Memoria Pixelada precisa de ti!

Por: Xoves, 5 de Decembro de 2013, 15:47 1 COMENTARIO

I_Want_You_Mario

Únete á Familia Pixelada!

En Memoria Pixelada levamos máis de 4 anos falando de videoxogos en galego. Tentamos informar ao momento das últimas novidades, facer análises de videoxogos, retransmitir ao vivo os principais eventos… mais ás veces vémonos sobrepasados. Para continuar e mesmo mellorar o noso labor, necesitamos máis gamers con ilusión que queiran vir a formar parte do equipo.

Interésache unirte a nós? Envíanos un correo-e a contacto@memoriapixelada.com falándonos un pouco de ti e da túa experiencia cos videoxogos.

Por que Charizard é o mellor Pokémon

Por: Mércores, 23 de Outubro de 2013, 14:00 3 COMENTARIOS

Hai pouco saíron os novos Pokémon X e Y, sendo un total éxito de vendas. O fenómeno Pokémon, lonxe de desaparecer, está a tomar novos folgos. Mais unha dúbida fica no ar: cal é o mellor dos xa máis de 700 Pokémons? Pois non hai unha única resposta certa… ou si, que carallo, si que a hai, é Charizard.
Pokémon_Red_Artwork

1. Charizard é un dos 150 Pokémons orixinais da primeira xeración

Na primeira xeración están os Pokémons mellor feitos. Certo é que entre os máis novos tamén hai algún Pokémon que se salva, mais a maior parte dan noxiño. De verdade, un xelado? Unha espada? Ou mesmo un Pokémon que é literalmente un monte de lixo? Por favor…

2. Charizard é un dos Pokémons iniciais orixinais da primeira xeración

De entre os 150 Pokémons da primeira xeración, hai certos Pokémons que deixaron unha pegada máis fonda que o resto. Estes son os iniciais, os que adestramos con máis ímpeto, aqueles nos que puxemos todo o noso esforzo para lograr vencer xefes de ximnasio e membros do Alto Mando. Mais mesmo dese top 3 de mellores Pokémons, Charizard destaca sobre os demais. Porque afrontémolo, unha tartaruga obesa ou un sapo obeso cunha flor nas costas non son rivais para un dragón que cuspe lume pola boca.

3. Non hai mellor xeito de voar que montado nun Charizard

Podes voar en avión, cun jetpack ou noutro Pokémon como Pidgeot. Mais, sexamos sinceros, todos nós soñamos nalgún momento con voar montados nun Charizard.

vader_riding_charizard_colorized_by_robthedoodler-d59700s

4. Porque a mesma Pokédex se encarga de demostrar o abraiante que é

A Pokédex do Pokémon Prata di: «Respira intensas e quentes chamas que poden derreter practicamente calquera cousa. O seu alento inflixe unha dor terríbel nos seus inimigos». Penso que sobran os comentarios.

5. Mega Charizard

Coa chegada dos Pokémon X e Y e a introdución da Mega Evolución na mecánica do xogo, chegaron os novos Mega Charizard X e Mega Charizard Y. Podes non gostar da nova mecánica das mega evolucións, e mesmo podes falar mal de Mega Charizard Y, mais Mega Charizard X é un pokéorgasmo para todos os que medramos xogando a Pokémon.

Ollade que malleira lle dá Mega Charizard X a Mewtwo no anime Pokémon: Origins (o momento épico comeza no minuto 2:35).

E tu, que opinas? Estás de acordo ou, pola contra, non tes criterio ningún? Fáinolo saber comentando neste mesmo artigo, ou no Facebook e Twitter.

o bo o feo e o malo

No 2005 facíase a presentación da Xbox 360, unha consola que bebía directamente de Microsoft e disposta a desbancar a que sen dúbida ningunha era a raíña das videoconsolas, a Playstation 2. A partires dese ano comeza a actual xeración, unha longa para uns, e curta para outros, etapa na que tres consolas disputaron a morte por ser a elixida nos estantes das tendas.

Dende aquelas xa pasaron oito anos, oitos anos cheos de xogos, tanto bos como malos, oito anos na que o cara a cara estaba entre Xbox e Playstation, mentres Wii triunfaba irremediablemente sentada nunha terraza e desfrutando da súa estratexia “todo para os casual-gamers”, e en apenas dous meses chegarán, por fin, as substitutas.
Certo que a Wii U xa leva un tempo connosco, pero pódese catalogar como unha consola de nova xeración? Non. Non. Non. Así de claro e conciso.

