemento.

peace walker 2

Para intentar paliar isto deron a posibilidade de escoller entre tres tipos de manexo ( cando fixeron isto é porque xa sabían que tiña unha pésima xogabilidade), pero ningún é o suficientemente cómodo, e todos acaban sendo igual de frustrantes.

Pero continuemos con esta absurda xogabilidade, porque se xogar con Snake non é nada doado, temos que engadirlle as propias limitacións do xogo, xa que elimináronse moitos dos movementos do protagonista e agora non se pode arrastrar ( só tirarse o chan, pero non moverse), tampouco nos podemos mover se estamos pegados a unha parede ( totalmente ilóxico e absurdo, xa que o normal sería poder desprazarse para observar se hai alguén o outro lado), e o máis ridículo de todo e que continúo sen comprender. Unha vez que agarramos a un soldado por detrás non nos podemos mover con el para ningún sitio,así que se o agarras donde haxa máis dun inimigo case seguro que serás descuberto, porque non te poderás mover tendo o soldado agarrado.

E para poñerlle a guinda final a esta serei de despropósitos xogábeis, non estamos ante un xogo sinxelo, se non que a dificultade dalgúns inimigos é bastante complexa, e entre isto e a xogabilidade, frustrarédesvos.

peace walker 3

E xa como cuestión persoal, non me gusta nada iso de andar recluíndo soldados no medio da batalla, aínda que polo menos eliminaron o sufrimento que era transportar aos soldados desde calquera punto do mapa ao camión, como acontecida na anterior entrega de PSP. Agora empregamos unha especie de globo que os reclúe automáticamente, aínda que volvo a incidir no mesmo, persoalmente non me gusta nada este detalle.

Con isto creo que deixei bastante claro cal é a miña opinión sobre a nova “xoia” de Kojima. Non comprendo esas excelentes críticas que recibíu en todos os lados sabendo que a xogabilidade é clave nun videoxogo. Non o comprendo. Para min foi inxogábel.

 

Xa pasaron as tres conferencias máis importantes da feira do E3, e parece que a gran triunfadora foi a nova 3DS, e iso que non era ningunha sorpresa,pero vamos ver o que nos presentaron estas compañias.

Por parte de Nintendo comezaron forte (quizáis demasiado), xa que presentaron o novo Zelda Skyward Sword, no cal o propio Deus Shigeru Miyamoto controlaba a Link, aínda que a xogabilidade eré pésima, tanto que o protagonista respondía de forma independente do que lle mandaba o pad. Se isto vos parece esaxerado, direivos que Miyamoto colleu a ballesta de Link, a cal apuntou directamente ao chan, e o pobre do Miyamoto case non consegue apuntar correctamente. Aínda así, o título pode estar bastante ben, e o cambio ao Cell-shading danlle un aspecto visual máis colorido. Veremos en que remata, e esperemos que lle corrixan os erros:

Despois trouxeron unha selección de títulos como un remake de 007:Goldeneye (con gráficos propios da N64), Metroid, Golden Sun para DS (atención a este título ), un novo Kirby, no cal a bola rosa tiña un apartado técnico curioso, xa que só aparece o contorno de Kirby e avanza cun látigo. Pero para mín, o mellor de toda a feira foi a volta de Donkey Kong, cun apartado técnico moi bo e unha estructura en 2D que recorda aos clásicos. Promete.

Pero a verdade é que todo isto quedou a un segundo plano cando sacaron ao escenario nun pedestal á nova 3DS. Por suposto non puidemos ver como se ven as 3D (é imposíbel desde o ordenador), pero amosaron un tráiler de Kid Icarus no que demostraba que as súas capacidades técnicas medraron moito. Non como para chegar ao nivel de 360 ou Play 3 ( como dixeron ), pero sí chega á altura de Wii, o cal xa é un avanza bastanto grande (veremos algún día un título da calidade de Mario Galaxy na portábel de Nintendo?).

