O terceiro dos cinco DLC que terá o xogo de Creative Assembly xa está dispoñíble para que aqueles que teñan calquera das versións podan descargalo.

Este DLC, chamado “refuxio seguro”, inclúe un novo personaxe xogábel, que será o director de comunicacións da estación espacial Sevastopol, e un novo modo de xogo que o ten coma protagonista, chamado “Desafío Salvamento”, modo no cal o obxetivo deste novo personaxe será fuxir das zonas baixas da estación ó longo de 10 niveis, que teremos que superar tendo un tempo máximo para facelo.

Venres 13 terá un novo xogo

Por: Martes, 13 de Xaneiro de 2015, 11:00 COMENTAR

31_1

A coñecida saga de filmes “Venres 13” terá un novo xogo durante o vindeiro 2015.

De dito xogo poucos datos coñecemos polo de agora, pero entre eles destaca o modo de xogo, que terá a forma tan de moda nos últimos tempos de unha presa, que suponse que será Jason e un grupo de cazadores, que tentarán rematar co primeiro. A data de publicación agardada é en Outubro deste 2015

Nintendo marcha do Brasil

Por: Martes, 13 de Xaneiro de 2015, 10:00 1 COMENTARIO

Nintendo decidiu deixar de vender os seus productos no Brasil debido ás condicións existentes nese país.

No Brasil os compoñentes electrónicos teñen uns altos custes de importación, volvendo a dito territorio como uns dos máis complexos para cadrar os números das empresas. Deste modo, Nintendo tomou a decisión de rematar as vendas dos seus productos dun modo, aseguran dende a empresa xaponesa, temporal, ata que o mercado volva estabilizarse.

Valve levará novas das Steam Machines á GDC

Por: Martes, 13 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

Dende Valve informaron recentemente de que non habería Steam Dev Days, e que a empresa levaría á vindeira GDC 2015 importantes novas acerca das Steam Machines.

Deste modo, supostamente a empresa americana mostrará importantes novas nas súas consolas e no seu mando, un dos puntos máis esperados do sistema. Ó mesmo tempo, declararon que a empresa ía ter unha presenza xigante no evento, con ditas máquinas ó fronte.

Publícanse os requerimentos de Evolve en PC

Por: Martes, 13 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

evolve-e3-2014-03

Turtle Rock Studios, os desenvolvedores de Left 4 Dead, publicaron os requerimentos para o seu agardado xogo Evolve, que chegará o vindeiro 10 de Febreiro. De este modo, estes requerimentos quedan:

Requerimentos mínimos:

  • Procesador: Intel Core 2 Duo E6600 / AMD Athlon 64 X2 6400
  • RAM: 4GB
  • Tarjeta gráfica de NVIDIA: GeForce GTX 560
  • Tarjeta gráfica de ATI: Radeon HD 5770
  • Memoria de vídeo: 1GB
  • Disco duro: 50GB
  • S.O.: Windows 7 64-bit

Requerimentos recomendados:

  • Procesador: Intel Core i7-920 / AMD A8-3870K
  • RAM: 6GB
  • Tarjeta gráfica de NVIDIA: GeForce GTX 670 or GTX 760
  • Tarjeta gráfica de ATI: Radeon R9 280
  • Memoria de vídeo: 2GB
  • Disco duro: 50GB
  • S.O.: Windows 7 64-bit

Rockstar confirma a data para GTA V

Por: Luns, 12 de Xaneiro de 2015, 19:00 COMENTAR

images (2)

Ante os rumores que estaban xurdindo nas últimas datas, Rockstar confirmou que a saída de GTA V na súa versión para PC terá lugar o vindeiro 27 de Xaneiro.

Estes rumores apareceron cando a páxina de Steam do xogo trocou a súa data de lanzamento a unha indeterminada, polo cal os xogadores comezaron a formar as súas teorías. Ante as dúbidas mostradas, Rockstar decidiu facer esta declaración.

Zelda

A edición para a portátil de Nintendo da aventura de Link que xa poidemos desfrutar en Nintendo 64, de acordo co mostrado por Amazon, chegaría ás tendas o vindeiro 19 de Xuño.

