rollercoastertycoon1

Xa fai tempo que esperamos noticias de RollerCoaster Tycoon World, un novo xogo da clásica saga que Atari presentou en sociedade tralos malos resultados do lanzamento do RCT4 para iOS.

Pese a chegar a información con conta pingas, parece que temos un novo tráiler que aparece para despexar algunhas dúbidas sobre o sistema de xogo e outros elementos.

Como cabe esperar nesta saga, o obxectivo será o de ser un xeitoso empresario no mundo dos parques de atraccións, potenciando neste caso o xogo online, como xa intentou SimCity non fai tanto. Podéndose compartir os elementos que creamos e incluso xogar nun modo cooperativo para chegar ó éxito en compaña.

Xunto con todo isto, virán tamén certas melloras nas físicas e na cantidade de elementos para incorporar ós nosos parques, pero non semella que se esten a centrar moito no aspecto gráfico, que semella certamente pobre na época actual.

Sen mais datos sobre a súa saída nin mais información polo momento, aínda que especúlase unha saída en abril, só queda esperar que o resultado sexa o que todos esperamos e que a nova entrega cumpra as expectativas.

Persoalmente teño moitas ganas de probala, pese a que declárome totalmente incompetente nos xogos de xestión, si que lle botei horas ás primeiras entregas. Suficiente para ter un bo recordo e mercalos xa hai un tempo en GOG. Podería ser un bo candidato para o próximo retro análise?

RCT 1 en GOG

RCT 2 en GOG

RCT 3 en GOG

lifeisstrange-screencap-1

“onde deixei o segundo capítulo”

 

Hoxe topeime cunha desas novas que non che gusta oír. A de que Square Enix, publisher de Life is Strange, emitiu un comunicado anunciando o atraso da saída da segunda parte deste prometedor xogo que xa analizamos en Memoria Pixelada. Eu, coma moitos outros xogadores que quedamos coa mel nos beizos despois de xogar o capítulo 1, devezabamos por xogar de novo e ver que nos traería a seguinte entrega.

Inicialmente prevista para mediados de marzo, queda, cando menos atrasada ata finais de mes, pero sen data concreta, o que podería significar que é un atraso indefinido e que non saben se vai ser nesas datas ou que sinxelamente danlle un empuxón cara adiante coa esperanza de chegar a tempo.

O ciclo de publicación previsto inicialmente era de 6 semanas por capítulo, o que deixaba a mediados de marzo a segunda entrega e a comezos de maio a terceira. Coido que este atraso acumularase nas sucesivas partes xa que, segundo comentan, fáiselles imposíbel manter estes ciclos anunciados.

Unha mágoa para todos, esperamos que isto sexa un problema puntual, que non sexa o comezo de máis malas novas e que todo vaia como está previsto de aquí en diante para a nova xoia de Dontnod Entertainment.

 

Edición (14/03/2015)

Finalmente será o día 24 de Marzo o día elixido para a saída final deste segundo capítulo, o final só tivemos que esperar dez días máis.

MiddleearthShadowofMordor_Gollum_Screenshot

Nestes días, que vivimos as derradeiras xornadas de rebaixas, ímoslle dar una volta ós xogos que temos nas tendas a prezos que paga a pena considerar nas consolas de nova xeración.

PS4

ps4

Na nova consola de Sony temos de oferta no PSN o xogo Resogun a mitade de prezo por 6,99€

Mercar en PSN

O Tierra Media: Sombras de Mordor por 34,50€ en ShopTo

Mercar en ShopTo

E o Lara Croft e o templo de Osiris por 19,99€ de novo no PSN

Mercar en PSN

Xbox One

XboxOneMain-1200-80

En Xbox One temos o Halo The Master Chief Collection por 40,69€ en ShopTo

Mercar en ShopTo

O Alien Isolation por 33,40€ en base.com

Mercar en base.com

E o Titan Fall por 19,99€ en XtraLife

Mercar en XtraLife

WiiU

13678.wiiu-consola-negra

En WiiU tedes un xogazo como o Bayonetta 2 por 33,94€ en Amazon.es

Mercar en amazon.es

Na mesma tenda o Capitan Toad Treasure Tracker por 31,96€

Mercar en amazon.es

e podemos ver como o Super Smash Bros. comeza a baixar pouco a pouco de prezo ata porse nuns 45,99€

mercar en amazon.es

Que ofertas estades a seguir vos con mais atención?

