Parece que non son boas épocas para as portábeis, e se primeiro foi Nintendo quen tivo que rebaixar de forma esaxerada a 3DS, agora Sony, tan só na segunda semana de lanzamento vese na obriga de rebaixar a súa nova portábel PS Vita.

Motivo?, pois que non venden o esperado, bens exa polo elevado prezo ou pola ausencia de videoxogos que capten a atención do xogador, e aínda que na primeira semana de lanzamento mantivo unhas ventas normais (aínda así moi por debaixo da 3DS) na súa segunda semana o fracaso foi extrepitoso, tanto que a versión Wi-fi/3G que custaba 29.980¥ (case 300€) agora pasa a custar 24.999¥ (251€), case igualando o prezo da súa versión “capada”.

Polo de momento esta rebaixa non está plantexada para o resto do mundo, pero moito me temo que só é cuestión de tempo de que suceda o mesmo.

Así foi o golpe que levou Sony

Comparación de pantallas entre 3DS e PSVita

Por: Martes, 27 de Decembro de 2011, 14:38 COMENTAR

Sigo dicindo que as comparacións son odiosas xa que cada consola ten o seu propio encanto, mais a xente segue querendo ver cal das dúas novas portábeis a ten máis grande e nun afán de solucionar isto aquí temos un vídeo no que se compara perfectamente a calidade entre unha consola e outra.

O resultado creo que non debería sorprender a ninguén, porque se á 3DS non se lle da tan mal reproducir vídeos, a PS Vita é bastante máis superior neste aspecto cunha nitidez e color que sobrepasa sen dúbida á portábel de Nintendo.

Nintendo, desfruta este Nadal tranquilamente,porque dentro dun par de meses o teu rival sae á luz.

Vídeos a patadas de videoxogos da PS Vita

Por: Mércores, 14 de Decembro de 2011, 13:27 COMENTAR

Se sodes dos que pensades adquirir a PS Vita aquí tedes un post obrigatorio de ver, e non porque nos amosen unha vez máis as características da mencionada consola, senón porque podemos ver un kilo de tráilers sacados do evento levado a cabo en San Francisco.

Os compañeiros de VG247 fixeron unha recopilación dos mellores vídeos.

A continuación teredes todos estes vídeos, e quero facer mención e resaltar títulos como Escape Plan, Uncharted e Gravity Rush que teñen un plantexamento que dalgunha forma atraen o meu cerebro.

O certo é que tamén debo mencionar que moitos deles non me gustan en absoluto, pero ao mellor coa consola o conto cambia, ou o mellor non…

Ler o resto da entrada »

Data de lanzamento en Europa de PS Vita

Por: Mércores, 19 de Outubro de 2011, 11:36 COMENTAR

No país nipón xa existiron enormes colas de persoas só para reservar a próxima portábel de SONY, PS Vita, porque o 17 de decembro poderán probar en primeira persoa esta nova máquina.

Nipóns agardando para reservar a PS Vita

Aquí teremos que esperar uns meses máis para que chegue ás tendas Europeas a PS Vita, concretamente até o 22 de febreiro de 2012, e continúa co mesmo prezo, 250€ a edición sen 3G e 300€ con 3G adicional.

Non comprendo ben esta data, xa que se perden a campaña do Nadal, algo que lle viña moi ben para competir coa 3DS, que nesta etapa aterrarán grandes xogos para ela, cousa que sen dúbida aumentará as ventas da portábel de Nintendo.

Veremos se a potencia desta consola é suficiente como para que o seu lanzamento sexa máis afortunado que a 3DS.

PS Vita será “Region Free”

Por: Domingo, 18 de Setembro de 2011, 14:06 COMENTAR

Que quere dicir o título que deste post? Que a próxima portábel de Sony non terá protección rexional, o que significa que calquera pode importar videoxogos exclusivos do mercado xaponés e desfrutalos na súa consola.

Á primeira vista parece que non é unha nova moi relevante. Mais se reparamos na cantidade de xogos que non saen do mercado nipón, o conto évos ben outro. E sen contar que se poden adquirir xogos moito máis baratos importándoos doutros países.

Persoalmente penso que esta decisión foi un acerto por parte da Sony.

E xa sabedes que a PS Vita sairá no primeiro trimestre do 2012, mentres que no Xapón han de tela no 17 de decembro.

Sony amosou un tráiler doutro dos seus videoxogos que terá a PS Vita, o título é Sumioni, e cando o vexades pronto o relacionaredes coa pequena xoia de Okami.

Polo que podemos aprezar será un título en perspectiva 2D avanzando por escenarios con estética oriental (similar a Okami, volvo repetir), pero non rematan aquí as coincidencias, senón que poderemos debuxar na pantalla líneas para usalas como pontes, e símbolos que nos permitirá realizar poderes.