Con este panorama comeza un novo filme, un filme que narra a historia de tres personaxes que se entrelazan entre elas, así que sentádevos, collede algo para picar e atentos, porque comeza “O bo, o feo, e o malo”.

ACTO 1: O BO

Os directivos de Sony tíñano moi claro, aínda que na última etapa de Plastation 3 parece ser que incluso se sobrepuxo á súa competidora directa, Xbox 360 (dependendo dos medios din unha cousa ou outra), sufriron moitísimo nesta actual xeración. Quizais se acomodaron vendo o éxito que levaban tendo anos atrás e vendo as pésimas ventas da primeira Xbox, mais a verdade foi que Xbox 360 mantívose líder durante todos estes anos.

Así, PS4 preséntase como unha volta ás orixes, a volta a unha consola na que sexa relativamente doado programar para ela, relativamente asequible para todos e relativamente potente como para satisfacer as ganas pixeladas de calquera persoa.

ps4 accesorios

Así se está a presentar a Playstation 4, como o heroe da xeración que está por entrar, como o triunfador. Podes ser dunha consola ou doutra, pero o que está claro é que actualmente a consola de Sony ten todas as de gañar, polo menos nos primeiros meses de vida, as reservas esgotadas confirman este feito, e despois das medidas que pretendían integrar os de Microsoft coa súa Xbox One, aínda puxeron o camiño máis recto a unha compañía que leva moitos anos neste negocio e que se soubo aproveitar moi ben da situación.

Semanas despois da presentación oficial no E3 comezaron a saberse novas noticias da máquina, que se Sony apoiaría ás compañías independentes, o mando compatíbel co PC, packs que estarían dispostos en decembro, exclusivas que tiran moito dos xogadores… mais obviamente non todo é positivo.

Os cen euros menos que custa ca Xbox One compénsano co cobro obrigatorio do online da consola, así como a carencia de accesorios na venta inicial, tal como a cámara.

Pero que pasa cos videoxogos? Que potencia terá? Obviamente aínda non podo confirmar nada, xa que estou analizando este filme só vendo o tráiler, mais polo que se puido observar (sen facer caso aos responsábeis de Sony, que obviamente din que das próximas consolas vai ser a máis potente), a potencia gráfica está servida, aínda que o salto entre PS2 e PS3 foi moito máis grande que será, de PS3 a PS4, e o mesmo acontece coas máquinas de Microsoft, porque ou son eu, ou tampouco me pareceu unha calidade gráfica tan impresionante. Si, vese mellor, como non, mais espero, e supoño, que esa potencia se deixe ver máis claramente en tempos de cargar, dinamismo de escenarios, efectos do tempo, etc.

En novembro poderemos mirar aos ollos á Playstation 4 e saber se realmente vai ser a gañadora ou non porque mentres…

ACTO 2: O FEO

Recordemos que Microsoft nesta xeración non fixo máis que tomar boas decisión, dende sacar a consola un ano antes que o seu competidor, até crear logros (que pouco despois plaxiaría Sony), dende presentar unha consola na que os desenvolvedores podían traballar de maneira máis doada, até conseguir facer multiplataforma moitas das exclusividades de Sony.

Así foi Xbox 360, para min a gañadora indiscutíbel, mais como será agora.

xbox one disco duro

Despois da nefasta presentación no E3, e non me vou meter no tema das medidas que querían tomar, senón na propia repercusión que tiveron, xa que só fixeron algo peor que tomar e presentar esas medidas, e foi baixarse os pantalóns diante do mundo e recuar.

Non me entendades mal, agradezo que deran marcha atrás porque son dos que castigo tales medidas, mais iso quitoulle toda a credibilidade que ten unha compañía coma Microsoft. Demostrou que aínda non leva demasiado tempo nesto das consolas, demostrou que non tiña unha estratexia clara marcada e isto os xogadores vímolo, e vímolo en directo.

Tampouco axudou o feísmo da consola, e moito menos axudou o prezo. Todo isto nun E3 que de seguro se voltasen atrás correxirían o 98% da presentación.

