need-for-speed-rivals
Neste novo vídeo da nova entrega da saga, Need for Speed: Rivals, creado polo estudo sueco Ghost Games, podemos ver os desafíos que terá que superar o xogador nas carreiras ilegais e persecucións para conseguir as melloras para o seu coche.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 22 de novembro para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

rcintonexus

Sabiamos que a nova entrega de Ratchet & Clanck chegaría á Playstation 3, mais o rumor que nos toca é o da posibilidade de que aterre tamén na PS Vita e en plataformas móbiles.

A nova non está confirmada, mais o feito de aparecer no ESRB (organismo de calificación por idades) ofrécelle moita forza e aumenta a porcentaxe de ralidade.

O ESRB anuncia que aparecerá na PS Vita, así como en dispositivos móbiles de tipo smartphone, pero sen concretar a que sistema ou sistemas.

O único que direi é que Sony parece que está cumprindo iso de querer impulsar a Vita con novos títulos. E polo de momento, gústame.

PS3 Super Slim
Sony ven de lanzar a nova versión 4.50 do firmware para a PlayStation 3.

Entre as principais novidades, esta actualización inclúe as actualizacións e descargas automáticas, característica ata agora reservada para os subscritores de PlayStation Plus.

Outra das novidades é a posibilidade de transferir datos, como xogos, filmes, etc., entre a PlayStation 3 e a PS Vita mediante unha conexión Wifi, sen a necesidade dun cable USB.

Tamén engade novas opcións de privacidade para os Trofeos, permitindo escoller que xogadores poden ver os trofeos que conseguiches.

Posta de longo de GTA Online

Por: Martes, 1 de Outubro de 2013, 11:43 COMENTAR

actual_1380327011

Hoxe é o día no que Rockstar lanza GTA Online, a plataforma multixogador do ‘Grand Theft Auto V’ que está destinada a convertir Los Santos nunha cidade en constante cambio. Debido á expectación xerada, desde Rockstar ofrecen os horarios e detalles sobre o inicio de GTA Online na súa web.

Ler o resto da entrada »

Novo tráiler de «Rain»

Por: Sábado, 28 de Setembro de 2013, 14:00 COMENTAR

Rain-Trailer-PlayStation-Network-samll-pic

Este novo título exclusivo para PlayStation 3 nárranos a historia do fantasma dun rapaz, visible soamente baixo a chuvia, que trata de atopar e salvar a unha rapaza dunhas critaturas fantasmais no misterioso “mundo da chuvia”.

O xogo foi creado polo coñecido Japan Studio de Sony, creadores de títulos como LocoRoco, The Last Guy ou Echochrome.

En maio, xa vos informabamos sobre este título, pero por se aínda non vírades ningunha nada do xogo, aquí tedes outro dos vídeos que xa publicaron anteriormente:

O lanzamento está previsto para o vindeiro 2 de outubro, a un prezo de 12,99 € a través de PlayStation Network.

f1-2013_1
Codemasters publicou o anuncio para televisión do seu novo simuladorde Fórmula 1, o F1 2013.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 1 de outubro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

Micropagos en GTA Online?

Por: Martes, 24 de Setembro de 2013, 15:04 COMENTAR

gta 5 1

Coa repercusión que está a ter a quinta entrega de GTA penso que todos sabemos que o 1 de outubro chegará ás tendas GTA Online, do cal, aparte de que poderá soportar até 32 xogadores simultáneos, pouco máis se sabe.

Se cadra é porque Rockstar non quere dicir aínda todo… mais polo que parece GTA Online poderá contar con microtransaccións. Todo isto grazas a un usuario de Reddit que atopou un arquivo suxirindo o intercambio de diñeiro real, por virtual.

Concretamente o arquivo menciona o intercambio de diñeiro real por cheques de 100.000, 200.000, 500.000 e 1.250.000 dólares, acompañado do seguinte texto:

A pasta manda nesta cidade. Soluciona os teus problemas de diñeiro e date unha xudiña para conseguir o que queiras en Los Santos e Blaine Country coa compra de estes paquetes de diñeiro para GTA Online.

Todo o diñeiro mercado deposítase automaticamente na conta bancaria do teu personaxe. Gasta con cabeza, a terapia de diñeiro é breve.

