Adeus, Memoria Pixelada!

Por: Venres, 12 de Xuño de 2015, 22:12 8 COMENTARIOS

memoria-pixelada

Un domingo, 5 de abril de 2009, Memoria Pixelada abría as súas portas aportando novos datos sobre a posíbel chegada de Beyond Good & Evil 2, e desde aquela até hoxe, a pesar de que o mencionado videoxogo aínda non saíu á luz, nin se sabe nada del, a páxina si que sufriu moitos cambios e aventuras.

Aquel domingo, un servidor que vos escribe estas palabras tiña moi claro o que pretendía coa páxina, escribir para unha elite dunha minoría sobre videoxogos e empregando o noso idioma. Non sabía como ía avanzar, como ían presentarse as circunstancias pero esa primeira premisa tíñaa moi clara, e penso que a mantivemos ao longo dos anos.

Pouco a pouco foise unindo xente ao proxecto, colaboradores (ou integrantes) dos que sen dúbida, se non fose por eles, sábeno ben AmilGZ e Netoverflow (non me esquezo do resto, mais estes foron os que máis peso tiveron e máis tempo estiveron erguendo a páxina) Memoria Pixelada tería sido pechada xa hai ben tempo.

Así, conforme os colaboradores fomos medrando, a páxina tamén se foi facendo adulta, tropezando en determinadas ocasións, mais sempre sabendo erguerse e avanzando. Como dixen, non podo mencionar todas as persoas que colaboraron coa páxina, mais como creador dela, só vos podo dar grazas e centos de grazas. Con vós sentinme Mario comendo un cogumelo, sentinme Link cabalgando por Hyrule, sentinme ledo.

Nestes seis anos escribimos novas, artigos, análises, mesmo saímos na radio falando un pouco sobre nós. Comentamos a chegada desta xeración de consolas, vivimos en diferido todos estes E3 que tanto dan que falar e sobra dicir que xogamos a multitude de videoxogos para despois pasarvos a nosa opinión. Todo isto sendo moi conscientes de que aínda que a audiencia non era moita, tiñamos uns seguidore moi fieis que nos ofrecían todo o seu apoio. Foi por eles que percorremos toda esta viaxe, mais agora queda o peor, despedirse.

Crédenos que non foi doado, crédenos que tentamos evitar ver a realidade, porque moitas veces a realidade non é o que nos gusta vivir. Mais sodes moi conscientes de que a páxina leva un tempo en stand-by, e a pesar de que tentamos mudar este feito, non fomos capaces. A causa? A falta de tempo, sen máis.

Como saberedes, os que escribimos para Memoria Pixelada facémolo simplemente porque nos gusta, sen máis incentivo que o feito de que nos leades. Mais cando xa non podemos ter o tempo suficiente como para facelo de maneira habitual, chegan estas decisións. Oxalá puidésemos pasar o día a xogar a videoxogos e a plasmar todas as novas deste mundo. Oxalá, mais non é así. Non podemos dedicarlle á páxina o tempo que merece, e por tanto é o momento de poñer un punto e final.

Ollo, non é un “Game Over”, porque sempre pode quedar unha moeda de 25 pesetas no peto de atrás, agachada entre os panos, para un insert coin e volver renacer, pero de momento debemos dicirvos adeus, absolutamente agradecidos polo apoio que nos destes durante estes seis anos. Como dixen, o que depara o futuro ninguén o sabe, mais de momento Memoria Pixelada bota o peche. Tristes, porque as despedidas nunca son unha festa, mais ao mesmo tempo ledos e contentos por ter chegado até aquí con todos vós.

Milleiros de agradecementos pixelados.
Adeus, Memoria Pixelada.

Análise de Pokémon Shuffle (3DS)

Por: Martes, 24 de Marzo de 2015, 19:00 COMENTAR

Logo_Pokémon_Shuffle

Se unha palabra resume o Pokémon Shuffle é vicio. Nos tempos dos xogos casuais para móbil e do free to play, era cuestión de tempo que Nintendo dese o paso. E que mellor maneira de xuntar unha das franquías de maior fama e a mecánica dun dos maiores éxitos nos xogos para móbil? Non, ollo, non estou a insinuar que o Pokémon Shuffle se pareza en nada ao Candy Crush, mais… ben…

Vaiamos por partes. A historia de Pokémon e os xogos de quebracabezas non é de novo. Os primeiros deles foron o Pokémon Puzzle Challenge (GBC) e o Pokémon Puzzle League (N64), e máis tarde o Pokémon Link (NDS) e o Pokémon Link: Battle! (3DS). E é con este último con quen ten máis que ver. Porque veredes, o Pokémon Link Battle foi lanzado apenas na eshop, a tenda virtual, por 7,99€. É un xogo bo para amantes de Pokémon e/ou dos quebracabezas, sen dúbida, mais non deu os resultados en vendas esperados. Deste modo, a grande N tomou a decisión de simplificar a mecánica, inserir un modo de compra de vidas e potenciar os eventos online. E creou o Pokémon Shuffle.

O Pokémon Shuffle pode descargarse de balde na eshop da Nintendo 3DS. O obxectivo é ir pasando fases onde nos enfrontamos a un Pokémon facendo combinacións con 4 dos Pokémons que teñamos connosco, coa posibilidade de capturar o Pokémon ao que nos enfrontamos ao rematar. A diferenza do Candy Crush e semellantes aquí é onde entra en xogo a idiosincrasia pokemónica, xa que cada Pokémon ten un tipo, e debemos usar os Pokémons máis efectivos contra o rival en cada momento. E onde está o truco entón? Pois en que cada vez que te enfrontas a un Pokémon perdes unha vida. As vidas teñen un tope de 5, e conforme as gastas vanse rexenerando, unha vida a cada media hora. Alén disto, podes obter moedas e xemas para conseguir máis vidas ou melloras para o xogo. E se ben o xogo che vai dando de esmola algunhas moedas e xemas, a galiña dos ovos de ouro é que mediante microtransaccións podes comprar moedas e xemas con diñeiro real. E con esas moedas e xemas poder esquecer o límite de vidas e pasar o xogo rápido e fácil.

Porén, se vos son sincero, o xogo gústame máis sen gastar diñeiro. As 5 vidas gástalas en 10-15 min, e tes que agardar 2h30 para ter as 5 vidas de volta. Entón, é perfecto para partidas rápidas, como descansos do estudo, visitas ao cuarto de baño ou momentos mortos despois de comer. E o feito de ter que agardar realmente fai que teñas máis gana de xogar, viciándote máis.

Mais a xoia da coroa, na miña opinión, son os eventos online. Cada día podes facer check online, e a Nintendo vai de cando en vez sacando fases especiais para conseguir Pokémons que non se poden conseguir no xogo normal (consigue Mew, Kyogre e as formas de Rotom xa, antes de que acabe o prazo!), ou fases para conseguir moedas (co Pay Day de Meowth) e mesmo competicións online con ránking mundial para conseguir megapedras especiais (Lucarita!!).

