Amplitude sofre un retraso

Por: Luns, 19 de Xaneiro de 2015, 10:01 COMENTAR

AmplitudeHD

Os desenvolvedores de Amplitude, o estudo Harmonix, anunciou que o seu novo xogo, chamado Harmonix sofre un retraso.

A publicación estaba prevista nun inicio para o vindeiro Marzal, pero aqueles que puxeron diñeiro na campaña de Kickstarter do xogo recibiron a nova de que íase retrasar ata o verán, pero sen dar datas máis concretas. O estudo di que este retraso é culpa de que é o seu primeiro traballo en PS4 e que están en aprendizaxe aínda.

The Order 1886 xa superou a fase Beta

Por: Luns, 19 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

the_order_1886_14008882434694

O estudo de desenvolvemento Ready at Dawn, o encargado do videoxogo The Order 1886, anunciou que dito xogo superara xa a fase Beta de desenvolvemento, polo cal o desenvolvemento puramente dito xa rematou. Deste modo, agora queda o testeo e a promoción do xogo antes da súa saida ó público.

O xogo, un dos máis agardados para PS4, sairá o vindeiro 20 de Febreiro.

Microsoft rebaixa a Xbox One 50 dólares

Por: Luns, 19 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

descarga

Microsoft decidiu baixar o prezo da Xbox One de cara á campaña de Nadal 50 dólares, ata un total de 349.

Esta rebaixa tivo como resultado que a consola acadara un maior número de vendas que PS4 durante os meses de novembro e decembro. Cando a promoción rematou neste mes de Xaneiro, Microsoft comezou a sospeitar que cando a consola recuperara o seu antigo prezo podería ter unha baixada nas vendas, de modo que decidiron extender a promoción.

Deste modo, Microsoft volveu rebaixar o prezo da One ate os 349$ en USA, pero desta vez sen unha data límite para a promoción, polo cal é de esperar que dita cantidade pase a ser o novo prezo de venda oficial da máquina. Temos que recalcar que, polo de agora, a rebaixa é soamente para o territorio norteamericán, pero é de supor que a cantidade rematará por extenderse a todos.

Hotline Miami 2 non chegará a Australia

Por: Venres, 16 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

Hotline-Miami-2

Xa sabiamos que Australia era especial para as empresas de videoxogos pola súa regulación na clasificación por idades.

Deste modo, o novo xogo de Dennaton Games non é que acadara a máxima clasificación posíbel entre as idades, é que directamente non obtivo calificación. Este feito supón que o xogo non pasou o filtro e, polo tanto, non chegará a publicarse. Polo dito no documento que denega a aprobación do xogo, a escea que provocou dita reacción foi unha na que o protagonista forza a unha rapaza despois de dispararlle.

Así pois, o estudo atópase agora nunha encrucillada, xa que poden deixar o xogo tal e como está agora ou modificar esa escea para poder saír ó mercado en Australia.

Na conta de Twitter de Nintendo España anunciouse hai unhas horas que a demo de Pokémon Rubí Omega e Zafiro Alfa está dispoñible para descargar sen código na eShop.

 

demopkmn

A demo consta de dez misións principais e dúas secretas. Os premios conseguidos poderán transfirirse á versión completa do xogo.

 

DemoROZA

 

Anuncios Nintendo Direct 14/01/2015

Por: Xoves, 15 de Xaneiro de 2015, 15:15 COMENTAR

Como xa saberedes onte tivemos o primeiro Nintendo Directo do ano, un evento que como sempre vén cargado de novidades e anuncios que nos manteñen actualizados respecto ao que vai ser o futuro a corto plazo da compañía nipona. Por se non tivestedes a oportunidade de velo en directo velaquí tedes un pequeno resumo de tódalas novidades e actualizacións que se presentaron onte.

Iwata-Mario-Luigi

-Fire Emblem 3DS (nome provisional): Nova entrega deste xogo de rol estrátexico. Producido polo equipo de Intelligent Systems, cun argumento escrito por Shin Kibayashi e con Kozaki Yusuke ao mando do deseño dos novos personaxes, nesta edición tomaremos decisións e enferentarémonos a novos desafíos que farán que o mundo de fantasía vaia cambiando ao longo da historia. Aínda non hai data de lanzamento oficial.

 

-Puzzle & Dragons Z + Super Mario Bros: De gran popularidade en Xapón, ambos xogos chegarán en pack para a 3DS a Europa en maio.

 

-Pokémon Shuffle: Novo free-to-play para descargar na eShop da Nintendo 3DS a partir de febreiro. O obxectivo do xogo é unir en grupos unhas xemas ata facelas desaparecer. Contará cun sistema de vidas que se esgotarán con cada partida, e haberá que esperar a que se recarguen.

