O verdadeiro triunfo desta xeración

Por: Martes, 19 de Maio de 2009, 10:29 COMENTAR

Varios factores condicionan esta terceira xeración de consolas, ben sexa o aumento considerábel da calidade gráfica, a inclusión de logros nos videoxogos (rapidamente copiado por Sony cos seus trofeos),maiores opcións on-line…Pero o que verdaeiramente conseguiron (e niso seguen), para satisafacción miña e supoño que de miles de personas, é a enorme potenciación do cooperativo tanto online como a pantalla partida.

Se nos remontamos uns aniños atrás,poucos títulos atopamos que disfruten con esta opción, sen embargo, nesta etapa, xa podemos disfrutar de infinidade de xogos que nos permite disfrutar de toda a aventura acompañados de outra persona. E certo é, que foi o mellor que puideron facer, xa que comezar un videoxogo cun compañeiro ao lado, e plantexar estratexias verbalmente para enfrontarse ao título dunha forma máis táctica, é unha experiencia única e satisfactoria como ningunha.

E isto é outra das virtudes dos cooperativos, xa que ata o xogo de máis acción se converte nun título na que a estratexia ten que estar vixente en todo momento, e con isto non me refiro a crear exercitos,aumentar niveis,controlar ata o máis infimo detalle para saír victoriosos…, refírome á toma de decisión que teremos que levar a cabo para conseguir o noso obxectivo.Supoño que todos o fixemos.

“-Veña,están todos metidos nese edificio,así que eu irei por detrás mentres ti lle disparas para despistalos, cando se percaten que estou xusto na retagarda atacaranme todos a mín, momento no que aproveitarás para lanzarlle unha granada”

E vaia sensación cando todo sae como se tiña previsto.

Se a todo isto, os creadores teñen o detalle de incluír situacións variadas como a defensa do teu compañeiro mediante francotirador, conducción a dúo en vehículos,reanimacións en tempo real no propio campo de batalla,e esperemos que nun futuro se lle ocorran outras tantas situacións similares, conseguimos sumerxirnos dentro do propio xogo dunha forma indescriptíbel.E a fín de contas, isto é precisamente o que se busca nun videoxogo, a inclusión de parte dos xogadores dentro destes.

Claro que tamén é digno de mencionar, que se o propio xogo non parte dunha base decente, por moi bo cooperativo que lle engadan, o resultado seguirá truncado, pero iso xa é outro tema, outro grave tema.

Publinformacións prematuras

Por: Luns, 11 de Maio de 2009, 10:38 COMENTAR

Cómo se nota que a feira do E3 está máis preto que eu dunha consola. E digo isto porque é moi raro atopar un día no que non apareza algunha novidade (intranscendente) sobre algún xogo, algún vídeo de avance, rumores constantes…
Pensando nisto, quedei preguntándome, qué conseguen con isto?, a qué se debe que saquen á luz un avance do que será un avance no E3?
Publicidade para a feira?, non creo , xa que esta xuntanza xa é ben coñecida para todos os que nos movemos neste mundiño, polo que volvo incidir no mesmo, public¡dade sen complicacións para bet-sellers “xoguís”.
Non digo que moitos dos xogos ou proxectos que se aproveitan deste tipo de situacións, non se convertan en grandes xoias, pero con isto dame pé a falar do que precisamente tiña pensado, nos xogos que aínda non sabemos nada deles ( ou case nada).
Porque podedes estar seguros que o 95% dos videoxogos que se van presentar, xa son máis coñecidos, e non producirán unha sorpresa tan pronunciada como o conseguirá o 5% restante. Esta pequena porcentaxe descoñecida, convertirase na arma empregada polas compañías para engatusar, atraer ou hipnotizar aos periodistas afortunados que deambulan por aqueles lares, como quén dí, para atraer unha maior clientela e así publicitar de maneira máis esaxerada os seus “stands” e os seus productos, porque algo teño ben claro: todo é publicidade.
Aínda así teño verdadeiras esperanzas nestes proxectos, nestes discos que non se aproveitan da fama que acadou o título anterior, nestes discos que comezan de cero, nestes disco que polo de agora non teñen ningún seguidor…Estas palabras fanme pensar no primeiro God of War, cando ninguén coñecía este título e eu lía nun artigo:”este xogo de acción e mitoloxía grega está acadando moi boas críticas en norteamérica”, e vaia se acadou boas críticas!!.
Por iso, títulos como Metro 2033, do que apenas se coñece algún dato relevante, fan que as miñas esperanzas florezan e saia dar unha volta acompañada da mán da frustración inminente. Só unha destas comúns compañeiras voltará á casa, só unha delas.

