Os seguidores do cabaleiro escuro están de sorte, xa que se acaba de anunciar a edición coleccionista de Batman: Arkhan Asylum. Seguramente os máis frikazos deste superheroe xa estarán reservando este novo pack, e non é para menos, xa que o xogo pinta realmente ben. Esperemos que a explosión de diversión deste novo Batman aguante ata o final, e non se quede só nas primeiras horas.

O dito, que o pack inclúe:

– O xogo (de 360 ou PS3)
– O primeiro contido descargábel cun novo mapa
– Un diario de 48 páxinas a cor con notas sobre os internos de Arkham
– O indispensábel DVDs de extras
– O Batarang ( parece ser que se trata da arma que lanza Batman)

Todo isto presentado nun estuche metálico e custando ” soamente” 100€ (supoño que para os verdadeiros seguidores de Batman non son cartos nin é nada).

Pero agora toca a sorpresa final, esta edición coleccionista, aínda non está anunciada para que saia en territorio PAL, ¿pensabades que todo ía ser bo?

A saga Metal Gear convertíuse nunha fonte rentábel de ongresos polo que parece que non van deixar de explotala.

Polo que sabemos, Konami rexistrou dúas marcas na base de datos United States Patent and Trademark Office. Unha delas é Metal Gear a secas, e a outra “Táctical Online Action”, que , ou moito me equivoco , ou gardan unha dependencia total.

A primeira marca rexistrada ben condicionada, pola descripción “xogo arcade” e “videoxogo online” no caso de “Táctical Online Action”.

Esperaremos , a ver en que remata todo isto, porque ultimamente os rumores sobre esta saga son moi frecuentes. Primeiro unha posíbel quinta parte e agora estas dúas patentes, a ver cando aclaran algo dunha vez.

Mirrors Edge

Por: Venres, 10 de Abril de 2009, 12:28 1 COMENTARIO

Saltos imposíbeis de tellado en tellado, equilibrios en tuberías a centos de metros de altitude, fuxidas das balas dos inimigos dentro de edificios( que a máis de un recordará ao final da película Matrix), todo isto é o que nos propón este orixinal xogo creado por DICE.

A orixinalidade ben resaltada, grazas a que todas estas acción verémolas en primeira persoa, e aínda que ao principio pode chegar a marear un chisco, pronto vos acostumaredes a este punto de vista.

O argumento sumérxenos nunha cidade na que case todo está prohibido, e o único medio de información son os “runners”, persoas que transportan datos dun punto a outro a través dos tellados dos edificios. Nós encarnaremos a unha destas “runners” que ademáis de fuxir dos gardas, deberá investigar quen culpa á súa irmá de asasinato.

Para os combates podemos utlizar técnicas corpo a corpo e usar diferentes armas de fogo, aínda que se portamos algunha arma perderemos axilidade en saltos , agarres ,etc.

Pero non nos enganemos, a alma do xogo está en fuxir dos inimigos, non en eliminalos. É inexplicábel a sensación que transmite escapar dentro dun edificio cheo de gardas, polos lugares máis insospeitados como conductos de ventilación ou falsos teitos, e unha vez que chegas á cima do edificio, lonxe de atopar calma, tes que escapar dun mortífero helicóptero, que non deixe de dispararche mentres tí saltas de tellado en tellado, tentando buscar unha protección.

Nisto está a verdadeira diversión do xogo, en escapar.

Ademáis, todo isto ben resaltado por un preciosista apartado gráfico, no que as cores brandas veñen recalcadas, así atoparemos verdes, vermellos e amarelos moi intensos, acompañados por cores escuras moito máis suaves.

Os escenarios son bastante grandes e moi coidados, tendo sempre múltiples percorridos para chegar ao teu destino.

E agora ben o gran lastre deste xogo, a duración.

A dificultade de Mirrors Edge xa non é moi abusiva, pero se ademáis lle sumamos que o modo historia pásase en cinco ou seis horas, atopámonos cun dos xogos máis breves desta xeración, ademáis de non ter alicientes para volvelo xogar.

Así e todo a orixinalidade deste videoxogo, xunto ao seu sobresaliente apartado gráfico, fan de Mirrors Edge unha opción moi recomendábel.

Por outro lado, un xogo que dura cinco horas pódelo alquilar perfectamente e aforrarás cartos.

Fallout 3

Por: Mércores, 8 de Abril de 2009, 13:56 COMENTAR

Vólvese repetir a mesma historia. Como en títulos anteriores, como Oblivion ou Mass Effect, póñennos na pel dun protagonista, o cal, a medida que avance no argumento, irá subindo de nivel e categoría, coa liberdade de portarse como se portaría un “heroe dunha cutre película ianqui” ou pola contra ,portarse como “a interpretación dun actor nunha cutre película ianqui”. A elección de portarse ben ou mal, dependerá dos diálogos que manteremos co resto dos personaxes.

