É doado que todos lembredes o popular xogo de espada e maxia de SEGA “Golden Axe”, descaradamente baseado nos personaxes de “Conan o bárbaro”, que revolucionou os arcades alá por 1989 e poida que unha bo morea de vos continue a xogar nel hoxe nas consolas ou emuladores. Non so foi declarado mellor xogo daquel ano pola prensa especializada senón que a afección corroborou tal galardón de xeito case unánime, sendo moi alta a recadación nos salóns recreativos e as ventas das conversións oficiais para os fogares en Mega Drive e Master System.

Dende aquela foron saíndo máis conversións, despois segundas e terceiras partes da saga e “remakes” de afecionados, uns con máis sona que outros. O que aquí vou comentar é un deses “remakes” pero de corte profesional, programado pola propia SEGA para a PlayStation 2 de Sony, que podemos atopar no recompilatorio “SEGA Classics Collection” do ano 2005, que viña tamén con versións melloradas doutros sete xogos de SEGA “de toda a vida”: Columns, OutRun, Virtua Racing, Monaco GP, Fantasy Zone, Space Harrier e Puzzle & Action (Bonanza Bros. / Tant R).

O primeiro que habería que remarcar é que para alguén que nin xogou nin coñece a versión orixinal do Golden Axe, este “remake” pareceralle un xogo aburrido e sobre todo monótono, que asemella non ter fin e por intres cunha dificultade demasiado elevada. É dicir, que para gozar do título cómpre non só coñecer a saga (ou polo menos a primeira parte) senón tamén ser “fan” dela. E aínda así… en fin, vexamos.  Ler o resto da entrada »

Análise de Call of Duty: Black Ops 2

Por: Luns, 26 de Novembro de 2012, 18:30 COMENTAR

Fai uns días lanzouse un rumor que dicía que o próximo Call of Duty podería ser unha nova entrega da saga Modern Warfare, recordade aquela cuarta entrega que creou un antes e un despois nos FPS bélicos.

Pero non nos esquezamos de Treyarch, a compañía que estaba nun segundo plano pero sabendo manterse nesta temática, creando uns xogos entretidos pero sen chegar nin por asomo á calidade dos MW.
Pero a compañía soubo aprender e baixo o título de Black Ops e plaxiando métodos dos todo poderosos Modern Warfare, trouxeron consigo un título moi apto e grazas ao seu éxito crearon a segunda entrega a cal procederei a falar un pouco sobre as miñas impresións.

Ler o resto da entrada »

Análise de Dishonored

Por: Xoves, 15 de Novembro de 2012, 17:09 COMENTAR

Aquí nada de Ratibrón

Como se fose unha lenda, cada certo tempo aterra nas tendas un videoxogo sen facer moito barullo, sen excederse coa publicidade, sen hypearse demasiado, pero ten un brillo invisíbel que o diferenza do resto dos videoxogos, un brillo que se detecta unha vez que insertamos o disco na consola e vemos o que nos ofrece, cada certo tempo aparece un elixido, e desta volta non se chama Neo, chámase Dishonored.

Ler o resto da entrada »

Análise de Resident Evil 6

Por: Domingo, 4 de Novembro de 2012, 16:17 COMENTAR

Baila unha muiñeira ou disparo

Cando unha fórmula funciona hai que sabela manter, é certo, mais tamén hai que saberlle introducir os suficientes cambios como para que o xogador non sinta que está xogando ao mesmo cunha interface diferente.

Isto é exactamente o que lle aconteceu á sexta entrega de Resident Evil, unha saga que dende fai dous capítulos emprega unha xogabilidade moi diferente aos Residentes do Demo iniciais, unha xogabilidade que trouxo grandes alegrías na cuarta entrega e que se soubo manter na quinta, acción en terceira persoa en busca das situacións máis espectaculares.

Ben é certo que Resident Evil 6 intenta seguir calidade dos antecesores, pero sen considerar que sexa un xogo para o esquezo, segue unha liña de xogo demasiado sinxela e que non chega a sorprender.

Ler o resto da entrada »

Análise Sleeping Dogs

Por: Venres, 19 de Outubro de 2012, 0:33 2 COMENTARIOS

Sería interesante comezar a análise dun xogo como este cavilando un pouco sobre por que un xogo como o Sleeping Dogs (cans dormentes para os amigos) conseguiu atraer xente que non é entusiasta dos sandbox, aínda tendo presente o feito de que non é unha revolución dentro de xénero. Pode ser porque nos pon nunha ambientación non tan manida como os USA, pode que sexa polo refinado sistema de combate, seica podería ser pola calidade técnica do xogo, ou porque no fondo estabamos fartos de clons do GTA. O máis probable é que o encanto do xogo resida un pouco en todo, e que cada persoa o aprecie por motivos diferentes, pero vou tentar analizalo máis polo miúdo para que quede claro.

