Que xogo podemos estrear coa PS Vita para demostrar ao mundo do que é capaz de mover a nosa máquina? , Si, Uncharted é unha boa opción.
Isto debeu ser o que pensaron os de Sony con moi bo ollo, porque dende logo o resultado supoño que foi o que eles querían dende un momento, manter ao xogador agarrado á PS Vita facéndose a seguinte pregunta unha e outra vez, será posíbel que unha portábel poida mover estes gráficos?

Ler o resto da entrada »

Primeiro contacto coa PS Vita

Por: Mércores, 14 de Marzo de 2012, 12:03 COMENTAR

Despois dunhas semanas da saída da nova portábel de Sony, a PS Vita chega as miñas mans para facer unha valoración xeral sobre o seu funcionamento, os seus recursos e as súas características xerais para que vos fagades unha idea de como é a nova consola de Sony.

Ler o resto da entrada »

Análise de Rayman Origins

Por: Xoves, 23 de Febreiro de 2012, 18:39 COMENTAR

Outro personaxe clásico volve ás consolas actuáis e sorprendentemente faino dunha maneira que ninguén esperaba, é dicir, por todo o alto. Rayman regresa nunha aventura de plataformas en 2D, o máis puro vella escola, pero coa diferenza do apartado técnico que se alonxa dos títulos retro e fai recapacitar ao resto das desenvolvedoras de como se debe realizar un videoxogo, polo menos neste aspecto.

Ler o resto da entrada »

Análise Star Wars; The Old Republic

Por: Domingo, 12 de Febreiro de 2012, 19:50 COMENTAR

Co retraso lóxico que esixe a análise dunha obra destas características, achégovos as impresións colectadas ao longo dun alto número de horas de xogo no inmenso mundo virtual que lanzou á rede Bioware. Pero antes de nada metámonos en materia.

No 2003, durante o apoxeo da anterior xeración, lanzouse ao mercado “Knights of the old republic”, un RPG desenrolado por Bioware coa licenza de George Lucas que se convertería nun dos mais xeitosos e exitosos da época. Dous anos mais tarde coñecería unha secuela xa desenrolada por Obsidian ao estar Bioware centrada en proxectos propios coma “Jade Empire”.

A pesar das esperanzas e desexos dos numerosos fans de “Knights of the old republic” nunca chegou a haber unha terceira entrega. Nos albores desta xeración moitos rumores apuntaron a un novo entendemento entre Lucasarts e Bioware, pero xa fose porque Bioware non conseguiu a licenza, ou porque de feito apostaban de antes pola creación dun universo de ciencia ficción propio, no lugar dun KOTOR 3 veríamos nacer a saga Mass Effect, que se convertería á súa vez nun mito do xénero.
Ler o resto da entrada »

Falling Skywards é un dos catorce xogos que compoñen o AGS Bake Sale, un pack que está á venda por unha doazón mínima de pouco máis dun euro. Os cartos recadados van integramente á organización caritativa Child’s Play, dedicada a levar videoxogos e xoguetes aos nenos hospitalizados de todo o mundo. Os catorce teñen en común o motor no que foron programados, o AGS, que xa nomeei anteriormente nalgún outro artigo, sendo por exemplo a ferramenta na que Akkad Estudios programa os seus xogos. O motor creado por Chris Jones en 1997 (que á fin é de código aberto dende o pasado ano), se ben está pensado para a programación de aventuras, os usuarios levan moitos anos a amosar a súa versatilidade, así neste Bake Sale podemos atopar, ademais de aventuras gráficas, outros xogos encadrados en diferentes xéneros, como plataformas, shoot ‘em up e simulación social (mais con pantasmas).

Este Falling Skywards é unha aventura ambientada nun contorno distópico marcado polo devastador impacto dun asteroide. Unha morea de anacos da superficie do planeta foi arrincada e lanzada polos aires, algúns deses retrincos saíron despedidos coa velocidade e dirección axeitada para quedaren atrapados no ceo, orbitando o planeta por sempre, pendurando sobre as cabezas dos habitantes da superficie como un vestixio arqueolóxico dun tempo pretérito onde a vida era máis plácida. Agás unha elite que acapara os poucos recursos sobreviventes ao cataclismo, os habitantes da superficie teñen unha vida chea de penurias, facendo o que sexa preciso para poder levar algo á boca. Como cazatesouros esculcando nos restos de barcos soterrados en peláxicas paraxes, existe unha caste de buscavidas que percorren as ruínas colgantes da civilización anterior na procura de calquera cousa de valor que vender á aristocracia, os chamados scavengers. O de scavenger é un oficio moi perigoso, se ben a gravidade a esas alturas é moito máis feble facilitando o salto entre fragmentos do vello mundo, un paso en falso pode ser o derradeiro, o aire non é denso abondo para ser respirado e a temperatura mantense moi baixa. Os scavengers dependen do seu escafandro e a súa reserva de osíxeno, amais do seu compañeiro ao outro lado da radio, esperando nun avión co combustíbel xusto para un rápida procura, coa ilusión de atopar obxectos valiosos abondo para mercar algo de comida e gasolina para seguir tirando. Roger é un deles, un mozo que leva toda unha vida, dende que comezou de cativo xunto a seu pai, dezaoito anos xa, saltando de casas ruinosas a rúas incompletas. Mais esta vez será diferente, o rapaz, nada máis comezar unha fugaz expedición, dá con algo que xamais vira en todo este tempo, unha árbore… viva! Este é o argumento de Falling Skywards, interesante, non si?