Referente ás pricipais características, cómpre destacar que lle engadiron un stick analóxico (por qué non queren poñer dous analóxicos nas portábeis?), que o deseño é moi parecido a anterior e que traerá dúas cámaras. Pero o que máis chamou a atención é a cantidade de compañías que desenrolará para esta consola, desde Capcom ( Resident Evil) ata Konami ( os cales traerán Metal Gear Solid 3 Snake Eater a esta consola, por fín algo que verdadeiramente sorprendeu).

Pouco despois tocoulle a Sony expoñer as súas novidades, e tampouco destacaron en moita cousa, a verdade.

Quizáis o que máis nos preocupaba era o prezo de Playstation Move, e despois de que provaran o accesorio ( parecía que respondía mellor que o Kinect), deron a noticia:

PlayStation Move + PlayStation Eye + Started Disc: 59,99 €
PlayStation Move: 39,99 €
Navigation Controller: 29, 99 €
PlayStation Eye: 29,99 €

Como novidade presentaron o que parece todo un señor truño de videoxogo que se chama Twisted Metal, e que nos propón unha guerra entre diversos vehículos. Non me chamou nada a atención, todo o contrario:

Pero moito ollo con este título do que falaron moi por enriba, Portal 2, e se xa se intuía de que chegaría a Playstation, agora certifícano cun tráiler que promete convertirse nun xogazo. Non creo que defraude:

 

Tamén amosaron un tráiler do novo God of War para PSP, un xogo no que se xuntaban os grandes clásicos dos plataformas como Ratchet, Clank, Jack, Daxter, Sly ( por qué van tratar así de mal aos grandes Jack and Daxter?), e tamén presentaron a segunda entrega de Infamous:

Sobra decir que pasei por alto algunha que outra cousa, pero o máis importante creo que foi o que vos amosei. Ireivos ampliando a información a medida que vaian saínd máis novidades.

Como vedes, ningunha das tres grandes compñías destacaron demasiado ( só a 3DS, e tampouco ensinaron demasiado).

Agora coa excusa do pre-E3, as grandes novidades e presentacións quedan anuladas.Unha pena.

A unha semaniña do E3

Por: Mércores, 9 de Xuño de 2010, 20:00 COMENTAR

E3

A estas alturas xa todos o sabedes, que só falta unha semaniña para presenciar a maior feira de videoxogos do planeta, o E3.

Co xa máis famoso pre-E3 (estas semanas anteriores ), as novidades máis destacadas xa se fixeron público,pero sempre se pode escurrir algunha cousiña de nos sorprenda, a ver como se ve a 3DS, etc, etc.

Pois se vos apetece ver as presentacións en directo das compañías máis famosas como Microsoft,Sony e Nintendo, poderédelas ver en Gametrailers ou en G4tv .

Para rematar direivos cando son as presentacións:

MICROSOFT: Luns, 14 de xuño ás 19:30

NINTENDO: Martes,15 de xuño ás 18:00

SONY: Martes, 15 de xuño ás 20:30

Realmente será sorprendente? queda algún xogo por presentar? (dubido),será un espectáculo como era nun pasado?…nuha semaniña, todas estas dúbidas resoltas.

Hai mellor noticia que esta para os usuarios dunha PSP?, pois por suposto que non, porque anunciouse oficialmente unha nova entrega de God of War para esta portábel, e aparece co sobrenome de Ghost of Sparta.

Polo de agora non se sabe demasiado, só que haberá novas maxias, unha duración maior que a anterior entrega e un sistema de armas mellorado. O argumento situaranos entre o God of War 1 e 2, e por se queda algún escéptico con este título, tranquilos, porque esta nova entrega volve da man de Ready at Dawn Studios colaborando con Santa Monica Studio, así que a calidade está asegurada.

Se o mellor xogo do catálogo da PSP é o propio God of War: Chains of Olympus, case estou por asegurar que cando chegue este novo capítulo, vai ocupar o segundo posto, porque conforme traballan estas persoas, creo que van ser moi capaces de superar o seu prepio xogo.