Pero como unha consola que se mantivo no podio durante oito anos, chega cunha predecesora que non sabe como gustar aos fans?
Os propios directivos falan que estaban moi adiantados ao seu tempo, a min pégame a risa, outros analistas afirman que as medidas non afectarían ao xogador, a min ségueme pegando a risa, porque o que realmente penso é que só eran medidas abusivas contra o xogador cun só fin, facer desaparecer o formato físico.

Seino, chegará un momento no que isto acontecerá, seino, dóeme, pero seino, quizais sexa demasiado romántico co pasado, por iso non me gustan este tipo de medidas, mais con este feito, como pode agora competir con PS4?

A parte de rectificar todo, seguen confiando no seu Kinect, agora unha versión mellorada, algo que NUNCA, NUNCA, me chamou a atención en absoluto. Tamén teñen unha serie de sagas que poder explotar, e obviamente o apartado técnico, que aínda que Sony presuma de máis potencia, dame a min nos fociños que estarán as dúas á par, exactamente como pasaba nesta xeración.

Está claro que aínda que non se presentase con bo pé, a Xbox One é unha consola suficientemente potente como para poñerse diante da PS4 e facerlle fronte, non teño a menor dúbida, pero o que si que está claro é que perdeu a confianza de moitos dos fieis seguidores da Xbox 360, e entre eles estou eu.

ACTO 3: O MALO

E chegamos á terceira consola que teoricamente tratan como de nova xeración, eu non, xa non a vexo como tal, de feito, xa castiguei toda a vida útil da Wii como para agora darlle oportunidade a un xoguete. Non, non me miredes así, botádelle un ollo, ide a calquera tenda e mirade os títulos que ten para xogar, mirade a quen vai dirixido esta consola, como diría Manquiña “a los hechos me remito”.

Nintendo segue no seu mundo de Casual Gamer esquecéndose por completo dos xogadores habituais, dos Hardcore Gamers. Debería botar a vista atrás e preguntarse porque hoxe en día é a compañía que é, e grazas a quén, entón quizais se acordaría algo máis de nós.

Wii U

Wii U

Nunha das tantas conferencias que deron, non recordo moi ben que directivo dixo que coa nova Wii U volverían a coller a confianza dos xogadores de toda a vida. Foi algo que soñei, crucei os dedos até que me doeron, incluso fun a unha misa para que fose verdade. Obviamente non foi así, e por moito que me quixese enganar, víase vir.

Mais aínda que o éxito da Nintendo Wii foi absoluto, non cabe a menor dúbida, parece que non está acontecendo o mesmo cos sucesora. Non consegue vender o previsto, non saca xogos, perde o apoio de desenvolvedoras…non sei que vai acontecer nun futuro, pero de ser así, a Wii U non chega a bo porto.

Eu mentres vexo a nenos de cinco anos probar a Wii U nas tendas recordo con bágoas nos ollos a época na que Nintendo mandaba no panorama, pero mandaba porque podía, porque era sublime e sacaba consolas e videoxogos a cada cal mellor. Así é a Nintendo que me gustaría ver nesta batalla, porque está claro que Wii U está a kilómetros luz do resto de compañías.

Nintendo ten que saber que non se pode alimentar só do xenio Miyamoto para realizar títulos de calidade, e a verdade, é o único que está a facer. O resto pseudoxogos infantiloides carentes de personalidade.

DESENLACE

Nun par de meses entramos nunha nova etapa, unha etapa na que seguro que veremos xogazos que revolucionarán o panorama, fracasos comerciais e éxitos, a loita está a piques de comezar.

E durante os seguintes anos poderemos responder ás seguintes cuestións, canto falta para que o formato físico desapareza? Sairán as consolas con novo erros como o Círculo da Morte ou o seu equivalente?

Non sei cal será o final deste filme, mais o que si é seguro é que o tráiler promete.

Coñeces o Bit.Trip Runner? É un xogo indie bastante famoso que se basea en correr mentres recolectas ouros e evitas obstáculos. Parece sinxelo, mais é moi viviante e ten na banda sonora un dos puntos fortes. Coa saída hai pouco da segunda parte, o Bit.Trip Presents Runner 2: Future Legend fo Rhythm Alien (Steam, PS3, Xbox 360 e Wii U), os desenvolvedores decidiron facer unha versión gratuíta do xogo para xogar desde o navegador.

