Mañá anunciarase un novo Angry Birds

Por: Xoves, 13 de Febreiro de 2014, 16:35 COMENTAR

angry birds novo

Así o comunicou Rovio a través dun dos seus portavoces:

Anunciaremos máis sobre unha nova aventura de Angry Birds, incluído o seu nome, mañá.

Pouco máis se sabe sobre esta nova aventura dos paxaros, mais prometen novas innovacións, e polo que podemos ver nesta imaxe, dannos que pensar nun novo apartado técnico.

Así, a saga Angry Birds segue a medrar, e a título persoal, non sei como chegou a tanto.

Nintendo 2DS, a «3DS económica»

Por: Xoves, 29 de Agosto de 2013, 9:00 2 COMENTARIOS

nintendo-2ds
A compañía Nintendo acaba de anunciar o seu novo modelo de videoconsola portátil, a Nintendo 2DS.

Este novo redeseño, permitirá aos xogadores desfrutar de todo o catálogo da DS e 3DS, só en dúas dimensións, iso si. Polo demáis, seguirá tendo as demáis características da 3DS: dobre pantalla, conexión inalámbrica e pantalla táctil. Incluirá tamén unha tarxeta de memoria de 4GB e un punteiro como o da 3DS XL.

Unha das pegas que se poden apreciar cun primeiro vistazo é que, a diferenza dos modelos anteriores, non se pode pregar á metade cando non xoguemos, ocupando así moito máis espazo e deixando desprotexidas as pantallas ante posibles danos por accidentes.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 12 de outubro.


Segundo informa a compañía Electronic Arts, a demo do simulador de fútbol FIFA 13, dispoñible dende esta mesma semana, alcanzou os 2 millóns de descargas, cifra un 29 por cento superior á do seu predecesor FIFA 12.

Por outra banda tamén informou do número de reservas, que acadaron as 900.000 reservas, que supón un incremento do 37 por cento en Europa e do 62 por cento nos Estados Unidos.

O videoxogo completo estará dispoñible a partires do 27 de setembro para PC, PlayStation 3 (compatible con PlayStation Move), Xbox 360 (compatible con Kinect), Wii, ayStation 2, PlayStation Vita, PSP, Nintendo 3DS, iPhone, iPad e iPod Touch.

Un plaxio de Smash Bros?, si, pero All-Stars Battle Royale está captando gran variedade de loitadores para o seu xogo de loitas.

Os últimos que se uniron á plantilla foron Cole, de InFamous e a parella Jak e Daxter.

Nos seguintes vídeos podemos observar os seus movementos, as súas técnicas…como é lóxico cada un emprega movementos dos seus videoxogos particulares o que fai que exista unha mestura bastante singular.

Persoalmente sigo sen ver moi claro este título, pero ben é certo que cada vez está collendo mellor pinta.

“Ni no Kuni” segue enamorando

Por: Luns, 17 de Outubro de 2011, 16:19 COMENTAR

A estas alturas xa todos deberedes saber que Ni no Kuni é un dos xogos máis extremadamente bonitos que apareceu nunha consola. Ven da man de Level 5 polo que a calidade está máis que asegurada e despois de ver os vídeos que amosaron non cabe a menor dúbida.

Até o de agora só nos salpicaban con vídeos curtos, mais desta vez temos un tráiler de algo máis de tres minutos, o que nos deixa desfrutar como deus manda desta xoisa.

Vemos a beleza dos paisaxes e a forma de loitar que terá o título, e continúame gustanto moito moito.

Aínda non temos data de saída, mais esperaremos ao longo do 2012 para que todos os usuarios de PS3 desfruten da aventura máis fermosa xamáis creada.

Estou exaxerando?, mirade e rebatídemo.

A conferencia da Nintendo no E3, coñecida no Twitter polo hashtag #NintE3ndo, foi retransmitida na nosa conta (@MemoriaPixelada) a tempo real. Con todo, facemos agora un resumo cos datos máis importantes.

Zelda fai xa 25 aniños... e que ben se conserva!

