The Order 1886 xa superou a fase Beta

Por: Luns, 19 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

the_order_1886_14008882434694

O estudo de desenvolvemento Ready at Dawn, o encargado do videoxogo The Order 1886, anunciou que dito xogo superara xa a fase Beta de desenvolvemento, polo cal o desenvolvemento puramente dito xa rematou. Deste modo, agora queda o testeo e a promoción do xogo antes da súa saida ó público.

O xogo, un dos máis agardados para PS4, sairá o vindeiro 20 de Febreiro.

O terceiro dos cinco DLC que terá o xogo de Creative Assembly xa está dispoñíble para que aqueles que teñan calquera das versións podan descargalo.

Este DLC, chamado “refuxio seguro”, inclúe un novo personaxe xogábel, que será o director de comunicacións da estación espacial Sevastopol, e un novo modo de xogo que o ten coma protagonista, chamado “Desafío Salvamento”, modo no cal o obxetivo deste novo personaxe será fuxir das zonas baixas da estación ó longo de 10 niveis, que teremos que superar tendo un tempo máximo para facelo.

mando-mortal-kombat

A empresa PDP mostrou no CES 2015 o seu mando para a nova entrega da saga de loita, que será o oficial para Mortal Kombat X.

Este mando, que podedes ver na imaxe, ten como principal novidade o feito de non ter control analóxico, pero ó mesmo tempo dispor de 6 botóns, que de seguro que axudan a facer as combinacións nos xogos do xénero.

É de destacar que o control poderá usarse nas consolas por pares dependendo do fabricante, elexindo a que estaremos a usar cunha palanca na parte inferior para seleccionar Xbox One ou Xbox 360 e PS3 ou PS4.

Big Bad Wolf

Un novo xogo de rol para PC, Xbox One e PS4 está a ser desenvolto en Burdeos por un novo estudo, que ten por nome Big Bad Wolf.

Esta nova non tería a importancia que ten de non ser porque os fundadores desta nova empresa son extraballadores de outros estudos de alto nivel coma Blizzard, Ubisoft ou Cyanide. Do xogo que están a desenvolver pouco ou nada se sabe polo de agora máis aló de que é un xogo de rol e as dúas imaxes que acompañan a esta nova.

Publícanse novas acerca de Uncharted 4

Por: Xoves, 8 de Xaneiro de 2015, 14:00 COMENTAR

Uncharted 4

A pesares de que nin Sony nin Naughty Dog fixeron pública ainda a data de publicación da carta parte da saga Uncharted, que suporá o debut en PS4 de Nathan Drake, van aparecendo diferentes detalles acerca da historia do xogo.

  • O xogo terá lugar 3 anos despois do final de Uncharted 3.
  • Aparecerá Sam Drake, o irmán maior de Nathan, quen o cría morto.
  • Os escenarios serán de diferentes tipos, ata o de agora están confirmados urbanos, nevados e na selva.
  • Teremos 2 enemigos principais.
  • No xogo haberá máis obxetos a empregar, que terán moita importancia para resolver puzles.
  • Terá modo multixogador.

The Witcher 3

CD Projekt Red publicou os requerimentos dun dos xogos máis agardados do 2014, lanzamento que rematou por moverse ata o 19 de Maio desde 2015.

A segunda parte da saga foi no seu intre un referente técnico absoluto, e esta terceira entrega é de supor que non quede atrás en canto a relevancia. O igual que no segundo xogo na súa época, os requerimentos non son para todas as máquinas, pero tendo en conta o antecedente, de seguro que paga a pena.