O primeiro en facerse notar deste xogo e a súa maior virtude é o seu sistema de pelexa, innovador nos sandbox, pero moi inspirado no de Batman Arkham Asylum. Un sistema que nos permite só con dous botóns sermos capaces de realizar con combos acrobacias e golpes dignos do gran Bruce Lee. Este sistema axiliza moito o combate sen armas, que se convertirá no máis común durante o xogo, para alegría dos que gostamos do cine de artes marciais. Este sistema é complementado polas “mortes por contorno”, que nos permiten usar obxectos do contorno, dende contentores de lixo e cabinas telefónicas ata caixas de fusibles ou altofalantes, para rematar os nosos inimigos de maneira máis rápida e divertida. Tamén destaca o manexo dos autos, que se afasta da sinxeleza dos GTA para achegarse máis a unha condución propia dun xogo de carreiras, algo ao que ao principio custa acostumarse, e aínda que máis tarde no xogo dá lugar a momentos propios de película de Hollywood, non consegue convencerme.

Non querías nécoras, pois toma as nécoras

O que si logra convencer e ata namorar (no caso de que che guste o antes citado Bruce Lee) é a ambientación. Hong Kong está recreado con moito detalle, tanto nos grandes centros comerciais coma nos mercados na rúa, en ningún intre podes chegar a pensar que estás nun lugar xenérico e non na China. As tendas, os edificios, os coches, ata as melloras e os minixogos axudan a crear esta atmosfera que invade todo o xogo. Mesmo a historia do protagonista, Wei Shen non deixa de estar ao servizo do ambiente, ao introducirnos neste mundo de policías corruptos e tríades divididas.

Pese a este segundo plano da historia, está está moi traballada e sobre todo os sentimentos de Wei Shen están moi ben formulados na primeira parte do xogo, algo que por desgraza se vai desdebuxando ao avanzar a trama principal, que se converte só nunha espiral de vinganza e escalada na xerarquía da tríade, sen profundizar tanto na psicoloxía do personaxe. A louvar dentro das misións da trama son as policiais, moi entretidas, usadas moitas veces para presentar outros elementos como submisións e que achegan un toque de variedade que fai ben a un xogo que no final pode resultar algo repetitivo. Seguindo coas misións, a misións secundarias poden dividirse en dous tipos, as mecánicas, bastante parecidas unhas ás outras, e que só serven para poder desbloquear novos combos e elementos, e as misións con algo de historia, non necesarias para avanzar, pero que si dan realmente un bonus de interese extra ao xogo.

Que hai máis asiático que cantar nun karaoke? Facer un minixogo sobre cantar nun karaoke.

Por último destacar que o apartado técnico do xogo é unha pequena marabilla, aínda cos gráficos á métade (para que o meu portátil non estoupe) puiden apreciar todo o esmero nos detalles; e as cinemáticas, aínda que non impresionantes, si están a altura doutros xogos do momento.

En resumo e como xa ía dicindo ao comezo, Sleeping Dogs é un xogo que sen innovar demasiado no xénero do Sandbox, si achega as suficientes novidades para diferenciarse, e na miña opinión o grande encanto do xogo é que esas novidades están todas ao servizo da experiencia xogable e de ese gozo que é ser o protagonista desa grandiosa peli de chineses que son os “cans dormentes”.

Ía a facer un chiste malo con chineses, pero creo que vendo esta señora o pensarei mellor.

Análise “Guild Wars 2”

Por: Domingo, 23 de Setembro de 2012, 19:02 COMENTAR

Igual non inspira moita confianza a análise dun MMO por parte dun redactor que manifesta certa aversión ao xénero. Non apelarei á miña profesionalidade por aquelo do patetismo, pero pódovos adiantar que a propósitos desta análise o meu escepticismo sobre a pandemia dos xogos masivos en liña pode resultar util á hora de xogar ao “busca as mil diferenzas” entre o título de ArenaNet e a mais que nutrida competencia.