Polo de momento non existe confirmación por parte de Rockstar, mais cando un rumor ten tantos detalles o seguro é que sexa verdade. Nos próximos días saberémolo.

ps4 dual
Como case todas as consolas no momento do seu lanzamento, cada nova videoconsola PlayStation 4 suporá unha pequena perda de diñeiro para a compañía Sony.

Segundo comentou o seu directivo, Masayasu Ito, bastaralles con vender unha subscrición PS Plus e un videoxogo de lanzamento para volver a ter beneficios, así que parece que as perdas serán mínimas.

Como xa comentara Andrew House en agosto: “A PlayStation 4 non xerará as perdas da súa predecesora, a PlayStation 3”.

No momento do seu lanzamento, cada unidade da PlayStation 3 creaba unha perda de entre 240 e 300 dólares, dependendo do modelo. Segundo as cifras oficiais, ese lanzamento supuxo para Sony unhas perdas duns 3.500 millóns de dólares nos anos 2007 e 2008.

Coa lección ben aprendida, desta vez a compañía nipona non quixo repetir os erros do pasado e axustou mellor os custos de produción de cada unidade da súa nova PlayStation 4.

far-cry-3

Parece que cada vez é máis habitual que Sony lance para os usuarios de PS Plus ofertas que ningún xogador debería rexeitar. Tres xogos de Playstation 3 e dous de PS Vita completamente gratuítos.

Deste xeito Sony deu a coñecer cales serán os próximos xogos que entrarán nesta oferta:

Chegan este mes a PS Plus:

  • Far Cry 3 (PlayStation 3)
  • Giana Sisters: Twisted Dreams (PlayStation 3)
  • Dragons Dogma: Dark Arisen (PlayStation 3)
  • Street Fighter X Tekken (PS Vita)
  • Touch My Katamari (PS Vita)

Deixan PS Plus:

  • Assassin’s Creed 3
  • Saints Row the Third
  • Payday: The Heist
  • Urban Trials
  • New Little Kings Story

É curioso o que podes ver neste mundo de píxeles, e unha das novas que máis chama a atención é a que estamos a presentar.

A famosa serie protagonizada polo bo do “Chavo” contará cun videoxogo propio de carreiras que sairá para consolas actuais, Xbox 360, Playstation 3 e PS Vita.

Foi o estudo mexicano Slang quen decidíu levar estes personaxes a un marco videoxoguil e concretamente copiando claramente ao famoso Mario Kart.

Deste xeito protagonizaremos frenéticas carreiras cun estilo visual moi “cartoon” no que iremos recollendo ítems para dificultar a chegada á meta dos nosos contrincantes. Sóavos verdade?

Aquí podedes ver o tráiler de Chavo Kart:

Pois parece que Ubisoft non quere deixar de exprimir a súa actual galiña de ouro, pero isto non será pasarse un pouquiño?

O que días atrás fora un rumor, hoxe a desenvolvedora confirma que Assassin´s Creed: Liberation (o título exclusivo e PS Vita) chegará a PS3, Xbox 360 e PC remasterizado en alta definición.

Segundo Ubisoft Sofia, os encargados deste “port” ás consolas maiores, non será unha simple revisión, senón que melloraron as mecánicas de combate, así como as animacións faciais e outras características xogábeis:

Revisamos as misións individualmente para ofrecer un maior rítmo e desafío. Traballamos moito no “frame rate”. O xogo irá fluído.

Polo de moemento non hai nin data, nin prezo.

O segundo título anunciado trae como nome de Assassin´s Creed: Pirates, un xogo para smartphones que aterrará no outono deste ano.

Pouco se sabe deste título, só que encarnaremos a un pirata sen moita experiencia que recorrerá os mares do Caribe en busca de tesouros. A continuación o vídeo.

En opinión persoal, nunca fun moi fan desta saga, mais incluso para aqueles fieles seguidores, non estaremos a ver demasiada sobresaturación de Assassin´s Creed?

f1-2013_1
Coincidindo coa celebración esta mesma fin de semana do GP de Italia de F1, a compañía Codemasters publicou este vídeo onde nos subimos, como non podía ser doutra forma no trazado italiano, no Ferrari F138 de Fernando Alonso para dar unha volta ao mítico Autodromo di Monza.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 4 de outubro para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.