25 ANIVERSARIO DE ‘THE LEGEND OF ZELDA’

A conferencia comezou cunha orquestra a interpretar temas míticos desta saga, mentres mostraban vídeos dos diferentes xogos da historia doZelda. Despois saíu Shigeru Miyamoto quen, despois de brincar un pouco coa orquestra, anunciou algunhas novidades para celebrar este aniversario:

– ‘The Legend of Zelda: Link’s Awakening‘, o mítico xogo da Game Boy, estará dispoñíbel para descargar na nova eShop da 3DS. E para como están de conmemoración, a descarga será gratuíta.
– Haberá un ‘The Legend of Zelda: Four Swords‘ descargábel para a Nintendo DSi (descoñezo se será compatíbel coa 3DS).
– Para a Wii, chegará no Natal o ‘The Legend of Zelda: Skyward Swords‘.
– E, por último, os compradores do novo ‘The Legend of Zelda: Ocarina of Time 3D‘ que sexan socios do Club Nintendo terán, de balde, o CD coa banda sonora do xogo.

NOVIDADES PARA A NINTENDO 3DS

Imaxe da N64 portát... non, perdón, da 3DS

Foron anunciados novos xogos para a Nintendo 3DS:

Super Mario Kart 3D, con carros que voan e se mergullan. Os vehículos serán totalmente personalizábeis.
Starfox 3D, con control por sensor de movemento e un modo multixogador moi interesante. Poderás ver a cara dos teus compañeiros ao xogar.
Super Mario 3D. Pouco máis hai que dicir, moi na súa liña.
Kid Icarus: Uprising. O xogo ten voces en inglés… aínda que os actores de dobraxe non pareceron moi acaídos.
Liugi’s Mansion 2, que usará todas as posibilidades da 3DS mais continuará na liña do Luigi’s Mansion da Game Cube.
– Outros títulos anunciados: Ace Combat, Tetris, Cave Story, Driver Renegade, PAC-MAN, Tekken, Metal Gear

Tamén falaron sobre a Pokédex 3D (da que xa faláramos aquí) e do Excitebike 3D. Ambos aplicativos gratuítos da eShop.

O ‘PROJECT CAFÉ’ CHAMARASE DEFINITIVAMENTE… WII U

O novo comando desenvolvido pola Nintendo

Anunciaron finalmente que a sucesora da Wii será a Wii U. O nome é un xogo de palabras, pois Wii soa como ‘we’ (nós) e U como ‘you’ (ti). Da videoconsola en si, a verdade, non falaron. Non deron datos de potencia nin nada, limitáronse a presentar o seu controlador.

O comando parece un tablet con botóns aos lados, e conta con pantalla táctil, dous sticks analóxicos, control de movemento, altofalantes, microfono e cámara. Poderás realizar videoconferencias desde el, alternar entre xogar na TV ou na propia pantalla do mando ou usalo como unha segunda pantalla. Persoalmente recordoume moito á conexión entre a Game Cube e a Game Boy Advance, pois parte da mesma premisa, mais desta volta con todos os avances tecnolóxicos actuais.

A potencia da Wii U, á vista dos vídeos que mostraron, está á altura da PS3 ou XBOX360. Entre os xogos que anunciaron están Darksiders II, Dirt, Alien Colonial Marines, Ghost Recon Online, Metro Last Night, Tekken, Ninja Gaiden 3… e o xogo que máis aplausos levou, o Batman Akhram City.

UNHA SORPRESIÑA AGRADÁBEL, O SMASH BROS.

O público tamén se emocionou cando anunciaron que estaban a desenvolver un novo Super Smash Bros., que sairá para Wii U e 3DS. Con todo, non deron datas para el.

Os clásicos sempre voltan…

A próxima semana teremos Demo de Okamiden

Por: Luns, 14 de Febreiro de 2011, 20:18 COMENTAR

A nova non a escribo para que probedes a súa demostración que sairá o próximo 21 (que ben podedes), se non para recordarvos que esta pequena xoia (eso espero) poderémola xogar completamente o 18 de marzo.

Este título é a continuación do xogo que enamorou a moitos usuarios en Playstation 2 e pouco despois na consola de sobremesa de Nintendo, no cal nos poñían na man dunha deusa reencarnada en loba e que fará uso dun curioso pincel.