O primeiro paso para gañarse a un xogador con pouca disposición a picar de novo noutra frustrante incursión no xénero é suprimir a cuota mensual, tamén coñecida coma “imposto do ancho rostro”, ou “sangría do Nerd”. Esta práctica, sostida hoxe por pouco mais que feitos consumados e un verniz de demagoxia corporativa, é a primeira vantaxe que “GW2” ofrécenos dende antes xa de poñer o xogo. Imos, mercámolo unha soa vez, e xogámolo… sen cuotas, sen impostos, coma calquera xogo convencional. Primeiro grande acerto de ArenaNet e primeira porta aberta para o retorno dos queimados e os escépticos.

Mais non pode quedar aí a cousa. Hai tempo xa que existe ampla oferta no free to play, e ningún deses títulos conseguíu destacar claramente de entre a marea. O segundo paso é, pois, ofrecer contidos de mellor calidade.

Unha vez adquirido o título e ante a gratificante sensación de poder xogalo cando apeteza sen preocuparse de ter que desenfundar de novo a Visa ou de obrigarse a xogalo para rentabilizar as coutas, chega o momento de valorar o xogo como tal.
Ler o resto da entrada »

Análise de Resistance: Burning Skies

Por: Xoves, 23 de Agosto de 2012, 14:34 COMENTAR

A saga Resistance aterra na PS Vita baixo o nome de Burning Skies, título no que volvemos a somerxernos nun mundo invadido polas Quimeras e que deberemos facer fronte disparando a todos os que nos atopemos por diante.

Certo, volve repetindo estratexia, sen sorpresas para o xogador, pero se algo lles funciona para que o queren cambiar, mais se mellorasen un tanto máis os seus apartados estariamos ante un xogo notable, así só chega ao correcto.

Ler o resto da entrada »

Análise de Asura´s Wrath

Por: Martes, 31 de Xullo de 2012, 14:50 COMENTAR

Asura´s Wrath é un deses títulos do que non sabes absolutamente nada até que xogas a el. Digo isto porque se vistes algún tráiler esquecédeo porque esteredes levando unha idea trabucada do que vos ides atopar.

É un xogo curioso, en certa maneira innovador, arriscado pero que non consegue capturar a alma do xogador xa que o seu desenrolo non é o máis axeitado.

Ler o resto da entrada »

Análise de Inversion

Por: Martes, 17 de Xullo de 2012, 13:35 COMENTAR

Como herba nun prado. Así son os shooters desta xeración, moitos e iguais.

Para os amantes deste xénero non hai ningún problema, ou si?, porque até o manxar máis saboroso en grandes cantidades aburre, mais indagando un chisco no xogo que nos toca, como definir Inversion?, pois xogabilidade de Gears of War con zonas de gravidade cero e un apartado técnico irregular.

Aínda queredes saber máis, pois entremos en profundidade dentro de Inversion.

Ler o resto da entrada »

Análise de Max Payne 3

Por: Sábado, 16 de Xuño de 2012, 16:29 3 COMENTARIOS

Meses e meses levan “hypenado” esta terceira entrega de Max Payne para rematar sendo unha bola de fume, un engano dos medios, unha estrataxema que de non levar os dous grandes nomes que o respaldan, Rockstar e Max Payne, sería un xogo que acabaría no limbo dos descoñecidos.

A continuación os motivos.

Ler o resto da entrada »

Ser uns pequenos estudos polacos nestes tempos nos que as grandes compañías fagocitaron todo o que cheirase a estudo independente conleva os seus problemas.

Comezo con esa reflexión porque en maio do ano pasado xa me preguntara como era posíbel que unha obra de tal calidade non merecese mais atención dos medios especializados, os mesmos que nos bombardean con calquera mediocridade tópica saída das aburridas mentes dos desenroladores apadriñados polos grandes estudos.

Como pasei a miña idade universitaria facendo o indio en lugar de estudar socioloxía non vou buscar os posíbeis motivos do pouco eco que ten a xenial saga do bruxo nas preferencias do público, senón no mais evidente factor do pouco apoio publicitario.

Con isto deixo claro de principio que considero a saga de Geralt de Rivia no seu presente a través do videoxogo coma un dos episodios mais infravalorados da presente xeración.
Ler o resto da entrada »

Análise de Silent Hill: Downpour

Por: Sábado, 7 de Abril de 2012, 13:56 COMENTAR

Non corren bos tempos para a saga de terror psicolóxico máis famosa de todos os tempos, non corren bos tempos para Silent Hill e lonxe quedan aqueles títulos sorprendentes que nos sumerxían de cheo nunha atmosfera perturbadora.

Pero co afán de seguir explotando a saga e a paciencia dos máis incondicionais atopámonos con Downpour un xogo moi frouxiño en todos os seus aspectos.

Ler o resto da entrada »