Big Bad Wolf

Un novo xogo de rol para PC, Xbox One e PS4 está a ser desenvolto en Burdeos por un novo estudo, que ten por nome Big Bad Wolf.

Esta nova non tería a importancia que ten de non ser porque os fundadores desta nova empresa son extraballadores de outros estudos de alto nivel coma Blizzard, Ubisoft ou Cyanide. Do xogo que están a desenvolver pouco ou nada se sabe polo de agora máis aló de que é un xogo de rol e as dúas imaxes que acompañan a esta nova.

Publícanse novas acerca de Uncharted 4

Por: Xoves, 8 de Xaneiro de 2015, 14:00 COMENTAR

Uncharted 4

A pesares de que nin Sony nin Naughty Dog fixeron pública ainda a data de publicación da carta parte da saga Uncharted, que suporá o debut en PS4 de Nathan Drake, van aparecendo diferentes detalles acerca da historia do xogo.

  • O xogo terá lugar 3 anos despois do final de Uncharted 3.
  • Aparecerá Sam Drake, o irmán maior de Nathan, quen o cría morto.
  • Os escenarios serán de diferentes tipos, ata o de agora están confirmados urbanos, nevados e na selva.
  • Teremos 2 enemigos principais.
  • No xogo haberá máis obxetos a empregar, que terán moita importancia para resolver puzles.
  • Terá modo multixogador.

Mafia 3 podería aparecer en breves

Por: Xoves, 8 de Xaneiro de 2015, 12:00 COMENTAR

Mafia 2

Un dos actores de dobraxe de Mafia 2 asegurou recentemente que en non moito tempo teríamos novas acerca da saga.

Ainda que xa van uns cantos meses dende que apareceron os rumores acerca do desenvolvemento desta terceira entrega dende que comezaron unha serie de movementos nos estudos de 2K, e que ganaron forza cando un alto cargo declarou que se atopaba traballando nun título de nova xeración.

The Witcher 3

CD Projekt Red publicou os requerimentos dun dos xogos máis agardados do 2014, lanzamento que rematou por moverse ata o 19 de Maio desde 2015.

A segunda parte da saga foi no seu intre un referente técnico absoluto, e esta terceira entrega é de supor que non quede atrás en canto a relevancia. O igual que no segundo xogo na súa época, os requerimentos non son para todas as máquinas, pero tendo en conta o antecedente, de seguro que paga a pena.

Deste modo, estes requerimentos quedan:

Requerimentos mínimos:

  • Procesador: Intel i5 2500K / AMD Phenom II X4 940
  • Memoria RAM: 6 xigas
  • Tarxeta gráfica: Nvidia GeForce GTX 660 / AMD Radeon HD 7870
  • Espazo en disco duro: 40 xigas
  • Sistema Operativo: Windows 7/8/8.1 x64
  • DirectX: 11

Requerimentos recomendados:

  • Procesador: Intel i7 3770 / AMD FX 8350
  • Memoria RAM: 8 xigas
  • Tarxeta gráfica: Nvidia GeForce GYX 770 / AMD R9 290
  • Espazo en disco duro: 40 xigas
  • Sistema Operativo: Windows 7/8/8.1 x64
  • DirectX: 11

Nintendo deixa de fabricar a 3DS

Por: Mércores, 7 de Xaneiro de 2015, 11:00 COMENTAR

Nintendo non publicou unha nova oficial ou unha declaración, pero as tendas que preguntan por ela obteñen unha tras outra a mesas resposta: non se repón o stock existente, polo cal a consola irá paseniñamente desaparecendo das tendas a medida que se esgoten as unidades que teñen nos almacéns.

Deste modo, as alternativas para aqueles que desexen mercar unha portátil de Nintendo redúcense á 3DS XL e á 2DS.

Life-Is-Strange-gets-a-debut-trailer-release-date-revealed-620x350

Life is Strange, o novo xogo do estudo Dontnod que chegará ás tendas o vindeiro 30 de Xaneiro en versións para PC, PS3, PS4, Xbox 360 e Xbox One, desvelou os seus requerimentos mínimos e recomendados.

Requerimentos mínimos:

  • Procesador: Dual Core a 2 xigaherzios
  • Gráfica: Nvidia / ATI con 512 Mb de memoria
  • Memoria RAM: 2 xigas
  • Espazo en disco duro:
  • DirectX: 9.0
  • Sistema Operativo: Windows Vista.

Requerimentos recomendados:

  • Procesador: Dual Core a 3 xigaherzios.
  • Gráfica: Nvidia GTX 206 / ATI HD 4890
  • Memoria RAM: 2 xigas.
  • Espazo en disco duro:
  • DirectX: 9.0
  • Sistema Operativo: Windows 7.

 

A PS4 acada as 18.5 millóns de consolas vendidas.

