Xa está dispoñible para descargar en Rubí Omega e Zafiro Alfa o Pokémon de evento Emboar. Para obtelo, deberemos introducir o código POKEMON500  na sección de “Regalo Misterioso” no menú inicial do xogo.

Este Pokémon conta coa habilidade “audaz”, que aumenta lixeiramente a potencia dos ataques que tamén fan dano ao usuario, como “paxaro ousado”. Tamén dispón dos movementos  “testarazo”, “envite ígneo”, “derribo” “clemencia”.

Emboar poderá descargarse ata o 30 de novembro deste mesmo ano.

 

 

B7BkYuuCYAIZ06S

theme-hospital-debalde

Se es usuaria de Origin, a tenda online de EA, podes baixar o Theme Hospital totalmente de balde. Como? Non coñeces o xogo? Pois é un clásico! É un xogo de simulación e estratexia que saíu en 1997, no cal tes que administrar un hospital, mais dunha perpectiva humorística moi divertida. Se non o probaches no seu día, ou queres rememorar vellos tempos, non perdas a oportunidade. It’s free!

Ligazón | https://www.origin.com/es-es/store/buy/193383/pc-download/base-game/standard-edition

Informan de Pokéxperto que está dispoñíbel na Europa un novo evento para os xogos Pokémon Omega Ruby e Pokémon Alpha Sapphire. Introducindo o código Pokemon497 no regalo misterioso obteremos un Serperior coa habilidade oculta Contrary (Respondón) e o ataque Hold Back (Clemencia), que non poden saber doutro xeito.

Se tes dúbidas de como conseguilo, simplemente segue as instrucións que dá Pokéxperto neste vídeo.

d4
A partir do vindeiro 1 de Xaneiro e ata o día 15 do mesmo mes, os membros Gold de Xbox Live para Xbox One poderán descargar de balde o «D4: Dark Dreams Don’t Die» (14,99 €).

games-with-gold

Durante a primeira quincena de xaneiro, os usuarios Gold de Xbox Live para Xbox 360 poderán descargar de balde o «MX vs. ATV Alive» (39,99 €), mentres que na segunda quincena terán o «The Witcher 2» (29,99 €).

Evento de Nadal de Ubisoft

Por: Sábado, 20 de Decembro de 2014, 14:00 COMENTAR

Coa chegada do Nadal, Ubisoft decidiu unirse as celebracións propias desta época, e fará diversos tipos de agasallos. Dende o 23 de decembro ata o 6 de xaneiro, grazas a Uplay, poderanse conseguir recompensas diarias como descontos na Uplay Shop e a posibilidade de desbloquear premios gratis para os teus xogos, entre outras. Ademais, 40 privilexiados poderán dispoñer de todo un ano enteiro de xogos para PC de Ubisoft grazas a un sorteo que se realizará ao finalizar a promoción.

Para ter posibilidades de ser un dos gañadores, deberás iniciar sesión os 15 días na páxina para obter «potenciadores» que che axudarán a ter máis posibilidades de ser o gañador do sorteo. Os nomes dos afortunados será publicados despois da súa finalización.

 

Velaquí tedes as novidades máis recentes de Origins que están dispoñibles para descargar:

-O coche Koenigsegg One:1 para o Need for Speed Rivals. Este automóbil caracterízase pola súa relación entre peso e potencia (1 CV por quilo), e pola axilidade e velocidade.

 

1022827_LB_231x326_en_US_^_2014-03-03-14-40-01_a743864557b7b2ba2e8c2927bcdb34d2b98f1431

 

– O coche eléctrico Nissan Leaf para o Simcity: Con esta estación de carga gratuita, só necesitarás engadir cinco máis por cada cidade e poderás ver os Sims conducindo este automóbil.

EL NISSAN LEAF® 100% ELÉCTRICO

 

Dous packs DLC de SHIFT 2 UNLEASHED: o Lendas e o Speedhunters. O Lendas inclúe 12 coches e 5 novos circuitos. O Speedhunters engade 2 novos modos de xogo (Aceleración e Standing Mile) e 14 coches con decoración personalizada de Speedhunters. Hai varias ligazóns de descarga, que dependen do sitio onde o mercases: en Origin, en DVD ou en Steam.

Pack DLC para PC de SHIFT 2 UNLEASHED™ (versión Origin)

 

dragonagesims

Origin tráenos dous DLC de balde:

• O primeiro deles é a expansión multixogador Destrución (ver ficha do DLC na Origin) para o Dragon Age Inquisition (ver ficha do xogo na Origin). Só temos que ir á tenda, comprobar que aparece cun prezo de 0,00€ e engadilo ao carriño.

• O segundo deles é o pack Felices Festas (ver ficha do DLC na Origin) para Os Sims 4 (ver ficha do xogo na Origin). De novo, só temos que ir á tenda, comprobar que aparece cun prezo de 0,00€ e engadilo ao carriño.

O método para conseguir estes dous DLC é engadilos ao carriño e finalizar a compra, non se requiren datos do banco nin nada. Unha vez feito, xa nos quedan reclamados, pero non poderemos descargalos até termos instalado o xogo requirido (quedan gardados na nosa conta para cando nos fagamos con el, non vos preocupedes).

930.0x524.0

Origin, o cliente de xogos para PC de EA, ofrécenos o Simcity 2000 Special Edition gratis (ficha na web de Origin) dentro da promoción On the house (Convida a casa). O xogo está en inglés e é compatíbel con Windows 7  mediante emulación de DosBox e DOS/4GW (o cliente Origin xa fai o traballo, non te preocupes con isto). Como contra, non trae o Urban Renewal Kit (o editor de edificios) nin as cidades que viñan no CD orixinal (mais se tes o CD podes incluílas no cartafol CITIES e despois de facer a sincronización en liña poderás usalas).

Para obtelo só tes que ter unha conta en Origin e ir a esta ligazón.

Está aberta a promoción de Indiegala para conseguir gratis o xogo de vacas zombies The Culling of the Cows. Só tes que ir a https://www.indiegala.com/giveaway e seguir as instrucións. Implica seguir a súa conta do Twitter, dar un gústame á súa páxina do Facebook, compartir a promoción no Facebook e inserir o teu correo-e. Feito isto, é só agardar que che envíen a chave por correo-e e reclamala no Steam.

Dentro da promoción Games with Gold, os usuarios Gold de Xbox Live poderán descargar de balde durante esta última quincena de Decembro o «SSX» para a Xbox 360. Pola súa banda, os xogadores de Xbox One teñen de promoción o «Worms Battlegrounds».

Consigue de balde unha chave de Steam para o Chaos Domain, unha especie de Smash Bros. con robots que parecen sacados do Probotector. Só tes que ir a https://www.indiegala.com/store, inserir o teu correo-e (podes desmarcar o cadro para non subscribirte) e chegarache un correo coa chave. Feito iso, é só reclamar a chave no Steam e xogar de balde!