Cronoloxía de todos os xogos RPG de Pokémon (omitindo Pokémon Stadium, Pokémon XD e outros xogos que escapan á liña principal).

1º xeración (Game Boy) – 151 pokémons

Pokémon Verde e Vermello (J)

Foron os primeiros dous xogos de Pokémon (Pocket Monsters no Xapón). Estas versións non viron a luz fóra do Xapón, xa que para a estrea mundial se fixeron dúas versións melloradas deste. Contra o que di a lenda popular, non é posíbel capturar a Mew. Só se pode conseguir cun evento de Nintendo ou facendo trucos aproveitando erros do xogo.

Pokémon Azul (J)

Foi unha reedición dos Pokémon Verde e Vermello, cunha mellora das imaxes dos pokémon e certos gráficos máis. Alén disto, conta cunha reestruturación da Masmorra Rara (onde se captura a Mewtwo) e mudan as localizacións de certos pokémons. Contra o que di a lenda popular, neste xogo non se poden conseguir os 150 pokémon sen intercambiar, senón que hai pokémons que saen nas edicións verde e vermella que non se podn capturar neste. E, obviamente, tamén é imposíbel capturar a Mew “legalmente”.

Pokémon Vermello e Azul (U)(E)

Foron as versións que saíron á luz fóra do Xapón. Están baseadas na aparencia da edición azul xaponesa, mais en forma de dúas edicións como o vermello e o verde. A masmorra rara correspóndese coa mesma da edición azul xaponesa.

Pokémon Amarelo (J)(U)(E)

Foi unha reedición dos xogos anteriores con gráficos aínda mellores, unha certa especificidade coa Game Boy Color e a novidade de ser máis fiel ao anime. Comezas con Pikachu que che seguirá indo fóra da pokebóla e no camiño dás conseguido a Charmander, Squirtle e Bulbasaur. Como no caso do azul xaponés, é preciso ter as versións vermella ou azul para conseguir todos os pokémons.

2º xeración (Game Boy Color) – 251 pokémons

Pokémon Ouro e Prata (J)(U)(E)

Unha historia completamente nova e 100 pokémons novos. Á vella rexión Kanto, onde transcorrían os xogos anteriores, engádeselle agora a nova rexión de Johto. Ten moitísimas novidades como a diferenza dia/noite grazas ao reloxo interno, o pokérus, a diferenza de sexos, a crianza, a evolución por felicidade ou a equipaxe de obxectos fixer. Para moitos, estes son os mellores xogos de Pokémon.

Pokémon Cristal (J)(U)(E)

Reedición das edicións Ouro e Prata con poucas melloras como que as imaxes dos pokémons gozan de certo movemento, Suicune ten un novo xeito de se capturar e ten unha Torre de Batalla. Na súa versión xaponesa contaba cun aparello para poder intercambiar pokémons vía teléfono móbil. A pesar dos rumores, para conseguir a Celebi había que ir a un evento de Nintendo, mesmo na versión xaponesa.

3º xeración (Game Boy Advance) – 386 pokémons

Pokémon Rubí e Safiro (J)(U)(E)

Foi un xogo totalmente novo, adaptado ás características da Game Boy Advance. Veñen con esta versión 133 pokémons novos e infinidade de novidades, como o sistema de crianza de ovos mellorado, os concursos de pokémon ou os combates dous contra dous. Todo o xogo transcorre na nova rexión Hoenn e non se poden visitar as rexións anteriores. Para completar totalmente a pokédex é preciso, á parte destas dúas versións, as dúas versións vermello lume e verde folla, sendo a primeira vez que é preciso 4 xogos para capturalos todos.

Pokémon Vermello Lume e Verde Folla (J)(U)(E)

Remake dos primeiros xogos de pokémon con gráficos da Game Boy Advance. É a mesma historia mais con algunhas novidades, ataques e evolucións do rubí e safiro e unha arquipélago totalmente novo para explorar unha vez rematada a aventura en Kanto. O xogo orixinal vén cun adaptador para poder combater ou intercambiar pokémons sen fíos, sen ter que usar o cable link. Todo un luxo para nostálxicos que paga a pena xogar.

Pokémon Esmeralda (J)(U)(E)

Reedición mellorada do rubí e safiro, con poucas novidades como o retorno das animacións ao estilo Pokémon Cristal. Realmente poucas novidades ten, e quedou deslucido ao saír despois das versións vermella lume e verde folla.

4º xeración (Nintendo DS) –  493 pokémons

Pokémon Diamante e Perla (J)(U)(E)

Desta vez aparece unha rexión nova, Sinnoh. Está adaptada á nova portátil, polo que alén da mellora gráfica tamén tira proveito da pantalla táctil e a conexión sen fíos. Volta a diferenciación dia/noite que tiñan as versións ouro e prata e agora os pokémons machos e femias teñen subtís diferenzas no seu deseño.

Pokémon Platino (J)(U)(E)

É unha simple reedición dos diamante e perla. Conta con algunha novidade menor como a nova forma de Giratina ou Shaymin e tira máis porveito da conexión sen fíos grazas á nova Wi-Fi Plaza.

Pokémon Corazón de Ouro e Alma de Prata (J)(U)(E)

Remakes das versións ouro e prata. Voltan as rexións Johto e Kanto cunha mellora moi grande no aspecto visual e infinidade de novidades sacadas directamente das versións diamante, perla e platino. Ten novas historias paralelas que suceden durante o xogo, a posibilidade de levar calquera pokémon canda ti ao estilo Pokémon Amarelo. O xogo trae consigo un accesorio, o PokeWalker, que ao estilo dun Tamagotchi permíteche levar un pokémon descargado do xogo e adestralo en función do que camiñes con el. Todo un luxazo para quen tivo a ocasión de xogar os ouro e prata orixinais, e tamén para quen non.

5º xeración (Nintendo DSi/3DS?) –  ~650 pokémons?