En conclusión, se tendes unha 3DS e sodes fans de Pokémon ou dos quebracabezas, descargádeo e dádelle unha oportunidade. E se non… pois facédeo tamén. Non perdedes nada. It’s free!

[puntuacion]ESTILO=Sonic|GRÁFICOS=60|SON=50|XOGABILIDADE=95|DIVERSIÓN=85[/puntuacion]

2750504-4737371621-SamHi

Xa en decembro puidemos ver as primeiras informacións deste título de Supermassive Games, unha desenroladora independente que está a crecer baixo o amparo de SONY e que ata o de agora non lle vemos ningún AAA coma o que están a propor.

Con xogos como LittleBigPlanet para PSVita ou Resistance HD ás súas costas, adentaranse nun survival horror moi televisivo no que se presenta a típica historia que vemos en películas como The Cabin in the Woods, Venres 13 ou A Matanza de Texas e outras tantas, grupiño de adolescentes chegan a un lugar e vense sorprendidos por un psicópata con moito atrezzo que os vai cazando. Imos ver que tal funciona isto nun xogo.

Recomendábel a pantalla completa e un volume adecuados 😉

Houbo momentos no que destes un chouto na cadeira, recoñecédeo. A nivel gráfico vai camino do 10, e ese modelo de Hayden Panettiere, a animadora da serie heroes, non deixa lugar á imaxinación. Non pinta mal a verdade este xogo e a min persoalmente atráeme a idea. Creo que este tipo de historias, aínda que terán quen as critique pola súa pouca calidade poden dar moito xogo como o deron nas pantallas dos cines. Penso o mesmo do multixogador 5vs1 de Last Year, unha proposta orientada mais de cara a diversión con amigos e a moita rexogabilidade.

Non deixaron pasar o San Valentín sen lembrarnos que non van deixar de lado as relacións entre os personaxes do xogo e que non todo consistirá en correr e agocharse senón que parece que haberá unha fase previa para coñecer ós protagonistas e forxar relacións.

Quedamos a espera da súa saída en PS4 o longo desde ano 2015.

Páxina oficial

freemium1

Si carallo, ímos gastar 100 € no xogo dos Simpsons

 

Dise que un xogo é Freemium cando segue un modelo de monetización baseado en distribuír o xogo de forma gratuíta inicialmente pero que ben para completar a experiencia do xogo ou ben para obter vantaxes neste esíxense micropagos (ou non tan micro). Dentro desde modelo podemos ver diferentes formas de aplicalo, pero o mais habitual e o uso de determinado recurso no xogo que só pode obterse mediante pagos ou permitir ós xogadores mercar diferentes elementos como edificios para a nosa cidade ou equipación para o personaxe. De ahí o seu nome, de Free porque o xogo e gratis e Premium porque podemos mercar valor engadido.

Esta tendencia xurdiu hai uns anos, co crecemento do mercado móbil, as compañías de desenvolvemento de videoxogos déronse conta de que a xente non estaba tan disposta a pagar por xogos no móbil como para xogos en plataformas máis tradicionais. De modo que inicialmente fixéronse moi habituais as versións Lite dos xogos, basicamente demos que podías probar gratis antes de pagar a versión completa. Isto, sobre todo potenciado pola habilitación dos pagos in-app por parte de google, derivou no modelo freemium actual.

Candy Crush un dos xogos que mais beneficios obtivo neste modelo

Candy Crush un dos xogos que mais beneficios obtivo neste modelo

Dende que comezou a popularizarse, tivo moito éxito e ata chegou a dicirse que o 98% dos ingresos de Google play viñan desde tipo de ingresos. Podemos atopar todo tipo de xogos que o adoptaron, dende os xa clásicos crebacabezas como o Candy Crush, xogos de carreiras onde desbloqueas autos ou reduces tempos de espera, xogos de estratexia que permítenos pagar para evitar esperar pola construción de novos edificios e unidades, ou xogos de acción nos que podemos mercar armas e defensas.

Un bo modelo a priori que te permite xogar gratis e gastar o que ti queiras para mellorar a experiencia

O seu nacemento aplicado a servicios web tivo coma grandes valedores a google, Spotify, Dropbox. E isto supuxo unha revolución e pode que ata debamos estar moi agradecidos por que triunfaran. E sen dúbida o seu uso nos xogos fixo que definitivamente se popularizasen tanto en android coma en iOS e que este sexa un mercado con moitísimo futuro. Proporcionou grandes beneficios ós que souberon aproveitalo, Clash of clans, Candy Crush Saga ou Game of war gañaron nos últimos anos millóns de dólares só cas compras in-app. En moitos casos, que este modelo resultase tan produtivo fixo que moitos estudios de videoxogos que planeáran abandonar o mercado móbil volveran a el e que moitas outras compañías o veran como unha oportunidade para entrar nese mercado.

Pero ten consecuencias

As máis directas foron a caída das ventas nos xogos de maior prezo, que xa de por si eran baixas. Fixeron moito máis difícil para os desenvolvedores indies pór os seus produtos en venta a prezos razoábeis xa que fan que xogos do mesmo tipo aparezan como gratuítos (aínda que non o sexan realmente). E a estratexia de viralización que seguen absorbe ó mercado e evita que xogos sen esta participación social queden relegados nas listas de descarga. Por algunha razón a xente prefire estatisticamente xogar a un xogo incompleto, gastar 10 euros por extras e seguir a ter un xogo con limitacións que gastar 3, 4 ou 5 euros por un xogo rematado e completo que poderán desfrutar de principio a fin. Neste caso moitos optan por adaptar os seus xogos con esta mesma estratexia, aínda que non fora a idea inicial e a acaban publicando gratis, o cal fai que o fenómeno continúe.

freemium3

Google intentou dar algo de luz sobre este asunto, deixando de clasificar as aplicacións con pagos in-app como gratuítas, isto fixo que cando imos buscar unha aplicación sabemos que dentro dela pode haber necesidade de pagar. Soluciona este cambio o problema? Cabe pensar que non o fai realmente, o único que sabemos e que unha aplicación non é de todo gratis, pero isto pode ser porque é una versión máis curta que nos permite mercar a versión completa, porque podamos retirar a publicidade se a ten, para mercar engadidos para o xogo o se realmente estamos ante un pay2win (pagar por ganar, autodescritivo) que esixiranos pagar si ou si. Seguen parecendo mellor opción que as apps de pago e seguimos tendo que navegar pola gran cantidade de comentarios da xente para saber se ese xogo pode xogarse realmente ou imos ter que afrontar tempos de espera ou similares. Polo tanto este problema segue no aire

Prexuizo para o xogador

A non ser que busquemos un xogo para o descanso no trono de porcelana, ó normal e que se estamos a buscar un xogo, queremos xogar todo o tempo que podamos de forma continuada, se a nosa batería nolo permite. Resulta moi frustrante chegar a un xogo no que cada vez que facemos algo temos que esperar 8 horas, pero tal e como esta o mercado a min polo menos resúltame case imposíbel atopar un xogo de estratexia, e xa non digamos de citi-building, sen tempos de espera ou uso de créditos que podemos conseguir a cambio de moreas prohibitivas de cartos. E o peor disto e que, aínda que puxerámonos a gastar eses cartos e eliminásemos o tempo de espera, a dificultade do xogo desaparece. Atopámonos con xogos nos que a “dificultade” ven por esperar ou ben pagar, non en construír de determinado xeito ou en seguir unha estratexia, se pagas, desvanecese por completo o obxectivo do xogo (xa que realmente o obxectivo do xogo é que remates pagando).