Deste modo, estes requerimentos quedan:

Requerimentos mínimos:

  • Procesador: Intel i5 2500K / AMD Phenom II X4 940
  • Memoria RAM: 6 xigas
  • Tarxeta gráfica: Nvidia GeForce GTX 660 / AMD Radeon HD 7870
  • Espazo en disco duro: 40 xigas
  • Sistema Operativo: Windows 7/8/8.1 x64
  • DirectX: 11

Requerimentos recomendados:

  • Procesador: Intel i7 3770 / AMD FX 8350
  • Memoria RAM: 8 xigas
  • Tarxeta gráfica: Nvidia GeForce GYX 770 / AMD R9 290
  • Espazo en disco duro: 40 xigas
  • Sistema Operativo: Windows 7/8/8.1 x64
  • DirectX: 11

Life-Is-Strange-gets-a-debut-trailer-release-date-revealed-620x350

Life is Strange, o novo xogo do estudo Dontnod que chegará ás tendas o vindeiro 30 de Xaneiro en versións para PC, PS3, PS4, Xbox 360 e Xbox One, desvelou os seus requerimentos mínimos e recomendados.

Requerimentos mínimos:

  • Procesador: Dual Core a 2 xigaherzios
  • Gráfica: Nvidia / ATI con 512 Mb de memoria
  • Memoria RAM: 2 xigas
  • Espazo en disco duro:
  • DirectX: 9.0
  • Sistema Operativo: Windows Vista.

Requerimentos recomendados:

  • Procesador: Dual Core a 3 xigaherzios.
  • Gráfica: Nvidia GTX 206 / ATI HD 4890
  • Memoria RAM: 2 xigas.
  • Espazo en disco duro:
  • DirectX: 9.0
  • Sistema Operativo: Windows 7.

 

A PS4 acada as 18.5 millóns de consolas vendidas.

Por: Mércores, 7 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

Recentemente Sony publicou os datos de vendas da súa consola de nova xeración.

Polas cifras publicadas pola compañía, na campaña de Nadal vendéronse 4.1 millóns de máquinas, para chegar a cifra total de 18.5 consolas vendidas. Temos que destacar que Sony declara as cifras de máquinas vendidas a consumidores, non de consolas enviadas ás tendas.

A maiores destas cifras, tamén publicou que en PS Plus hai 10.9 millóns de usuarios subscritos ó servizo. Tamén proporcionou o número total de xogos vendidos, que se eleva ata os 81.8 millóns de copias, 17.8 dos cales o foron no último Nadal.

Limbo podería chegar a PS4

Por: Luns, 5 de Xaneiro de 2015, 11:00 COMENTAR

limbo-1302566

O coñecido xogo do estudo Playdead, Limbo, podería estar preto de ter unha versión para PS4.

Dita versión, que podería chegar neste mesmo mes de Xaneiro, foi rexistrado polos encargados de clasificar os xogos por edades en Europa (PEGI) para este mesmo mes. Esta información no foi confirmada ou negada por parte de Sony ou de Playdead, pero non está de máis lembrar que xa existe a versión de Xbox One.

RE-011_bmp_jpgcopy.0

O remake do Resident Evil en alta definición terá a posibilidade  de xogar en PS3 e PS4 mercando o xogo unha única vez.

Pero ollo, esta posibilidade estará únicamente dispoñible para aqueles que fagan a reserva do xogo antes da data de saída oficial, que é o 20 de Xaneiro de 2015.

Alibaba podería desenvolver unha nova consola

Por: Mércores, 24 de Decembro de 2014, 13:00 COMENTAR

Segundo certas informacións, a compañía china Alibaba, unha das mais grandes cadeas de tendas dixitais podería estar a desenvolver a súa propia consola.

De ser certo o comentado, esta consola lanzaríase o vindeiro 2015 e competiría directamente con PS4 e Xbox One por características.

mafia-3-game

Dende fai un tempo vense falando do desenvolvemento dunha terceira parte da saga Mafia, agora os rumores acadan un novo nivel.

Dito rumor ven dado pola aparición na web dunha coñecida tenda online das dúas versións do xogo, o que soamente faría que as suposicións de que o xogo estaría sendo desenvolto polo estudo Hangar 13 gañaran ainda máis forza.