 

Os xogos de Wii poderán descargarse na Wii U: Custarán 19,99 € pero, despois  da primeira semana do seu lanzamento, terán un precio promocional de 9,99 €. En principio, estarán dispoñibles o Super Mario Galaxy 2 (14 xaneiro), Donkey Kong Country Returns (22 xaneiro) e Metroid Trilogy (29 xaneiro).

 

-Novos amiibos: Proximamente, estarán á venda Lucinda, Daraen, Wario,  Charizard e Pac-Man para o Super Smash Bros. Ademais, Nintendo desvelou unha nova colección de figuras basada nos personaxes de Mario, que contará con Mario, Luigi, Peach, Yoshi, Bowser e Toad. Serán compatibles co Mario Party 10, que chegará ao mercado o vindeiro 20 de marzo, e a figura de Toad poderá utilizarse ademais no xogo Captain Toad: Treasure Tracker a partir dese mesmo día.

 

-Splatoon: Este xogo de disparos de pintura sairá á venda en maio para Wii U. Haberá distintos tipos de armas, e as equipacións terán tamén diferentes efectos.

 

-Xenoblade Chronicles X para Wii U: Un dos RPG máis esperados no que se poderá descubrir un mundo aberto. En Xapón chegará ás tendas o 29 de abril. Nós teremos que esperar un pouco máis.

 

-Mario vs. Donkey Kong Tipping Stars: Este xogo de puzles e plataformas estará dispoñible o 20 de marzo para Wii U e 3DS na Eshop, ou a modo de códigos en tendas. Ademais, se mercas unha copia do xogo na Eshop, obterás un código para regalalo a un amigo.

 

-New Nintendo 3DS/ 3DS XL: Chegarán a Europa o 13 de febreiro. A primeira estará dispoñible en branco e negro, mentres que a versión XL será negra ou azul metálica. Contarán cun rendemento mellorado, polo que os xogos cargarán máis rápido. Dispoñerán de novos controles: ZR, ZL e panca C, que facilitarán a xogabilidade. As pantallas serán 1,2 veces máis grandes. Sairán á venda tamén bases de recarga de cor branca ou negra, e haberá 12 sets de cubertas.

 

-Nintendo Anime Channel: Unha nova boa para os amantes do anime. Con este servizo, poderemos ver en streaming Kirby, Inazuma Eleven e Pokémon. Tan só hai que descargar a aplicación gratuita na Nintendo Eshop, que estará dispoñible o 13 de febreiro.

 

-CODE NAME S.T.E.A.M.: Este xogo de estratexia sairá á venda a partir do 15 de maio. Contará con personaxes do Fire Emblem como invitados, que loitarán contra os aliens.

 

-Ace Combat Assault Horizon Legacy +: Esta edición contará con novidades, como gráficos en 3D estereotópico, controles compatibles coa New 3DS e avións inspirados na saga de Mario. Tamén será compatible cos Amiibo, que desbloquearán novos cazas como Link ou Fox. Estará dispoñible en febreiro.

 

-Monster Hunter 4: Chegará o 13 de febreiro ás tendas. Ademais, contará con edición especial da New Nintendo 3DS e a New Nintendo 3DS XL, que terá o xogo preinstalado. A demo está dispoñible para descarga dende onte, e o código necesario para xogala poderase obter a través de correo electrónico.

 

-Xenoblade Chronicles: Este remake sairá ao mercado o 2 de abril para a New Nintendo 3DS e a New Nintendo 3DS XL.

 

-Legend of Zelda: Majora’s Mask A partir do 13 de febreiro, estará dispoñible este remake da Nintendo 64. Haberá tamén unha edición especial da New Nintendo 3DS e a New Nintendo 3DS XL co xogo preinstalado.

 

-Ironfall Invasion: Este xogo de disparos está anunciado para febreiro.

 

Deixamosvos a continuación o evento por se queredes ver polo miúdo todo o falado neste artigo.

Os Sims 4 chegan a Mac

Por: Xoves, 15 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

descarga (2)

Aqueles xogadores que teñan un Mac están de celebración, por fin chega a súa plataforma o carto xogo da saga Os Sims.

O xogo publicarase nalgún día de Febreiro, pero a data concreta aínda está por determinar, e o seu prezo, que non se coñece con precisión, é de supor que será dunha cantidade parecida á da versión xa existente para PC. Pero as novas non rematan aquí, senón que aqueles que xa teñan a versión para PC, recibirán unha copia para Mac se así o desexan totalmente gratis.