Parte da culpa disto evidenciouna Elías na entrevista de hai uns días, no que dicía que as grandes empresas non se poden ou non se queren permitir innovar nin facer nada distinto sen a seguridade de que vai dar beneficios. Ao comezo do boom dos dispositivos móbiles algunhas compañías, non moitas aventuráronse a desenvolver os primeiros xogos, algunhas delas presentando xogos  sen moito coidado e de dubidosa calidade como EA ou similares, cando comprobaron que os beneficios non eran os esperados directamente comezaron a anunciar a súa retirada de este mercado, ata que chegaron os freemium, a oportunidade de ouro de monetizar ese tipo de xogos sen grandes aspiracións pero cun compoñente adictivo que funciona ben. Obviamente estou a falar de forma xenérica, sempre houbo honrosas excepcións e de novo foron os desenvolvedores indies os que intentaron presentar mecánicas novas e que seguen apostanto polos xogos completos a prezos reducidos. Aínda que moitos subíronse tamén o carro do fremium con maior ou menor sorte.

Monument Valley é un xogo cun prezo inferior a 4 euros e que tivo serios problemas coa piratería, así somos

Monument Valley é un xogo cun prezo inferior a 4 euros e que tivo serios problemas coa piratería, así somos

Asumamos a nosa culpa

Moitas veces falamos do mercado coma se fora algo autónomo ou externo a nós, coma se non influiramos nel, e está claro que hai moitas cousas que non compartimos todos os tipos de xogadores. Pero as tendencias do mercado non son mais que as nosas tendencias como clientes, somos nos os que vemos un xogo de uns poucos euros e o descartamos por outro xogo freemium, somos nos os que diriximos as tendencias das produtoras, xa que se non fora así non lles pagaría a pena este modelo.

Coma sempre este é un tema onde xorden moitas opinións afrontadas e pode que a miña sexa só unha delas, sen moita razón, pero así e como o vexo e así e como me sinto cando vexo isto no Google play:

 

Lista no google play de ranking por ingresos, isto é o mellor que hai?

Lista no google play de ranking por ingresos a día de hoxe, isto é o mellor que hai?

A pregunta é se estos xogos son realmente o mellor que podemos atopar nas tendas, e se e necesario que se tomen medidas para corrixir estas tendencias.

Assetto Corsa

Xa dende o 19 de Decembro podemos desfrutar de Assetto Corsa (Consultar prezo) en Steam, este simulador de condución ten unha pinta boísima. Ademais temos a piques de sair Project Cars, outro simulador que tando ruido fixo nos últimos meses (Consultar prezo). Parece que vai ser unha dura loita entre estes dous títulos, o primeiro ten a vantaxe das fechas e o segundo a da multiplataforma en consolas.

Nembargantes o que finalmente faranos decidir entre unha e outra vai ser a xogabilidade e en gran medida o aspecto gráfico. Onte topamos cun video que parece que bota algo de luz sobre esta loita, aínda que non debemos olvidar que a versión final de Proyect Cars non estará dispoñíbel ata Marzo e o que se ve nas imaxes é preliminar. No video podemos ver o percorrido do mítico Autodromo Enzo e Dino Ferrari, ou Autódromo de Ímola, montados nun F1 Lotus 98T Renault Turbo.

Podedes xulgar vos mesmos.

 

Canle do video: AdrianF1Esp

the_swapper3

The Swapper é un xogo de plataformas e crebacabezas producido polos Fineses Facepalm Games, uns desenroladores “indies” con base en Helsinki. Foi publicado en 2013 en Steam e mais recentemente nas plataformas de Sony e na WiiU.

En The Swapper tomamos o control dunha misión de expedición. Na terra os recursos naturais esgotáronse e unha serie de postos planetarios de extracción de materias foron instalados no espazo. Unha destas estacións foi destruida, e outra, Theseus, deixou de enviar señais e parece ter problemas técnicos. O xogador dispónse a investigar os sucesos que desenvolveronse nela coa axuda dun dispositivo que lle permite realizar clons de si mesmo. Este é o noso principal recurso para resolver os crebacabezas que vánsenos a interpor para descubrir os segredos que se agochan na estación Theseus.

Os clons servirannos para resolver os distintos crebacabezas

Os clons servirannos para resolver os distintos crebacabezas

A mecánica do xogo basease en 3 elementos.

– Os portais que permitirannos teletransportarnos entre eles e movernos polo escenario.

– A recollida de orbes que é necesaria para progresar no xogo e desbloquear outros portais ou zonas da estación.

– Os clons, colocarémolos co dispositivo que porta o personaxe e poderemos xeralos en calquera posición da pantalla que este na nosa vista. Unha vez creado realizará os mesmos movementos que fagamos nos e poderemos pasar o control a calquera deles sempre que, de novo, estean na nosa vista. Existe unha serie de focos luminosos de cores que impedirannos algunha destas accións ou que destruirán os clons cando pasen preto delas.

As luces impedirán determinadas accions

As luces impedirán determinadas accions

No aspecto gráfico non veremos pixeles retro nin modelados con texturas complexas, o arte do xogo está composta de debuxos e modelos de plastilina. Isto apórtalle moita personalidade e fai que o resultado sexa moi orixinal. Na ambientación podemos ver contrastes pero polo xeral será escura e claustrofóbica o que favorece o misterio co que se intenta impregnar.

O arte dalle un aspecto orixinal ó xogo

O arte dalle un aspecto orixinal ó xogo

Sen presentar unha gran dificultade, si que haberá algún escenario que poda frustrarnos e a combinación de alturas, luces e barreras pode complicar a obtención dalgúns orbes. A historia vai avanzando de pouco en pouco coa aparición doutras persoas ou as mensaxes que podamos atopar no avance habitual. E sen ser o elemento que impúlsanos cara adiante si que mantén a nosa curiosidade.

A versión que probamos foi a de PSVita e podemos recomendala especialmente debido a que podemos xogar partidas curtas e isto adáptase ben ó estilo de xogo portátil. En canto o xogo podemos decir que foi unha aposta divertida que aporta frescura ó xénero das plataformas e que darannos varias horas de diversión. Persoalmente recoméndovos que o probedes e xulguedes vos mesmos.

Podes comprobar os prezos actuais en Otogami.
Páxina oficial.

 

BeautifunGames

O día 28 de Xaneiro vivimos a saída dún dos xogos indie español con maior éxito dos últimos anos para a portátil de Sony, a PSVita cunha novidade que a min polo menos resultoume agradábel, xa que inclúe a tradución o Galego. Isto que debería darse mais a miúdo torna a ser un feito sorprendente e que esperamos que resulte, cando menos, tan ben como esperan en Beautifun Games. Para comentar isto e outras cousas do panorama indie temos a Elías Pereiras, un dos programadores da empresa que creou Nihilumbra.