Qué pasará?

Por: Mércores, 6 de Maio de 2009, 9:46 COMENTAR

Un día érgueste pola mañá e pronto te percatas que estás sufrindo un deses días nos cales ata a mañá máis clara e soleada, para tí é escura e fría. Pos un pouco da túa música diaria e intentas berrar esas cancións, pero nin diso tes ganas.
Vísteste á desgana e saes pra fóra.
O espectáculo é maior do que parecía pola xanela. O sol obrígame a entrecerrar os ollos, os pombos e os merlos cantan ao lonxe, as abellas polinizan cantas maxestuosas flores atopan…
Todo está nunha perfecta entropía.
A pesar de todo isto, o teu propio cerebro non che permite disfrutar destes acontecementos, pra moitos insignificantes e pra outros máxicos, asique decides ir dar unha volta para tentar enganarte e pensar que todo está moi ben.
Cando levas unha hora camiñando e vés con ollos tristes, que estás tan impasíbel como ao inicio, diríxeste para o teu refuxio particular.
Entras no cuarto, encendes a consola e introduces un bo xogo. Comezas.
Entras nun mundo diferente, entras nun mundo irreal pero que te axuda a evadirte do mundo real no que te atopas. Rematas.
Volves á realidade, pero daste conta que xa pasaron varias horas, e que nesas horas non pensaches en ningunha cousa desagradábel, non tiveches preocupacións, non te sentiches oprimido…
Pero nese intre paras, e pensas:
Qué pasará cando non sinta isto?

Estamos cansos de ver sobrevaloracións de videoxogos día a día e temos claros exemplos como o Mirrors Edge ou o propio Killzone 2, pero existe unha minoría, que por motivos que non comprendo, pasan totalmente inadvertidos para os xogadores, xogos que pasan ao limbo dos videoxogos olvidados.

Vou poñer tres claros exemplos do que lle pode pasar ( e non debería) a xogos dunha calidade moi boa, que non son aceptados polos xogadores, ben polo propio descoñecemento do videoxogo ou pola insaturada publicidade que recibiron ( totalmente contrario o que acontece hoxe en día).

Comezarei a falar de:
Rygar:


Unha das gratas sorpresas que nos deu Tecmo por aquel 2003. Tras 17 anos de ausencia, Rygar-The Legend Adventure, para PS2 é un xogo completamente novo.Mantendo ao noso guerreiro gladiador, a súa clásica arma “yo-yo” e ese inconfundíbel transfondo mitolóxico, pasouse dun esquema arcade 100% no que había que aniquilar a todo becho vivinte, a un action-aventure en toda regra, na cal se pode dicir que prima máis a axploración de vastos paraxes, resolución de sinxelos puzles, unido a algunhas doses de plataformeo intensivo, que os enfrentamentos corpo a corpo contra pequenos grupos de inimigos que nos sairán ao paso… eso sí, tendo o seus momentos de épica máis arcadiana nos combates contra os descomunais Final Bosses de cada nivel.Todo isto, é xustamente Rygar de PS2. A súa boa xogabilidade e o seu atractivo apartado gráfico convertírono nun adictivo xogo que tan bo sabor de boca nos deixou a todos… os que o probamos.

