The Witcher 3 dá datos do seu rendemento

Por: Martes, 27 de Xaneiro de 2015, 10:00 COMENTAR

088c9a7dcec8107be82f93851acdbd24

O medio xermano GameStar, tras probar o agardado The Witcher 3 a pasada semana revelou datos do rendemento do xogo.

Deste modo, o xogo funcionará a 1080p en PS4 e a 900 en Xbox One, aínda que dende CD Projekt RED continúan traballando para que a resolución en One chegue ós 1080p, sendo nas dúas consolas a velocidade de 30 fps.

En canto á calidade dos gráficos, serán similares á calidade alta na versión de PC.

Ubisoft comeza a borrar xogos en uPlay

Por: Martes, 27 de Xaneiro de 2015, 9:00 COMENTAR

Se mercastes claves para xogos de Ubisoft en G2A ou g2play pode que teñades motivos para estar preocupados, polo de agora parece que soamente se mercastes o Far Cry 4.

Ubisoft comezou a eliminar da súa plataforma uPlay copias do xogo que foran mercados nestas tendas virtuais, xa que non son consideradas pola compañía como distribuidores autorizados e que xa tiveron problemas no pasado por vender claves do Surgeon Simulator sen autorización ou comprar claves de Humble Bundle para vendelas a un prezo maior

DayZ acada os tres millóns de vendas

Por: Martes, 27 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

maxresdefault (1)

DayZ, o chamado por algúns simulador de sendeirismo e por outros simulador de apocalipsis zombie acadou os tres millóns de copias do xogo vendidas en Steam mediante o Early Access.

O xogo creación de Dean Hall (quen temos que recordar que marchou do estudo de desenvolvemento fai un tempo) leva xa máis dun ano na plataforma de Valve, pero aínda está en fase Alfa, ca fase Beta planificada para finais deste 2015.

Evolve podería mellorar o seu rendemento

Por: Luns, 26 de Xaneiro de 2015, 12:00 COMENTAR

2434999-evolve2

O vindeiro mes de Febreiro, chegará o esperado Evolve, a nova creación de Turtle Rock Studios.

Recentemento, tanto os xogadores de PS4 coma os de Xbox One poideron desfrutar da demo do xogo, pero esta demo execútase a 30 fps tanto en PS4 coma en Xbox One, ca diferenza de que o xogo corre a 1080p en PS4 e 900 en One. Deste modo, o estudo declarou que van traballar para que eses 30 fps convírtanse en 60 e os 900p de Xbox One pasen a ser 1080, o que a igualaría ca versión de PS4, se non pode ser no intre da estrea, que sexa máis adiante cunha actualización.

37.000 sinaturas contra o videoxogo Toro

Por: Luns, 26 de Xaneiro de 2015, 11:00 COMENTAR

Unha petición na web Change.org tenta que Microsoft non permita a publicación do xogo Toro, que según os firmantes promove o maltrato ós animais.

O xogo, desenvolto por un estudo chamado Reco Technology, fai que o xogador colla o papel dun toureiro que percorrerá prazas de todo o mundo.

Daedalic Entertainment, o estudo desenvolvedor de Silence: The Whispered World II, tras anunciar que a súa aventura gráfica chegaría a Xbox One, declarou que tamén aterrizará en PS4.

O xogo, que aínda non ten data confirmada máis alá de que será ó longo desde 2015, data que xa vai retrasada sobre a primeira data de publicación, que era 2014, terá versións para PC, Mac, Xbox One e PS4.

Game of Thrones: A Telltale Games Series recibe un novo trailer e a súa data de publicación.

O xogo, que está dividido en 6 capítulos, mostra o segundo deles nun trailer, ó mesmo tempo que son anunciadas as datas para a publicación desta nova parte do xogo. Estas datas serán o vindeiro 3 de Febreiro en PC, Mac, PS3 e PS4 e o 4 de Febreiro para Xbox 360 e Xbox One.

Devolver Digital anuncia RONIN

Por: Luns, 26 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

Devolver Digital anunciou RONIN, un xogo creado por Tomasz Waclawek.

Este xogo, coma podemos ver no vídeo, baséase na estratexia e no sixilo, pero ca novidade de ser un xogo por turnos. Aínda non se sabe a data de publicación, pero é de supor que será neste 2015, con versións para PC, Linux e Mac.

Plex xa está en PS3 e PS4

Por: Xoves, 22 de Xaneiro de 2015, 10:00 COMENTAR

Parece que os streamings están cada vez máis na boca de todo o mundo, Steam anunciou o seu servizo Steam Broadcasting fai nada e agora é o coñecido servizo de contido en streaming para películas, música  e fotos Plex anuncia que chega a PS3 e PS4.

Polo de agora o servizo nas consolas permite únicamente a reproducción de vídeo e para os que teñen mercado o servizo Plex Plus, pero é de agardar que nun futuro aparezan novas versións.

descarga (2)

Bethesda anunciou unha nova actualización para o seu MMO, que ten por nome Tamriel Unlimited.

Esta nova versión do xogo ten varias novas moi interesantes, a primeira e máis chamativa, que o xogo chegará a PS4 e Xbox One o vindeiro 9 de Xuño. A outra nova importante é que o xogo deixará de ter cuotas mensuais a partires do vindeiro 17 de Marzo, data na que esta versión do xogo chega a PC e Mac.

Aqueles que nese intre teñan o xogo, terán como agasallo a nova versión totalmente de balde.

Robotoki bota o peche

Por: Xoves, 22 de Xaneiro de 2015, 8:00 COMENTAR

O estudo de desenvolvemento Robotoki, que levaba dende 2012 traballando no xogo Human Element bota o peche.

Lamentablemente non foron quen de acadar os acordos necesarios para conseguir o diñeiro necesario para que os seus proxectos chegaran a bo porto, polo que teñen que pechar.

Como despedida déixannos os vídeo que está ó principio da nova, no que mostran algúns dos seus proxectos, que xa non verán a luz.

State of Decay chegará a PS4 e One

Por: Mércores, 21 de Xaneiro de 2015, 12:00 COMENTAR

State_of_Decay_-_Weapons__Zeds_Guide

State of Decay anunciou unha nova versión chamada Year-One Survival Edition que sairá en PS4 e Xbox One o vindeiro 1 de Maio a un prezo de 29.99€.

Esta nova versión do xogo chegará cunha serie de actualizacións, entre as que atopamos:

  • Novos logros
  • 1500 puntos para o xogador
  • Retos de comunidade
  • Recompensas individuais
  • Grabación de partidas
  • Novas misións, vehículos, personaxes e armas