Hartred supera Steam Greenlight

Por: Venres, 2 de Xaneiro de 2015, 10:00 COMENTAR

hatred-mass-murder-game

Hartred, o polémico xogo que foi retirado de Steam Greenlight por parte de Valve e logo devolto, superou a etapa na que os usuarios votan para que sexa publicado en Steam, de modo que estará presente na plataforma de vendas de Valve.

CoD-Advanced-Warfare-Exo-Zombies_TINVID20141127_0004_3

Havoc, o primeiro DLC para Call of Duty: Advanced Warfare estará dispoñíbel o vindeiro 27 de Xaneiro.

Neste primer paquete descargábel aparecerán 4 novos mapas para o multixogador online, chamados Sideshow, Core, Orift e Urban. A maiores destes 4 mapas, aparecerá un novo capítulo para o modo de xogo secundario e unha nova arma

kinect

 

 

Microsoft anunciou que o Kinect orixinal, que apareceu en 2010 como un complemento para Xbox 360, deixará de estar nas tendas durante este ano 2015 que recén comenzou.

Deste modo, Microsoft despexa o camiño para a segunda versión do Kinect, que é o empregado pola Xbox One, que inclúe entre outras novidades a grabación en Full HD e a posibilidade de sacar todo o xugo ó SDK 2.0.

O creador de Xbox Live abandoa Microsoft

Por: Martes, 30 de Decembro de 2014, 12:00 COMENTAR

Boyd Multerer, o creador de Xbox Live anunciou que deixa a empresa americana tras 18 anos na mesma.

Durante este tempo, ademais da creación da plataforma online para a consola, desenvolveu o linguaxe de programación XNA, específico para a creación de videoxogos, a maiores de ter axudado no desenvolvemento de Xbox One.

Sonic terá un novo xogo

Por: Martes, 30 de Decembro de 2014, 10:00 COMENTAR

Sonic-Runners-Ann-Smartphone

Sega non quere que Sonic morra definitivamente e anunciou que o equipo de desenvolvemento orixinal dos mellores xogos do ourizo azul, o Sonic Team.

Este novo xogo, do que ainda non se publicaron imaxes, sairá para iOS e Android, terá o nome Sonic Runners, e prometéronse máis datos acerca del no vindeiro mes de Xaneiro.

The Talos Principle ten unha trampa para piratas

Por: Martes, 30 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

2014-10-27_00001

Aqueles xogadores que decidan obter o novo xogo de Croteam dun modo ilegal terán unha trampa nel para que non poidan desfrutar del.

A nova deuse a coñecer cando o equipo de desenvolvemento bromeou acerca da trampa no foro oficial de Steam do xogo. O estudo croata xa fixera algo parecido no Serious Sam 3, no cal cando o xogo non era orixinal, aparecía un alacrán xigante inmortal que perseguía o xogador ata matalo. No caso do Talos Principle, a trampa é un elevador no cal o xogador queda atrapado e non pode saír.

Novas da saga Bayonetta chegarán no 2015

Por: Martes, 30 de Decembro de 2014, 8:00 COMENTAR

bayonetta-2-screenshot-4-e1358827606564

Akiko Kuroda, un dos productores do xogo Bayonetta 2 declarou recentemente que o estudo comezara o desenvolvemento dun novo xogo, pero que ainda tiñan que agardar un tempo para poder falar del, pero confirmou que durante o vindeiro 2015, Bayonetta recibirá unha nova, pero non concretou nada acerca dela.

No Man’s Sky podería saír en 2015

Por: Luns, 29 de Decembro de 2014, 13:00 COMENTAR

maxresdefault

Sean Murray, un dos creadores do agardado No Man’s Sky, declarou que o xogo, se todo vai segundo o planificado, debería saír durante o vindeiro 2015.

Tamén fixo público que o equipo de desenvolvemento tentará illarse todo o posíbel do exterior para centrarse en rematar o xogo, xa que a expectación que rodea o xogo supón unha presión moi grande para que todo saia segundo o desexado, tanto por eles coma polo público.

PlayStation Network volve a funcionar

Por: Luns, 29 de Decembro de 2014, 11:00 COMENTAR

Dende o día de Nadal, PlayStation Network viña sufrindo problemas de funcionamento debido a un ataque de denegación de servizos. A día de hoxe, ó igual que fixo Xbox Live pouco antes, estes problemas foron resoltos e o sistema está totalmente operativo de novo.

Capcom presentará un novo xogo en Xaneiro

Por: Luns, 29 de Decembro de 2014, 10:00 COMENTAR

Kazunori Sugiura, un dos productores de Capcom, declarou recentemente que o vindeiro mes de Xaneiro, Capcom anunciará un novo”xogo importante”.

Os rumores acerca de cal podería ser o xogo non tardaron en surxir, e os dous que máis forza teñen polo de agora son unha continuación da saga Dragon’s Dogma ou novas acerca do Deep Down, un proxecto para PS4 que xa leva bastante tempo sen dar novas de vida.

resident_evil_hd_remaster-2684342

Resident Evil Remastered HD, un dos xogos máis agardados do comezo do vindeiro 2015 podería non ser o derradeiro xogo da saga que teña unha versión en HD.

Os rumores acerca desta nova versión nacen no intre no que Capcom publicou unha imaxe promocional na que se podía ver o icono do Resident Evil Zero.

Capcom nin confirmou nin desmentiu nada acerca do tema, polo que, polo de agora, todo queda nun rumor.

4jiithj

Un dos creadores do xogo The Vanishing of Ethan Carter confirmou nos foros de Steam que o soporte para Oculus Rift chegará ó título nos vindeiros meses, ainda que foi a única plataforma de realidade virtual da que falou, polo que unha suposta versión para outros sistemas non quedou descartada.