Ghosthunter:

Ghostgunter basease no estilo cinemetográfico das películas americanas de suspense e acción, donde un heroe, normalmente estereotipado, enfróntase á ameaza espectral de turno e finalmente consegue derrotalo. Deixando de lado as semellanzas que se detectan no nome, o título ten lampexos que recordan aos cazafantasmas, como o estilo de armas de plasma e trampa para encerrar ao fantasma e incluso Vigo, o mostro final da película que ten o mesmo estilo medieval que no xogo. Sin dúbida, a calidade gráfica, a variedade de situacións ( incluso con momentos de sigilo), a cantidade de inimigos cunha intelixencia artificial moi lograda, a captura de fantasmas co noso disco… fai deste xogo unha pequena xoia que tamén pasou desapercibido a pesar de ser un dos títulos máis divertidos desta plataforma.

Primal:

Personalmente, a este xogo téñolle un particular aprezo, a aventura creada por Cambridge Studios, engatusoume de principio a fín. Primal é un xogo de aventura-acciónque nos pon na pel dunha rapaza chamada Yen, cuxos misteriosos tatuaxes resultan ser estigmas da súa condición de “elixida” para salvar o mundo demoníaco alternatico/paralelo. A historia encárgase de narrarnos con excelentes secuencias cinemáticas e unha doblaxe de fábula cómo Yen está convaleciente nun hospital tras o ataque dun abominábel monstro que secuestrou ao seu noivo, e deixouna ás portas da morte, e , Scree, unha especie de gárgola que nos acompañará durante toda a aventura, sácaa dos séu corpo para que cumpra o séu destino, transportándoa a un mundo demoníaco onde terá que desfacer os problemas de varias especies, ademáis de descubrir máis sobre ela mesma e a súa metade diabólica. Noutras verbas, sacar ao demo que leva dentro. Ademáis, a medida que avanzamos na aventura, a protagonista vai adquirindo poderes, coa posibilidade de cambialos ao noso gusto, e tendo en conta que cada capítulo é unha historia independiente que coincidirán nun punto concreto, este xogo engancha ata o final.Para mín un dos mellores xogos da Play2.

Xogos independentes

Por: Luns, 4 de Maio de 2009, 10:38 COMENTAR

Estamos acostumados a ver saír ao mercado xogos de costes multimillonarios, xogos que posteriormente de malgastar todo ese poder económico, percatámonos que o resultado non é precisamente o desexo que tiñamos.
Con isto chego a unha cuestión, é preciso gastar inxentes cantidades de diñeiro para conseguir un xogo bo?.
A miña resposta é ben clara, NON.
Precisamente aquí é onde aparecen os xogos independentes, videoxogos creados por aficionados a este mundo, os cales coa simple arma da súa mente e cun baixo coste ( moi baixo) de presuposto, conseguen programar xogos, os cales moitas veces superan a calquera dos títulos supravalorados que atopamos en calquera tenda.
Estes videoxogos non buscan a enorme calidade gráfica, senón a diversión do propio xogador, e parece mentira o adictivos que poden chegar a ser xogos tan simples como Pompo & Pompa, que coa única axuda do noso rato, teremos que pasar unha burbulla a través de diferentes tuberías, cunha soa norma: non se pode tocar a nada, ou a nosa burbulla desfarase en mil anaquiños. O que parece unha tarefa sinxela, convertirase nun reto dunha dificultade desesperante pero ao mesmo tempo atractiva.
Moitas das propostas que se presentan nos xogos independentes, son máis que nada para probar a interpretación que tería unha idea extrafalaria para uns e innovadora para outros, aplicada ao mundo videoxoguil. Como exemplo temos o que chamaron Lineal RPG ( xa vos daredes conta o por qué deste título), o cal utiliza un deseño simplista, xunto un desenrolo… curioso.
Buscando unha similitude co fermoso e entretido Braid, temos un proxecto que chamaron Chronotron. Farate pensar un pouquiño máis, pero consegue ser altamente adictivo, ademáis de conter un apartado gráfico moi decente.
Pero hai un xogo que verdadeiramente me cautivou, o xogo flash chámase Dont Look Back, e para mín é unha verdadeira obra de arte. Cun apartado gráfico retro pero fermoso, xunto a unha sonoridade espectacular e un desenrolo impresionante emulado aos clásicos plataformas, faranos estar xunto á pantalla do ordenador ata os case dez minutos, que é o que dura esta impresionante aventura. Ademáis é totalmente incríbel que un xogo dunha duración tan pequena, e sen mediar nin unha soa palabra consega transmitirnos tanto co seu argumento. Debería ser abrigatorio catar esta exquisitez, bengastade dez minutos da vosa vida neste xogo.
Como vedes os xogos independentes comezan a ter bastante forza, detalle do que me alegro descaradamente, e non vos sorprendades se pronto vemos xogos tan orixinais como este
cisne inacabado ,ou a xenialidade de este proxecto, no cal nos veremos obrigados xogar coas sombras.
A pesar da pouca aceptación que teñen estes xogos na actualidade, parece que nun futuro poderán ser un claro referente para esta cultura.
E coa boca ben aberta, digo que estas compañías multimillonarias que crean a maioría dos “bet-sellers” videoxoguís , deberían tomar exemplo do que se podería facer cos medios monetarios suficientes e unha dedicación plena cara os videoxogos.