Ben Chandler é o creador desta aventura, fíxose un nome nos foros do AGS polos seus marabillosos fondos a baixa resolución e a súa inventiva para crear universos, Falling Skywards é unha mostra máis da súa capacidade. Acertado coma sempre na escolla de paleta, é capaz de darlle forma con mestría a ese particular hábitat en caída perpetua so as estrelas. O minucioso traballo no sombreado dos fondos non atopa continuación no sprite do protagonista; alleo aos cambios de luz, preséntasenos menos integrado nos escenarios do que cómpre nun traballo desta calidade gráfica (a falla de reescalado ao se mover pola pantalla tampouco axuda).

Por máis que o aspecto visual sexa o forte de Chandler, Falling Skywards é unha obra por riba de todo literaria. Os monólogos do protagonista supoñen a principal fonte de información do xogador, afórrase ao non amosar certas situacións aínda que ten notábeis animacións suplementarias. Os crebacabezas son pouco máis ca unha trécola para que esteamos a falar dunha aventura, exiguos e pouco imaxinativos.

A interface segue esa austeridade interactiva, reducida a un sistema de dous clics, interacción e observación. A resolución está orientada por completo ao uso de obxectos nos escasos puntos quentes. Se ben a narración de Falling Skywards non aproveita as singularidades da aventura, este pequeno xogo, que remataremos dunha asentada, resulta interesante en tanto que nos conta unha historia orixinal e ben ambientada. Ao traballo gráfico úneselle unha desacougante banda sonora na que uns borboriños, que todo scavenger escoita mais raramente menciona, acompáñannos durante toda a aventura como ecos do pasado atrapados nos muros dun mundo que se esvaeu nun instante.

Análise de “Super Mario 3D Land”

Por: Luns, 16 de Xaneiro de 2012, 19:03 COMENTAR

Podo dicir sen moito medo a trabucarme que a primeira gran aventura da nova consola portábel de Nintendo volve da man do fontaneiro máis famoso. Deste xeito creo que o cen por cen dos xogadores habituais xa sabe a que tipo de xogo nos imos enfrontar, pero claro, ten os seus contras.

Ler o resto da entrada »

Análise de CoD: Modern Warfare 3

Por: Martes, 6 de Decembro de 2011, 16:45 COMENTAR

Fai un tempo Infinity Ward sufríu unha serie de baixas que deixaron ao equipo carentes dalgunhas das súas persoas máis características, detalle que me deixou bastante triste, xa que a miña cabeza inconsciente xa deu por feito que os Modern Warfare non serían o de sempre, pero que equivocado estaba, que inocente fun, porque esta terceira entrega é aínda máis grande que as anteriores (ou polo menos á altura do primeiro), con decenas de situación límite que só poderemos saír victoriosos abríndonos paso a tiros.

É curioso como un desenvolvemento tan sinxelo como é disparar a todo o que se move, se converte nunha das aventuras máis espectaculares do ano, o que me fai preguntar a seguinte cuestión, realmente quén foron os que abandonaron Infinity Ward?, serían os de limpeza, porque a calidade non diminuíu absolutamente nada, ao contrario houbo unha mellora con referente á segunda entrega.

Ler o resto da entrada »

Assassins Creed: Revelations

Por: Xoves, 1 de Decembro de 2011, 17:31 1 COMENTARIO

Cando se fala da saga Assassins Creed sempre hai opinións enfrontadas, estamos aqueles que desfrutamos más da calidade narrativa destes xogos, obviando os seus moitos defectos na xogabilidade (a tediosa repetitividade),e están aqueles ós que estes defectos non lle deixan desfrutar da historia, a pesar de que recoñecen que está ben fiada. Con esta nova entrega da saga a controversia entre fans (Entre os que me inclúo) e  detratores remata, non porque arranxe os problemas das anteriores e sexa un gran xogo, senon que xusto por tódolo contrario, é un xogo que ata a un acérrimo defensor das andanzas de Edmond Miles como mín deixa bastante frío.

