Recrean o Super Mario 64 en HD para PC

Por: Mércores, 1 de Abril de 2015, 14:22 COMENTAR

supermario64HD

Quen necesita emuladores? Roystan Ross non, certamente. Este desenvolvedor de videoxogos tivo a idea de refacer a primeira fase do Super Mario 64 co motor de xogo Unity, mellorando os gráficos e prescindindo dalgúns detalles pequenos (como gorras ou moedas vermellas).

O xogo está dispoñíbel para Windows, Linux, Mac e navegador no blogue de Roystan Ross. E aínda que anunciou que non continuaría a desenvolver o xogo completo, puxo o código fonte ao dispor doutros desenvolvedores, no caso de que alguén queira amplialo ou completalo a partir do punto en que o deixou.

Ligazóns:

Xa está dispoñible para descargar en Rubí Omega e Zafiro Alfa o Pokémon de evento Emboar. Para obtelo, deberemos introducir o código POKEMON500  na sección de “Regalo Misterioso” no menú inicial do xogo.

Este Pokémon conta coa habilidade “audaz”, que aumenta lixeiramente a potencia dos ataques que tamén fan dano ao usuario, como “paxaro ousado”. Tamén dispón dos movementos  “testarazo”, “envite ígneo”, “derribo” “clemencia”.

Emboar poderá descargarse ata o 30 de novembro deste mesmo ano.

 

 

B7BkYuuCYAIZ06S

Colours, un xogo galego de habilidade

Por: Mércores, 21 de Xaneiro de 2015, 16:08 COMENTAR

Dende hai dous días, está dispoñible para descargar de balde Colours, un xogo para Android creado polo estudio galego AxouxereGames.

 

 

colours

 

Colours é un crebacabezas, e o obxectivo deste xogo é combinar as mesmas cores en combos de dous, tres ou catro cores iguais en tempo limitado para conseguir o máximo de puntos. Conta tamén cunha serie de ítems que darán vantaxe de tempo ou puntos, aínda que hai que ter coidado, xa que tamén poden producir o efecto contrario. 

Consta de dous modos: «acumulapuntos» que, como o seu nome indica, consiste en acadar o máximo número de puntos, e «apágao», no que haberá que conseguir o máximo número de puntos evitando que se apaguen as lámpadas. Mesmo dispón dun modo para daltónicos, aprobado pola Asociación de Daltónicos Non Anónimos (Asdna).

 

Velaquí tedes un gameplay que resume o explicado anteriormente:

Na conta de Twitter de Nintendo España anunciouse hai unhas horas que a demo de Pokémon Rubí Omega e Zafiro Alfa está dispoñible para descargar sen código na eShop.

 

demopkmn

A demo consta de dez misións principais e dúas secretas. Os premios conseguidos poderán transfirirse á versión completa do xogo.

 

DemoROZA

 

xbox-360-games-on-demand

A plataforma de venda de xogos en liña para Xbox 360 a través de Xbox Live, “Games on Demand“, oferta durante esta semana varios xogos a uns prezos moi interesantes, e polos que, nalgún caso, si se pode pensar na posibilidade de desbotar o ben querido e ben lucido formato físico habitual.

Entre os xogos destacados poderemos descargar o Assassin´s Creed 3, o Max Payne 3 ou o Far Cry 3 a un prezo de 9,99 €/ud.

Lista completa dos xogos en oferta pinchando aquí.

Son diversos os xeitos de gozar nos sistemas actuais de xogos de corte clásico, sinxelos e sen pretensión algunha de durar para sempre aumentando experiencia en personaxes sen un final determinado. O primeiro que se nos ven á mente son os emuladores e os arquivos de rom, ou se cadra pensades en edicións especiais de colección nas que se recompilan antigos xogos para os sistemas de hoxe en día, como poden ser os “SEGA Classics” ou os “SNK Arcade Classics”. Pois nin unha cousa nin a outra (ou poida que un chisquiño da segunda); nesta ocasión falarei dos “minis”, pequenos xogos feitos ben por creadores independentes ou ben por grandes empresas, pero con características comúns referentes principalmente ao tamaño en disco e ao sinxelo das súas fórmulas, e que se poden conseguir na PlayStation Store para a PSP de Sony.