Videoxogadores hipócritas

Por: Venres, 1 de Maio de 2009, 12:12 3 COMENTARIOS

Todos somos conscientes de que o mundo dos videoxogos está relacionado con inmadurez, infantilización, agresividade, e outros termos erróneos, os cales a xente emprega sen ningún tipo coñecementos, cando se queren referir a este mundo.
Pois eu preguntome, a quén se referirán concretamente?
Porque igual que pasa no resto das materias, a hipocrisía que rodea a esta cultura, é moi elevada.
Puxéstesvos a pensar algunha vez, a cantos que teñen videoconsola lles gusta os videoxogos realmente?.A moi poucos.
Dende hai xa anos, os videoxogos pasaron de ser motivo de divertimento a convertirse nunha moda lonxeva. Unha moda que está respaldada polos medios de comunicación, os cales nos meten na cabeza que se non tes unha videoconsola, xa non vas ser o “nonvaimáis” do instituto.Por suposto, todos obedecen sen ningún tipo de problema. Cantas casas teñen unha Wii ou unha DS?Moitas.
E agora a pregunta de século:
Cantos das millóns de persoas que son posuidoras dunha consola, disfrutan realmente dos videoxogos?
A xente unha vez que adquire unha videoconsola, xa cumpríu, xa pode presumir de ter un consola, xa pode alardear de ter unha Playstation 3, Xbox ou a que sexa, xa está metido no círculo hipócrita que degrada o mundo dos videoxogos.
Como moito, os primeiros días mercará un xogo e incluso ata lle pasará o final ( isto cun pouco de sorte).
Se algún día lle prestan algún outro videoxogo, botaralle un vistazo, saltaralle diálogos ( total qué lle importa o argumento), saltaralle os vídeos de presentación ( total, do que se trata é de pulsar botóns, non de perder o tempo en mirar vídeos), comezará a mover o protagonista, e como se trabe nun lugar concreto ou lle custe pasar dunha de terminada fase, como se lle pida un mínimo de paciencia e un mínimo de intelixencia, abandonará o videoxogo de inmediato.
Supoño que coñeceredes a xente así, pero estes non se poden considerar xogadores, no fondo ( ou non tan fondo), non lle gustan os videoxogos, son hipócritas, vítimas dun sistema que nos fai actuar da forma que lles dá a gana.
E preguntarédesvos, o que escribe pasoulle exactamente o mesmo…
Existe unha minoría, os cales tratan os videoxogos, como un cinéfilo trata os filmes, como un lector trata os libros, dunha forma obxetiva, tentando fuxir da basura que se programa en forma de videoxogos, e buscando as grandes obras de arte que se crean neste mundo.
Saboreando cada videoxogo de principio a fín, convertindo cada xogo nun novo mundo,tratando aos videoxogos como cultura.
Pero por desgraza quedamos poucos, moi poucos…