Pokémon Branco e Negro (J: set-2010) (U: primavera-2011) (E: primavera-2011)

Aínda á espera da súa saída, xa se teñen algúns datos sobre este xogo. En primeiro lugar será un re-comezo para a saga, con novidades moi grandes. Terá certa compatibilidade coas edicións da DS (poderás pasar os pokémon a esta nova versión). As batallas pokémon contarán cunha nova perspectiva, e mesmo se rumorea a capacidade de ter batallas en 3D coa saída da Nintendo 3DS. Transcorrerá integramente na nova rexión Isshu. Mais a grande revelación será a Conexión Global Pokémon, coa que manter combates vía Internet. Máis info en Pokéxperto [ES].

Lexenda: (J) = Xapón;(U) = Estados Unidos;(E) = Europa.

Sonic the Hedgehog (MD)

Por: Mércores, 4 de Agosto de 2010, 15:48 COMENTAR

“Rompa la barrera del sonido en juegos de video con Sónico, “el puercoespín”. Desplácese en una mancha usando el Super Ataque Circular de Sónico. Haga un bucle sobre bucle derrotando la gravedad. Usted incluso puede girar 360º en un laberinto circular, ¡Usted jamás ha visto nada igual!”

Son AmilGZ, e a partir de agora serei colaborador neste blogue. Preséntome a vós do mesmo xeito que os videoxogos se presentaron a min, aínda que eu o farei cun pouco máis de corrección gramatical. Era unha tarde de primavera cando uns parentes me regalaron a Mega Drive co Sonic the Hedgehog incluído. A miña primeira videoconsola, o meu primeiro videoxogo, o comezo dunha longa amizade. Aínda hoxe, moitos anos despois, boto de cando en cando unha partida naquel vello aparello.

O 23 de xuño de 1991 saía á venda no Xapón un xogo desenvolvido por Yuji Naka. Era un tempo de grande rivalidade entre a Sega e a Nintendo, e era preciso unha mascota carismática para facer frente ao fontaneiro Mario. Afortunadamente, o ourizo azul conquistou o corazón da xente e fixo despegar as vendas da Mega Drive en todo o mundo.

O xogo é un plataformas en dúas dimensións cunha calidade visual moi boa para a época, tanto que nin nestes tempos das 3D se fai feo ou desagradábel á vista. A historia é simple, o malvado Dr. Robotnik (Eggman no Xapón) está a converter animais en robots e Sonic terá que vencelo para liberalos. Para iso terá que superar 6 zonas, cada unha con 3 actos e un xefe final ao concluír o terceiro acto. Á parte, conta cunha zona final (Final Zone) e seis fases especiais (Special Stages) onde conseguir as Esmeraldas do Caos.

Se queres rememorar vellos tempos e queres xogar a el tes as seguintes opcións:

– Mega Drive so Sonic the Hedgehog
– Sega Saturn co xogo Sonic Jam
– PS2/XBOX/Game Cube co Sonic Megacollection
– Game Boy Advance co (pésimo) Sonic the Hedgehog Genesis
– Nintendo DS co Sonic Classic Collection
– Wii/XBOX 360 descargándoa da respectiva tenda virtual
– iPod baixándoo do iTunes
– E, obviamente, nun computador cun emulador

A que esperas para xogar?

Opinión sobre MGS:Peace Walker

Por: Xoves, 15 de Xullo de 2010, 16:26 COMENTAR

peace walker 1

Por nada que busquedes pola rede sobre este esperado título de PSP, atoparedes moitísimos análises na que se derreten en loubanzas, súbeno o podio e convérteno como o mellor título da portábel de Sony, pero eu despois de xogalo ( aínda que non o conseguín acabar pola frustración que me provoca), teño unha opinión moi diferente, e como non, fágovola saber.

Primeiro, e como xa dixen, teño que mencionar que non acabei o título, de aí que non sexa un análise propiamente dito, aínda que as horas que xoguei foron suficientes para ter un concepto moi claro sobre Peace Walker.

Volvemos a encarnar a Big Boss, e continuamos a historia acontecida no mellor título da saga Metal Gear Solid, o Snake Eater. Ata aquí todo ben, pero quizáis as incuestionábeis carencias da PSP fai que a sensación que transmiten os da PS2 quede anulada por unha forza maligna que sume o título nunha néboa impenetrábel.

E refírome, por suposto, á pésima xogabilidade que ten este capítulo, e cando falla este imprescindíbel factor, xa da igual que teña os mellores gráficos que viches na PSP ( con permiso de Kratos), ou unha historia moi traballada. Todo queda a un segundo plano.

Desde o principio do xogo daste de conta que algo falla no seu manexo, e podemos empezar pola cámara. Non vexo normal que nun título de acción-infiltración haxa que soltar o stick de movemento para mover a cámara o teu arredor. Así, botaremos todas as misións parando a continuo, e moitas veces avanzaredes a cegas pola incapacidade de ver o que acontece no escenario mentres estamos en movemento.

peace walker 2

Para intentar paliar isto deron a posibilidade de escoller entre tres tipos de manexo ( cando fixeron isto é porque xa sabían que tiña unha pésima xogabilidade), pero ningún é o suficientemente cómodo, e todos acaban sendo igual de frustrantes.

Pero continuemos con esta absurda xogabilidade, porque se xogar con Snake non é nada doado, temos que engadirlle as propias limitacións do xogo, xa que elimináronse moitos dos movementos do protagonista e agora non se pode arrastrar ( só tirarse o chan, pero non moverse), tampouco nos podemos mover se estamos pegados a unha parede ( totalmente ilóxico e absurdo, xa que o normal sería poder desprazarse para observar se hai alguén o outro lado), e o máis ridículo de todo e que continúo sen comprender. Unha vez que agarramos a un soldado por detrás non nos podemos mover con el para ningún sitio,así que se o agarras donde haxa máis dun inimigo case seguro que serás descuberto, porque non te poderás mover tendo o soldado agarrado.

E para poñerlle a guinda final a esta serei de despropósitos xogábeis, non estamos ante un xogo sinxelo, se non que a dificultade dalgúns inimigos é bastante complexa, e entre isto e a xogabilidade, frustrarédesvos.

peace walker 3

E xa como cuestión persoal, non me gusta nada iso de andar recluíndo soldados no medio da batalla, aínda que polo menos eliminaron o sufrimento que era transportar aos soldados desde calquera punto do mapa ao camión, como acontecida na anterior entrega de PSP. Agora empregamos unha especie de globo que os reclúe automáticamente, aínda que volvo a incidir no mesmo, persoalmente non me gusta nada este detalle.