Teremos máis información no próximo E3, e xa o quero ver en movemento.

ghost-of-sparta-01

ghost-of-sparta-03

ghost-of-sparta-02

Famitsu dalle un 40/40 a MGS:Peace Walker

Por: Mércores, 21 de Abril de 2010, 9:41 COMENTAR

peace walker

Fai uns anos a prestixiosa revista xaponesa Famitsu era sinónimo de obxectividade e calidade, desgraciadamente, o conto cambiou ao 100% e agora xa otorgan 40/40 como quén emite palabras absurdas, e a última entrega de Metal Gear Solid foi o elexido para regalarlle a máxima nota.

Personalmente dubido moitísimo que Peace Walker mereza esta nota, e máis sabendo que tamén lle deron un 40/40 a Metal Gear Solid 4 ( parece que todos toleamos ), sen embargo á verdadeira obra mestra de Kojima como é Snake Eather, non conseguíu esta máxima nota, aínda que quedou ás portas cun 39/40.

O título poderano probar ( segurísimo que con éxito ) en Xapón a próxima semana, mentres que nós esperaremos a Xuño para confirmar que esaxeraron nesta nota.

Análise de Little Big Planet PSP

Por: Martes, 8 de Decembro de 2009, 16:00 COMENTAR

LBP psp 3 O final resultou ser certo que o 2009 foi un ano productivo para a portábel de Sony, e aínda que a inmensa maioría dos títulos foron traspases de PS3 á PSP ( Little Big Planet, Motorstorm, Assassin´s Creed…), sóubose manter nun nivel de calidade adecuado, pero tamén debo decir, que tamén podían arriscar un pouco e crear novas sagas, que algo de innovación non viña nada mal.

Pero como isto non sucede, dedicareime a falar dos que temos a oportunidade, e desta vez o elexido foi a secuela portábel de Little Big Planet. Esta nova versión é case idéntica á da irmá maior, é decir, controlaremos un simpático boneco de peluche ao longo de diferentes fases, sempre nuns escenarios en 2D pero con personaxes,accesorios, etc en 3D, así saltaremos de plataforma en plataforma, arrastraremos obxectos para alcanzar alturas imposíbeis de alcanzar… é decir, plataformas 100%.

Todos estos escenarios estarán acompañadas por varias historias, desde a creación dunha “carroza” de entroido ata o rescate dun ovo de dragón, como vedes a variedade fai que o título sexa algo máis orixinal, e enganche un chisco máis, pero como debemos falar de todo, o título ten os mesmos erros que o primeiro Little, é decir, escasa duración e excesiva facilidade. O xogo , como case todos os plataformas é do máis sinxelo, e non quedaredes atrancados en ningún momento ( parece que os plataformas só poden gustar aos nenos, por iso axustan a dificultade, mamonazos…), e como xa decía, se lle engadimos que as fases non son moi extensas, temos un título que se pasa nun par de tardes sen moito vicio, e para redondear , eliminouse o online que tanto éxito tivo na grande de Sony, feito que non me afectou demasiado, xa que como ben digo aquí, o online non é precisamente o que busco nos videoxogos.

Graficamente mantense nun nivel moi alto ( nisto xa destacaba o primeiro Little Big ), e os bonecos seguen sendo igual de simpáticos, coa posibilidade de modificar a súa imaxe ao teu gusto,si, tamén se mantén os centos de posibilidades de creación do teu propio sackboy, marca representativa da casa, e detalle que fai graza as primeiras veces , pero que axiña utilizarás estas posibilidades de maneira aleatoria e sen prestarlle moita atención, igual que pasa coas expresións dos pequenos protagonistas. Por suposto, isto cambia cando estades varios compañeiros mirando, aquí si que deixa ser unha opción secundaria para converterse na (case ) auténtica protagonista, e as risas tédelas aseguradas.

LBP psp 2

Con referencia ao apartado sonoro, seguimos igual, é un calco do xogo da Play3 ( esta vez sen polémicas como ocurrira cunha canción do xogo anterior ), melodías simpáticas e divertidas. Como sucedía anteriormente, as voces dan paso a uns efectos sonoros que dependen de cada personaxe, detalle que me recorda gratamente ao Banjo Tooie, o plataformas en 3D que foi, é, e será o mellor de todos os tempos.