Total War: Warhammer confirmado

Por: Xoves, 15 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

Comezamos o día cunha gran nova: un erro confirmou o desenvolvemento do novo xogo da saga Total War.

Este xogo estará situado no universo ficticio do xa coñecido Warhammer, e suporá a entrada da saga na fantasía en lugar dunha época histórica.

Coñecemos a súa existenza grazas a un erro no envío duns libros de arte, os cales non tiñan que ser públicos ata o vindeiro 23 de Xaneiro, pero que xa están en mans dalgúns usuarios, un dos cales apurou a sacar unha captura e publicala.

Agardamos a que SEGA ou Creative Assembly den nova información nas vindeiras datas acerca deste futuro xogo da saga.

Presentación oficial de Hoopa para Pokémon ROZA

Por: Mércores, 14 de Xaneiro de 2015, 19:31 COMENTAR

Os fans de Pokémon estamos de noraboa: hoxe Nintendo presentou oficialmente a Hoopa, o Pokémon travesura. Caracterízase por ser o primeiro de dobre tipo que combina o psíquico e o fantasma. A súa habilidade é «prestidixitador», que permite robar o obxecto do opoñente ao atacar. No vídeo, podemos ver que posuirá, polo momento, estes movementos : testarazo zen, bóla sombra e mesmo destino.

 

Na web oficial de Pokémon especifícase que non se pode encontrar de maneira normal na partida de Rubí Omega e Zafiro Alfa, pero non indican cómo conseguilo, así que teremos que esperar a que publiquen máis información.

 

Anúnciase Forza Motorsport 6

Por: Mércores, 14 de Xaneiro de 2015, 11:00 COMENTAR

Aproveitando o Salón do Automóbil de Detroit, Microsoft anunciou por sopresa a vindeira entrega da saga para a súa consola de nova xeración.

Do xogo, aparte do modelado do vehículo que se pode ver no trailer, non se sabe nada máis que o feito de que, como agardábamos, é exlusivo para Xbox One.

Telltale terá un novo xogo en 2015

Por: Mércores, 14 de Xaneiro de 2015, 10:00 COMENTAR

descarga

Telltale Games, o estudo desenvolvedor de grandes éxitos coma The Walking Dead, publicou unha serie de novas para este ano 2015.

Unha delas, xa suposta, pero non por iso menos importante, é que novas tempadas dos seu xogos xa no mercado están a en desenvolvemento. Xa comezaron os rumores de que estas novas tempadas serían unha nova serie de capítulos para The Wolf Among Us ou o novo xogo baseado no universo Minecraft, Minecraft:Story Mode.

Pero a gran nova é que o estudo está a desenvolver un novo xogo de unha nova saga, da que aínda non hai datos

 

GTA V para PC retrásase ata Maio

Por: Mércores, 14 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

gta-v-actualizacion-expansion-dlc-gratis-default

Así é amigos, a quinta entrega da coñecida saga, que ía saír en PC o vindeiro 27 de Xaneiro, finalmente terá como data de publicación o 24 de Marzal, o que supón un retraso de case 2 meses.

Rockstar non dixo cal é o motivo deste retraso, pero os rumores non tardarán moito en comezar a xurdir. Pode que como unha medida para tentar rebaixar o enfado dos xogadores, confirmáronse os requerimentos oficiais para o xogo, que quedan do seguinte modo:

Requerimentos mínimos:

  • Sistema operativo: Windows 8.1 64 Bit, Windows 8 64 Bit, Windows 7 64 Bit Service Pack 1, Windows Vista 64 Bit Service Pack 2* (*tarjeta de vídeo NVIDIA recomendada para Windows Vista)
  • Procesador: Intel Core 2 Quad CPU Q6600 @ 2.40GHz (4 CPUs) / AMD Phenom 9850 Quad-Core Processor (4 CPUs) @ 2.5GHz
  • Memoria: 4GB
  • Tarjeta de vídeo: NVIDIA 9800 GT 1GB / AMD HD 4870 1GB (DX 10, 10.1, 11)
  • Tarjeta de sonido: 100% DirectX 10 compatible
  • Espacio HDD: 65GB

Requerimentos recomendados:

  • Sistema operativo: Windows 8.1 64 Bit, Windows 8 64 Bit, Windows 7 64 Bit Service Pack 1
  • Procesador: Intel Core i5 3470 @ 3.2GHZ (4 CPUs) / AMD X8 FX-8350 @ 4GHZ (8 CPUs)
  • Memoria: 8GB
  • Tarjeta de vídeo: NVIDIA GTX 660 2GB / AMD HD7870 2GB
  • Tarjeta de sonido: 100% DirectX 10 compatible
  • Espacio HDD: 65GB