 

Boas Elías, moitas grazas por compartir a túa experiencia con nós e parabéns por este lanzamento.

Cóntanos un pouco quen es, de onde ves e que pintas nesta loucura do desenrolo de videoxogos.

Téndome criado nunha pequena vila (A Estrada), e estudado Enxeñaría Informática nunha pequena cidade (Santiago de Compostela), no meu útilmo ano de carreira decidín ir a Barcelona a facer o meu Traballo de Fin de Grao. Comecei a entrar no mundo da computación gráfica e programación de videoxogos, aproveitando as opcións que me daba a Facultade de Informática de Barcelona que non tiña en Santiago. Tiña claro que ese mundo atraíame, co que entrei nun Máster en creación de videoxogos. Aínda que esperaba máis no apartado académico, coñecín xente coas miñas afinidades, e desenrolar un proxecto relativamente grande foi moi enriquecedor. Despois desto, e como non dou ficado quedo, comecei un proxecto persoal, que foi o que me serviu para entrar en Beautifun Games uns meses despois. Dende ese momento levo traballando na nova IP Megamagic.

IMG_20140711_075700_1

 

Unha das razóns de que esta entrevista sexa nun momento tan adecuado é a saída de Nihilumbra coa tradución ó galego para PSVita. Estaba nos plans inicialmente esta tradución e expandirase as versións do xogo noutras plataformas?

Sendo unha empresa catalana, sen vinculación con Galicia ata a miña chegada, non estaba planeada ningunha tradución máis das que xa tiña, e moito menos outras linguas nacionais. Ó pouco de chegar, e vendo que o xogo estaba traducido ó catalán, sinxelamente non me pareceu unha cuestión dubidable que debía estar tamén en galego. Así que adiquei un pouco do meu tempo persoal fóra da empresa para traducilo.

Hai outra nova plataforma que recibirá o seu port inminentemente

Integrouse rapidamente na versión na que se estaba traballando nese intre, a de Wii U. Non, non o busquedes aínda na eShop, porque aínda estando rematada fai varios meses, un bug aínda non solucionado do motor Unity evítanos poder publicar esta versión. Esta versión colleuse de base para facer o port de PS Vita, e por iso xa a leva, así como a última actualización da versión de iOS. Non podo dicir nada oficial, pero hai outra nova plataforma que recibirá o seu port inminentemente (HYPE).

Se tedes unha PS Vita e non xogastes a Nihilumbra, recomendaría esta versión antes que ningunha.

Que cres que pode aportar PSVita que non viramos con anterioridade en outras plataformas.

Cando probei Nihilumbra na PS Vita quedei abraiado do ben que se adapta ó control. Parece, sen selo, un xogo totalmente pensado para ela, simplemente, é natural. Se tedes unha PS Vita e non xogastes a Nihilumbra, recomendaría esta versión antes que ningunha.

nihilumbra820-re

Nihilumbra

 

Moitos consideran a PSVita coma un morto en vida e a maioría das empresas pásana por alto salvo o sector indie e o mercado asiático. Como ves ti a situación?

É certo que fai bastante tempo que non sae un bo xogo AAA para a Vita, pero persoalmente gústame moito como dispositivo. É unha pena que se esté desaproveitando desta maneira, pero aínda así, como ben dis, o sector indie non a olvida, e pode ser a plataforma ideal para certos títulos, co que eu non a ignoraría de ningunha forma.

Se alguén mostra interese por un produto na súa lingua, e o estudio ten a oportunidade de traducilo, non debería deixar de facelo.

A nivel persoal, que che parece a inclusión do galego nas localizacións de videoxogos?

Aínda que leve vivindo case 4 anos en Barcelona, nunca perderei a morriña por certas cousas do meu orixe, e unha delas é a lingua. Independentemente de que sexa galego, catalán, euskera ou tibetano, se alguén mostra interese por un produto na súa lingua, e o estudio ten a oportunidade de traducilo, non debería deixar de facelo, porque como digo, a lingua natal é algo que sempre nos toca a fibra.

É o mundo dos videoxogos como soñaras cando te formabas?

Dado que me fun introducindo pouco a pouco nel, non me tomou de sorpresa ningún cambio que non esperase. Tanto na parte dos coñecementos, como na organizativa, fun tomando contacto durante os anos de estudo, tanto cos contidos académicos, como coas opinións de profesionais do sector, polo que xa entrei sabendo o que había. De todas formas, se miro atrás e poñome na pel do eu de fai anos, posiblemente sorprenderíame a cantidade de distintos campos que se necesitan dominar, e a carga de traballo que supoñen incluso as tarefas máis básicas. Pero isto para nada me deprime, de feito motívame a nunca baixar a garda e valorar aínda máis ó que me dedico.

Que opinas do fenómeno indie, xa tan asentado no panorama actual da industria? Cres que é un medio necesario para a renovación desta ou ‘per se’ pode xa aportar una visión de seu que cambie o entorno?

O inicio do xénero indie é baixo o meu punto de vista o mellor que lle podería ter pasado á industria dos videoxogos.

O xénero indie foi simplemente algo que tiña que ocorrer, no momento que tiña que ocorrer. Tanto o público coma os desenroladores fixéronse pouco a pouco máis esixentes, e pedían cousas que as grandes compañías non podían ofrecer. Non se podían permitir arriscarse a algo novo dado que a súa única finalidade é maximizar beneficios. A resposta a isto foi o inicio do xénero indie, que é, baixo o meu punto de vista, o mellor que lle podería ter pasado á industria dos videoxogos. Grazas a isto, podemos desenrolar cousas nas que cremos, e non só cousas que nos impoñen, creando unha variedade inimaxinable fai uns anos, axudando a elevar os videoxogos ó concepto de arte. E alégrame inmensamente a aceptación destes títulos, que permite que proliferen os estudios, e se poñan cada vez menos trabas por parte de distribuidoras e compañías grandes.

A nova IP de Beautifun Games, Megamagic

A nova IP de Beautifun Games, Megamagic

Que tedes preparado para o futuro? Seca estades a preparar un novo xogo, Megamagic, que nos podes contar del?

Aínda que pareza que só estamos facendo ports de Nihilumbra, a realidade é que estamos preparando algo moito máis grande. Todo o estudio levamos bastante tempo traballando nun novo xogo, que se chamará Megamagic. É un proxecto moito máis ambicioso que Nihilumbra, máis grande, máis complexo e máis de todo, polo que o desenrolo cun equipo moi pouco maior que o que tivo Nihilumbra é bastante esixente, e temos que dalo todo para avanzar a bo ritmo, pero estou seguro que pagará a pena cando chegue o momento.

Sobre Megamagic podo dicir que se trata dunha harmoniosa mestura de Diablo, Command & Conquer, Pokemon, Streets of Rage, e Zelda. E ata aquí podo ler!