Así que xa vedes, un título case idéntico ao anterior, máis do mesmo, tanto no bo , como no malo, a mín, gran aficionado aos plataformas gustoume bastante ( por suposto, sen caer nas supravaloracións que tinxiron os análises do primeiro Little Big Planet ), volvín sentir moito que non fose máis longo e complexo, pero o pouco tempo que o xogas entretén de sobra.

Análise de Assassin´s Creed : Bloodlines

Por: Sábado, 28 de Novembro de 2009, 12:19 COMENTAR

portada ACBloodlines Altair pásase a formato portábel nunha aventura que enlaza bastante ben o primeiro título co segundo, pero no resto dos apartados como anda?, pois continuade lendo.

O máis salientábel que debemos mencionar é a xogabilidade , xa que é un calco da versión maior, polo que poderedes realizar todas esas técnicas que tan famoso fixeron ao xogo de Ubisoft, como escalar paredes, saltos de fe, equilibrio sobre delgados paus, etc. Este feito ten unha característica moi grande, e non é outra que a sensación de grandiosidade que nos da o xogo unha vez inmersos nel.

ACb 1

Pero vaiamos ao máis importante, a diversión. Se no primeiro Assassin´s , a monotonía invadía todo o videoxogo cunha reiteración de tarefas total, desta volta queren cambiar un chisco este feito, e xa non nos obrigan ás típicas misións de observación, roubar, buscar obxectivo, perseguir e asasinar ( con estas cinco cousas podemos rersumir a primeira parte sen ningún problema ), agora mándannos obxectivos máis claros e directos, é dicir, seguiremos visitando os refuxios dos asasinos e alí encomendaranos unha misión, ben sexa de aliminación, de búsqueda, etc, pero só de unha en unha, algo que se agradece nunha portábel. Este detalle fai que o título non decaia en ningún momento, porque ademáis, temos que engadir que o camiño está remarcado en todo momento polo que non vos perderedes nunca, cousa que algúns gustará e a outros enfadará, pero personalmente paréceme un punto acertado, xa que non estamos ante un gran xogo o que desfrutar cada segundo, entretén , pero cos seus límites, por iso está ben que che dean unhas pautas xa marcadas.

acb2

Seguirémonos atopando con pequenas misións secundarias, que accederemos a elas despois de subir a todas as atalaias que atopemos no noso camiño. Decir que tanto o número de atalaias como o de misións secundarias reducíronse drásticamente, e volvo repetir por se alguén non se dou de conta, drásticamente. Se a isto lle engadimos que a dificultade é propia de calquera rapaz de cinco anos, e detalles como o de contar con todas as armas e movementos desde o principio da aventura, fai que pasemos o xogo nun abrir e entrepechar os ollos.

Claro fáltame por falar dun apartado clave para moitos, o apartado técnico. Pois debemos resaltar dúas partes, a primeira é a inaceptábel e desprestixiosa calidade das secuencias de vídeo, son tan malas, tan malas que moitos meteredes os dedos na boca para vomitar. Non me explico como foxeron isto, as mans son muñóns, hai veces que os ollos non se ven de tanto píxel, resumindo, que non desentonaría na DS, pero na PSP…A segunda parte é o que vemos mentres xogamos, cunha calidade moito maior sen dúbida, aínda que as cidades carecen da moita xente, teñen un nivel bastante aceptábel, con gran cantidade de edificios ( case todos eles para escalar ), diferentes ambientacións, desde un porto ata ao interior dun edificio real, etc. Pero outro detalle co que sobraría de argumento para darlle uns paus ao de Ubisoft, por que, aparece en todo o xogo esa neboíña típica dos xogos antigos?, é realmente incómoda, sobre todo cando estás buscando as moedas ( as moedas son o equivalente aos estandartes no anterior título ).

acb3

Como vedes, o apartado técnico ten varios e fortes fallos, cousa que non pasa na dobraxe, que volvemos ter a voz do anterior Altair ( home, só faltaría que a cambiasen…), ademáis auséntase por completo estos alti-baixos da voz dos protagonistas, intolerábeis, que aparecen en varios títulos.