Con isto creo que deixei bastante claro cal é a miña opinión sobre a nova “xoia” de Kojima. Non comprendo esas excelentes críticas que recibíu en todos os lados sabendo que a xogabilidade é clave nun videoxogo. Non o comprendo. Para min foi inxogábel.

 

A aparición de Adolf Kinect

Por: Luns, 5 de Xullo de 2010, 11:27 6 COMENTARIOS

Adolf Kinect

Quizais pareza un símil demasiado esaxerado, pero este novo periférico está causando unha ola de asasinatos que non favorecen en absoluto á compañía norteamericana, Microsoft.

Este novo monstro fai a súa aparición días antes do recente E3, e a partir de aquí comeza a etapa do derrube.

A súa primeira vítima é o Project Natal, que se facemos un pouco de memoria,a súa presentación no E3 do ano pasado foi do máis digna. Cunha estética e deseño decente,presentábanos unha nova forma de interactuar cos videoxogos, unha cámara que recoñecía o esqueleto das persoas que se situaban en fronte de Natal e simulaba de maneira correcta os seus movementos. Só un título abondou para que todo o mundo recordase este Proxecto Natal como algo a ter en conta nun futuro próximo. Dito videoxogo chamábase Milo, no cal podiamos interactuar de diferentes maneiras c un neno ata límites bastante elevados, como a posibilidade de entregar un folio o rapaz, e esta cámara recoñecíao creando un folio dentro do propio videoxogo, abrindo así un elenco infinito de posibilidades. Pero non acababa aquí a sorpresa, xa que se rumoreaba que este novo periférico podía custar sobre uns 50 $.

Pódese ser escéptico o non ante estas novas formas de xogar, pero ninguén pode negar que Project Natal conseguiu captar a atención de todo o mundo, e por qué non?, merecidamente.

Pero cando todos viamos un proxecto a ter moi en conta, non nos percatabamos do verdadeiro problema que isto ía supoñer, xa que dentro desa carcasa escondíase o antagonista de Microsoft, quén ía a supoñer que o inimigo agochábase na súa propia casa?

Pouco a pouco foi creando o seu maléfico plan, e apareceu publicamente días antes do E3 10, matou a Natal, cambiouse de traxe e Kinect fixo acto de presenza. Con el, trouxo unha serie de ridículos títulos de videoxogos que non prometían nada bo, pero que todos decidimos esperar para velos en movementos, aínda que a esperanza estaba perdida.

Como non podía ser doutra forma, a conferencia de Microsoft do E3 xirou case en exclusiva ao redor de Kinect, e para o noso horror, puidemos ver en primicia o verdadeiro mal que estaba ocasionando Adolf Kinect. Todos os títulos que ensinaron rozaban o ridículo, a inmensa maioría eran copias descaradas de títulos da Wii, os encargados de presentarnos estes xogos non se movían demasiado (para que Kinect non fallase?) e para terminar, pouco despois correuse o rumor de que esta cámara non se podía utilizar sentados.

A etapa do mal comezara, e Kinect estaba disposto a demostrar a todo o mundo que destrozaría todo o que puidese, e a verdade , estábao conseguindo xa que ata agora había asasinado a Natal, á conferencia de Microsoft e Milo non deu sinais de vida. Estará secuestrado ou morto?

Pero a fazaña continúa e quere inimigos máis fortes, así, días despois do terrible acto público do E3 encárase á propia Microsoft ensinándonos o verdadeiro prezo co que sairá o mercado, 150 €. Alguén comprará este periférico a este prezo?qué cantidades inxentes de publicidade terá que gastar Microsoft para darlle saída?.

De esta maneira Kinect conseguirá o seu propósito, é dicir, que Microsoft perda diñeiro con cada Kinect vendido, porque dubido moito que esta cámara sexa un éxito, xa que un periférico que custe case como a propia consola non debería nin saír o mercado, ademais tendo en conta que a inmensa maioría dos casual-gamers están en Wii, consola na que encontrarás moitísimas máis posibilidades que con esta cámara.

O reinado maléfico de Adolf Kinect comezou, e por desgraza , pretende estar entre nós moito tempo.

Split Second vs Blur

Por: Domingo, 6 de Xuño de 2010, 10:24 2 COMENTARIOS

Split Second 1

É curioso como fixeron coincidir estos dous arcades de conducción na súa data de saída, competitividade?,por suposto,pero neste caso creo que hai un claro gañador.

Aínda así, comezarei a facer un breve análise de cada título.

Split Second toma como referenza a Bornout,polo tanto podedes esperar o mesmo e espectacular apartado gráfico, unha sensación de velocidade que impacta e sobre todo, unha espectacularidade que xamáis atoparedes noutro título.

Así, teremos que chegar primeiros á meta ( que raro non?), pero para isto podemos interactuar co escenario para destruír aos nosos rivais,deste xeito podemos facer que un camión cisterna estoupe, que un helicóptero ataque ou que todo un edificio se derrube xusto cando o resto dos competidores pasen por debaixo.Impresionante non?, pois imaxinádevos se xogades acompañados dun compañeiro,non daredes parado.

Pola contra, Blur bebe (ou iso intenta ) doutra fonte, quere convertirse nun Mario Kart realista, pero non lle chega nin a sola do zapato. Aínda así, nos escenarios atoparemos diferentes ítems que empregaremos para destruír o resto dos competidores, aínda que resulta un pouco frío.

Pero mellor,pasemos a comparar man a man  os dous videoxogos.