Commander.video

Co Commander Video poderás probar unha versión simplificada dos xogos desde calquera navegador. En vez de completar fases, como nas versións completas do xogo, neste caso o obxectivo é ver até onde podes chegar nun escenario xerado aleatoriamente. Entón, cal é o teu récord?

Web do xogo | www.commandervideo.com
Vía | Gizmodo BR

SFII-MS

Recentemente facíamos un exercicio de memoria (pixelada) para lembrar algúns dos mellores xogos da Master System. Afondando no mesmo exercicio de nostalxia profunda producida ao volver á preadolescencia, topamos curiosidades descoñecidas para a grande maioría dos gamers, coma a versión de Street Fighter II para os 8 bits de Sega.

Ler o resto da entrada »

As redes sociais para videoxogadores.

Por: Martes, 9 de Xullo de 2013, 13:08 COMENTAR

Nos tempos que corren non se pode dicir que o mundo non se mova a redor das redes sociais. Dende a máis coñecida como pode ser Facebook pasando por Twitter e outras tantas, a cantidade de xente que se pasa nas súas filas é de proporcións astronómicas. Por ende, o colectivo dos “Gamers” non íamos a ser menos e se buscamos cun pouquiño de coidado, poderemos atopar interesantes webs onde poder sociabilizar sobre os nosos videoxogos favoritos e incluso ser recompensados por elo.

Comezamos pois:

 

5. Gamesband:

 

1370899786598

 

Esta rede permite os seus integrantes publicitar os seus contidos en bloques con moitas opcións que van desden vídeos, artigos flash e formar gremios onde compartir os nosos intereses e sabiduría de certos xogos ou xéneros en concreto. Cabe destacar que ofrece ventaxas a os programadores indies para publicar información sobre os seus xogos e así darse a coñecer o resto do mundo.

 

Vantaxes:

– En castelán.

– Doada de usar e moi completa.

– A separación por gremios e adecuada para coñecer xente nova sen moitas complicacións.

 

Contras:

– O deseño peca de ser moi básico

– É pouca coñecida, polo que non é de extrañar que apenas haxa actividade.

– Comeza a ter relacións con partners aun agora. Isto afecta negativamente sobretodo ó sector de programadores indie.

 

4. TagUin:

 

taguin

 

Centrándose máis na interación cós Gamertags e perfís das diferentes plataformas, TagUin ofrece a posibilidade de publicar os nosos avances xa sexa en forma de trofeos/logros como en forma de vídeos “streaming” en directo para que os nosos seguidores poidan ver a evolución dos nosos progresos en primicia.

 

Vantaxes:

– Organiza de forma rápida e sinxela os nosos gamertags de calquera plataforma.

– Dispoñe de ferramentas exclusivas como a grabación de vídeos streaming.

– Unha das mellores opcións para publicar contidos con celeridade sen rompernos moito a cabeza.

 

Contras:

– Pese as opcións exclusivas, quédase moi curta en comparación con outras redes.

– A forma de publicar texto e similar a Twitter polo que as limitacións de caracteres poden fastidiarnos de cando en vez.

– As ferramentas de streaming non sempren funcionan ben e precisan dunha conexión moi boa para seres rentabel.

 

3. BackLoggery

 

backloggery

 

Para os tímidos, para os profesionais, para aqueles que lles gusta poder personalizar ata o último detalle posibel atoparán en BackLoggery unha rede 100% manual e persoal. De feito, o seu nivel de personalización e tan alto que podemos clasificar os nosos xogos incluso pola forma de adquisición dos mesmos e dispón de todas as consolas e plataformas existentes dende que os videoxogos comezaron a sua aventura polo mundo.

 

Vantaxes:

– Alto grao de personalización, superando incluso a redes fora do ámbito dos videoxogos.

– Admite plataformas “fantasma” coma emuladores, máquinas virtuais e incluso nosos propios xogos persoais.

– Seguimento dos nosos amigos grazas a un banner que amosa os seus progresos, logros e xogos recien adquiridos.

 

Contras:

– Só se atopa en inglés.

– 100% manual, é dicir, que a máis de un lle terminará coa paciencia pola sua complexidade.

– Máis ca unha rede social,  amósase coma se fose un diario, polo que as opcións están máis encamiñadas para a nosa propia información que para o coñecemento do resto da xente.