Por: Mércores, 7 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

Recentemente Sony publicou os datos de vendas da súa consola de nova xeración.

Polas cifras publicadas pola compañía, na campaña de Nadal vendéronse 4.1 millóns de máquinas, para chegar a cifra total de 18.5 consolas vendidas. Temos que destacar que Sony declara as cifras de máquinas vendidas a consumidores, non de consolas enviadas ás tendas.

A maiores destas cifras, tamén publicou que en PS Plus hai 10.9 millóns de usuarios subscritos ó servizo. Tamén proporcionou o número total de xogos vendidos, que se eleva ata os 81.8 millóns de copias, 17.8 dos cales o foron no último Nadal.

O filme de Assassin’s Creed chegará no 2016

Por: Mércores, 7 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

Feudal-Japan-Remains-a-Possible-Assassin-s-Creed-Location-Ubisoft-Confirms-418744-2

Tras unha serie de trocos bastante importantes, o filme que porá na gran pantalla a coñecida saga de videoxogos xa ten data de estrea. Esta data será o 21 de Decembro do vindeiro ano 2016.

Acerca do contido do filme pouco ou nada se sabe de momento, agás que o guión sufriu un troco total, voltando a ser escrito dende o comezo. Polo de agora non houbo sequera filtracións acerca da época na que se desenvolverá a historia, as miñas apostas están co renacemento e Ezio Auditore, pero non hai que esquecer que é probable que o protagonista do filme non aparecer como personaxe xogábel en ningunha das entregas da saga.

Os datos que se coñecen polo momento son o director (Justin Kurzel), os guionistas (Adam Cooper e Bill Collage) e o protagonista (Michael Fassbender)

Xbox One recibe un novo SDK

Por: Luns, 5 de Xaneiro de 2015, 12:00 COMENTAR

Xbox One recibiu un novo SDK o pasado 12 de Decembro, que supostamente é a causa da mellora de rendemento da máquina.

Deste modo, esta nova versión do SDK optimizaría a xestión da memoria eSRAM, que permite ós desenvolvedores facer operacións que ata agora non podían. A maiores destas mellora, supostamente os desenvolvedores son quen de activar e traballar con 7º núcleo do procesador da consola dende Outubro, o que permite aumentar o rendemento do mesmo ata un 15%, ca limitación de non poder usar o Kinect, xa que dito núcleo estaría dedicado ó seu manexo, polo que para poder aproveitar esa potencia extra a cámara ten que estar desactivada.

Limbo podería chegar a PS4

Por: Luns, 5 de Xaneiro de 2015, 11:00 COMENTAR

limbo-1302566

O coñecido xogo do estudo Playdead, Limbo, podería estar preto de ter unha versión para PS4.

Dita versión, que podería chegar neste mesmo mes de Xaneiro, foi rexistrado polos encargados de clasificar os xogos por edades en Europa (PEGI) para este mesmo mes. Esta información no foi confirmada ou negada por parte de Sony ou de Playdead, pero non está de máis lembrar que xa existe a versión de Xbox One.

Filtrados os requerimentos de GTA V para PC

Por: Luns, 5 de Xaneiro de 2015, 10:00 1 COMENTARIO

rsg_gtav_screenshot_362

GTA V chegará a PC o vindeiro 27 de Xaneiro, e os requerimentos oficiais mínimos e recomendados aínda non foron publicados, pero recentemente filtráronse uns, que non foron confirmados ou negados polos desenvolvedores.

Supostamente serían os seguintes:

Requerimentos mínimos:

  • Procesador: Intel Core 2 Duo E8200 / AMD Phenom II X2 545
  • Memoria: 4 xigas
  • Gráfica: Nvidia GeForce GT 530
  • Espazo no disco duro: 20 xigas
  • Sistema operativo: Windows 7, 8, 8.1 x64

 

Requermientos recomendados:

  • Procesador: Intel Core i5 2500T / AMD Phenom II X4 975
  • Memoria: 6 xigas
  • Gráfica: Nvidia GeForce GTX480 / AMD Radeon HD 6970
  • Espazo no disco duro: 20 xigas
  • Sistema operativo: Windows 7, 8, 8.1 x64

 

Debido ó ataque que sufriu o servizo PlayStation Network durante as datas do Nadal, os xaponeses decidiron “compensar” cuns cantos agasallos ós xogadores afectados.

Estes agasallos dependerán das datas nas que os afectados tiveran unha conta PSN activa.

No caso de que o propio 25 de Decembro o usuario tivera unha conta activa de PS Plus ou unha proba de PS Plus, recibirá unha extensión de 5 días do servizo. A maiores do anterior, Sony agasallará cun desconto do 10% a todos os usuarios de PSN para unha merca na súa plataforma