Se falamos do apartado técnico, Split Second é moi superior, e vese desde a primeira partida, cuns efectos de luz impresionantes e unha sensación de velocidade só comparábel a do propio Bornout. Porén, Blur peca dunha ambientación demasiado escura e moito máis fea, pero o gran lastre que arrastra é que nas carreiras non soará ningunha música, ningunha banda sonora, só o ruido dos motores, detalle que podería entender nun simulador, pero xamáis nun título arcade. Ademáis non podemos comparar o detalle dos circuítos de Split Second coas simples e monótonas pistas de Blur.

blur

Se nos referimos á xogabilidade, Split Second volve a machacar a Blur, xa que neste aspecto o primeiro xogo presume dun manexo arcade pleno ( moi similar a do Bornout, outra vez ), pero que fai que cada derrape sexa unha delicia para os nosos ollos. Pola contra, a xogabilidade de Blur é moito máis complexa, factor que pode facer do título máis profundo, pero necesitaredes moito máis tempo para acostumarse ao control, xa que detalles como mirar atrás para lanzar unha bomba faise demasiado engorroso, sobre todo a pantalla partida.

En canto á diversión, que é o verdadeiramente importante, eu teño moi clara a miña elección, Split Second come a Blur en todos os aspectos, aínda que ten varios puntos negros, como os longos tempos de carga e a limitación a dúas persoas a pantalla partida, mentres que Blur permite ata catro. Split Second tamén debería ter un apartado Campeonato en pantalla partida, e así evitar tanta elección de escenario, aínda que todo isto esquecerédelo cando vos poñades a controlar algún dos seus vehículos, espectacularidade e diversión pura e dura.

É curioso como un xogo que apenas se falou del, nin se hypeou, chega a converterse nun dos xogos de conducción máis divertidos que probei na miña vida, todo o contrario que acontece con Blur, do que se leva falando desde xa fai ben tempo para un resultado bastante frío.

Se podedes probar Split Second, non o dubidedes.

Os 5 xogos máis sobrevalorados

Por: Xoves, 8 de Abril de 2010, 23:24 2 COMENTARIOS

Xa fai un tempo comentei unha serie de títulos que me parecía incríbel, que coa súa calidade pasasen tan desaparecibidos , pero é que o número de ventas dos xogos son todo un misterio hoxe en día, e un exemplo claro é o que pasou no Reino Unido. Cómo é posíbel que o Just Cause 2 ( pronto falarei del ), aplastase en ventas ao todopoderoso God of War 3?, alguén me pode explicar isto?.

Por suposto, na maioría das veces o único que conta é ter un bo nome, o que conleva un gran número de fans, e o que conleva un gran número de ventas, dando paso a gran cantidade de beneficio, e a continuación vou comentar algún dos xogos que me parece que se lle deu unha importancia non merecida, ou polo menos “ relativamente merecida”.

E o primeiro título que vou mencionar, por moita obra de arte que o consideren por aí, e por moitos golpes que reciba, non é outro que o Metal Gear Solid 4.

MGS4 

É un xogo que realmente mereza as loubanzas que recibíu?, é tan divertido que nos dín ?, e a pregunta máis importante, pódese comparar ao resto de Metal Gear Solid?, pois para mín non. Despois das altas doses de Hype que recibíu esta última obra de Kojima, fáiseme un xogo de masiado frío, cun desenrolo desigual, con zonas divertidas e outras totalmente infumables, e camuflado nunha historia que non me acaba de gustar en absoluto, nin por moita pena nos queiran facer sentir pola vellez de Snake. O do traxe de camuflaxe pode que chame algo a atención, pero resta emoción á infiltración, e moita. Pódese comparar coa sublime terceira parte, na que tiñas que escoller o traxe apropiado, sobrevivir no medio da selva, unha historia realmente fascinante…pois claro que non. Esta cuarta parte, e sen ningún típo de dúbida é o peor xogo de toda a saga. E despois a xente queixábase de controlar a Raiden na segunda entrega… se MGS2: Sons of Liberty dalle mil voltas a esta última entrega. E sen ter en conta o que tes que esperar a que che instale o xogo na Playstation 3, pero claro, como ten o nome que leva, perdóaselle todo. Pero simplemente é un xogo máis, recomendábel por certos aspectos, pero que se pode deixar pasar sen ningún tipo de problema.

O seguinte título que vou comentar xa ten pasado por esta páxina, pero non está de máis reiterar a miña absoluta decepción ante este videoxogo, e máis agora que sacaron a segunda entrega. Refírome a Left 4 Dead, na que podedes ter a miña opinión completa aquí

left-4-dead

Xa vos digo que non probei a segunda parte, pero coa ostia que levei con este título, non me quedou ningunha gana de volver a probar algo así. É que sigo sen comprender porque entretén tanto este videoxogo, se hoxe en día hai onlines moito mellores que este ( Modern Warfare 2 sobre todo). E xa non me quero referir ao modo historia, porque entón si que me enfado, se a maioría dos xogos da Play 2 son mellores que este. Hai cousas que nunca entenderei. Gráficos penosos, argumento cero, desenrolo…como decilo,nulo?,carente?, non sei como definir un desenvolvemente no que se basea de chegar dun punto a outro, gardar e cargar munición , e ir doutro punto A ao punto B. E que en moitos sitios lle puxeran tanta nota como Mass Effect e xogazos similares. Que o puntúen cun 8 sobre 10. Non sei que está pasando, pero non entendo a xente.

Continuamos co ránking de xogos máis sobrevalorados cun indispensábel, xa que tocamos este tema, o Assassin´s Creed, e refírome á primeira parte, pero tamén incluiría a súa secuela, porque os cambios que lle aplicaron non foron suficientes. Podedes mirar a análise de Assassin´s Creed 2.

Assassins-Creed

A decir verdade, este xogo xa recibíu críticas moi duras, pero aínda así, tivo un éxito que non o merecía en absoluto. Qué nos ofrecía este título?, pois un desenrolo monótono, reiterativo e idéntico ao longo de toda a aventura, un popping de tres pares e un ritmo lento e pausado, que me fixo suar para pasar este título, e non pola dificultade ( que tamén é escasa ), se non polo aburrido que se fai xogar. E vós pensaredes, entón porque o pasaches?, pois quizáis porque tiña unhas expectativas demasiado altas postos no título, e tiña a esperanza de que o xogo ía revivir en calquera momento, pero non foi así. O peor , é que nos vídeos amosaban forma guapísimas na que matar aos inimigos finais, pero realmente no xogo iso era case imposíbel, xa que o control tiña erros enormes ( o mesmo pasa na segunda entrega ), e ao final, despois de intentar matalos de formas que molaran, e fallar por culpa dun salto que o daba para atrás, ou que se quedara agarrado nun saínte que non vías para nada, pois rematabas ata as narices e matábalo ao tolo.Outra gran decepción.