Nesta ocasión falareivos de tres xogos en concreto sen basearme en nada especial como podería ser prezo, xénero, orixinalidade ou características técnicas. Son tres xogos que probei, que me gustaron e que quero que coñezades.

O primeiro é un “mini” chamado “Coconut Dodge” (evitar cocos) da compañía Futurlab. A idea é simple: ti es un cangrexo que está tranquilamente na praia cando de súpeto empezan a chover cocos, ouros, bolas de praia, diamantes e tesouros variados. Ben, non é a cousa precisamente así, pero facédevos unha idea. Hai que manexar con destreza ao animaliño pola pantalla, recollendo os obxectos de valor e evitando os cocos, que nesta ocasión son “o que nos mata”. As cousas non deixan de caer en series ben programadas e por momentos a estratexia que hai que seguir resulta complicada e “para expertos”. Lóxicamente, canto máis dure a partida e máis tesouros academos, máis alta a puntuación. Como dixen antes, sinxelo. Cando un canse do modo principal de xogo ten o chamado “modo labirinto” ou “maze” como aparece en pantalla, no que no canto de aguantar ata morrer, o xogador ten que acadar unha puntuación mínima nunha serie concreta e normalmente rápida na que a estratexia é fundamental. Estas pantallas especiais deberanse desbloquear no outro modo de xogo según vaia avanzando a cousa. Coidado, que é ben aditivo!

Coconut dodge

Coconut dodge

O segundo “miúdo” do que vou falar é “Spot the differences” (sinala as diferenzas) de Sanuk Games. Penso que non compre dicir moito deste xogo para que vos fagades unha idea case perfecta do que lle agarda ao xogador, pero alá vou: dúas imaxes, unha á esquerda e outra á dereita, en principio iguais pero con cinco pequenos detalles que fan que perdan a condición de xemelgas. E son esas pequenas diferenzas as que hai que sinalar co cursor. Basicamente iso é o que hai que facer unha vez tras outra no que dure a partida, procurando que non remate o tempo antes de atopar todas as diferenzas de cada par de imaxes. Como empurronciño para animar a cousa, ao xogador se lle presentan varios niveis de dificultade que deberán ser desbloqueados no que avanzamos. Logo de xogar un pouco poderemos facelo nas categorías de imaxes que prefiramos en partidas especiais. Non ten máis, pero dende logo a moitos de vos seravos dabondo para poder dicir que paga a pena facerse co xogo. Se lle dabades duro nos recreativos ao “find it!” nas maquiniñas táctiles, vaivos gustar sen dúbida.

Spot the differences

Spot the differences

O derradeiro xogo que vos recomendo é o “Pacman Championship Edition” (Pacman edición campeonato) de Namco Bandai. Unha delicia, sen máis; pódevos gustar máis ou menos o xoguiño do “comecocos” e pode que esteades fartos de xogalo e pode ser que pensedes que non vos pode ofrecer nada a estas alturas do conto, pero paga a pena, en serio. Un “pacman” moi dinámico, cun desenrolo animado e que invita a seguir xogando e reintentando as partidas para mellorar a nosa puntuación, todo grazas (supoño) a pequenas pero importantes variantes con respecto ao orixinal. Nesta ocasión os “puntiños” que o protagonista vai comendo non estarán dispoñibles así por así, se non que aparecerán ao tragar as froitas que aparezan en sitios estratéxicos. Como engadido para os que aínda non teñan razóns dabondo para probalo, están as “medalliñas” que conseguiremos con proezas concretas nas partidas, cada vez máis complicadas de conseguir, lóxicamente. Perfecto título para redescobrir o “Pacman” ou ben para reconciliarse con el se é que lle tiñades algunha clase de teima.

Pacman Championship Edition

Pacman Championship Edition

Super Skyrim Bros.