1c31c6d1970da9f5958776c72ee77cf9_original

Hai unhas poucas horas finalizou o crowdfunding na plataforma kickstarter do novo xogo de Hifumi Kono, creador da serie de xogos Clock Tower. Baixo o estudio Playism Games presentan un  novo survival horror que creceu baixo o nome de Project Scissors. Non falaremos neste caso dunha financiación de cifras históricas como as temos vistas con outros títulos, pero sobroulle case un día para acadar os 300.000 $ que pediran, chegando á hora do seu peche a 314.771 $ unha cifra que de seguro axudará ó estudo a achegarnos esta peza que xa está a erguer as expectativas de moitos fans que atopáronse de novas con esta proposta.Unha mágoa que non se acadase ningún dos obxectivos que se estableceron por riba do límite de financiación como eran unha maior diversidade de mortes, un personaxe engadido, ou as versions de PS4 e XBoxOne.

O certo e que lle falta traballo por diante o estudio xaponés, pero xa nestas primeiras imaxes de gameplay pódese ver que a súa promesa de condensar a esencia das películas de terror xaponesas estase a cumprir e fainos pensar ata onde poderán chegar se fan un bo traballo.

Quedamos a espera e vos deixamos a páxina de kickstarter e a web do estudio para que podades seguir o seu futuro.

Playism Games

Kickstarter do proxecto

Assetto Corsa

Xa dende o 19 de Decembro podemos desfrutar de Assetto Corsa (Consultar prezo) en Steam, este simulador de condución ten unha pinta boísima. Ademais temos a piques de sair Project Cars, outro simulador que tando ruido fixo nos últimos meses (Consultar prezo). Parece que vai ser unha dura loita entre estes dous títulos, o primeiro ten a vantaxe das fechas e o segundo a da multiplataforma en consolas.

Nembargantes o que finalmente faranos decidir entre unha e outra vai ser a xogabilidade e en gran medida o aspecto gráfico. Onte topamos cun video que parece que bota algo de luz sobre esta loita, aínda que non debemos olvidar que a versión final de Proyect Cars non estará dispoñíbel ata Marzo e o que se ve nas imaxes é preliminar. No video podemos ver o percorrido do mítico Autodromo Enzo e Dino Ferrari, ou Autódromo de Ímola, montados nun F1 Lotus 98T Renault Turbo.

Podedes xulgar vos mesmos.

 

Canle do video: AdrianF1Esp

Microsoft anunciou recentemente que o seu coñecido simulador de voo, Flight Simulator, aterrizará en Steam o vindeiro 18 de Decembro. Esta edición do xogo estará desenvovolvida por Dovetail Games, os creadores de Train Simulator.

 

Bungie está a banear a xogadores

Por: Luns, 15 de Decembro de 2014, 8:00 COMENTAR

Bungie anunciou que está a facer baneos entre aqueles xogadores de Destiny que teñan a consola modificada de calquera manera.

Este feito parece que ven derivado do feito de que comezaran a aparecer queixas de xogadores trala aparición do primero DLC do xogo de que hai outros xogadores facendo trampas dendo o inicio do xogo, feito que pode ser comprobado mediante unha simple busca en Youtube.

Horarios das conferencias do E3 2014

Por: Mércores, 28 de Maio de 2014, 20:00 COMENTAR

Xa foron publicados os horarios nos que terán lugar as diferentes conferencias deste E3 2014:

 

Luns 9 de Xuño

Microsoft: 18:30

Electronic Arts: 21:00

Martes 10 de Xuño

Ubisoft: 0:00

Sony: 3:00

Nintendo: 18:00

Agent poderia ser reanunciado no E3

Por: Luns, 26 de Maio de 2014, 9:00 COMENTAR

Agent, un xogo anunciado no 2007 por parte de Take-Two, poderia ser anunciado en datas próximas, toda vez que en Xullo do 2013 foron rescatados os dereitos sobre a propiedade do título, e de que únicamente unhas datas atrás, fora tamén rescatada a marca Agent. 

Estes feitos parecen indicar unha volta á actividade de desenvolvemento do título, é de esperar que en consolas de nova xeración.

Microsoft presentará DirectX 12 na GDC

Por: Martes, 11 de Marzo de 2014, 22:12 COMENTAR

descargaMicrosoft anunciou recentemente que a nova versión de DirectX presentarase na próxima GDC, en concreto o día 20 de Marzo.

Como maior novidade,  resalta o feito de que parécese confirmar que a Xbox One disporá de capacidade para soportalo.

OUYA chega ás tendas

Por: Domingo, 9 de Marzo de 2014, 16:03 COMENTAR

ouyaO próximo 21 de Marzo, a consola baseada en Android OUYA chegará as tendas a un prezo aínda por determinar. A empresa baseada en Madrid BadLand Games conseguiu facerse cos dereitos de distribución da máquina.

minecraft-modloader-02-700x406A versión para PlayStation 3 do popular xogo de Mojang acadou o millón de copias vendidas en menos de 5 semanas á venda.