No penúltimo lugar, teño que falar de Fable 2

fable 2

Un xogo co que me enganaron desde o primeiro momento, xa que me venderon o título como un xogo de rol con tintes de acción, e verdadeiramente é todo o contrario, é un xogo de acción con toques de rol. Partindo de aquí, o videoxogo coxea por varios sitios. O primeiro de todo é o apartado gráfico, que sigo sen entender a que lle chaman “impresionante apartado gráfico” algúns analistas por aí,porque , ou eu vexo moi mal, ou gráficamente non é nada doutra mundo. Pero deixando isto a un lado, que todos sabemos que o apartado gráfico non o é todo, ofrécenos un desenrolo bastante bo, e con misións decentes, pero para mín… fáltalle algo de alma, algo máis de emoción , tanto nos combates como nalgunhas misións, que deixan un conxunto irregular. A verdade é que non xoguei a súa primeira entrega, e flipei coas críticas que levou, e volvín flipar coas críticas que levou este título, por iso decidín probalo, pero aínda que non é un xogo malo, eu esperábame máis de Fable 2.

E para rematar co Top 5 de xogos máis sobrevalorados no panorama actual, vou tocar un ben coñecido, o Halo 3

halo_3

Primeiro aclarar, que ten un online bo e todo iso, pero é que xa dixen nalgunha ocasión que non son moi fan dos online, e que a maioría que probei defraudáronme completamente. A paso a falar da volta do Xefe Maestro, o xogo máis hypeado e vendido da Xbox 360, e realmente ten merecido as notas que levou?, eu creo que non, porque se sacan este xogo con outro nome non vende nen a metade da metade que vendeu, iso seguro.O xogo é entretido en sí, pero quedei abraiado cando recibíu un 98 ( creo recordar) sobre 100 na Hobby Consolas, pero estamos todos tolos ou que pasa?. Home, xa sabemos que desta revista pouco se pode fiar un, pero isto xa me pareceu unha esaxeración inmensa. Por enriba do Gears of War, do Call of Duty 4…non o entendo. Ademáis gráficamente é xustiño, que aínda que fai tres anos da súa saída, a 360 xa demostrara a súa potencia co Gears of War e incluso co Lost Planet, que foi un dos primeiros xogos que nos deixou a todos absortos. En fín, o título é xogábel pero está moi por debaixo dos xogos xa mencionados CoD4, GoW, ou Bad Company.

Está claro que hai gustos para todos, pero se somos un pouco obxectivos, penso que nos dariamos conta que moitas veces simplemente vende o nome do xogo, e non a calidade deste, e creo que non debemos permitir que as empresas se aprobeiten deste factor. O último gran exemplo é o Final Fantasy XIII, que sen pensalo máis levou unhas notas moi altas, pero sen embargo existe unha minoría moi descontento con el, que di que non é un Final de toda a vida, que ten un linealidade impresionante, etc,etc, e se de verdade ten tantos fallos, por qué non foron criticados en todas as páxinas e revistas?, pois polo nome que ten, por suposto. Por certo, aínda non vou falar deste xogo porque aínda non o rematei, pero pronto teredes o análise aquí, con todo o que me pareceu.

Volvendo o tema e concluíndo, penso que non se utiliza o criterio como se debería e deixámonos levar polo que nos dín unhas revistas, na que en moitos casos tales puntuacións están compradas, dándonos unha imaxe irreal do propio xogo,e que sorprendentemente acabamos interiorizando e aceptando esas notas.

Eu teño ben claro, só me fío dos meus ollos.

Implantarase as 3D nos videoxogos?

Por: Martes, 9 de Febreiro de 2010, 1:50 2 COMENTARIOS

3d

Como o tema está de actualidade grazas á Avatar, filme de James Cameron ( como non vivades debaixo das penedas dun río, a estas alturas xa estaredes ata as narices de saber de todo sobre esta película, porque mira que non lle deron bombo).

Aínda así, é inevitábel falar da miña experiencia con Avatar, para posteriormente opinar sobre este recurso nos videoxogos. Nunca fun moi partidario das tres dimensións no cine, nunca, ata o día que entrei no cinema para ver Avatar, porque realmente fixeron un traballo moi laborioso ( tanto , que foi a primeira película grabada especialmente para desfrutala en tres dimensións ). Deixando a un lado o argumento, o filme é realmente espectacular, quizáis, por crear momentos apropiados e oportunos para resaltar as 3D, ou quizáis por utilizar o recurso de preciosos paraxes e vistas impresionantes. Sexa unha cousa ou outra, o filme mantente toda a película sorprendéndote con escenas en 3D ( e a película non é que se diga moi curta, nada menos que dúas horas e media ).

Pero agora imos o que realmente me interesa, este recurso implantarase nas futuras consolas?. Hai compañías que xa falaron en apoiar as tres dimensións, pero eu creo que non é máis que publicidade barata. E liándome un pouco solto outra pregunta, de verdade pensades que controlamos de forma seria estas 3D?. Se xa no cine custa traballo atopar obras boas, e non me fagades alusión a típicos filmes para rapaces na que apenas había detalles que saísen da pantalla plana, como queredes aplicar isto a un formato totalmente diferente?, e a que prezo?. Non quero pensar nos nove eurazos ( noveeeee!!!!!), que me cravaron por ver Avatar, que non os compensa nin a mellor película do mundo, xa que non deixa de ser un filme, pero canto custará crear un videoxogo en 3D?.

Si, xa sei que estamos a falar nun futuro, e que xa se están a comercializar as TV para ver 3D, e que pronto ( relativamente ) estarán a un prezo razoábel, pero que conleva este cambio?, pois anos e anos de probas para nada.

Fáime moita graza que en foros de internet ( en teoría especializados ), falen tranquilamente que o futuro dos videoxogos pasa polas 3D. Pero que estamos dicindo?, somos conscientes do que sae polas nosas bocas?, se aínda non controlamos o cen por cen nin as dúas dimensións, como para meternos nas tres. Se aínda están coma tolos para tentar que do Project Natal saia algo medianamente decente ( cousa que dubido o cento vinte por cento ), e xa falamos das tres dimensións. Veña compañías, centrádevos no que tedes, presentade xogos que fagan soñar ao videoxogador, e non toleédes no voso cerebro hipócrita-futurista.