 

2. Xfire:

 

Xfire-Raises-3M-To-Expand-Gamer-Social-Networking-In-Asia

Comezou sendo unha plataforma para xogar online similar a Steam ou Gamespy pero o final converteuse nunha das redes sociais máis importantes dentro do colectivo dos videoxogos.  Cunha presentación moderna e agradabel, podemos tratar con infinidad de opcións onde a máis atractiva é sen ninguna dúbida as clasificacións dos nosos progresos (tempo de xogo, numero de logros/trofeos e cantidade xogos na nosa biblioteca) co resto de usuarios da páxina.

 

Vantaxes:

– Presentación dun deseño moi traballado e vistoso.

– Cómoda de usar e de doado acceso para calquera que se aventure nela.

– Sistema de clasificación dos nosos xogos especializado.

 

Contras:

– En inglés e ausencia case total da comunidade hispanofalante.

– Non é compatibel con todos os xogos e presenta algúns erros a hora de linkar a nosa actividade.

– Comezou con moita forza forza e apoio, pero co paso dos anos está perdendo usuarios.

 

1. Raprt

 

Raptr

 

Preséntovos a maior red social de videoxogadores que podemos atopar hoxe en día. Raprt ofrece unha calidade visual digna, moítisimas opcións de personalización, gran interación con nosos gamertags, separación de bloques sociais según xogos, compañías, xéneros e moito máis. Pese a todo isto, a sua maior bondade é o sistema de recompensas que según o noso rango en determinado videoxogo, agasaranos con descontos, dlcs gratuitos e incluso xogos completos a través de plataformas de distribución dixital coma por exemplo, Steam.

 

Vantaxes:

– Completa de pes a cabeza, deseño atractivo, moitísima activade social e un bo sistema de clasificación de xogos e plataformas.

– APP informativa sobre as horas e logros que vaiamos conseguindo en forma de pop-up no pc, e auto comentarios en Facebook e Twitter.

– Sistema de recompensas verdaderamente atractivo e xeneroso.

 

Contras:

– Totalmente en inglés, ainda que non é moi complexo.

– Os avisos de aumento de rango nun xogo e de obtención de logros pode facerse pesado as veces.

– Non é capaz todavía de linkar as horas de xogo en Playstation 3.

Fai un ano a idea da realidade virtual nos videoxogos soaba desfasada ou de película dos 90. Nese momento Id Software anunciou que un dispositivo de realidade virtual sería compatible co seu novo título Doom BFG Edition. O prototipo chamou a atención dos asistentes e Oculus Rift soou como unha promesa de futuro.

Pouco despois da súa demostración no E3 de 2012, a compañía presentou o seu proxecto en Kickstarter para conseguir 250.000 dólares, en catro horas a suma desexada xa se alcanzara e un mes despois chegou aos case dous millóns e medio de dólares. Este diñeiro foi empregado na creación de kits para desarrolladores e para os inversores, que foron enviados entre marzo e maio. Este pasado mes de xuño o seu capital aumentou coa inversión de 16 millóns de dólares adicionais por parte de Matrix Partners, Spark Capital, Founders Fund e Formation 8.

Os kits para desarrolladores deron moito de sí na Rede, na que apareceron análises e impresións xerais. Os creadores xogaban coa tecnoloxía que Oculus Rift lles permitía, pero continuaban os problemas. A baixa resolución, 640×800, era un dos problemas principais que se compensaba pola incrible percepción dos movementos da cabeza. Valve anunciou hai tan só unha semana que a nova actualización da súa ferramenta, Source SDK 2013, sería compatible co desenvolvemento de realidade virtual vía Oculus Rift. Non é de estrañar, xa que Newell (presidente de Valve) foi sempre un defensor da iniciativa.