Resumindo, o tempo que xoguei ( o pouco que me levou pasalo ), non me aburrín, pero quizáis foi por esta escasa duración, que pasaría se durase o dobre?, pois supoño que me aburriría coma un can, xa que tampouco había moita diferenza de misións, e o título non é o suficientemente atractico como para alzalo no podium.

Análise de Jak & Daxter: The Lost Frontier

Por: Domingo, 15 de Novembro de 2009, 14:03 COMENTAR

portada jak 4

A mellor saga de plataformas da PS2 volve cunha cuarta parte mantendo as cualidades que o lanzaron ao estrelato, pero acompañado de demasiadas naves voadoras ao máis estilo Ratchet. Plaxio?, imitación,?, copia?, non sei, pero prefería os vehículos de sempre.

Empecemos polo principio, o xogo saíu simultáneamente para a PS2 e PSP, pero supoño que as dúas serán idénticas, xa que a versión que probei eu é a portábel, e o nivel gráfico mantívose fiel ao que nos tiña acostumado nos seus anteriores títulos.

jak 4

Como sempre, o Eco escuro está facendo estragos e acabando con todo o Eco verde, e para remedialo teremos que poñernos na pel de Jak , acompañado constantemente polo seu compañeiro Daxter, e ir resolvendo misións, que básicamente se traducen en conseguir artefactos custodiados por “terríbeis criaturas”, atravesar niveis pragados de inimigos, e como decía anteriormente moitas fases enriba da nosa nave, na que teremos que abatir ao resto de voadores. Non me malinterpretedes, o control das nabes teñen un control impresionante ( como o resto de movementos do protagonista ), pero non lle pega a Jak tanta nave, e tanto disparo enriba destas.

Por suposto, non todo é naves, e nas fases a pe son nas que verdadeiramente vemos o que nos gusta, un Jak a tiros con todos o sorteando os perigos do terreo. Avanzaremos disparando a todo o que se mova, e aínda que desta aventura non se poderá convertir en Jak escuro, sí poderá usar diferentes poderes precursor, desde un escudo, relantización do tempo, teletransporte, … e máis habilidades que lle dan orixinalidade ao xogo, e que nos axudan a realizar correctamente os ( pouquiños ) puzles que atopamos. Voume reiterar, pero é merecente resaltar o apartado técnico , empezando polo alto nivel gráfico e rematando pola banda sonora, sobretodo na dobraxe, tan boa como nos teñen acostumado anteriormente.

jak 4 2

Pero ten un erro bastante grave, a escasez de escenarios. Se na primeira aventura ( para moitos a mellor ), estabamos nun mundo máis ou menos aberto, na segunda ( para mín a mellor ), estabamos nunha cidade en declive, na terceira o núcleo da aventura principal era unha especie de oasis, nesta última, a nosa casa, refuxio, ou como lle queirades chamar é unha nave ( que raro é ?) na cal teremos que elixir o noso destino, e só hai cinco, creo recordar. Por suposto, pasaremos varias veces por eles, e cada vez que pasamos ábresenos novos camiños, pero estaría moi ben engadir bastantes máis niveis, e así non faría falta repetir paisaxes.

jak 4 1

Outro detalle que boto de menos é o monopatín voador que apareceu na segunda entrega, como me gustaba este artiluxiu, e que ben lle quedaría nesta última entrega para sortear e atravesar os escenarios. Tamén rebaixaron o enfado do protagonista ( os que somos seguidores desta saga recordamos con emoción cando se enfadou Jak e se transformou en Jak escuro ), pois nesta cuarta entrega este enfado aliviouse de forma esaxerada, e añinda que pareza un detalle irrelevante, sempre ofrece máis emoción ao xogador. Para compensalo, nun par de escenas será Daxter que se transforme nun monstro escuro, pero son fases de recheo, que non ofrecen nada verdadeiramente rechamante.