É certo que hai moi pouco material e información publicado, pero estamos a comezar un goteo na páxina de Facebook, e pronto ensinaremos cousas definitivas do xogo. En canto a como será… aínda é confidencial, teredes que esperar a que se faga un anunciamento oficial, pero o que podo dicir é que se trata dunha harmoniosa mestura de Diablo, Command & Conquer, Pokemon, Streets of Rage, e Zelda. E ata aquí podo ler!

Tamén sabemos que tiveches proxectos persoais anteriormente, podes falarnos deles? Tes algo no que estés a traballar agora?

Os meus proxectos anteriores non foron concebidos como produtos comerciais, se non como proxectos didácticos. De feito dous deles son os proxectos finais da carreira e do máster respectivamente. Son World Air Race (Ligazón á Play Store) e Playtime Stories (Páxina Oficial).

Rob_battle

Playtime Stories

 

O terceiro trátase dun proxecto persoal, no cal aproveitei o arte de Playtime Stories para facer un xogo completamente novo. Nel, desenrolei pola miña conta todas as partes do xogo. Repito que se tratou dun proxecto didáctico, no que tentei pórme a proba para seguir aprendendo a partir do final do máster. Aínda así, é un proxecto totalmente acabado e cerrado: Run for your Lunch na Play Store

Sobre se estou traballando en algo agora, o meu principal proxecto actual é Megamagic, pero non descarto nun futuro próximo sorprender con algo realizado en horario fóra do traballo, e desvinculado de Beautifun Games.

Moitas grazas Elías, foi un pracer contar contigo. Parece que queres deixarnos con moitas ganas de probar tódolos vosos xogos e de seguro que seguiremos preto os próximos pasos de ese novo título, Megamagic.


 

Para os que queiran continuar informándose sobre Beautifun Games podedes seguir o seu Facebook, Twitter ou a súa páxina oficial. E a Elías o podedes ver na súa conta de Twitter.

Este mes vemos como chegaron ás plataformas online tres xogos que prometen rescatar do esquecemento tres títulos dos que sen dúbida, moitos de nós desfrutamos hai uns cantos anos.

Estes tres xogos son o Resident Evil, o Grim Fandango e o Fahrenheit.

Resident Evil HD Remaster

(Consultar Prezos)

Saíu o 20 de Xaneiro en Multiplataforma PC/PS3/PS4/XBox360/XBoxOne, desta vez non chegou a Nintendo. É unha versión modernizada da remasterización de GameCube de 2002 basada no xogo orixinal de Resident Evil de 1996 (Imos seguir estirando isto). Presenta melloras gráficas e de xogabilidade que prometen facernos vivir unha nova experiencia ós que xa tivemos a sorte de xogar ás anteriores versións. Poco pode dicirse deste xogo que non se dixera con anterioridade, é o inicio dunha das sagas máis fructíferas e con máis aficionados que existen e en si é unha lenda para todos aqueles que a xogaron no seu momento. A mala noticia é que a Europa parece que só vai chegar en formato dixital, facéndo que perdamos de vista o formáto físico que si chegou a Xapón.
Se sodes verdadeiros fans da saga interesaravos ver as edicións de coleccionista que puidemos ver no país asiático. Eu personalmente puiden ter unha nas miñas máns e podo dicir que é unha compra que paga a pena. Cabe ter en conta que a versión Xaponesa inclúe textos en inglés e castelán.

Grim Fandango Remastered

(Consultar Prezos)

O vemos chegar esta semana a plataformas de PC como Steam e GOG e a PS4 e PSVita. Neste caso viviremos a volta á vida desta aventura gráfica que nos trouxo Tim Schaffer en Lucas Arts (Que por aquen entón eran palabras maiores) alá por 1998 e que supuxo o salto do motor SCUMM ó motor de desenrolo de aventuras gráficas que se deu en chamar GRIMe e que mais tarde utilizouse para a seguinte entrega da saga de Monkey Island. Viviremos de novo a historia de Manny Calavera, un axente de viaxes que encárgase de venderlles ós mortos un transporte ós lugares do inferno que mereceran polo seu estátus. Ten unha gran historia, que darános moitas horas de xogo. Se sodes fans das aventuras gráficas debédes facervos con él e se xa o xogárades creo que non teño que dicir nada máis.

Fahrenheit: Indigo Prophecy Remastered

(Consultar Prezos)

Con saída en PC/iOS volve a nós o primeiro xogo de gran éxito do estudo Quantic Dream, responsable de Heavy Rain e Beyond Two Souls para PS3 e PS3/PS4 respectivamente. Neste xogo podemos ver o xerme do que serían os seus seguintes traballos. Teremos unha historia moy profunda e con moito misterio que nos manterá xogando de principio a fin envolto dunha mestura de aventura gráfica e acción mediante QTE, arrodeado do que foi un alarde gráfico en 2005. Desenrolase en Nova York en 2009 no contexto dunha treboada histórica que fará que os termómetros caian ata niveles nunca lembrados mentres comezan a sucederse uns asasinatos con aspecto ritual pero sen aparente conexión entre eles.

Eu, personalmente estou desexando probalos, tal vez podamos seguir falando deles próximamente.

Por que Nintendo fai ben

Por: Venres, 19 de Decembro de 2014, 19:00 4 COMENTARIOS

Hai moita xente que rexeita as consolas actuais de Nintendo, que non son para xogadores de verdade, que se están a equivocar moito e van acabar na ruína… mais eu aquí vos vou demostrar que non é así.

iwata-mostrando-wiimote

Satoru Iwata, presidente de Nintendo, mostrando ao público o WiiMote.

Na diferenza está a cuestión

familia-xogando-wii

Típica familia estadounidense.

Para comezar, dedicarse aos grupos de xente que normalmente non xogan aos videoxogos é unha estratexia comercial moi boa. Mentres que Sony e Microsoft compiten polo nicho limitado dos hardcore gamers, Nintendo prefire ir polos nenos, as nais, os pais e os avós. E funciona. Poucas nais se sentirían atraídas polo GTA, se cadra algún pai si, porque o mundo dos videoxogos aínda está bastante marcado por estereotipos de xénero, mais non vou entrar niso. O caso é que esas nais e pais desfrutan como tolos xogando ao Wii Sports, ou botando unha partida ao New Super Mario Bros. cos nenos. Aí hai mercado, e Nintendo sábeo ben.

Mais fóra de intereses comerciais, Nintendo ten unha cousa que o resto non teñen: innovación. Pensádeo, do punto de vista actual, cal é a diferenza entre a Super Nintendo e a Sega Mega Drive? Ou entre a Playstation e a Sega Saturn? Os xogos. Nada máis. E os xogos non dependen da plataforma, calquera deles funcionaría igual de ben, ou mellor, no computador. E non digades que non, que aquí todos temos usado emuladores.

Que pasa na época actual?