A análise feita por Tested en marzo sobre estes primeiros kits é moi interesante, ademáis de divertida, e cun inglés bastante entendible que sempre se agradece:

No último E3 o público esperaba ver as melloras do dispositivo. O cambio principal e máis importante foi a actualización das súas pantallas sendo agora en alta definición. Por outra parte, o máis esperado foi probar o EVE EVR, o xogo multixogador de pelexas espaciais (no universo de EVE Online) e a tecnoloxía de Oculus Rift unidos. O xogo xa creara expectación no EVE Fanfest e non deixou a ninguén indiferente. Intensidade na acción, detalles na cabina, o noso corpo pilotando a nave… Mellor velo por nós mesmos:

Aínda que as compañías todavía non puideron botarlle man ao novo prototipo de alta definición, o equipo Oculus confía que non haberá problemas coa adaptación. Non esquecen que os retos son moitos para o novo sistema. Non se trata tan só de ser compatible con videoxogos xa creados, senón crear xogos específicos para este novo dispositivo que exploten ao máximo as súas capacidades. Un dos nomes destacados é “The Gallery: Six Elements”, un xogo herdeiro espiritual da saga Myst. Sen dúbida, os xogos de exploración e survival teñen moito que mirar en Oculus Rift. Mentres tanto, xogos como The Elder Scrolls V: Skyrim, os dous Portal ou Dear Esther son compatibles total ou parcialmente con esta realidade virtual. Ironicamente, o Doom BFG Edition non está nesa lista.

Nun futuro non moi lonxano, a versión comercial do Oculus Rift (versión 2.0) estará nas nosas tendas. Nese momento poderemos xulgar a calidade da inmersión e da experiencia que nos proporciona. Aínda que algúns cren que o maior reto de Oculus Rift é superar a sensación de ridículo:

 

 

Como podo xogar con eses cartuchos doutros países que tanto se ven no “ebay” nas miñas consolas clásicas? Como podo facer para que a miña NES saque son estéreo? Que solución teño ante os quencementos esaxerados dos meus sistemas de entretemento de toda a vida que non teñen ventilador interno? Con esas e outras preguntas similares un pode acabar o día mirando na rede e atopar titoriais, artigos e todo tipo de axudas para algo que quizais non soubera: as posibilidades que existen para modificar as nosas consolas para poder gozar de características técnicas que non ofrecían ao compralas no seu día e todo iso sen ser enxeñeiro nin ter demasiados coñecementos de electrónica xeral. O chamado “modding” no seu termo inglés ou máis coñecido polas nosas terras como “bricolaxe consoleiro”.

As modificacións que se poden atopar van dende cambiar artísticamente a imaxe exterior da consola ata truquiños para que unha consola execute xogos doutras rexións en principio incompatibles, novas saídas audio/video en sistemas que son teñen a típica de antena RF, son estéreo ou pseudo estéreo en sistemas “mono”, interruptores para cambiar a rexión (o que afecta á velocidade e visualización), trocar ou engadir “luceciñas” ou “leds”, ou mellorar os mandos de control con botóns e pancas novas máis “amigables”.

Ler o resto da entrada »

Master_System_II

Nestas datas debe facer coma uns 20 anos que conseguín que me mercaran unha Sega Mega Drive, e con ela chegou un arrinconamento da consola da man da cal entrei neste mundiño, a Sega Master System. Certo é que tal inxustiza non a cometín eu so, e o esquecemento e o non recoñecemento a este sistema é eiva común en boa parte da comunidade gamer, ben polo tempo pasado, ben porque érades moi novos para xogar a esto a finais dos 80, principios dos 90 😉

  Ler o resto da entrada »

Red Dead Redemption, un xogo de cine

Por: Mércores, 19 de Xuño de 2013, 11:00 2 COMENTARIOS
red-dead-redemption

John Marston, o protagonista da historia, moi ao seu pesar

O cine e os videoxogos son dous xéneros que historicamente viaxaron xuntos compartindo título, alimentándose mutuamente cando o destino común foi bo e parasitándose cando un dos dous productos non chega ao nivel de calidade esixido ou agardado. Exemplos desto último temos nos dous sentidos: desde o fracaso da adaptación a primeiros dos 80 para Atari 2600 de “E.T. o Extraterrestre”, famosa por ser a presunta protagonista do curioso episodio de soterramento de xogos no deserto de Nuevo México, ata no sentido inverso, as pouco afortunadas versións cinematográficas de xogos de éxito, coma Doom ou Street Figther.

