GTA-V-review-13

Rockstar podería facer públicos os requerimentos da versión para PC de GTA V a vindeira semana, dando un marxe dun mes de tempo en referencia á saída do xogo, que terá lugar o 27 de Xaneiro.

Así o deu a entender o estudo nunha sesión de cuestións e respostas a través da rede, cando respostou a unha pregunta referente a ditos requerimentos emprazando a un anuncio que terá lugar a vindeira semana.

Sebastian Loeb Rally Evo chegará en 2015

Por: Venres, 19 de Decembro de 2014, 10:00 1 COMENTARIO

car_photo_553921

O estudo Milestone atópase nestes intres no proceso de desenvolvemento do seu primer xogo propio, Sebastian Loeb Rally Evo.

Supomos que tentando repetir a fórmula que tivo tanto éxito no pasado cun título xa lexendario coma era Colin McRae Rally. O xogo anuncia que conta coa colaboración do nove veces campión mundial. Deste modo, anunciouse que o título terá un modo carreira no cal teremos que manexar a un piloto dende o máis baixo ata o cumio do mundillo dos rallies, contando para elo coa axuda do piloto francés.

O xogo, que sairá inicialmente en PS4 e Xbox One, ten como data de publicación outono de 2015.

Rockstar anunciará novidades en 2015

Por: Venres, 19 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

2

Dende Rockstar anunciouse que no vindeiro 2015 surxirán anuncios de novidades, entre as que máis forte están a soar encóntrase a secuela do que é quizais o mellor xogo de toda a historia do estudo, Red Dead Redemption.

Estes rumores gañana forza nos últimos intres, entre outras cousas polo feito de que o estudo responsable do xogo orixinal, Rockstar San Diego, atópase contratando persoal para un xogo de gran tamaño nas últimas datas

Minecraft-Story-Mode
Cando parecía que Telltale Games tiña dabondo ca producción do xogo de Game of Thrones, anúnciase que o vindeiro 2015 publicarán un videoxogo baseado no universo Minecraft.

Este xogo, como é común na desenvolvedora californiana, terá o formato dunha aventura por capítulos, neste caso terá como orixe o universo do popular xogo, aínda que con personaxes e situacións orixinais.

Polo de agora os datos coñecidos son moi poucos, pero entre eles podemos atopar que o xogo terá versións para case todas as plataformas posíbeis, xa que segundo estas informacións, sairá en PC, iOS, Android, Mac e consolas de Sony e Microsoft (está por ver se únicamente nas da nova xeración ou tamén nas anteriores)

Aparece un novo Steam Controller

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 13:00 COMENTAR

stema-controller-latest-mockup-600x419

Filtrouse unha nova versión do Steam Controller, o mando das Steam Machines, cunhas modificacións que continúan na liña marcada polas versións anteriores, xa que cada nova revisión que é filtrada supón a perda dalgunha das características máis innovadoras anunciadas inicialmente, como era a ausencia de botóns ou os sensores biométricos.

Como se pode ver na imaxe superior, nesta nova revisión engádese un botón direccional no touchpad esquerdo e un control cun stick analóxico similar aos empregados por case todos os gamepads actuais.

Comezan os rumores do bloqueo rexional en Steam

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 12:00 COMENTAR

Aínda que non se trata dunha nova oficial, están comezando a surxir rumores acerca da posibilidade de que Stema comece a usar bloqueo rexional nos seus xogos para evitar a compra-venda de xogos a través de prataformas online aproveitándose das diferenzas de prezo entre paises, coma pode ser o caso da brasileira Nuuvem ou de G2A.

O último en alimentar o rumor foi un dos responsábeis de desenvolvemento de Euro Truck Simulator, que asegurou que Steam empregará a partires de agora este sistema de control. De feito estase comezando a dicir que certas rexións, tradicionalmente as máis empregadas para facer estas operacións, coma son Rusia, Indonesia ou Brasil xa teñen as limitacións en funcionamento, pero os xogos mercados ata agora non teñen ningunha penalización.