Así, como seguidor desde o inicio desta saga, causoume unha grata sorpresa poder volver controlar a estos dous personaxes, pero tamén son moi consciente de que é a peor entrega de Jak, e sigo decindo que como a segunda parte, ningunha.

Análise de Obscure : The Aftermath

Por: Venres, 30 de Outubro de 2009, 14:23 COMENTAR

obscure 1

Despois de que esta saga de terror aterrizase en PS2 sen facer moito ruido, pero dando grandes alegrías a todos aqueles que o probaban, agora podemos probar o terror de Obscure desde a PSP, e desde logo, o resultado é do máis satisfactorio .

Aqueles que xa coñecedes os predecesores, xa saberedes que controlamos a un grupo de estudantes, que terá que sobrevivir a todo un elenco de monstros mutados polo veleno dunha planta. En todo o videoxogo controlaremos a un destes estudantes que estará acompañado continuamente por algún dos seus compañeiros, coa posibilidade de controlar ao noso acompañante con só pulsar un botón. Isto conleva unha maior variedade de situacións, xa que cada protagonista ten unha habilidade diferente, ben sexa de forzar pechaduras, forza, axilidade, investigación, etc, o cal nos obriga a escoller ben os “alumnos” que controlemos para sortear os puzles que atopamos na aventura ( algún deles do máis entretido , debo engadir ).

obscure 2

Así, con esta xogabilidade deberemos avanzar por diferentes escenarios, ben sexa o propio instituto, un pequeno bosque, atravesaremos un lago … eso si, como o propio nome indica sempre será de noite, detalle que serve para engadir maior terror ao título.

Pero o que realmente chama a atención de Obscure é o seu xenial apartado técnico, cunha perspectiva en terceira persoa ( seguindo a línea dos antecesores ), vemos na pantalla da PSP uns personaxes grandes e detallados, ademais , en determinadas ocasións a cámara está fixa para darnos uns ángulos máis espectaculares ( tranquilos, os que nos vos gusta controlar a cámara poderédelo facer na maior parte do xogo ). Mención especial aos interiores, que son do máis impresionante que se víu na portábel de Sony, non só pola enorme cantidade de cousas que podemos atopar neles, se non polos detalles que teñen, efectos de luz ( sobre todo cando atravesa pola xanelas ), e moitos outros pequenos detalles que fan que no conxunto sexa espectacular. Por desgraza, os exteriores non están ten coidados, que sen ser malos, non chegan a sorprender tanto. Con relación aos inimigos, só unha pega, a pouca variedade que nos atopamos ao longo da nosa aventura, que aínda por enriba non son demasiado difíciles de vencer, cousa que non axuda á duración do videoxogo, que sen ser curto, déixanos con ganas de máis.

obscure 3

A verdade, é que hai que recoñecer que a tensión que nos provoca esta aventura é constante, xa que na maioría das veces iremos armados con simples bates, paus, etc ( as balas nas armas de fogo escasean ), que non nos ofrecen moita seguridade ante os monstros que nos atopamos, e se a isto lle engadimos unha banda sonora moi aceptábel, xunto con efectos sonoros constantescomo pasos que te poñen alerta pero que non che indica por onde virán os inimigos, ruidos inclasificábeis, berros ao lonxe… que fai que avances con precaución.

Aclarar que non estamos ante un xogo infantil ( supoño que xa se sabía ), porque hai escenas realmente duras, avisados quedades ( a que agora tedes máis ganas de probalo?, que morbosos sodes… )

Para rematar, decir que podemos completar toda a aventura por modo inalámbrico de forma cooperativa, o que fai que a diversión se multiplique por infinito, unha pena que non supoña ningún reto darlle fin a este videoxogo.