Viaxemos entón á época actual. Temos claramente 4 plataformas de mesa e 3 portátiles. Nas consolas de mesa temos a Xbox One, a PS4, a Wii U e o PC. Cal é delas destaca, sobresae, marca a diferenza? A Xbox One e a PS4, a nivel de experiencia de xogador, son iguais, e non ofrecen ningunha experiencia que non poida ofrecer un computador. Os principais xogos de ambas as plataformas tamén están dispoñíbeis en Steam, ou en menor medida en Origin, coa vantaxe de que no computador podes ter un mellor rendemento se o tes actualizado. E o seu valor como centro de entretemento, con videoclub, reprodución de DVD… telo tamén nun computador, e con menos problemas de compatibilidade. Mais a Wii U, ai amigos, esa é diferente. Si, se cadra non foi ben en vendas por problemas de márketing (e a lea dos controladores, entre gamepad, wiimote, e demais), mais é a que dá unha experiencia diferente. E unha aposta decidida, non experimentos con gasosa como o EyeToy ou o Playstation Move.

amigos-xogando-3ds

Amigos xogando á 3DS no típico espazo en branco fóra do espazo-tempo.

No campo portátil, temos Nintendo 3DS, PS Vita e toda unha chea de trebellos con Android. Cal gaña? Android. Sobradamente. A xente prefire un xoguiño simple no móbil para matar o tempo mentres agarda polo bus, aí está o mercado. O problema da PS Vita é que acaba por ser unha consola igual que as de mesa, só que portátil. Podes xogar onde queiras, con bos gráficos, e mesmo con engadidos interesantes como o Near, mais esas funcións están a ser engadidas aos móbiles, que cada vez teñen máis potencia. Ou podes simplemente xogar na túa consola de mesa habitual, trocando portabilidade por comodidade e mellores gráficos. Non ten nada que a faga imprescindíbel. Pola súa banda, a 3DS opta por ofrecer cousas novas, con diferente éxito. A tecnoloxía 3D ten moitos seguidores e moitos detractores, mais é algo que o resto non dan. E cando está ben implementado no xogo, realmente paga a pena. Tamén o feito das dúas pantallas dá moito xogo. Aínda que xa pasou a febre da época da DS, onde todo xogo era manexado coa pantalla táctil (ás veces pasándose un pouco), ter unha pantalla inferior para mapas e menús mellora moito a experiencia. E o StreetPass, con recompensas como o Tícket Eon nos novos Pokémon, dá alicientes para sacar a consola a pasear. En definitiva, diferénciase.

Que ensinanza podemos tirar de todo isto? Que nos videoxogos, como na vida, o que importa non é ser o mellor, senón ser diferente, orixinal e innovador.

Videoxogos na Educación

Por: Domingo, 2 de Marzo de 2014, 18:30 COMENTAR

Xogos na Educación

Moito se ten falado sobre a negatividade que implican os videoxogos sobre os nenos e nenas, moitas novas “engordadas” saíron nos medios por casos illados de rapaces con problemas que remataron delinquindo e incluso asasinando a familiares, e os medios de comunicación din que os responsábeis destes feitos son… os videoxogos.

O primeiro que debemos ter claro é que os videoxogos son outro medio para transmitir información, igual cun libro ou filme, e que está remarcado cada título para que idades son recomendados, resumindo na contraportada que temáticas tratará (para que os pais estean informados), polo tanto xamais podemos culpar a un medio, por moi inmersivo que sexa, de actos levados a cabo por rapaces con problemas psicolóxicos.

Partindo desta idea tan negativa que ten a maior parte da sociedade, podemos falar de videoxogos como apoio na educación dos rapaces? Pois eu penso que si.

Existen diferentes estudos que falan na positividade dos videoxogos nos nenos, e un destes aspectos é a capacidade para tomar decisións e rapidez nestas. Aqueles que son consumidores de videoxogos ao longo da súa vida toman mellores e máis rápidas decisións, así como están acostumados a preseleccionar mellor entre un grupo de “ítems”, o que favorece a unha análise máis crítica. A parte deste feito, os videoxogos (e máis na actualidade co seu online) forman unha comunidade virtual no que relacionarse entre eles fomentando a colaboración entre os mesmos e creando un vínculo que deben manter ao longo das súas andainas pola rede empregando videoxogos.

Tamén debemos eliminar os prexuíxos que existen neste ámbito no relacionado a, “xogos = a violencia”. Existen innumerábeis videoxogos que abarcan temas relacionados coa aprendizaxe, así de primeiras véñenme á mente títulos como Brain Trainning (no que nos propoñen asumir retos matemáticos, de memoria, de percepción…) ou mesmo a saga de Layton, na que encarnamos a un detective que terá que resolver os máis enxeñosos problemas para rematar a aventura.

Son simplemente unha pequena mostra dos xogos educativos máis famosos e que nos dan unha idea do que nos podemos atopar, estamos falando só da punta do iceberg, sumerxámonos e démoslle unha oportunidade, porque os videoxogos poden ser un perfecto apoio no ámbito educativo, empregando estes como suxeito motivador, incitar á cooperación, sinxeleza á hora de empregar… e tantas outras vantaxes que se deixan a un lado.

Outro dos factores importantes e que se mellora grazas aos videoxogos é a memoria. Os xogadores habituais teñen que memorizar en cada videoxogo unhas pautas que empregar ao longo da aventura, e indirectamente tamén teñen que memorizar o emprego de cada botón, polo que automaticamente implica un adestramento do propio cerebro.

Non menos importante é a mellora da capacidade dactilar e motricidade fina dos xogadores habituais, que son capaces de manipular mellor os obxectos coas mans. Aínda que nun primeiro momento non parece isto moi evidente, o movemento dos dedos mentres xogamos incrementa a nosa dixitalización, polo que á hora de coller obxectos pequenos, escribir no teclado e actividades similares, a eficacia dos videoxogadores vai estar por enriba do resto.

Pero entón, todo é positivo nun videoxogo?

Sempre temos que ter moi en conta que os videoxogos son actividades inmersivas para o xogador, polo tanto debemos ter moito coidado, sobre todo os pais á hora de deixar que os fillos inicien calquera videoxogo, mais o mesmo acontece cos filmes ou cos libros, os nenos e nenas van asumir o que vivan, e se lles permiten ver a filmes máis terroríficos, van interiorizar esas sensacións, e se lle permiten xogar a títulos violentos, pois pasará o mesmo.

Con isto debemos ter moi en conta e explicar aos rapaces que xogar con videoconsolas non é un acto malo, violento ou terrorífico como pretenden dar a entender algún medios, senón un medio máis e de igual importancia que ver un filme ou escoitar un disco, que como todo non se pode abusar, e que antes de que un rapaz vaia iniciar un videoxogo, hai que asegurarse que é apropiado para a súa idade.

Unha verdadeira pena que existan tantos prexuízos neste ámbito.

Este ano que recén comeza virá, coma sempre, cheo a reventar de videoxogos, tanto para as máquinas de nova xeración coma para as da antiga, coma para PC, ou, polo que todo parece indicar, xa neste mesmo ano, Steam Machines. Neste artigo vou recoller, dun modo totalmente persoal, cales son os 15 xogos que eu máis agardo deste ano 2014, ordeados alfabéticamente.