Pero vale, cálmome, e penso por unha vez, que nun hipotético futuro se controle medianamente este proceso das tres Dimensións.Qué pasaría?, pois máis ou menos isto. TV apropiada ( xxxxx €), gafas obrigatorias ( xxxx€), videoxogo ( poño a man no lume a que custarán moitísimo máis , así que xxxx€),a consola tería excusa para…. ( xxxx€), deixando a un lado periféricos, e máis periféricos inútiles que de seguro que sairían a luz ( seino porque nesta xeración pasa o mesmo ), o resultado de esa suma é……..unha sangría nosa e da nosa carteira, para xogar, case seguro, a unha bazofia de videoxogo.

Pero volvamos á realidade, estamos no 2010, e aínda apareceu a primeira película decente para desfrutar as 3D, pero queda moito camiño que andar,porque por moito que digan que Avatar aprobeita ao máximo as tres dimensións, isto non é certo, podería ser aínda moito mellor (cando poderemos ver un filme no que todo o que se vexa en pantalla, absolutamente todo, estea en 3D?). E se isto non se conseguíu no cinema, moito menos nos videoxogos, por maior complexidade no desenrolo.

Así que, volvo a reiterar o dito, e esperar a que as empresas que se adican os videoxogos se centren no que teñen nas mans, e non no que poderían ter, porque non é lóxico que a estas alturas se continúen sacando basuras como se están a sacar. Que fagan marabillas, que exploten o que teñen e que nos sorprendan con isto, non con absurdas cámaras que che in-detectan o movento, nin con premunicións sobre xogos en 3D, porque desde logo non me vexo doutra forma que co típico pad na man,sen cámaras, nin gafas, nin…

PNatal jaja

Se fai uns anos era Nintendo que pronosticaba que o seu mando sería unha revolución e cambiaría a forma de xogar, agora o que se dedica a decir este tipo de idioteces é Microsoft co seu tan loubado e innecesario Natal.

Xa falta pouco para que chege ás tendas, parece que o 2010 erá o ano elixido, e como non, hai que facer publicidade custe o que custe, incluso a costa da dignidade dunha empresa?, pois si, con todo de fronte.

“Cun golpe de boneca podo cambiar de canle, coa forza da miña voz reproducir unha película.

Non creo que estemos na idade de ouro da televisión ou na dos videoxogos, ou internet;francamente, dentro de cinco anos non sei se poderemos encontrar diferenzas entre esos mundos.”

Vamos haber, que cada vez que falamos de eliminar o meu mando clásico, o de toda a vida, o que medrei con el desde pequeno, árdeme o sangue. Que queredes facer en realidade?, está ben que queirades sacar un periférico para gañar algún cartiño ( millóns e millóns de dólares), pero falando honestamente, de verdade pensades que Natal será tan revolucionario como nos queredes facer crer?. Tranquilos que xa contesto eu, nin de lonxe, para que haxa un cambio tan siginificativo, e máis neste intervalo de tempo tan curto, debería ser algo realmente potente, algo que non fallase nin un só milímetro, e aínda que falasemos neste trebello hipotético, eu ía quedar co mando clásico, non teño dúbida.

E agora, vou coller o mando entre os meus dedos e sentir o poder que me da fronte unha videoconsola, e non me vou a poñer a mover os brazos como un energúmeno como pretenden con todos estos cacharros. Como xa dixen, como periférico estará mellor ou peor, pero como revolución, nada de nada.

Calidade vs cantidade

Por: Mércores, 18 de Novembro de 2009, 11:21 1 COMENTARIO

multitude xogos

A primeira vista pode parecer moi doado decidir, a inmensa maioría, polo menos os que xogamos de forma moi habitual a videoxogos ( por favor, non confundir con infantilismo ), gustaríanos que todo o lixo que sae ao mercado para enriquecer a unhas empresas privadas deixasen de existir, para darlle paso simplemente a grandes títulos, xogos verdadeiramente traballados e pensados, que conseguen absorver ao xogador dentro da propia aventura.

Pero realmente isto sería o ideal?.Pensemos un chisco. Sendo honestos e vendo a puta pura realidade, a inmensa maioría dos beneficios que gañan as empresas dos videoxogos proceden precisamente de pseudoxogadores,é decir, persoas que non teñen ningún interese en pasalo ben cun determinado xogo, simplemente actúan como ovellas ( xa sei que este exemplo está moi visto, pero é o que mellor plasma a realidade ), e como a moda esixe e manda ter una consola co FIFA ou PES, pois sen dubidalo, adquiren este producto. Abonda con ver os enormes beneficios destas dúas sagas futbolísticas, cada ano fan o mesmo xogo con insignificantes cambios, si, volvo repetir, insignificantes cambios, e cada ano continúan tendo un éxito aplastante. Puxen como exemplo estas dúas sagas porque son as máis características, pero non tedes máis que desplazarvos a algún lugar onde vendan este tipo de productos interactivos ( sobre todo en áreas comerciais ), e non faltará a típica persoa, que sen ningún tipo de información, vai observando as contraportadas dos videoxogos, para escoller o que mellor pinta lle ten… atopástes algún videoxogo que teña mala pinta na contraportada?, home, algún debe de haber, pero casos illados.

Pero vamos o que vamos, a xente fala dos casual-gamers de forma despectiva ( eu inclusive)(qué queredes?, non me gusta esta xente que nin desfruta dos videoxogos, nin os trata como se merece, que merca só o que sae pola TV, etc, etc ), pero introducíndonos máis no tema, teñen unha finalidade moi útil. O mellor exemplo que podo poñer é o fenómeno dos coellos simpáticos de Rayman, que si, que son bastante graciosos e todo o que queirades, pero os xogos destes son todos dunha calidade moi baixa… por iso van adicados a quen van adicados.Como sempre, todo o que sae na todoputarosa televisión é dixirido sen masticar e pronto se convertiron nun gañadiñeiro fácil, detalle que favorecerá á creación do Beyond Good & Evil 2, que os creadores sacarán parte desta inversión do beneficio das copias vendidas ( que son moitas ) destes simpáticos coellos. Como este exemplo, tamén podemos poñer os anteriormente mencionados xogos futbolísticos FIFA , de EA, e PES, de Konami ( ollo, non estou dicindo que estos dous xogos sexan malos, simplemente digo que o seu proceso de desenrolo ( e cartos invertidos ), é moi inferior o do beneficio neto), cousa que favorece de forma directa e indirecta ao resto de xogos destas dúas compañías.