Este pincel usarémolo co stylus e con el poderemos crear obxectos,remarcar zonas ou mesmo invocar a seres fantásticos.

Como vedes, volve repetir plantexamento da primeira parte pero sempre con ese preciosismo e argumento fantástico que cautivou a tanta xente.

Xa teño ganas de catar este título.

Novo vídeo de Ni no Kuni para PS3

Por: Luns, 31 de Xaneiro de 2011, 8:45 COMENTAR

Un dos mellores xogos de rol para PS3 e Nintendo DS volve reaparecer no panorama cun novo vídeo no que volve deixar patente o seu preciosista acabado técnico.

Por qué digo que Ni no Kuni vai ser un dos mellores?, pois porque os que están detrás desta nova obra non son outros que os sempre xeniais Level 5.

No seguinte vídeo podedes aprezar a singular beleza dos gráficos, como se desenvolverán os seus combates e parte do seu Making off, que aproveitarán mellor todos aqueles que se defendan co xaponés.

http://www.youtube.com/watch?v=xsuyN9EJD2A&feature=player_embedded

Star Wars El Poder de la Fuerza II

Por: Xoves, 25 de Novembro de 2010, 16:00 COMENTAR

Star Wars El Poder de la Fuerza II

O vindeiro dia 29 de outubro poderemos ter nas nosas mans a segunda entrega de Star Wars El Poder de la Fuerza. Continúa a viaxe de Starkiller, o aprendiz de Darth Vader, que cambiará a galaxia e dará forma a sucesos clave entre os episodios III e IV de Star Wars.

Star Wars El Poder de la Fuerza

Esta segunda entrega promete, como era de esperar, máis habilidades e máis poderosas. Un formato de videoxogo estilo God of War que gustará moito mais aos fans da galaxia.

E se non podes esperar ao día da estrea, a demo está dispoñible dende o pasado 12 de outubro para Xbox Live Arcade (Xbox360), e a partir do 13 de outubro en PlayStation Network (PlayStation3).

Máis info na páxina oficial.

Queredes trucos?, pois Trucoteca

Por: Martes, 21 de Setembro de 2010, 17:50 2 COMENTARIOS

trucoteca

Sei que moitos de vós andades con truquiños para empregar en videoxogos, e aínda que é algo que non estou nada de acordo ( os xogos son para desfrutalos de forma natural, sen axudas ), a realidade é que estos trucos son moi utilizados.

Pois para todos eles, podedes entrar en Trucoteca, unha páxina na que se especialiazaron xustamente nesta temática.

Aquí podedes realizar case calquera opción con este cometido, incluso descargalos directamente para unha maior comodidade ou resolver as vosas propias dúbidas cunha gran selección de guías de videoxogos.

Agora incluso crearon unha rede social na que agasallan videoxogos todos os meses.

Xa vedes,se estades buscando guías ( as cales son moi útiles para pasar ao 100% os videoxogos), ou saber os logros dun determinado título, trucos,parches ata os análises máis recentes, pasade por esta páxina.

O primeiro que vou facer é lanzar unha pregunta ao mundo, existe algunha persoa que se resistise ao encanto que gardan os puzles de O Profesor Layton?, eu creo que non e así o entendo xa que por Xapón xa están esperando a quinta entrega desta saga creada polos sempre xeniais Level 5.

E mentres, por estos lares estamos esperando o cerra da triloxía que deixaron aberta a Vila Misteriosa e a Caixa de Pandora. Dous xogos practicamente idénticos quitando a historia, que deficilmente podo elexir cal me gustou máis.

E para facernos máis levadeira a espera de O Futuro Perdido,podemos ver este novo tráiler que nos demostra que seguirá o mesmo camiño que os predecesores,volveranos sumerxer nunha fantástica historia,doeranos a cabeza cos seus puzles e desfrutaremos das fermosas paisaxes que nos agasallan os de Level 5.

Así, toca esperar ata o 22 de outubro para poder superar os 165 retos que nos ofrecerá esta terceira entrega de O Profesor Layton.

Por certo, neste xogo o Profesor é un tipo legal,boa persoa,axuda aos demais, pero para a miña antinatura Imaxinación sería algo parecido a isto.

