Demo de Injustice: God Among Us

Por: Venres, 29 de Marzo de 2013, 15:47 COMENTAR

Injustice-Gods-Among-UsA vindeira semana estará dispoñible a demo de Injustice: God Among Us tanto para PlayStation 3, como para Xbox 360.

battlefield-4EA anunciou que os usuarios que reserven Battlefield 4 terán un pack premium de expansión exclusivo sen custo adicional, ademáis da posibilidade de probar a beta multixogador. Ademáis tamén anunciaron a edición “Deluxe Dixital” que estará dispoñible a través da plataforma Origin que incluirá aínda máis contidos.

star-wars-old-republicDebido a unha actividade “menor da agardada”, EA anunciou que pechará os servidores de Asia-Pacífico de Star Wars: The Old Republic e os xogadores serán migrados aos servidores de América do Norte.

Yoichi Wada abandona Square Enix

Por: Martes, 26 de Marzo de 2013, 12:25 COMENTAR

yoichi-wada
O presidente da compañía nipona Square Enix abandonará a compañía, despois de anunciarse os resultados económicos deste pasado ano fiscal, no que a compañía tivo unhas perdas de máis de 100 millóns de Euros.

Nova actualización do Halo 4

Por: Luns, 25 de Marzo de 2013, 12:33 COMENTAR

halo-4O vindeiro 11 de abril lanzaráse unha nova actualización para o Halo 4 que incluirá un novo mapa multixogador gratuito, ademáis de certas melloras e o prometido sistema de rangos. Así mesmo, o vindeiro 8 de abril sairá un novo paquete con 6 mapas multixogador e 9 novos logros.

gps3_motwMentres que a versión en inglés deste simulador político creado por Eversim xa leva un par de semanas á venda, a versión en castelán de Masters of the World está dispoñible dende hoxe mesmo na páxina oficial, por un tempo limitado, dende 44,95 €. Ademáis, os posuidores da versión anterior (“Rulers of Nations), poderán optar a un desconto do 25%.

bioshock-infinite-screen-4Así o di New York Times, na que adiantan que a coñecida compañía Take 2 podería ter gastado en Bioshock Infinity un total de 200 millóns de dólares, converténdose así nun dos xogos máis caros da historia.

O resultado saberémolo o 26 de marzo nas plataformas Xbox 360,Playstation 3 e PC.

logitech-g-serieApenas un mes despois de confirmar que deixarían o negocio dos accesorios para videoconsolas, a compañía Logitech anunciou a que será a súa nova liña de produtos da serie “G”, orientada maiormente aos gamers, entre os que haberá novos ratos de alta precisión, teclados programables e auriculares.

diablo3A compañía Blizzard acaba de anunciar que esta mesma fin de semana, durante a celebración en Boston do Pax East, amosará ao público como será a versión para PlayStation 3 do seu popular videoxogo Diablo III, que na súa versión para PC leva vendidas máis de 12 millóns de copias.

Descontos de primavera en Xbox Live

Por: Mércores, 20 de Marzo de 2013, 8:02 COMENTAR

xbox-live-spring-sale.2013Microsoft anunciou que dende o vindeiro 26 de marzo e ata o 2 de abril ofrecerá descontos de ata o 75% na súa plataforma Xbox Live para xogos arcade, xogos baixo demanda, complementos de xogos, películas e máis.

Máis información na páxina oficial.

john riccitielloJohn Riccitiello, director executico de Electronic Arts abandonará o seu cargo o próximo 30 de marzo por vontade propia.

“EA debería ter feito mellor as cousas no seu último ano e síntome responsábel de todos os obxectivos non conseguidos”

battlefield-4EA publicou recentemente unha nova imaxe promocional da vindeira entrega da saga Battlefield que ten previsto o seu anuncio o vindeiro 26 de marzo e rumoréase que a súa saída será para o outono-inverno deste mesmo 2013