Ata aquí, é ben parecido ao resto de RPGs de acción, aínda que este intenta innovar nos combates, dándoche opción de loitar en tempo real, ou por turnos, mediante unha opción de porcentaxe de dano que sufrirá o inimigo.

Este detalle apórtalle algo máis de graza ao xogo, pero aquí ben o gran “pero” dos combates. Aínda que podemos disparar en tempo real, case toda a aventura pelexaremos por turnos , xa que, disparar en tempo real, é unha opción demasiada complicada e imprecisa, empregando só esta función cando nos vexamos rodeados de moitos inimigos, e así , disparar a cegas, para tentar buscar cubertura.

Gráficamente, o título vai sobrado. Os personaxes teñen uns rasgos moi realistas, os efectos de iluminación están perfectamente logrados e a inmensidade do “Yermo”( que así se denomina o lugar donde se leva a cabo a acción) é impresionante. Pero,como todos os xogos, a este nivel non é perfecto, e as enormes explanadas con que nos atopamos, antóllanseme demasiado baleiras e aínda que pareza raro a auga é o peor neste apartado, xa que nin a superficie, nin as profundidades está a un nivel aceptábel, producindo unha gran inverosimilitude co resto do conxunto.

Con respecto á xogabilidade, o xogo danos dúas posibilidades, xogalo en primeira ou terceira persoa. Sen lugar a dúbidas, deberédelo xogar en primeira persoa, xa que a xogabilidade en terceira persoa é francamente mala(con deslices laterais do personaxe, o avance do protagonista non se corresponde cos pasos, etc…aínda que os que xa xogarades ao Oblivion, seguro que non vos colle de sorpresa).

Por moito que presuma de lonxevidade, a historia principal non é demasiado longa,nen sequera moi difícil(aínda que isto non lle inflúe na diversión). Pero no que verdadeiramente aumenta a súa duración, é nas misións secundarias que pode facer que o nivel de vida desta terceira parte do Fallout, chegue ata as cen horas.

En fín, un moi bo xogo de rol, que niguén debería deixalo pasar, tanto pola diversión, como por duración, porque podedes estar seguros que os seus fallos pasarédelos por alto unha vez que vos sumerxades no mundo de Fallout

Konami, acaba de anunciar Six Days in Fullujah, un novo shooter de caráter bélico, no que pretende acercarse ao conflito de Irak, da maneira máis realista que nunca.

“Para nós, o reto está en cómo presentar os horrores da guerra nun xogo entretido, e que ao mesmo tempo lle proporcione ao xogador información sobre a situación histórica dunha forma que só un videoxogo pode ofrecerche”, declarou un dos creativos detrás do proxecto. “A nosa meta é darlle ao usuario as claves nesas circunstancias do que suporía ser un soldado, un civil e un insurxente”
A súa data de lanzamento aínda non está anunciada, pero sí a que plataformas irá dirixido, Xbox 360, Playstation 3 e PC. Ademáis, o seu desenrolo corre a cargo de Atomic Games, un estudo especializado en simuladores de combate militar.

Así Konami, súmase ao tumulto de compañías que explotan os shoteres bélicos sen aportar nada medianamente relevante, a este , tan saturado xénero, no que o único que se busca, é que o xogador, dispare a todo ser que se atreva mover diante da nosa mira, sen engadir nada suficientemente imaxinaivo o desenrolo da historia.

Se cadra estou falando demasiado apresurado e sen meditar moito as miñas palabras, pero dende logo, moito ten que cambiar a cousa…

Beyond Good & Evil 2:novos datos

Por: Domingo, 5 de Abril de 2009, 19:16 COMENTAR

Intriga, é o mellor adxectivo que se lle pode asociar a este xogo, xa que moi pouco se sabe del dende o pasado E3. Sen embargo, Michel Ancel, máximo responsábel de Ubisoft, revelou información sobre o seu proxecto, un dos máis importantes da compañía francesa.
“Para a primera parte queriamos crear una experiencia moi cinematográfica, pero no tiñamos a habilidade tecnolóxica para conseguilo, así que simplificamos,pero ahora, coa nova xeración de consolas é posíbel desenrolar o videoxogo que pensabamos en primera instancia”,declarou Ancel.
Ademáis, tentarán que o xogo sexa “máis inmersivo e complexo” que o anterior,e tamén aclarou que” aínda quedan moitos aspectos descoñecidos” sobre a súa xogabilidade que non se anunciaron, e que , de non ser por eles o xogo xa podería estar rematado.

En canto á búsqueda de inspiracións, que levaron a cabo, para a creación deste xogo, Ancel confirma , que o clima de terror tras o 11-S, foi un factor clave para este proxecto, e rematou aclarando que esta segunda entrega comezará onde o deixou a primeira parte.

O primeiro xogo non tivo a acollida que se merecía, por factores alleos ao meu coñecemeto, aínda así espero que nesta entrega, como mínimo, igualen a calidade e diversión do séu antecesor, e polo que parece a nivel gráfico o título vai sobrado, a ver se o séu desenrolo non se volve repetitivo.