A data mostrada pola web encaixaría ca agardada, que estaría dentro dos primeiros 6 meses de 2015, ainda que Nintendo non fixo pública a data oficial.

 

A saga Baldur’s Gate volve

Por: Luns, 12 de Xaneiro de 2015, 14:00 COMENTAR

adventure-y

Beamdog, o estudo desenvolvedor, declarou que o seu futuro xogo, chamado Adventure Y forma parte da saga Baldur’s Gate, na cal ocupará o espazo entre o primeiro e o segundo título.

Ata o de agora, non se coñecen máis datos, exceptuando que chegarán máis datos ó público na primaveira deste 2015.

Dying Light mostra o seu modo zombie

Por: Luns, 12 de Xaneiro de 2015, 12:00 COMENTAR

O agardado título de TechLand, Dying Light, mostrou nun vídeo un dos modos dos que non se coñecían datos ata fai bastante pouco tempo.

Neste modo, feito para o multixogador, o xogador poderá meterse no corpo dun zombie e cazar ós humáns. Polo visto no vídeo, o zombie terá unha grande ventaxa sobre os xogadores, polo cal o éxito deste modo de xogo ten pinta de que será bastante baixo, polo menos se non son quen de balancealo para que sexa máis desputado.

mando-mortal-kombat

A empresa PDP mostrou no CES 2015 o seu mando para a nova entrega da saga de loita, que será o oficial para Mortal Kombat X.

Este mando, que podedes ver na imaxe, ten como principal novidade o feito de non ter control analóxico, pero ó mesmo tempo dispor de 6 botóns, que de seguro que axudan a facer as combinacións nos xogos do xénero.

É de destacar que o control poderá usarse nas consolas por pares dependendo do fabricante, elexindo a que estaremos a usar cunha palanca na parte inferior para seleccionar Xbox One ou Xbox 360 e PS3 ou PS4.

dota 2

O mundo dos eSport está en auxe en todo o mundo, é algo que incluso podemos ver no noso país coa LVP e a multitude de torneos que alí se celebran de títulos tan dispares como o League of Legends, Dota 2, Smash Bros ou Hearthstone sen esquecer os clásicos Starcraft, Fifa ou Call of Duty; a cuestión é que o que antes se tomaba como un divertimento de nenos hoxe é considerado en moitos sitios un deporte. Tan só temos que fixarnos na final mundial do ano pasado do League of Legends para darnos conta que algo está cambiando.

Volvendo ao Dota 2, xogo que se non coñecedes podedes atopar de balde en Steam, o ano pasado repartiu nada menos que 10 millóns de dólares nas finais, sendo o equipo Chino ‘Newbee’ o campión do torneo premiado con 5 millón de dólares, este ano agárdase que esta cifra sexa aínda maior. The International 2015 celebrarase en Seattle entre o 3 e o 8 de agosto e de seguro que o poderedes seguir polos canais oficiais do torneo en Twitch e Youtube, como xa vén sendo costume.

Un paso máis para o mundo dos eSport que en países como China ou Corea xa ten máis seguidores que moitos dos deportes tradicionais e cuxos xogadores reciben becas deportivas, incluso, en Estados Unidos, conta con visados para estos deportistas para que poidan viaxar a outros lugares do mundo para competir en torneos.

Se aínda non te animaches a probar algún destes xogos anímate , dálles unha oportunidade e cóntanos que tal a experiencia.

Xbox-One-Slim

Unha das desventaxas dende o inicio de Xbox con respecto a PS4 é que o seu tamaño é superior, feito que parece ser que preocupa dun modo bastante importante a Microsoft.

Deste modo, os rumores de que o desenvolvemento dunha Xbox One Slim está en proceso non se fixeron agardar cando se desvelou que Microsoft estaba na procura de especialistas cun perfil que encaixa coma anel no dedo na creación dunha nova versión da consola, rumor que é prácticamente confirmado ó 100% cando se ve que a oferta é precisamente para traballar na división de Xbox.