Gameplay de “Killzone: Mercenary”

Por: Xoves, 31 de Xaneiro de 2013, 10:44 COMENTAR

Como dixen onte, parece que a PS Vita comeza a resucitar lentamente, e un exemplo máis é o lanzamento do gameplay de Killzone: Mercenary para a portábel de Sony que a verdade, deixa moi bo sabor de boca.

Tendo en conta que os últimos FPS non foron alá moi correctos, recordemos Resistance e Call of Duty, este parece que si que vai estar á altura da portábel.

Un nivel gráfico moi bo, naves espaciais, ataques corpo a corpo, gran variedade de armas e todo isto nuns escenarios cheos de cousas e que non deixan de moverse. Promete.

O título poñeranos na pel nun grupo de mercenarios que realizará misións tanto para o bando ISA como Helghast e no que destacará o multixogador.

Polo de momento a esperar tocan,xa que até o 18 de setembro non chegará ás tendas.

Data de saída de “Soul Sacrifice”

Por: Mércores, 30 de Xaneiro de 2013, 15:51 COMENTAR

Aos poucos a PS Vita vai medrando no seu catálogo, moi aos pouquiños a verdade. Pero hoxe sabemos cando sairá á venda Soul Sacrifice, o último proxecto de Keiji Inafume (crador de Megaman, entre outros).

Soul Sacrifice será un xogo “brutal” segundo teñen catalogado os seus creadores. E non só porque poidamos arrincar a columna vertebral para empregala como arma, senón que o sangue e os monstros infernais estarán presentes durante todo o videoxogo.

Para aumentar a variedade, os desenvolvedores confirmaron que tamén haberá maxias e inimigos de gran tamaño.

Deste xeito, o 1 de maio poderemos ver como evolucionou este videoxogo, aínda que o apartado técnico continúe sen me convencer.

Parece que o lanzamento de grandes títulos para a portábel de Sony non acaba de “arrancar”. Entrementres, a Playstation Store serve como substituto desta carencia traéndonos títulos coma Dokuro.

Dokuro é un deses plataformas que entra directamente polos ollos, no cal teremos que rescatar unha princesa ao longo de 147 niveis cheos de trampas que sortear.

O apartado técnico convence, o desenvolvemento parece entretido, os monstros finais deben estar á altura do esperado, así como a dificultade. E a verdade, o tráiler con música clásica gusta.

Mañá poderémolo adquirir na Play Store por 14,99€.

Cando un título acada un éxito considerábel, os produtores observan que poden sacar aínda máis rendemento á situación e comezan a traspasar o título a outras plataformas como portábeis, telefonía … sen preocuparse en absoluto pola calidade do propio, isto foi o caso de Call of Duty: Black Ops Declassified, aínda que de maneira esaxerada.

Black Ops 2 é un xogo moi apto para calquera amante dos FPS que pronto se converteu nun dos títulos máis vendidos do ano, de aquí que ao paso á PS Vita fose inevitábel, pero de que maneira?

Ler o resto da entrada »


Segundo informa a compañía Electronic Arts, a demo do simulador de fútbol FIFA 13, dispoñible dende esta mesma semana, alcanzou os 2 millóns de descargas, cifra un 29 por cento superior á do seu predecesor FIFA 12.

Por outra banda tamén informou do número de reservas, que acadaron as 900.000 reservas, que supón un incremento do 37 por cento en Europa e do 62 por cento nos Estados Unidos.

O videoxogo completo estará dispoñible a partires do 27 de setembro para PC, PlayStation 3 (compatible con PlayStation Move), Xbox 360 (compatible con Kinect), Wii, ayStation 2, PlayStation Vita, PSP, Nintendo 3DS, iPhone, iPad e iPod Touch.

Análise de Resistance: Burning Skies

Por: Xoves, 23 de Agosto de 2012, 14:34 COMENTAR

A saga Resistance aterra na PS Vita baixo o nome de Burning Skies, título no que volvemos a somerxernos nun mundo invadido polas Quimeras e que deberemos facer fronte disparando a todos os que nos atopemos por diante.

Certo, volve repetindo estratexia, sen sorpresas para o xogador, pero se algo lles funciona para que o queren cambiar, mais se mellorasen un tanto máis os seus apartados estariamos ante un xogo notable, así só chega ao correcto.

Ler o resto da entrada »

Un plaxio de Smash Bros?, si, pero All-Stars Battle Royale está captando gran variedade de loitadores para o seu xogo de loitas.

Os últimos que se uniron á plantilla foron Cole, de InFamous e a parella Jak e Daxter.

Nos seguintes vídeos podemos observar os seus movementos, as súas técnicas…como é lóxico cada un emprega movementos dos seus videoxogos particulares o que fai que exista unha mestura bastante singular.

Persoalmente sigo sen ver moi claro este título, pero ben é certo que cada vez está collendo mellor pinta.

Fai uns días saiu a noticia na que uns hackers entraban no sistema de PS Vita a través dun par de xogos.

Os mencionados xogos eran da PSP, Everybody´s Tennis e Motorstorm: Arctic Rift os cales permitían aos hackers entrar en PS Vita co modo PSP e así cargar cargar homebrew na consola.

Como solución Sony decidiu eliminar estos dous xogos do catálogo de PSN e aínda non dixeron se os volverían a colgar unha vez solucionado este exploit.

Que xogo podemos estrear coa PS Vita para demostrar ao mundo do que é capaz de mover a nosa máquina? , Si, Uncharted é unha boa opción.
Isto debeu ser o que pensaron os de Sony con moi bo ollo, porque dende logo o resultado supoño que foi o que eles querían dende un momento, manter ao xogador agarrado á PS Vita facéndose a seguinte pregunta unha e outra vez, será posíbel que unha portábel poida mover estes gráficos?

Ler o resto da entrada »

Primeiro contacto coa PS Vita

Por: Mércores, 14 de Marzo de 2012, 12:03 COMENTAR

Despois dunhas semanas da saída da nova portábel de Sony, a PS Vita chega as miñas mans para facer unha valoración xeral sobre o seu funcionamento, os seus recursos e as súas características xerais para que vos fagades unha idea de como é a nova consola de Sony.

Ler o resto da entrada »

Como acontece coa maioría das consolas novas que saen ao mercado o seu catálogo de videoxogos non é equiparábel ás cantidades inxentes de publicidade que se gasta, pero aprobeitan a novidade da máquina para coarnos títulos que se saisen un pouco máis adiante non mercaraiamos nin de lonxe.

Pois coa PS Vita está acontecendo máis do mesmo e sacando o Uncharted e poucos máis, tampouco temos moito onde escoller.

E xustamente dentro de estes “poucos máis” atopamos Escape Plan un xogo arriscado tanto por formato como por apartado técnico pero cun encanto innegábel.

O seu plantexamento, misturado cos gráficos en branco e negro e un control que promete explotar as posibilidades da PS Vita fan de Escape Plan un xogo a ter moito en conta.

Aquí tedes o tráiler de lanzamento onde poderedes aprezar o característico humor negro do xogo.

A saga de loita máis sanguinaria chega á nova portábel de Sony cun título que promete incrementar as súas novidades.

Estas novidades veñen favorecidas polas propias características da máquina como a pantalla táctil ou a cámara que nos permitirá loitar cos personaxes en escenarios reais.

Ademáis polo que podemos observar no vídeo o apartado técnico está a un nivel moi alto presumindo de pantalla.

Polo de agora todo perfecto, pero moito me temo que teremos que probalo para desenmascar os verdadeiros “peros” do título, pero como dixen, polo de agora todo perfecto.