Aquí, xogaremos cun Ezio Auditore que xa leva uns anos as costas, e que se dirixe a Masiaf na procura dos segredos de Altair (para quen non o lembre o asasino do primeiro xogo) e coma non repetindo a fórmula habitual tópase cos enemigos templarios. A maioría do xogo transcorre na turca de cidade de Instambul (ou Constantinopla depende a quen lle preguntes), que como sempre está recreada dun modo maxistral, aínda que a propia estrutura da cidade propicia unha das facetas máis enervantes do xogo: Os trasbordos dunha beira a outra do Estreito do Bósforo, que hai que realizar continuamente e que enlentecen o xogo ata levar a desesperación.

Aviso, no xogo non hai Kebabs

Ler o resto da entrada »

Sei que hai tarefas para as que o fanatismo ou a paixón excesiva non son boas compañeiras; véñenme á cabeza agora mesmo tipos armados e analistas de xogos, por exemplo. Atendendo a esta realidade amordazarei ao pequeno alter ego que me berra no interior da cabeza (na lingua dos dragóns, por descontado) a súa euforia porque por fin case tódalas pezas funcionen nun xogo de Bethesda.

Mentres ato mentalmente a ese pequeno salvaxe nalgunha árbore do camiño a Ventalia, contareivos algo sobre a miña primeira encarnación no reino de Skyrim, cando fiel á miña tradición en The Elder Scrolls fun un home bretón con malas pulgas pero bo corazón (xusto ao revés que na realidade). Se houbo algo que adorei de Skyrim foi o próprio feito de estar alí; explorar o xélido nordeste do reino, onde a neve cae día e noite. Determe despois do ocaso para pasar a noite nalgunha posada e escoitar á luz do lume ao bardo local cantar sobre as lendas do vello reino ou os sucesos actuais. Poñerme de novo en marcha antes do amencer, baixo a preciosa aurora boreal, para percorrer as grandes distancias onde nunca sabes quen ou qué pode aparecer ao xirar o camiño, nin cando che sorprenderá o ruxir dun terríbel dragón para anunciar un duro combate.

E utilizo esa carta de presentación porque considero, como teñen sinalado algúns xornalistas, que o primeiro que hai que dicer de Skyrim é que nunca ningún outro xogo foi capaz de dar tal peso ao próprio mundo no que se desenrola e ás intrahistorias (se todos usan a Unamuno eu tamén, pero ségueme caendo mal) case infinitas que nel viviremos, facéndonos compoñer a golpe de mando unha longa narración skáldica que sentiremos moi especificamente nosa.
Ler o resto da entrada »

Análise de “Batman: Arkham City”

Por: Mércores, 23 de Novembro de 2011, 12:45 COMENTAR

O cabaleiro escuro adéntrase por segunda vez nas consolas maiores desta xeración nunha aventura que o levará afrontarse cos seus inimigos máis famosos, dende Dúas Caras até o clásico e irreverente Joker.

Todos estes personaxes están en Arkham City, unha prisión aberta no que o caos perdura en todos os recantos e a violencia é a protagonista, e por suposto, alí vamos nós.

Con esta premisa nace Arkham City, un xogo que iguala e incluso supera a calidade de Arkham Asylum, e xa é moito dicir, asegúrovolo.

Ler o resto da entrada »

A primeira vez que escoitei que Sony pretendía lanzar ao mercado unha reedición dos xogos de Team Ico, ICO e Shadow of the Colossus o sangue subíume de temperatura un par de graos polo menos, e máis tendo en conta que xa son practicamente imposíbeis atopalos por separado para a PS2.

No meu caso xa xogara a estes dous títulos na mencionada Playstation 2, mais non me din resistido volvelos a rememorar, e aínda que tiña certo medo que non me namoraran tanto como o fixeran da primeira vez (moitas das cousas que lembramos non son reais), volvérono conseguir…e de que maneira.

Ler o resto da entrada »

Deux ex: Human Revolution

Por: Xoves, 13 de Outubro de 2011, 1:57 1 COMENTARIO

Estamos no ano 2027, na sociedade as diferenzas entre ricos e pobres cada vez están máis acentuadas e unha controversia sobre a implementación de melloras nanotecnolóxicas sacude a sociedade. Neste escenario introdúcenos Deus ex: Human Revolutions, a terceira entrega da saga Deus ex e dende logo consigue captar o espírito deste mundo ciberpunk que nos presenta.

No videoxogo encarnamos a Adam Jensen, un axente de seguridade dunha empresa de nanotecnoloxía, que tras tentar defender a empresa dun roubo e ser ferido de gravidade, é salvado contra a súa vontade gracias a os implantes cibernéticos. Na procura dos seus agresores veráse envolto nunha conspiración a escala global que supera todo o que él imaxinaba.

Existe algo máis "cool" que gafas de sol activadas por implantes?

Ler o resto da entrada »