Así, con todo isto, está xustificada a cantidade de bazofia que atopamos nas tendas? Supoño que haberá basura necesaria e innecesaria, e que parte dos beneficios desa basura necesaria estará adicado á creación dun impresionante xogo. Isto vese claramente , xa que os xogos realmente bos aparecen cada certo tempo, nunca veñen dunha maneira continuada.

Tamén lle podemos dar a volta ao pastel, e pensar o que pasaría se as compañías invertisen SIMPLEMENTE, en xogos de matrícula. Persoalmente penso que non acadarían os beneficios necesarios ( recordemos que non deixa de ser un mero negocio), isto ven debido á cantidade de persoas que non se senten atraídos por estas verdadeiras maravillas , a xente quere cousas doadas e que non lle supoña ningún tipo de esforzó mental, é decir, fóra argumento, fóra diálogos e fóra quebracabezas complexos, polo tanto toda as compañías perderían a toda esta masa de clientes ( que son moitos ), e entre esta perda, a enorme cantidade de diñeiro que se necesita para facer un xogo realmente bo, distribución, piratería, publicidade, etc, etc as empresas non ían acadar os seus obxectivos, e de aquí aparecen as mediocridades videoxoguís, proxectos que de forma indirecta serven para ter un apoio e crear novos proxectos, pero tal é o éxito destes, que agora pregúntome, crean xogos malos para facer xogos bos, ou crean xogos bos para aumentar o número de xogos malos?.

Son tan divertidos os xogos en línea ?

Por: Sábado, 31 de Outubro de 2009, 14:52 COMENTAR

incapacidade online Veño falar do meu gran dilema que teño desde que os xogos online se puxeron tan de moda, en realidade os xogos por internet son tan divertidos como aparentan ?, teño as miñas dúbidas.

Primeiro de todo teño que aclarar que nunca fun moito de xogar en línea, motivo principal ?, a marxinación que sofren as aldeas pequenas fronte a esta moderna línea de comunicación. Porén, desde fai un tempo podo me permitir o luxo de unirme a partidas online, e enfrontarme ao resto do mundo, e o resultado non foi precisamente o que me parecía nun primeiro momento. Non é que xogase a moitos títulos , pero sí aos suficientes como para sacar unha conclusión, xa que os que probei están considerados como os mellores xogos online, o cal me substrae unha cuestión, se estos son os mellores, como serán os peores ?.

E a partir de aquí vou “ fulminar” a estos títulos para que vós, lectores necesarios , comecedes a lapidarme.

Ao primeiro que me vou a referir é ao Killzone 2 , xogo loubado por todos e que presuntamente ten un dos mellores xogos online que se pode atopar actualmente. Pois moi ben, adéntrome neste mundo, únome a unha partida e comezo a xogar, ao pouco tempo xa me acostumo, vas memorizando os mapas e consegues manterte vivo bastante tempo. O principio engancha xa que tes que ir facendo misións, pero o malo chega cando te percatas que esas misións non son máis que sete e que a reiteración destas é continuada, e isto tendo en conta que non che toque xogar con algún inútil  que che foda a partida. Aínda que vas aumentando de nivel, non é incentivo suficiente como para terte enganchado durante días e días a sete simples misións. Este xogo tamén presumía de poder manter a 32 xogadores simultáneos en rede, e é certo, pero que supón isto?, pois que o caos se apodere de todo. O único que vés e persoas morrer, caer, disparar á cegas, montóns de persoas correndo cara ningún sitio… e todo un elenco de situacións que personalmente non me gusta en absoluto, eu son mais de pensar antes de atacar, non me gusta o feito de ter que moverme ao tolo e moitas veces sacrificarme para conseguir unha victoria  derrota. Vale, recoñezo que xoguei durante uns días pero aburrinme enseguida, todos os días a mesma historia, as mesmas misións, os mesmos escenarios… pégame a risa cada vez que recordo aquelas palabras que decían, ten un online incombustíbel. Eu, personalmente paseino moitísimo mellor xogando ao modo historia que o modo online.

Outro dos xogos que ten un “online infinito” é o Little Big Planet. Centos de escenarios creados por usuarios anónimos, cooperativo con hasta catro xogadores… en verdade é tanta marabilla como pinta?, segunda frustración en línea que recibín ( bumba!!!, batacazo ). Entras online e a diferenza que no Kllizone, tes que esperar bastante máis tempo para unirte a unha partida ( entre que escolles planeta, esperas ao resto de xogadores e carga o dito mundo quedarás ata a saciedade de esperar ), e toda esta espera para qué ?, pois para xogar ao mellor nun planeta que o pasas en menos de tres minutos… non, esto non se fai, máis ben debería levar o nome de Little Big Waiting. Ademáis, non esperedes que esas creacións sexan todas unha marabilla ( que sí que existen algunhas ), a maioría son escenarios moi simples que se soubeses co que te ías atopar non esperarías todo ese tempo para xogalo.

Pero veña, máis, máis de esta marabilla de online que nos fai esperar máis que nos permite xogar. O Soul Calibur 4, qué decir del, despois de xogar a pique co meu irmán e coñecidos ,desde a segunda entrega , non vía a hora de coller ao meu Kilik e reventar algún que outro por ahí adiante, pero como sempre, cando me conectei e xoguei a miña primeira partida, catapúmmm, terceiro asalto que perdo contra os xogos online. Será debido á miña conexión de rede ( e a isto non lle podo facer nada porque nas aldeas está limitado ata tres o número de megas que nos ofrecen para navegar ), pero tan pronto comecei o meu primeiro combate xa notei que algo non ía ben, había un mínimo retardo nos movementos, e aínda que pareza que non debe afectar moito, é o contrario, xa que este retardo impídeme levar a cabo correctamente os meus combos, deixándome indefenso ante o meu contrincante.Confirmei en foros que este problema era sufrido por centos e centos de persoas .Olvidéino ao seguinte día. É impensábel que unha saga como esta que a levo desfrutando desde xa fai ben anos me frustrara tanto.