A min paréceme que o plaxio é claro, mais parece todo moito máis…light, moito…peor.

En fin, mirádeo vós mesmos e opinade.

http://www.youtube.com/watch?v=pVkxy6Tr5kA&feature=player_embedded

PS Vita amosará 18 xogos novos no TGS

Por: Luns, 5 de Setembro de 2011, 14:27 COMENTAR

Como sabedes o Tokyo Game Show estase acercando e as compañías van deixando caer os títulos que estarán presentes.

Pero a sorpresa está na man da próxima portábel de Sony, xa que segundo dixeron, na feira de Tokyo amosarán até un total de 18 xogos dos que nunca soubemos nada.

Unha incógnita que resolveremos na feira, porque é un número bastante elevado para ser títulos dos que nunca escoitamos falar.

De todos os xeitos tras o salto déixovos os xogos que presentará Sony, tanto para a súa consola de sobremesa como para a PS Vita.

Ler o resto da entrada »

Parécevos que exaxero no título?, pois despois de dicirvos que Silent Hill: Book of Memories será un novo xogo da saga para PS Vita, quero propoñervos unha cousa.

Seguro que a maioría de vós xogastes a algún Silent Hill, pois imaxinádevos como podería ser na próxima portábel de Sony, imaxinade ben, porque moito me temo que non ides acertar coa realidade.

Tampouco son moi fanático desta saga a verdade (aínda que xogara a case todos) mais despois de ver o seguinte gameplay non quero saber como se deberán sentir os verdadeiros seguidores de Silent Hill, moito me temo que estarán a chorar.

Perspectiva cenital?, maxias?, si amigos, benvidos a “Book of Memories”

Unha de tráilers da GamesCom

Por: Mércores, 17 de Agosto de 2011, 13:47 COMENTAR

Agosto, calor, festas, grandes noites, pequenos días e pouco tempo para ir comentando o que acontece diariamente na GamesCom. De aí que vos faga unha selección dalgúns dos tráilers que foron mostrados até o momento nesta feira de videoxogos.

Como non, comezarei polo do Uncharted 3 no cal volve primar o espectáculo, mais tras o salto podedes ver outros que tampouco teñen desperdicio.

Ler o resto da entrada »

Non sei se a Sony estará moi tranquila sabendo como lle vai á Nintendo coa súa 3DS, mais continúan a sacar vídeos de videoxogos para a súa PS Vita que non pinta nada mal, a verdade.

Desta volta podemos ver case seis minutos de Virtua Tennis 4 na pantalla da Vita e aínda que graficamente é bastante espectacular, non sei como adaptarán o seu control. Sabemos que teremos a opción de desactivar o control táctil e poida que sexa o que mellor puideron facer, porque se non podería ser un suplicio.

Como datos do videoxogo nada relevante, 22 xogadores, 33 pistas e os modos clásicos de todos os videoxogos de tenis.

PS Vita vai para comezos de 2012

Por: Xoves, 4 de Agosto de 2011, 14:11 1 COMENTARIO

Tanto ten o que dixese un amigo dun coñecido que sabía dun colega dun tipo que traballa para a Sony. Todo falacias (non confundir con felacións). Acaba de falar Kazuo Hirai, principal responsábel da Sony Computer Entertainment e, segundo as súas palabras, a próxima e nova portábel non chegará até principios de 2012.

Polo de agora os rumores situaban a saída da PS Vita para outubro deste mesmo ano, pero nada. A finais do ano vai chegar, claro que vai chegar, mais a terras niponas. Entrementres os europeos teremos que esperar até principios de 2012 (aínda non hai data concreta).

Tamén mencionou que a enorme baixada de prezo da súa competidora, a Nintendo 3DS, non ha de influir para nada nos seus planoos futuros. A PS Vita sen 3G a 249€ e con 3G, a 299€ continúan a ser prezos competitivos no mercado.

A propósito, a escusa que puxo Kazuo Hirai para este retraso en Europa foi que pretendía sacar a consola nun lanzamento con bo catálogo de videoxogos. E ben seguro que se é certo había de ser un grande paso pola súa parte.

Sen ser nada oficial os primeiros datos dicíanos que a nova portábel da Sony podería ver a luz no primeiro trimestre de 2012, mais iso era até o de agora xa que un novo rumor afirma (un rumor pódese afirmar?) que a PS Vita chegará ás tendas o 28 de outubro, bastante antes do esperado.

E quen filtrou esta nova? Pois a empresa do Reino Unido Blockbuster sacou á luz unha listaxe dos futuros lanzamentos deste ano entre os cales se atopan dúas versións da PS Vita.

Supoño que sobra aclaralo, mais estamos ante un rumor, xa que Sony non fixo ningún comunicado ao respecto. Nas vosas mans está acreditar ou non.

Que opinades?