red-dead-redemption-screensaver-10

A xente non esquece, nada queda impune

Mais é un título da actual xeración, o que lle da unha volta máis ao exposto nesta introducción, o Red Dead Redemption, analizado no seu día nesta nosa páxina. O guión da obrigada redención do protagonista Jonh Marston ben podía provir dun filme clásico do western, xa de por si o xénero máis cinematográfico. Porén, neste caso, é o propio xogo de Rockstar Games, máis ben a súa historia, ambientación e fascinante factura en multitude de aspectos, o que se adentra no mundo da sétima arte, e faino dun xeito, ou duns xeitos, moi orixinais. Na propia promoción do xogo, a canle estadounidense Fox estreou en exclusiva unha curtometraxe de trinta minutos dirixida por John Hillcoat (The Road, 2009), e producida pola propia Rockstar Games, na cal, montando imaxes do propio xogo, o director plasmaba a súa visión persoal sobre un dos episodios que acontecen durante o desenvolvemento da historia:

 

Xa a nivel usuario, outros xogadores montaron videos coas imaxes do xogo, pero onde realmente se ve o valor cinematográfico da historia, é nos videos de productoras independentes coma Silk Dog Films, onde son actores reais aos que vemos beber, cazar, disparar, roubar ou simplemente tratar de sobrevivir nos inhóspitos paraxes de New Austin, Nuevo Paraiso e West Elizabeth:

 

Mesmo hai quen se atreve a ir un paso máis aló e realiza unha atrevida mistura de xogos que en principio non terían nada que ver, coma a que vemos nesta curta:

 

E se fora pouco o carácter cinéfilo do Red Dead Redemption, a última escena da anterior curta enlazanos directamente, con outra das maravillas desta historia: o Red Dead Redemption Undead Nightmare, unha praga zombi, das de sempre, seguindo a estela iniciada polo modo zombi do Call of Duty World at War, pero desta vez na fronteira norteamericana de primeiros de século XX:

 

Como complemento desta simbiose entre xogos e cine nesta xeración, apunto outras dúas senlleiras interaccións: o Alan Wake e Bright Falls (a súa serie precuela con actores reais coma ferramenta de promoción e introducción no argumento), e a enorme coincidencia de argumentos e ambientación entre o xogo L.A. Noire e a película Gangster Squad (Brigada de Élite).

Por fin, onte ás tres e pico da mañá e cun cuarto de hora de retraso daba comezo a conferencia que máis impacientes nos tiña a todos, a conferencia de Sony e da súa PS4.

Ler o resto da entrada »

Resumo da conferencia de EA

Por: Luns, 10 de Xuño de 2013, 23:57 2 COMENTARIOS

ea
No medio dun impresionante espectáculo de luces e son, Peter Moore abríu lume na conferencia de EA.
 
O primeiro que a compañía americana puxo en escea foi unha nova entrega do fenómeno “casual” Zombies Vs Plants, que será editado co subtítulo de “Garden Warfare”. Acto seguido profundizaron en “Titanfall”, outro shooter subxectivo aderezado con robots que xa vimos asomar na conferéncia de Microsoft e que ademais de chegar a Xbox One, tamén o fará a PC.
 

 
Nun xesto inesperado, EA deixou asomar uns cantos segundos dun novo SW Battlefront, pero cando chegamos a entender o que pasaba fugazmente ante nós xa estábamos vendo un novo Need for speed (NFS Rivals), o título de turno en EA para amantes da velocidade, que aproveita o novo hardware para que se vexan de fábula os coches e as estradas polas que haberá que… correr.
 

 
O momento que moitos agardábamos chegou xusto a continuación, co primeiro trailer de Dragon Age Inquisition. Un trailer con caras familiares para os fans, unha das cais chegou a provocar unha ovación da audiencia. Haberá que agardar, iso si, até un extremadamente lonxano outono de 2014.
 

 
Aínda co bo sabor de boca, chegou o momento inevitábel de ver desfilar as edicións anuais dos diferentes títulos deportivos da compañía. O principal pareceu, seguíndo a tónica habitual, convencer ao público de que non eran os mesmos do ano pasado. A algúns espectadores a sucesión de títulos deportivos nas conferencias de EA fáisenos simplemente eterna.
 

 

 
Reapareceu Battlefield 4 despois da súa accidentada presentación na conferéncia de Microsoft, presentándonos o seu xa mais que recoñecido formato, adscrito a un dos xéneros mais saturados nos nosos días. E por último, a sorpresa que EA se gardaba na manga, unha secuela do xa clásico Mirror´s Edge do que non se facilitou aínda data de lanzamento.