Se podedes, deberiádelo probar, que coa boca ben aberta podo decir que está á altura do Silent Hill, incluso me atrevo a dicir que me gustou máis este Obscure que o mencionado, será polo aumento da acción ?, polo cooperativo dos personaxes ?, ou un pouco de todo?, o que podo decir é que foi unha grata sorpresa poder pasar este título, que sen facer moito ruido nin moito hype ( cousa que se agradece ) fíxome pasar unhas horas do máis entretidas.

Desafortunado contacto con Gran Turismo Mobile

Por: Domingo, 25 de Outubro de 2009, 14:15 COMENTAR

portada gran turismo Non veño aquí facer un análise do xogo, porque non o rematei, non cheguei ao final, e mentras non se exprima un xogo ata o seu clímax final non se debe facer unha crítica formal, así que, voume adicar a explicar o por que do meu abandono cara un xogo que se leva falando del desde anos.

Unha vez que encendes a consola e cargas o título, atópaste coa típica secuencia espectacular, cousa que deberías desfrutar pero non confiar, porque na maioría dos casos , este vídeo introductorio supón a fin da calidade do resto do xogo. É cando rematas de ver esta introdución cando realmente te atopas co real do xogo, cunha interface seria e adulta que che fai prever a enorme calidade que emite o título.

Como sempre, ou polo menos no meu caso, diríxome ao apartado de tutoriais para afacerme ao control, movementos, trucos, etc. A miña valoración ?, a saga continúa no seu punto ( algo que se agradece ), cunha xogabilidade doada de manexar pero extremadamente difícil de perfeccionar ( e isto deberíase facer para desfrutar completamente de calquera título de Gran Turismo ). Aínda que poñéndonos “quisquillosos” , case me atrevería a decir que rebaixaron un chisco a dificultade en relación con xogos anteriores. O apartado técnico está ao nivel que todos esperaban,  é decir, moi alto, sen relantizacións ( polo menos ata onde xoguei eu ), detallados escenarios e coches que simulan a realidade de forma moi correcta. O problema do apartado técnico, o de sempre, ausencia de sistema de danos, que aínda que o queren remediar no Gran Turismo 5 ( cousa que dubido como se amosa neste vídeo ), neste aínda teremos que ver como o coche queda intacto despois dun golpe contra algún muro de protección, parede, árbore, ou o que sexa. Con respecto ao apartado sonoro ten algo ao seu favor, e é a posibilidade de escoitar as nosas cancións que temos gardadas na memoria da PSP mentras competimos nalgunha carreira.

Pero todo isto para que?, pois para nada, porque peca no máis elemental, no obvio , no que menos pensei que podería fallar un xogo destas características, e refírome á ausencia total de Modo Carreira. Como merda poden facer isto ?, en que están pensando?. A única especie de Modo Carreira é o tutorial, xa que tes que ir avanzando e realizando as probas que che indican, como adiantar a tantos vehículos nunha soa volta, aplicar un rebufo para realizar un adiantamento, e miniprobas similares que non substitúen de ningunha maneira a un Modo Carreira decente. A parte disto danche a posibilidade de realizar carreiras independentes, ben sexan de contrarreloxo, carreira normal contra outros catro competidores ( cunha intelixencia artificial limitada ) ou derrape.

E como queren que nos enganche este xogo sen un modo Campeonato como sería normal?, é decir, emprezar desde cero e ir competindo pouco a pouco contra outros mentres a dificultade se acrecenta progresivamente. Isto sería o máis normal, pero nada…

Pero o que non comprendo é porque a pesar disto, este título segue recibindo expléndidas críticas de case todos os medios, e se o propio título non incita ao xogador a continuar, como queren que sexa un bo xogo ?. A miña decepción foi tal que deixeino de xogar ás poucas horas vendo como o aburrimento invadía o meu organismo.

É fodidamente imperdoábel o que fixeron, eu non o paso por alto e ninguén debería, que por moita fama que teña a saga Gran Turismo hai que saber cando fan “chapuzadas” e cando non, e a sobrevaloración nos videoxogos está á orde do día, pero eu intento alonxarme desta tendencia, polo que xa debedes saber a que apartado vai ir parar este Gran Turismo Mobile.