Se decidín poñerme a crear un blogue sobre o mundo dos videoxogos en galego, foi precisamente pola ausencia total destes na rede. Mira que busquei, pero nada. O idioma neste tema era sempre o mesmo.
Por unha banda non estou precisamente asombrado nin conmovido ( o mellor conmovido un pouco, pero xa ben de lonxe), xa que se a ninguén lle interesa o galego en temas máis cotiás, moito menos nun tema, no que os principais consumidores son xente nova, a cal parece que leva o desprezo galego nas veas, e prefire noticias que veñan dos núcleos de cidades, as cales consideran “importantes”.
Aínda así, supoño que haberá unha minoría, e dentro desa minoría existirá unha elite, que lle agrade ver algunha noticia sobre esta cultura, no seu idioma, cada vez máis remoto.
Pois mentres dure a miña tolería, segurei escribiendo as noticias que me parecen máis relevantes sobre os videoxogos no meu galego, que por suposto non é perfecto. Pero máis vale un intento fallido, que unha falta de compromiso plena.

Merda de publicidade

Por: Venres, 24 de Abril de 2009, 14:49 COMENTAR

Canso estou de ver como publicitan e suben ao podio a xogos, os cales aínda están nunha etapa moi prematura de desenrolo. Non saben nin sequera que trama seguirá o videoxogo, pero xa saben a forma de comerlle a cabeza aos inobxetivos e mandados compradores.
Primeiro sacan rumores do xogo como cooperativos, escenarios descargábeis, dificultades engadidas… e outros moitos bulos para crear o debate nas canles de internet, e así dar a coñecer dito xogo. Por suposto conségueno, e non tardan en crear discusións e polémicas( cousa cada vez máis doado de conseguir). Unha vez que teñen o xogo ben anunciado, xa dá igual os extras que lle aumentan, se queren sácanlle todo o que previamente tiñan anunciado e argumentan falta de tempo, multixogador inapropiado… e toda a xentiña que defendía a morte esa gran novidade ou novidades, quedan coa boca cerradiña, calados, ténues…..
Pero o verdadeiramente triste é que non se percatan de que fan o que queren con eles, e non castigan estas actuacións, ao contrario, esperan con ansias o proxecto e agradecen ás compañías os seus esforzos ( lamentábel).
Darédesvos conta que non menciono ningún título…pois eso, cada un que pense no exemplo que queira, que lle dedicades un mínimo de tempo sairanvos un cento de nomes.
O malo é cando un xogo cansegue facerse famoso e anuncian que está en proceso a súa segunda, terceira, cuarta ou centomillonigésima parte. Cando se produce isto, as compañías xa non teñen que molestarse nin en crear ningún bulo, porque coa propia idiotez dos consumidores basta para que, antes sequera nin de saber o propio nome da entrega, xa se derritan en loubanzas cara o futuro proxecto.
Verdadeiramente penoso.
A xente debería ser un pouco máis obxetiva e crítica cos videoxogos que compra, que para iso gasta o que gasta, e castigar máis o información prematura( e a miúdo falsa), que emiten as propias compañías.
E as compañías, deberían invertir máis na calidade do videoxogo, para crear algo decente e bo, e non simplemente disparos monótonos pa diante, e non nas cantidades inxentes de publicidade que emiten.
Vaia merda de publicidade!!!!!

Graficos nun videoxogo

Por: Mércores, 22 de Abril de 2009, 14:48 COMENTAR

Está bastante claro o que están facendo as empresas de videoxogos nesta xeración, non buscan nin orixinalidade, nen duración ( e difícil atopar un xogo que pase das dez horas, o que é verdadeiramente insultante), nen sequera argumento.O único que aspiran é a elevar a cantidade de píxeles, así conseguindo uns gráficos bonitos.Pero qué pasa cando compras un videoxogo destas características.É aquí a resposta.

