Escoita con atención

Por: Domingo, 18 de Novembro de 2012, 19:55 COMENTAR

Por todos é ben sabido que os temas musicais en 8 e 16 bits eran en moitas ocasións composicións complexas que ven poderían ser asinadas polo mesmiño Mozart. E sen esaxerar, por grandes compositores do noso tempo. O que está claro é que estas pezas das que falo non son as típicas melodías para “pasa-lo grolo” por parte dos programadores que ben poderían darse tendo en conta o apartado visual dos xogos da época, que era primario e baixo recursos de hardware limitados. A diferenza entre os gráficos e o son era, nos mellores casos, como o do día e a noite. O malo é que esta calidade musical pasaba desapercibida ou máis ben menosprezada. Sen ir máis lonxe, aos mandos dunha NES levando a Mario polo mundo dos cogomelos, escoitabamos unha doce e harmoniosa musiquiña que acompañaba os brincos e as carreiras do fontaneiro pero que quizais non era ben comprendida en toda a súa magnitude, asemellando, se non lle prestabamos atención dabondo, sons “tintineantes” un detrás doutro sen moita complicación. E tampouco é cousa de criticar ao xogador por iso, pero si que merece que deamos outra oportunidade ao concepto que quero transmitir e vexamos un exemplo práctico. Nesta ocasión, preséntovos un vídeo no que un seguidor dos xogos clásicos  interpreta ao teclado as músicas do xogo Ice Climber, un clásico entre clásicos para a NES de Nintendo. Non o tentedes na casa a non ser que dispoñades de horas e horas para ensaiar.

 

Valve continúa a facer as cousas ben e despois de sacar o Portal 2 (do cal axiña teredes a respectiva análise aquí), agasalla os seguidores deste xogo coa banda sonora completa. E cando falo de completa non falo por falar, xa que se hai uns días nos poñían ao noso dispor un primeiro CD completamente gratuíto con 22 cancións para soñar, desta volta chegan cun segundo volume con 18 tracks que nos farán rememorar os mellores momentos deste delicado e delicioso videoxogo.

Mais non acaba aquí, xa que a propia compañía promete un terceiro álbum para completar a Banda Sonora de Portal 2.

Hai algunha escusa para non as escoitar? Descargar, descomprimir e premer o botón “play” para nos introducirmos de novo, desta volta auditivamente, no sinxelo e fantástico mundo de Portal 2. E por se non quedou moi claro, todos os volumes son de balde.

Descargar a Banda Sonora do Portal 2

O principio poden asustar estos 25 minutos que vos presento aquí, pero asegúrovos que serán os minutos que máis vos farán soñar e recordar de todos os tempos.

Estou falando de case media hora de amor en estado puro, no cal Andrew interpreta maxistralmente auténticos temazos da saga Super Mario.

Temas que vos chegarán á alma, recordos que chamarán pola auga salgada dos ollos e palpitacións vibrantes do corazón.

Pode que estea pecando de sentimentalismo, pero paréceme un enorme agasallo para todos e espero que o desfrutedes tanto como o fixen eu.

The Legend of Zelda – Overworld

Por: Martes, 22 de Febreiro de 2011, 1:44 COMENTAR

Este ano cúmprense 25 anos da creación dunha lenda que perdurará na mente de moitas persoas para toda a vida. Este ano cúmprense vintecinco anos de The Legend of Zelda.

Non me vou parar en dicir obviedades como que é unha das mellores sagas xamáis creadas, pero de qué maneira podo homenaxear a The Legend of Zelda sen caer en palabras baleiras?,pois esquecéndome das palabras e afinando o tímpano.

Deste xeito déixovos a melodía que nunca esqueceremos, a melodía que nos fai vibrar o corazón cada vez que soa, a melodía orixinal de The Legend of Zelda.

Galeoke

Por: Martes, 25 de Xaneiro de 2011, 1:27 COMENTAR

Galeoke é un xogo de PC do tipo SingStar, mais totalmente en galego e con temas galegos. Ben, para sermos exactos é apenas unha versión do xogo de software libre Ultrastar Deluxe traducida ao galego.

Mais a novidade non radica en traducir software libre, senón nas cancións que ofrece. Chegando a un acordo con diferentes selos ofrécenos un total de 16 cancións galegas (e algunha máis descargábel) polo “módico” prezo de 20€. En troca, podemos escoitar cancións tan famosas como… O Nordés d’Os Diplomáticos de Montealto? Galicia Canibal d’Os Resentidos? E 14 máis aínda menos coñecidas? E tendo en conta que entre elas está Como os caranguejos, de Projecto Mourente, que é publicada baixo unha licenza Creative Commons

Non sei, cando escoitei falar do proxecto, hai tempo xa, era diferente. O seu obxectivo era coller música con licenza Creative Commons (como a do vídeo de Youtube de acima) e ofrecela, xunto co programa traducido ao galego, gratis na súa web. E esa idea ilusionoume, pois grupos galegos que emiten con ese tipo de licenza hai abondo (Ataque Escampe, Guezos, Sacha na Horta…). E, aínda que ese proxecto orixinal fose vendido en formato físico, podería valer sobre 10€, e entón… quen se resistiría a compralo?

Enfin, apesar de todo é unha boa compra xa que é o único karaoke deste estilo na nosa lingua. Se o queres comprar podes visitar algún dos puntos de venda. Para máis información visita a súa web: http://galeoke.com/

MegaDriver

Por: Martes, 25 de Xaneiro de 2011, 1:02 COMENTAR

MegaDriver é unha banda brasileira que versiona as músicas de videoxogos clásicos da mítica consola de Sega nun estilo máis Heavy.

Para baixardes as súas músicas, verdes vídeos e máis visitai a súa web: http://www.megadriver.com.br/

Tradución da letra:
Recoñeces esta música? Ben, meu!
Por que?
Porque é o puto Legend of Zelda!

Son un vello e esta cova é o meu lar.
Toma isto, é perigoso ir só.
Agora has de viaxar através dunha terra fanstasmal.
Tes na túa man
unha espada que dispara raios laser.

Non te sentirás como un home, pois vestirás como Peter Pan
nunha aventura maior que os teus soños!
(Que os teus soños, que os teus soños, fleemy geemy deemy)

Vai, Link,
de aquí para alá,
e encontrarás a gorida de Ganon.
Vamos, é o teu destino!

Tes un verdadeiro heroe no interior,
mais se estás aterrorizado cómprame a Guía de Estratexia
(Catorce dólares máis taxas, veña ho!)

Zelda non axuda e distrae,
mais está bastante boa,
entón, bule!

Sé constante no teu curso,
vai e encontra a Triforza
e entón tómaa á forza!
E poida que ela che toque a gaita!
(Toque a gaita, toque a gaita, rang-a-dang-a-lang)

Vai, Link!
Faite un home!
Busca a Ganon!
Invade a súa barricada!
Pega da túa espada, salva a princesa e talvez botar…
un foguete!
Woh-oh-oh-oh-oh!

É perigoso ir só… toma isto!

Isto que aquí vos mostro é probabelmente a interpretación máis abraiante do tema de The Legend of Zelda: The Wind Waker. É interpretado exclusivamente por un rapaz chamado FreddeGredde. É quen de lograr, gravando cada instrumento por separado e xuntándoos despois, non ter nada que envexar a unha verdadeira orquestra sinfónica. Se gostades do vídeo recoméndovos encarecidamente visitardes o seu canal do Youtube (http://www.youtube.com/user/Freddie25), onde ten moitos vídeos tan bos como este.