Repetimos, esta nova non é oficial polo momento, pero agardamos a confirmación oficial acerca do tema, xa que podería afectar moito ás nosas carteiras, e máis cas rebaixas de Steam comezando apenas nunhas horas.

Hartred volve a Steam

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 11:00 COMENTAR

med_1414752649_image

Steam, en persoa do seu máximo representante Gabe Newell, rectificou a súa decisión de eliminar o xogo Hatred do seu programa Steam Greenlight.

Por medio dunha carta dirixida ó estudo de desenvolvemente polo mesmo Gabe Newell, Valve pediu desculpas pola decisión tomada recentemente.

GT6 actualízase con 2 novos vehículos

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 10:00 COMENTAR

Polyphony Digital lanzou unha actualización para Gran Turismo 6 (ata a versión 1.15) na que introduciu 2 novos vehículos que os xogadores poderán empregar de modo gratuíto.

Estes 2 novos vehículos son o Infinity Concept, que podemos ollar no vídeo anterior e o Chevrolet Chaparral 2x

Anúnciase Sniper: Ghost Warrior 3

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 9:00 COMENTAR

sniperghostwarrior2_review_1

CI Games, o estudo encargado do desenvolvemento da terceira entrega da saga, anunciou que o xogo está a ser desenvolvido nestes momentos.

Aseguraron que o xogo será un AAA ambientado en Europa do Este e a gran novidade, non será un xogo lineal, de modo que poderemos optar polo sixilo ou pola forza bruta para resolver os problemas ante os que nos atopemos.

A data anunciada de publicación é o primeiro trimestre de 2016 e terá versións para PC, Xbox One e PS4.

Ubisoft arma un bo lío nas Xbox One

Por: Xoves, 18 de Decembro de 2014, 8:00 COMENTAR

assassins-creed-unity

 

Así é amigos, Ubisoft montou un bo lío con carto parche para Assassins Creed Unity en Xbox One.

Dito parche, que prometía arranxar os erros que tiña a versión anterior do xogo, converteuse nunha trampa para aqueles que tiñan instalado o anterior parche. Nestes casos, en lugar de baixar os 6,7 xigas, baixa os 40 do xogo completo.

Se es un dos afortunados que ten o xogo en formato físico, podes desinstalalo e volver a instalalo para que se baixe únicamente o parche, en caso de telo en versión dixital, vaste ter que tragar a descarga dos 40 xigas.

WiiU_SmashBros_scrnC01_01_E3

Nintendo anunciou que o seu xogo de loita, Super Smash Bros, non recibirá actualizacións nun futuro próximo, para balancear o xogo nas versións de Wii U e 3DS. Isto, obviamente, sen contar o DLC que incluirá a Mewtwo como personaxe xogábel, que polo visto será a primeira e única proba de Nintendo coas actualizacións para o Smash Bros.

Nunha entrevista para Videogamer, Masahiro Sakurai, director do xogo, declarou:

“Entendo que os DLC poden engadir moito ao atractivo do Smash Bros., e son consciente de que a maior parte da excitación por estes xogos vén polas personaxes que aparecen nel, polo que penso que os fans poden desfrutar moito con novos DLC que manteñan a súa excitación. Porén, penso que podería haber moitas críticas dicindo que estamos a cortar o xogo para ir vendendo personaxes un por un, ou que estamos a engadr cousas que deberan estar desde o comezo.

O que podo dicir que DLC pagos é que non estamos a traballar en ningún no momento. Puxemos todos os nosos esforzos en crear o xogo real. Crear DLC implicaría un custo adicional elevado e require o envolvemento de moita xente”.

Assassin’s Creed Unity recibe o seu carto parche

Por: Mércores, 17 de Decembro de 2014, 11:00 COMENTAR

image_assassin_s_creed_unity-25823-2908_0001

Ainda que Ubisoft non o anunciou oficialmente, o cuarto parche para Assassin’s Creed Unity xa está dispoñible en PC e PS4.

Supostamente ocupa algo máis de 6,5 xigabytes e debería arranxar case todos os problemas que leva sufrindo o xogo desde o minuto un. A versión para Xbox aínda non está ao dispor dos xogadores.