“Despois de gastar setenta eurazos nun xogo que publicitaron ata a saciedade, chegas a casa e introducelo na videoconsola. Deixas ver a introdución e xa comezas a quedar abraiado pola súa calidade gráfica.Daslle a inicio, e comeza a correr o xogo. É tal como dixeron e quedas abraiado polos seus gráficos. Unha hora despois, as túas pupilas xa se acostumaron a tales gráficos e xa non che sorprenden tanto. Dúas horas máis tarde estás canso de repetir sempre os mesmos movementos e de facer sempre o mesmo. Ás tres horas, o ver que o argumento non é do mellor( polo que non tes tantas ganas do que vai suceder, porque xa o podes imaxinar), saes do xogo e miras a estatísticas e …… sorpresa, xa levas a metade do xogo pasado, apenas sen facer nada, polo que o día seguinte pasaralo sen problemas xa que a súa dificultade, tampouco é o seu punto forte.”
Isto é o que lle pasou a miles de persoas cando compraron o Assasin´s Screed, ou o Mirrors Edge ou a tantos outros, que destacan simplemente pola súa calidade gráfica, xa que o resto dos apartados están descoidados.
É ben sabido que o xogo perfecto non existe e que os gráficos ( sobre todo nesta nova etapa) son un factor moi importante, pero non son o factor máis relevante, e un bo xogo ten que estar formado por unha combinación de todos os apartados, o que inclúe: gráficos, duración, xogabilidade, dificultade, argumento, sonido….. e por enriba de todos estes apartados está o máis importante: A DIVERSIÓN, e moitos xogos só manteñen este factor os primeiros minutos de xogo, e tantos outros nen sequera iso.
Asique sexamos máis obxetivos a hora de validar un videoxogo, e non digamos que é bo, simplemente porque está anunciado ata a saciedade.

Quick Time Events

Por: Luns, 13 de Abril de 2009, 15:12 COMENTAR

God-of-war-quicktime

 

Observando páxinas, foros, blogues, revistas e outros medios desmoralizadores, non é difícil atopar disputas sobre a introdución dos QTE (Quick Time Events) nos videoxogos, uns blasfemando contra este, cada vez máis popular recurso, e outros derreténdose en loubanzas cara esta técnica.
A pesar disto, o que ninguén pode negar, é que empregando os QTE, a espectacularidade do xogo aumenta considerábelmente, e con isto as súas espectativas.
Porque sexamos honestos, por moi realista que intenten facer un videoxogo, as accións do protagonista sempre van ser moi limitadas (saltar, disparar, correr, cubrirse…), polo que os combates acaban sendo moi similares entre si.
De feito para evitar esta suposta monotonía, establecéronse os QTE (ou iso quero pensar), así, simplemente con premer unha secuencia de botóns no momento oportuno, o protagonista pode facer movementos diferentes ( o máis puro estilo cinematográfico) en cada acción ou pelexa que teñamos. Claro que desta maneira a dificultade descende a velocidades de vertixe, xa que con frecuencia ( por non dicir na súa totalidade, as secuencias conséguense facer dunha forma moi doada), obtendo con isto un xogo moito máis accesíbel para os xogadores menos habituados, pero o mesmo tempo sacándolle enteiros para o xogador máis experto.
Creo que un gran exemplo do que se debe facer cos QTE é o God of War, no que se da cita unha perfecta mestura entre o recurso dos QTE e o manexo arcade de toda a vida, facéndonos debilitar o inimigo ( golpeándoo como se fose un xogo de acción normal e corrente) para poder usar o final, a tan mencionada técnica, e así rematalo dunha maneira espectacular. Desta forma nen se resinte a dificultade, nin temos pelexas tan reiteradas.
Como todo, se se emprega este recurso deberíase controlar un pouco, e non abusar, e se se decide implantálos nun videoxogo, facelo dunha forma lóxica, non coma no Resident Evil 4, que non podes ver unha escena de vídeo tranquilo por mor de que che apareza un destes Quick Time Event no momento que menos contas con el, e teñas que volver a comezar a fase pola morte innecesaria do protagonista.
De todos os xeitos, parece que esta técnica lle gustou moito ás compañías polo uso masivo nos actuais xogos, polo que case seguro temos Quick Time Events para o presente, para o futuro e para un seguinte futuro.

