Os atracos chegarán a GTA online en 2015

Por: Mércores, 17 de Decembro de 2014, 10:00 COMENTAR

gta-v-robos

Rockstar anunciou que os atracos chegarán a GTA online a comezos do vindeiro ano 2015 en todas as versións do xogo.

Estes atracos consistirán nunha partida cooperativa de até 4 xogadores, para o que disporán de novos vehículos, armas e roupa.

Total War Arena comeza a alfa pechada

Por: Mércores, 17 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

Sega anunciou hoxe que o seu futuro F2P baseado na saga Total War, Total War Arena entra en alfa pechada, para a que podedes solicitar convite desde esta ligazón.

Este xogo será un multixogador online de estratexia con enfrontamentos de 10 contra 10 xogadores, no que cada un deles manexará un grupo de unidades. As partidas serán curtas e o obxectivo será destruír ou conquistar a base do rival.

Total-War-Arena-1

Total War Arena entrará en fase beta a comezos do 2015 polo declarado ata agora.

The Witcher 3 permitirá xogar con Ciri

Por: Mércores, 17 de Decembro de 2014, 8:00 COMENTAR

ciri_in_the_witcher_3_wild_hunt-wide

 

A nova entrega do xogo baseado na saga de Geralt de Rivia terá en determinados momentos a Ciri como protagonista en lugar do lobo branco, pero cun papel con moito peso no narrativo e non tanto no xogábel, xa que o tempo no que a manexaremos será bastante curto na lonxitude total do xogo.

Paga a pena recordar que Ciri é un dos personaxes máis queridos polos lectores da saga escsrita por Andrzej Sapkowski e un dos máis importantes na vida de Geralt.

Se xogades co PC, seguro que coñecedes de sobra Humble Bundle. Na web van ofrecendo periodicamente packs de xogos que podes comprar pagando a cifra que queiras. Vaia, así comezaron, actualmente teñen packs de libros electrónicos, apps e xogos de Android e mesmo sacaron unha loxa propia, para comprar os artigos individualmente.

Mais o que define Humble Bundle é que, do diñeiro que pagas, podes escoller que porcentaxe queres que se dedique a obras de caridade. Ou sexa, non só pagas polo xogo, senón tamén por boas causas. E a nova de hoxe é que chegaron á abraiante cifra de 50 millóns de dólares dedicados a eventos de caridade. 50 millóns!

Pois nada, só nos queda darlles os parabéns e desexar que continúen a contribuír dando diñeiro boas obras… e dándonos a nós xogos baratos!

Hatred é retirado de Steam

Por: Martes, 16 de Decembro de 2014, 14:00 COMENTAR

images

Valve acaba de retirar de Steam Greenlight o polémico Hatred, que estaba a ser moi criticado polos seus nivéis de violencia.

Deste modo, o estudo Destructive Creations terá que buscar un novo medio de distribución para o seu xogo, aínda que trala retirada de Steam, está por ver se o acadan ou non.

Trine: Enchanted Edition chegará a PS4 e Wii U

Por: Martes, 16 de Decembro de 2014, 13:00 COMENTAR

A versión embelecida (se iso é  posíbel) de Trine, o xogo de prataformas desenvolto por Frozenbyte, chegará a PS4  o 17 de Decembro a través de PSN cun prezo de 12.99€.

Esta versión promete unha resolución de 1080p a 60fps na máquina de Sony, mentras que para a consola de Nintendo aínda non hai datas concretas, pero dende Frozenbyte falaron de Xaneiro como data de publicación, polo que haberá que ter o ollo botado na tenda de Nintendo a partir de ano novo, que de seguro que paga a pena.

 

 

Uncharted 4 podería publicarse en verán de 2015

Por: Martes, 16 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

A cadea de tendas Tesco mostrou por erro durante un breve intre de tempo a data 31/07/2015 como a data de saída da carta entrega da saga protagonizada por Nathan Drake. Agora mesmo xa o trocaron de novo e aparece como o 31/12/2015, xa que o xogo non ten data oficial de publicación polo de agora.

http://youtu.be/46nbTVJ5Vg

O xogo, que acaba de mostrar un novo vídeo en que se podía ver o gameplay, é seguramente o título máis agardado da PS4, xa que os 3 anteriores, especialmente o segundo, deixaron o nivel moi alto, sendo seguramente superados únicamente por outro xogo de Naughty Dog como foi The Last of Us.

DayZ chegará as tendas en 2016

Por: Martes, 16 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

Vybor_Exit

Bohemia Interactive declarou que DayZ entrará neste vindeiro 2015 en fase beta e que para o ano 2016 ten prevista a súa aparición nas tendas cunha versión release estable totalmente.

Despois do éxito do mod para Arma II que plantou a semente para o desenvolvemento deste xogo, as críticas e as peticións e esixencias dos xogadores non paran, e máis ainda desde que chegaran aos 2 millóns de copias vendidas no Early Access de Steam. O desenvolvemento deste xogo pasou por fases de novas moi contraditorias, e mesmo o creador do mod, Dean Hall, marchou do estudo que está a desenvolver DayZ para fundar o seu propio.

Da versión de PS4 non se comentou nada novo, mentres que para Xbox One continuamos sen saber se existirá ou non.

Dying Light, un título bastante agardado polas comunidades de PS4 e Xbox One desde que fora anunciado, funcionará a 1080p e 30 fps en PS4.

Ou iso mesmo declarou o deseñador xefe do xogo a través de Ask.fm. Despois destas declaracións, un representante do estudo de desenvolvemento completounas a través do portal Gamespot, dicindo que esas eran as condicións que teñen nestes intres e as que garanten para cando o xogo vexa a luz o vindeiro 30 de Enero, o que, dada a proximidade da publicación, non da moitas esperanzas de que poidan mellorar antes da saída o mercado.

Tamén é importante resaltar que non se falou nada da versión de Xbox One, o que nunca se sabe se son boas ou malas novas.

GTA V para PC podería correr a 60 fps

Por: Luns, 15 de Decembro de 2014, 13:00 COMENTAR

Os problemas de rendemento de GTA IV en PC son de sobra coñecidos por todos, pero parece que en Rockstar non están dispostos a que o mesmo volva ocorrer no novo título da saga.

Deste modo, dende certas fontes fálase de que GTA V funcionará a 60 fps estábeis en PC, e incluso coméntase que o equipo encargado de portar Max Payne 3 a PC é o mesmo que está a traballar na conversión de GTA V.

De todos os modos, o que segue a ser un misterio son os requisitos mínimos que serán necesarios para mover o novo xogo, de modo que teremos que agardar a que sexan publicados para comprobar se a optimización permite xogar a 60 fps sen que necesitemos o PC da NASA.

The Order 1886 mostra un novo gameplay

Por: Luns, 15 de Decembro de 2014, 11:00 COMENTAR

Os xogadores de PS4 están de noraboa, fai uns poucos días mostrouse un novo gameplay dun dos xogos máis esperados por eles do vindeiro 2015: The Order 1886.

Como podedes comprobar no seguinte vídeo, o aspecto visual non deixará a ninguén indiferente de seguro.

White Night tamén sairá para PS4

Por: Luns, 15 de Decembro de 2014, 10:19 COMENTAR

White Night, o videoxogo de terror, acción e puzles de Osome Studios terá versión en PS4, que se sumará as xa previstas para PC e Xbox One.

Tal e como podemos ver no novo trailer, o xogo ten unha estética totalmente en branco e negro e os seus autores prometen que todo estará baseado na luz, que deberemos empregar para resolver puzles ou para evitar morrer.