 

1 – Alien Isolation (PC, PS3, PS4, Xbox 360, Xbox One)

Data de lanzamento: 4º trimestre de 2014.

Alien-Isolation-screen

Tralo sonado fracaso acadado por Aliens: Colonial Marines, SEGA tentará recuperar o prestixio perdido con esta nova entrega da franquicia Alien, nesta ocasión realizado por un dos estudos máis importantes da actualidade, Creative Assembly, creadores da famosa saga Total War.

Polo mostrado ata agora e polo comentado polos creadores, productores e responsábeis, o xogo virará da acción da saga Alien vs. Predator e Aliens: Colonial Marines cara o xénero do survival horror, achegándose deste modo ó filme orixinal. Para rematar esta volta atrás, a protagonista do xogo será Amanda Ripley, a filla da protagonista da saga cinematográfica, Ellen Ripley.

 

2 – Among the sleep (PC)

Data de lanzamento: Primaveira de 2014.

ats_wallpaper1440_900

Aló polo 2012 un xogo comezou a chamar a atención a nivel internacional polo seu protagonista principal: un neno de dous anos. Aínda que fíxose coñecido internacionalmente a partires de ahi, xa lograra premios e financiación por parte do goberno de Noruega, o país de orixe do estudo detrás deste xogo: Krillbite. Tralo nome que acadaron, lanzaron unha campaña en Kickstarter, que logrou acadar o seu obxectivo e que garante que sexa levado a bo porto.

Como xa se indicou, o xogo ponnos no corpo dun meniño de dous anos nunha casa na que comezan a ocorrer cousas e que, debido á curta idade do protagonista, a liña que diferenza sono de realidade vai diminuíndo o seu grosor. A maiores disto, o xogo terá compatibilidade co sistema de realidade virtual Oculus Rift, o que, trala fichaxe estrela de John Carmack, garante que o seu nivel (que calquera dos que o puidemos probar no seu momento opinamos que xa era alto) acadará un nivel superior.

 

3 – AR-K: Episodio 2 (PC, iOS, Android)

Data de lanzamento: Indeterminada

AR-K_02

Non tódolos días un videoxogo galego acada o seu obxectivo nunha prataforma coma Kickstarter, pero nesta ocasión así foi. A saga AR-K, desenvolta polo estudo coruñés Gato Salvaje, acadou a cantidade que pediran para ser quen de rematar os capítulos 3 e 4 da sua aventura gráfica episódica. Para levar a bo porto o seu proxecto, subíronse a bordo o escritor Greg Rucka, un recoñecido escritor de cómic norteamericano, e tamén incorporan a Ash Sroka, a muller que puxo a voz na triloxía Mass Effect a Tali’Zorah, para converterse na de Alicia, a protagonista da saga, na versión inglesa, xa que na versión en castelán, é interpretada por unha actriz galega, María Castro. Por certo, onte acadaron os votos necesarios para entrar en Steam a través da prataforma Greenlight.

 

 4 – Day Z (PC)

Data de lanzamento: Indeterminada

NoxHw

Si, o xogo xa está dispoñible en Steam. Si, en Memoria Pixelada xa falamos acerca do acceso a dita prataforma do xogo. Si, xa leva vendidas máis de 875.000 copias. Pero segue sendo un xogo en desenvolvemento. Agora mesmo accedeu a Steam (e logrou ser o xogo máis vendido nas ofertas, pese a non estar rebaixado) a través do su sistema Early Access, que permite que xogos en desenvolvemento sexan vendidos e logren o diñeiro necesario para acadar finalizarse. Actualmente o xogo está en versión alpha e espérase que entre en beta a finales de ano.

Non hai moito que dicir acerca del que non sexa xa coñecido: iniciou a moda actual dos xogos multixogador survival en primeira persoa (Infestation: survivor stories, Rust) baseados nun escenario postapocalíptico no que teremos que estar tan atentos ós enemigos do xogo coma, sobre todo, ó resto de persoas que se atopen xogando, xa que na meirande parte das veces, convértense na verdadeira amenaza. E todo iso o lograron simplemente cun mod do Arma II, agora prometen un xogo moito máis profundo ó tratarse dun título partindo de cero. A confianza de moita xente xa a teñen, e a miña entre ela.

 

5 – Diablo 3: Reaper of souls (PC, PS4)

Data de lanzamento: 25/03/2014

diablo-iii-reaper-of-souls-logo

Trala polémica e a decepción que supuxo, en parte, Diablo III no seu lanzamento, Blizzard trae esta primeira expansión do xogo, a cal inclúe un novo tipo de personaxe, o cruzado, aparte de, como é habitual, un acto a maiores dos que trae o xogo orixinal, para continuar a historia. Moitos somos os que recordamos a diferenza entre Diablo II e Diablo II máis a expansión, dun modo que non se pode concebir o xogo sen o contido adicional, debido ós profundos trocos que provocou na xogabilidade, de modo que Blizzard merécese un pouco de confianza de cara a mellorar a experiencia xogábel de Diablo III.

 

 6 – Evolve (PC, Xbox One, PS4)

Data de lanzamento: Outono de 2014

evolve

Probablemente se digo Tutle Rock Studios non acade a vosa atención, pero se troco esas verbas por Left 4 Dead pode que xa a teña. Evolve é o novo xogo deste estudo, que será publicado por 2K Games. Ata o de agora coñécense poucos datos acerca do xogo, aparte de ser un xogo multixogador. Pero o máis significativo do coñecido ata o momento é, sen dúbida, a sua proposta de xogo, na cal un equipo de 4 xogadores ten como obxectivo cazar ó monstruo que manexa o carto xogador.

 

7 – Game of Thrones

Data de lanzamento: indeterminada

article_post_width_news-game-of-thrones-telltale-rumor

Todos aquelas persoas que probaran The Walking Dead, o xogo de Telltale, entenderán a seguinte operación: Telltale +George  RR Martin + Game of Thrones. Non fai falla decir nada máis.

 

8 – Mario Kart 8 (Wii U)

Data de lanzamento: Primavera de 2014

TM_WiiU_MarioKart8

¿Qué podemos decir de Mario Kart que non sexa coñecido? Velocidade, risas, pasar un bo rato cos amigos e manexar ós teus personaxes favoritos unha vez máis subidos en karts, todo elo aderezado polos xa coñecidos powerups da saga. Teñen a fórmula do éxito, e saben aproveitala. Ó igual que todas as anteriores entregas, un must have.

 

9 – Mirror’s Edge 2 (PC, PS4, Xbox One)

Data de lanzamento: Indeterminada.

news_photo_29555_1370371972

Corría o ano 2008 cando en Xbox 360 e PS3 apareceu un xogo moi luminoso, rápido, cun mundo colorido, baseado en correr, saltar e empregar a axilidade da protagonista para chegar ata o seguinte edificio, saltando de tellado en tellado. O seu argumento, baseado en parte na novela de George Orwell 1984, era simple, ainda que adictivo, e o escenario, moi lineal, chamaba á exploración e a tentar escalar ata onde puidéramos para poder botar un ollo á cidade dende o punto máis alto do edificio máis alto. Mirror’s Edge 2 promete precisamente o que lle faltaba ó seu predecesor: un mundo aberto. Simplemente mantendo as cualidades da primeira entrega e engadindo este novo mundo aberto, o xogo dará un salto de calidade e convertirase nun dos máis rechamantes do ano sen dúbida de ningún tipo.