E podería seguir así con todos os xogos que probei online, desde o Resistance, cun desenrolo que non me agradou en absoluto, Burnout Paradise, terás sorte se te atopas con xente que corra de verdade, a maioría do tempo pasarano facendo ao camándula por toda a cidade, Guitar Hero Worl Tour, que te pasarás horas intentando buscar a algún competidor e non atoparás a ninguén ( será posíbel que en todo o mundo o buscador non atope a ningún usuario?) , etc, etc.

Como vedes, internet non é o paraíso que parece, e aínda que me falta por xogar a outros moitos títulos, xa parto dunha base corrupta polo enfado e cabreo, xa que penso que hai moitísimas posibilidades que de que me suceda o mesmo que estos exemplos que puxen. Eu sigo desfrutando moitísimo máis cun bo modo historia no que te sorprenda en cada fase, no que poidas plantexar as túas propias estratexias e no que leves o teu propio ritmo que nun modo online incapacitado, non me cabe a menor dúbida. O problema é se ese modo historia tamén é pésimo, pero claro, este é outro tema ben coñecido por todos.

O invento da xeración: os logros

Por: Venres, 9 de Outubro de 2009, 12:57 COMENTAR

Randy_Pitchford

Si, comezaron sendo un método curioso de explotar aos nosos títulos ao máximo, tentándonos con misións imposíbeis, accións “chorras”, búsqueda dunha cantidade indixente de obxectos ( venme á memoria as duascentas bandeiras que había que conseguir nos Assassin´s Creed ), e outras tantas tácticas que temos que levar a cabo para conseguir estes logros.

Pois ben, Randy Pitchorf mencionou nunha entrevista , que estos logros poden actuar directamente na venta dos videoxogos de forma favorábel, xa que segundo parece , moitos dos consumidores pasionais de videoxogos , compran estes títulos pola cantidade de logros por minuto:

O cazador de logros, compra os seus xogos tendo en conta o radio de logro por minuto. Probábelmente compran dez ou vinte títulos ao ano ou polo menos xóganos. Xogan moito . É un cliente frecuente e ti qieres estar na lista. Isto son só negocios.

Persoalmente , paréceme que os logros son unha forma moi correcta de incitar aos xogadores a explotar os seus títulos, xa que iso de mercar un xogo, pasarlle a historia e deixalo abandonado, non é nada axeitado. Pero como non existe o positivo sen negativo, tamén debo mencionar que os logros deberían estar un pouquiño máis compensados e equilibrados. E como xa mencionei anteriormente, a quén lle incita buscar duascentas bandeiras no AC?, isto é unha esaxeración. Sería moito máis acertado que nos mandasen buscar cincuenta e moito máis escondidas.

Como este exemplo existen milleiros de logros que pola súa excesiva dificultade ou monotonía o xogador déixaos pasar porque non chaman tanto a atención , e vexo normal, moi normal. Os logros deberían ter unha lóxica, e un nivel axustado, nin excesivamente sinxelos ( como estos logros de fin de capítulo, que non os vexo correctos xa que non é un logro que busques persoalmente, é un punto do xogo que pasarás obrigatoriamente ), nin absolutamente imposíbeis e absurdos ( se xogades habitualmente supoño que teredes algún en mente ).

PSP Go cabezon

O que está facendo Sony coa súa inútil polémica consola xa parece un chiste. Se onte facían patente que os xogos na PSN costarán o mesmo que nas tendas físicas  , agora vemos un novo capítulo de: A historia dunha portábel que nunca debeu estar en desenrolo.

Porque SCEE decidíu regalar tres videoxogos da portábel, a aqueles, que aínda que teñan unha versión anterior da PSP, decidan cambiar para á PSP GO. Esta promoción ( eu prefiro chamalo, intento de evitar este previsíbel fracaso a toda costa ) levará o nome de PSP GO Rewards, e durará desde o 1 de outubro ao 31 de marzo de 2010.

Moi ben Sony, isto é o único que sabes facer?, pois vólveme a parecer unha solución pésima e inútil, xa que para facer isto teremos que levar a cabo un proceso que pode resultar bastante engorroso, xa que primeiro hai que mercar a PSP GO, crear un conta, despois insertar un UMD na PSP antiga para que se active o rexistro PSP GO Rewards. A continuación témonos que rexistrar, descargar un tema para a nova PSP, e por e-mail chegaranos un cupón para descargar os tres xogos.Sinxelo, verdade?. E non só iso, xa que só poderemos escoller tres xogos dos 17 que teremos a nosa disposición, e non pensedes que son precisamente actuais: Killzone: Liberation, SOCOM: U.S. Navy SEALs Fireteam Bravo 3, WipEout Pure, Everybody’s Golf, Echochrome, Buzz!: Brain Bender, Master Quiz, LocoRoco ou Patapon, entre outros.

Haber se o entendín ben. Sony pretende que adquira a súa nova PSP GO a 250 €, sabendo que xa teño unha versión anterior coa mesma calidade, e como excusa preténdeme agasallar con tres xogos, que co tempo que teñen o máis normal é que xa os xogara, o se non, é moi doado atopalos a un prezo moi reducido ( e se imos ao mercado de segunda man, xa non che digo). Así, coa nova PSP GO, terei os xogos a 40 eurazos desde a PSN ( sen libro, carátula, nin nada, por suposto ), tamén é certo que non poderei utilizar ningún tipo de periférico que use un USB normal, polo que me podo esquecer dos GPS, cámaras, etc. E para rematar quedareime coa miña colección de UMDs inutilizados ata que Sony nos diga como pensan facelos funcionar na nova máquina ( que xa están tardando demasiado, por certo ).

Ridículo, máis que ridículo.