20 segundiños de Uncharted: Golden Abyss

Por: Mércores, 22 de Xuño de 2011, 8:42 COMENTAR

É certo que estos vinte segundos non nos amosan nada do que xa sabiamos, pero polo menos sérvenos para saber que seguen polo bo camiño, e iso nos tempos que corren xa é todo un acerto.

Igual que xa viamos na conferencia de Sony, o xogo parece estar a un apartado gráfico impresionante, aínda que fan demasiada mención no seu control (con movementos de consola, uso ilóxico da pantalla táctil…), cousa que non me gusta demasiado, pero está claro que se non a pifian demasiado na xogabilidade estaremos ante un grande.

Estou seguro que moitos mercarán a PS Vita só para catar este título, e xa por pedir, se engadisen un nivel de dificultade decente xa sería do mellor.

Fai unha semana Sony lanzou ao mundo un vídeo promocional da súa próxima consola portábel na que nos amosaba as características da súa máquina e imaxes dos seus xogos máis representativos.

O certo é que o vídeo tampouco é moi espectacular, aínda que nos deixa vixente que PS Vita terá unha potencia bastante bruta, pero moito me temo que vai caer no erro de 3DS, é dicir, sacando o Uncharted o resto de videoxogos tampouco chaman moito a atención, polo que como saquen á consola cuns xogos mediocres vai tardar en arrancar, verdade Nintendo?

E falando xusto disto, moito me da no fuciño que como 3DS esperte dunha vez, terá un duro competidor.

F1 2011, o 23 de setembro

Por: Domingo, 27 de Marzo de 2011, 21:56 COMENTAR

Codemasters ven de anunciar que lanzará a nova entrega do simulador de condución ‘do gran circo’ o vindeiro 23 de setembro para PS3, Xbox 360 e PC. Tamén haberá versións para a Nintendo 3DS e NGP.

Se ven gráficamente a versión anterior estaba moi ben, no apartado da xogabilidade, xerou certas críticas por parte de moitos xogadores, tanto por consideralo demasiado ‘arcade’ como pola cantidade de erros que tiña dende o seu lanzamento e que moitos aínda non arranxaron. Terán que aprender dos seus propios erros en Codemasters se non queren perder prestixio no mundo dos videoxogos de conducción, prestixio que gañara fai tempo con títulos como os Colin McRae, por exemplo.

Haberá que agardar a ver que sucede…

As novas das portábeis están acaparando toda a rede, e Sony, dende que presentou a súa PSP 2 non deixa de deleitarnos con vídeos demostrativos da súa consola.

Nesta volta volve deixar patente que a potencia de NGP apunta moi alto, e amósannos grandes títulos como Killzone (espectacular), Resistance, Little Big Planet ou o xa máis que esperado Uncharted.

Este vídeo tamén serve para que vexamos parte da súa xogabilidade, como o recoñecemento da posición da consola ou a súa pantalla táctil, pero moito me temo que estas dúas características quedarán a un segundo plano se o resto da xogabilidade é precisa, e non como acontece coa actual PSP.

E todo isto está moi ben, pero cando unha data concreta e un prezo?, moitos intúen que estará entre os 250€ e 300€, pero eu conto que sexa algo máis cara…espero que me equivoque.

Imaxe e vídeos de PSP 2

Por: Xoves, 27 de Xaneiro de 2011, 15:04 COMENTAR

Pois a imaxe filtrada días anteriores non era real, e despois de que Sony realizase un evento para presentar a súa nova NGP (espero que non deixen este nome), podemos comprobar a auténtica forma e incluso algúns vídeos sobre os títulos que terá.

O primeiro que debo mencionar é que a consola sairá a finais deste ano, algo sorprendente tendo en conta que aínda se acaba de sacar á luz.

Grazas aos vídeos expostos a continuación podemos confirmar os dous sticks analóxicos (xa todos contabamos con eles), pantalla táctil e posibilidade de manexar títulos con só mover a consola.

Con relación aos títulos xa están confirmados Killzone,Resistance e a maior sorpresa foi a aparición dun novo Uncharted. Aquí podemos ver un vídeo resumo dos videoxogos que poderemos desfrutar:

Ler o resto da entrada »