 

10- Rambo: The videogame (PC, PS3, Xbox 360)

Data de lanzamento: 21/02/2014

rambo2

Moita xente non estará dacordo co feito de que elixira este xogo por diante doutros para aparecer nesta lista dos máis agardados do ano, sendo un xogo que estou seguro de que non marcará un antes e un despois en ningún aspecto, e que seguramente estea cheo de erros. Pero pensade en que é de esperar que podamos facer cousas como estas. ¿Seguides pensando que o xogo non vai ser entretido? Eu non teño dúbida de ningún tipo, máis ainda tendo en conta que o xogo consistirá en superar esceas dos 3 primeiros filmes da saga.

 

11 – South Park: the stick of truth (PC, PS3, Xbox 360)

Data de lanzamento: 06/03/2014

South-Park-The-Stick-of-Truth-sí-será-lanzado-en-2013

Moitos medramos vendo na televisión ós polémicos debuxos South Park. Agora chegan cun dos xogos máis agardados do ano 2013, que tivo que ser desprazado a 2014 debido ós problemas económicos do seu distribuidor THQ. O xogo prometía no seu momento, e continúa prometendo agora mesmo, un xogo de rol no cal os creadores da serie teñen responsabilidade na elaboración do guión, cos personaxes míticos da serie (agardamos, coma non podía ser doutro modo, a morte de Kenny), será algo que moitos non queremos deixar pasar.

O xogo comeza xa antes do seu lanzamento a xerar a polémica esperada, xa que a Australia chegará unha versión censurada do mesmo. E seguramente non sexa o derradeiro mercado no que sofran recortes.

 

12 – Star Citizen (PC)

Data de lanzamento: Indeterminada

ObitalStation01

 

Atopámonos ante o xogo que ten o record de financiación a través de crowdfunding: ata o momento acadou un total de 37 millóns de dólares. A financiación arrancou coma un foguete en canto fíxose público que Chris Roberts, o creador da lexendaria saga Wing Commander, retornaba ó mundo dos videoxogos. E como era de esperar, retorna co que mellor sabe facer: un simulador de combate espacial. Ainda que nesta ocasión, o xogo vai moito máis alá dun xogo de simulación de combate, xa que trátase dun MMO cun mundo persistente e ca posibilidade de incluir mods. Como exemplo do interese que está a provocar, recentemente abriuse o sistema para crear clans, e en 12 horas creáronse máis de 4900 asociacións para xogar xuntos. O xogo ten toda a pinta de ser un dos máis importantes do próximo lustro, e apunta a ser unha dura competencia para o actual líder deste tipo de xogos, o World of Warcraft.

 

13 – The Walking Dead: Season Two (PC, PS3, Xbox 360, Vita, iOS)

Data de lanzamento: 17/12/2013

WDS2_KeyArt_1920x1080_NoLogo_large_verge_medium_landscape

Estamos ante a secuela dun dos xogos máis sorprendentes dos derradeiros anos, e que supuso a consagración do seu estudo creador, Telltale, e que confirma o troco da aventura gráfica clásica, con puzles cunha dificultade elevada a un novo modelo de aventura gráfica, centrada ó 100% na historia e nos personaxes. Precisamente un dos personaxes desta primeira entrega da saga é a protagonista desta segunda parte, a nena Clementine, seguramente a personaxe favorita da meirande parte dos que xogaron esa primeira parte.

O xogo é certo que foi publicado en Decembro de 2013, pero é unha aventura episódica que terá todos os seus episodios excepto ese primeiro publicados en 2014. E se continúa ca calidade do seu predecesor, non descarto para nada que estea pelexando de novo polo GOTY.

 

14 – The Witcher 3: Wild Hunt (PC, PS4, Xbox One)

Data de publicación: Indeterminada.

420

Máximo favorito ó GOTY 2014, e ainda non se viron máis que unhas poucas imaxes e algún vídeo. Non fai falla máis. Se The Witcher 2 foi un dos mellores xogos da xeración pasada, esta terceira parte da saga apunta a mellorar ó seu predecesor, incluindo a principal carenza do xogo anterior, a falta dun mundo totalmente aberto no que poder perderse.

É de esperar que, do mesmo modo que o seu predecesor, marque un hito no tocante ó aspecto técnico (CD Projekt Red descartou realizar o xogo para PS3 e Xbox 360 pola imposibilidade de que funcionara neses sistemas), a nivel historia é de supor tamén que será tan sobresaínte como o Assassins of Kings e, sobre todo, contará cun dos, se non o mellor, personaxe da xeración anterior, o lobo branco, Geralt de Rivia.

Agardaremos impacientes a publicación da data definitiva de saída ó mercado, porque de seguro valerá a pena a espera e ata o derradeiro céntimo que custe.

 

15 – Uncharted 4 (PS4)

Data de publicación: Indeterminada

2498622-nathan_drake

 

Se na posición 14 falábamos dun dos mellores personaxes da xeración, neste derradeiro xogo estamos a falar doutro dos grandes, Nathan Drake, o protagonista da saga Uncharted.

O desenvolvemento desta cuarta entrega da saga, a primeira nas consolas de nova xeración leva rumoreándose dende inicios de 2013, pero leve un ano en desenvolvemento o xogo ou non, unha cousa está clara: será, ó igual que todos os anteriores xogos da saga e o derradeiro xogo dos seus creadores, Naughty Dog, técnicamente rompedor no momento da sua saída. O fixeron co Uncharted 2, superando todo o visto ata entonces en PS3, o melloraron un pouquiño máis en Uncharted 3 (ainda que como xogo é peor que o 2, técnicamente é lixeiramente superior) e remataron de romper con todo co The Last of Us, marcando un tope técnico en PS3 que seguramente non sexa superado. Esta cuarta entrega será peliculeira, palomiteira totalmente, de consumo lixeiro, ó igual cas 3 anteriores, pero seguro que igual de entretida e adictiva.

Memoria Pixelada precisa de ti!

Por: Xoves, 5 de Decembro de 2013, 15:47 1 COMENTARIO

I_Want_You_Mario

Únete á Familia Pixelada!

En Memoria Pixelada levamos máis de 4 anos falando de videoxogos en galego. Tentamos informar ao momento das últimas novidades, facer análises de videoxogos, retransmitir ao vivo os principais eventos… mais ás veces vémonos sobrepasados. Para continuar e mesmo mellorar o noso labor, necesitamos máis gamers con ilusión que queiran vir a formar parte do equipo.

Interésache unirte a nós? Envíanos un correo-e a contacto@memoriapixelada.com falándonos un pouco de ti e da túa experiencia cos videoxogos.