Por: Luns, 25 de Febreiro de 2013, 12:21 COMENTAR

Hai pouco falabamos do mod de My Little Pony para o Skyrim. Agora presentámosvos outro mod que seguro que deleitará os xogadores máis nostálxicos… Super Skyrim Bros!

Descargar | SUPER SKYRIM BROS por clintmich

O mellor de todo é que ti tamén podes telo! Só tes que baixar este Mod! Nunca matar foi tan adorábel!

“Jnes” en galego

Por: Sábado, 10 de Setembro de 2011, 17:53 2 COMENTARIOS

http://jabosoft.com/

Jnes é un emulador da Nintendo Entertainment System, máis coñecida como NES (ou Famicom no mercado asiático). É distribuído baixo unha licenza freeware. É dicir, é software gratuíto mais non software libre.

Traducín a interface do emulador ao galego (normativo e reintegrado) para todos vós. Informarei aos desenvolvedores para ver se é posíbel incluíren a tradución de forma oficial. Mais, entrementres, podedes encontrala aquí. A seguir está a ligazón para baixares o emulador traducido. Só tes que baixalo, facer duplo clique no ficheiro jnes.exe e escoller o idioma galego (ou português da Galiza para a versión en galego reintegrado) no menú despregábel.

DESCARGAR EMULADOR JNES EN GALEGO
Jnes_1.0.2_-_Update-2 executábel para Windows multilingüe (incluíndo galego)

Ler o resto da entrada »

Valve continúa a facer as cousas ben e despois de sacar o Portal 2 (do cal axiña teredes a respectiva análise aquí), agasalla os seguidores deste xogo coa banda sonora completa. E cando falo de completa non falo por falar, xa que se hai uns días nos poñían ao noso dispor un primeiro CD completamente gratuíto con 22 cancións para soñar, desta volta chegan cun segundo volume con 18 tracks que nos farán rememorar os mellores momentos deste delicado e delicioso videoxogo.

Mais non acaba aquí, xa que a propia compañía promete un terceiro álbum para completar a Banda Sonora de Portal 2.

Hai algunha escusa para non as escoitar? Descargar, descomprimir e premer o botón “play” para nos introducirmos de novo, desta volta auditivamente, no sinxelo e fantástico mundo de Portal 2. E por se non quedou moi claro, todos os volumes son de balde.

Descargar a Banda Sonora do Portal 2

Existe algún xogo de Zelda mao? Non creo, mais se houbese que facer unha listaxe sobre que Zelda é o mellor, moitos usuarios habían de pór este título da Game Boy arriba de todo.

Como saberedes saíu na eShop (a tenda online de 3DS) a un prezo totalmente abusivo de 6€.

Pois ben, calquera que teña HTML5 poderá desfrutar deste título totalmente gratis e sen necesidade de instalar nada, e o mellor de todo é que almacena a partida gardada só con premer X + Z + Shift + Enter.

O control non sorprenderá a ninguén:

– Botón A: Tecla X
– Botón B: Tecla Z
– Botón Select: Tecla Shift
– Botón Start: Tecla Enter

Xa sabedes, se queredes revivir outro dos míticos xogos de Zelda e pasar unhas agradábeis tardes só tedes que premer na ligazón a seguir. Desfrutádeo.

Xogar a The Legend of Zelda: Link’s Awakening

Descarga gratis Tiny Barbarian

Por: Sábado, 29 de Xaneiro de 2011, 21:27 COMENTAR

Nun alarde de amor pixelado, un señor chamado Michael Stearns decidíu crear un xogo con similitudes a Castlevania e mantendo intacto esta ambientación retro.

O resultado foi Tiny Barbarian, un xogo plataformas-acción que teremos que superar uns escenarios en 2D perseguindo un espectro de muller. Este xogo freeware mantente pegado á ecrá grazas a súa diversión directa e constante.

Unha pena que sexa tan curto, pero se por algún casual non conseguistes superar o monstro final, podedes seguir estos nada recomendados pasos.

Descargar aquí (4 MB)