zynga
Seguindo co proceso de reestruturación da compañía Zynga, o novo xefe executivo Don Mattrick anunciou nun escrito que os tres executivos David Ko, Colleen McCreary e Cadir Lee abandonarán a compañía próximamente. Esta nova únese ao recente peche de tres oficinas e os 500 empregados que foron despedidos.

No escrito publicado polo propio Mattrick no blogue oficial de Zynga:

“Estamos a eliminar algúns rangos de executivos para achegar aos altos dirixentes ás importantes iniciativas de produtos.”

“Co anterior, penso que imos ter a mellor oportunidade de medrar, construír un equipo de executivos de clase mundiar e cultural, establecer unha boa cadencia e realmente comprometernos coas importantes prioridades e oportunidades para o noso éxito a longo prazo.”

A mesma semana pasada pecharon o estudo OMGPOP, que mercaran hai un ano por 180 millóns de dólares.

zynga
A compañía Zynga ven de publicar os resultados do segundo trimestre de 2013 e os datos non son nada bos.

Se comparamos as cifras coas do ano pasado, perderon case a metade de usuarios activos, con 39 millóns neste período de 2013, fronte aos 72 millóns de usuarios no mesmo período de 2012. En canto aos datos económicos ingresaron 231 millóns de dólares, un 31 por cento menos, que supoñen unhas perdas netas de 16 millóns de dólares.

Corren malos tempos para a compañía e veremos se a súa última fichaxe e novo CEO, Don Mattrick, é capaz de mellorar os datos dunha compañía que parece que vai a pique.

don-mattrick
Don Mattrick, ata fai pouco director da división de entretemento de Microsoft e agora novo CEO de Zynga, tentou que os de Redmond mercasen a compañía de xogos sociais.

En 2010, Mattrick negociou co seu fundador, Mark Pincus, a compra da compañía creadora de xogos tan coñecidos como o FarmVille, mais parece que agora as negociacións enfriáronse debido as malas cifras económicas da compañía tanto pola caída no número de xogadores, como no valor das súas accións en bolsa.

Éste é un dos retos máis importantes que afronta Mattrick no seu novo posto: relanzar a que no seu momento foi a maior creadora de xogos para a rede social Facebook, pero que recentemente cedeu ese posto a King.com, creadora, entre outros moitos do popular Candy Crush Saga.

Veremos se Don é capaz de gañarse o cuantioso soldo de algo máis de 19 millóns de dólares que recentemente se fixo público que gañaría.

BananaBread: FPS en Firefox 15

Por: Mércores, 5 de Setembro de 2012, 17:22 COMENTAR

Dende a fundación Mozilla seguen a traballar nas novas tecnoloxías dos exploradores e a mellor maneira de poñer a proba a WebGL (Web Graphics Library) que tiveron foi compilar en JavaScript o motor gráfico Cube 2: Sauerbraten (escrito en C++ e OpenGL) mediante Emscripten. O resultado: BananaBread: un FPS (First Person Shooter) con gráficos 3D ao que podes xogar dende a última versión do seu explorador, Mozilla Firefox 15, sen necesidades de instalar plugins adicionais.

Por agora só é unha demo, pero da boa conta das posibilidades que ofrece WebGL e o futuro que pode aportar aos xogos no navegador.

Se queredes botarlle un ollo podedes probalo aquí.

Existe algún xogo de Zelda mao? Non creo, mais se houbese que facer unha listaxe sobre que Zelda é o mellor, moitos usuarios habían de pór este título da Game Boy arriba de todo.

Como saberedes saíu na eShop (a tenda online de 3DS) a un prezo totalmente abusivo de 6€.

Pois ben, calquera que teña HTML5 poderá desfrutar deste título totalmente gratis e sen necesidade de instalar nada, e o mellor de todo é que almacena a partida gardada só con premer X + Z + Shift + Enter.

O control non sorprenderá a ninguén:

– Botón A: Tecla X
– Botón B: Tecla Z
– Botón Select: Tecla Shift
– Botón Start: Tecla Enter

Xa sabedes, se queredes revivir outro dos míticos xogos de Zelda e pasar unhas agradábeis tardes só tedes que premer na ligazón a seguir. Desfrutádeo.

Xogar a The Legend of Zelda: Link’s Awakening

Pica Pic – A colección dixitalizada de Hipopotam de xogos electrónicos portátiles

http://www.pica-pic.com/

Os máis novos non se lembrarán, pero hai moitos anos non había Nintendos DS nin PSP. Nin sequera Game Boys. A industria do videoxogo portátil reducíase ás chamadas maquiniñas, capitaneadas polas míticas Game&Watch de Nintendo. Tratábase de máquinas cun único xogo nunha pantalla de cristal líquido cun fondo debuxado. A versatilidade era ínfima, mais a xogabilidade era adictiva.

Hoxe en día aquelas maquiniñas fican no esquecemento, a pesar de reedicións modernas feitas por Nintendo e de recompilatorios de Game&Watch para Game Boy. Porén non todo está perdido, pois desde Pica Pic ofrécennos a posibilidade de xogarmos a multitude daquelas maquiniñas directamente no navegador. A que esperas para rememorar vellos tempos?

Plus: Cada xogo ten clasificacións, diarias e absolutas… Demostra que es o mellor!