Política de márketing de Wii

Por: Xoves, 9 de Abril de 2009, 13:21 COMENTAR

Nintendo sempre foi sinónimo de calidade, con cada consola que sacaba ao mercado, o mundo videoxoguil sufría unha revolución. Está ben claro que isto cambiou.

Antes da saída da Wii, especulouse sobre o que sería a maior revolución neste ámbito, que cambiaría a nosa forma de ver os videoxogos. Pois ben, hoxe sabemos con certeza, que simplemente era parte do seu plan de márketing, e conseguírono, conseguiron que ata a xente , que non sabía nin sequera o significado de “pad”, coñecese esta consola.

Gastaron millóns e millóns en publicidade, a loxística comercial desta consola é tan perfecta, que atopamos Wiis, ata nos lugares máis insospeitados, repetiron ata a saciedade que os xogos tamén ían dedicados á xente maior( ou polo menos máis maior do habitual) ou aos nenos máis pequenos (e por suposto todos obedeceron)…

Así, hoxe en día, na maioría das casas é moi frecuente atopar un destes aparatos, algúns non saberán nin para que serve, outros encenderana cada vez que llo recorda a “todopoderosa” TV, outros usarana como pousavasos e existirá unha minoría que xogue por que lle gusta, sobre todo, rapaciños con mentes corrompíbeis.

Aínda así, despois de ver a atroz eficacia do seu márketing, penso con melancolía na antiga Nintendo, xa que a calidade dunha consola, non ben dada polas características da propia, senón polo repertorio de videoxogos, e sacando os cinco ou seis que fan sobrevivir a Wii, ¿qué nos queda?. Pois un xoguete caro, que grazas a súa política de márketing, consegue que a xente compre.

Así e todo, e con nulas esperanzas, gustaríame que na próxima xeración, Nintendo volvese a poñerse á altura dos seus inicios, invertindo máis en videoxogos e menos en publicidade, para tentar rescatar aos aunténticos xogadores, que fixeron de Nintendo o que foi.

DSi

Por: Martes, 7 de Abril de 2009, 10:12 COMENTAR

Todo o mundo sabe xa que é a nova DSi, pero, ¿era necesaria esta nova versión?, a miña resposta é ben clara: NON.

Dende que a portábel de Nintendo saíu ao mercado alá polo 2004, xa sufríu tres cambios na propia estructura da consola, e ningún del tivo a suficiente repercusión na propia videoconsola , como para mellorar a súa calidade.

O cambio máis relevante desta nova modificación, é a inclusión dunha pequena cámara que che permite sacar fotos (non esperedes a calidade dunha cámara dixital) e incluso che detecta o movemento, como xa fai a cámara Eye Toy. As compañías aproveitaranse deste detalle, e sacarán en breve varios videoxogos que utilicen esta característica, pero ¿adaptarase ben á portábel?, se xa moitas veces resulta molesto ter que sacar o lápis, para facer algunha acción irrelevante no xogo(tómese como exemplo o GTA, que hai que andar co lápis cada dous por tres) como sentará andarse movendo diante da cámara…sí, aos rapaces máis pequenos pódelle gustar o detalle, e por pouco tempo. Sen ter en conta que a captura de movemento da cámara non é exacta, polo que aínda lle resta máis enteiros.

O resto das modificacións apenas se aprecian entre a Dsi e a Lite, un lixeiro aumento das pantallas, nova posición do botón de apagado, adelgazárona un pouquiño e algún que outro detalle irrelevante.

Pero aínda por enriba, eliminaron a ranura da GB Advance, polo que tamén eliminaron a posibilidade de xogar a estes cartuchos.

Asique xa vedes do que se trata, modifican a consola con detalles absurdos, coa intención de captar novas víctimas, en forma de usuarios sen obxectividade.

Pero ben é certo que a calidade dunha consola non a fai as súas características, senón os séus videoxogos, e nisto precisamente é no que deberían invertir as compañías.