Análise de Dragon Quest IX

Por: Mércores, 18 de Agosto de 2010, 18:47 COMENTAR

Dragon Quest IX

Despois do éxito que tivo O Periplo do Rei Maldito na PS2, unha nova entrega de Dragon Quest renace, pero para asombro de todos, na Nintendo DS.

Esquecédevos de antigas partes de Dragon Quest como Joker e similares, porque non teñen nada que ver. Esta novena entrega é un xogo en toda regra, longo, con argumento e divertido.

A historia métenos dentro da pel dun garda do ceo, o cal perde todos os seus poderes, polo que nos tocará recuperalos, e cómo facemos isto?, pois axudando a todos os campesiños e habitantes que necesiten a nosa axuda. Deste xeito, comezaremos este videoxogo de rol por turnos, descubrindo novas aldeas, combatendo contra monstros, realizando misión que nos encomendan, etc, etc.

Como xa dixen, os combates son típicos dos xogos de rol po turnos,pero a diferenza doutros títulos, neste Dragon Quest veremos en todo momento aos inimigos, e así, seremos nós quen decidamos se queremos loitar e desexamos esperar un pouco. Compre dicir, que non convén escapar de moitos combates, xa que como bo xogo de rol, necesitaremos mellorar o noso protagonista, que por certo, poderemos elixir o seu aspecto, así, cantos máis combates gañemos, máis experiencia adquirimos, e máis poderoso nos volvemos.

Os combates son bastante rápidos, e o sentido do humor está presente continuamente, e como é habitual na saga, teremos maxias para namorar ao inimigo, para facelo bailar, etc.

Dragon Quest IX 1

Iso si, debedes ter en conta que é obrigatorio ir con outros tres acompañantes ( ben controlados pola consola, ou por internet), porque se non será imposíbel acabar con inimigos finais, e aquí hai un grave erro no xogo, xa que non explica claramente onde e cando debemos facer que se unan a nós os nosos compañeiros, e se non o facedes no momento adecuado, ademais de desesperarvos con grandes inimigos, despois terás que empezar co seu nivel no primeiro nivel, mentres que o protagonista principal xa estará nun nivel bastante avanzado, e digo isto, porque eu fun un dos prexudicados.

E se a isto lle engadimos que estes personaxes, os cales decidiremos a súa profesión e nada máis, non teñen absolutamente nada que ver na historia principal, fai que sexan uns personaxes moi pouco aproveitados.

Pero unha vez que esteades os catro personaxes, cada un coa súa profesión, as posibilidades de combinación aumentan moitísimo, polo que deberemos vestilos da forma máis axeitada,comprar armas adecuadas a cada un, e aumentar os puntos de experiencia que obsequiarán ao protagonista con novas maxias.

Como xa vedes, nos combates non haberá problema de aburrimento.

Dragon Quest IX 2

A exploración é outro factor clave deste Dragon Quest, xa que se investigamos outras zonas das da aventura principal, poderemos atopar misión secundarias que nos beneficiarán con diñeiro ou obxectos difíciles de atopar por todo o enorme mapeado. Ademais, o apartado gráfico axuda moito, que sen ser o mellor de DS, chega a límites moi altos, sobre todo nas aldeas, que teñen bastante detalle. Como é habitual en Dragon Quest, os deseños dos inimigos están creados por Akira Toriyama creador de Dragon Ball e Arale ( por que sempre se olvidan de Arale co boa que era esta serie?).

Xa vedes, que a pesar de ser un título para a portábel de Nintendo, cumpre con todas as características para divertir, incluso cunha duración moi elevada, o título non aburre, será polo argumento que nos somerxe nun mundo fantástico con tinxes cómicos?, será polos combates rápidos e cheos de posibilidades?, será polo que sexa, pero é un título moi recomendábel para todos aqueles que lle guste o rol, iso si, ten erros como a repetición constante de inimigos,pouca variedade de profesións do protagonista ou a obrigación de volver á aldea cada vez que morres, sendo engorroso se te matan nun lugar lonxe ao que tes que volver e tentar a sorte de novo, pero asegúrovos que o resultado global é satisfactorio, que para ser un xogo da Nintendo DS xa é todo un logro.