A potencia dos Resident Evil de 3DS

Por: Mércores, 12 de Xaneiro de 2011, 12:11 COMENTAR

Como saberedes, a próxima consola portábel de Nintendo, a 3DS, contará con dous Resident Evil, o Revelations e o Mercenaries, e polo que puidemos ver nos seus tráilers, creo que serán os máximos representativos da potencia gráfica da consola.

Neste que vos amoso dividiron o vídeo en dúas partes, a primeira amósanos uns escuros e tétricos corredores mestres que na segunda céntranse máis con control do protagonista.

Neste aspecto supoño que non sorprenderá demasiado aos usuarios, porque parece que copiará aos seus predecesores, pero o que quero ver cos meus ollos son as 3D. Serán tan espectaculares con din algúns analistas?.

Cada vez falta menos, pero xa me impaciento, espero que non defraude.

http://www.youtube.com/watch?v=Kyn21vPGB1U&feature=player_embedded

Vídeo gameplay de Paper Mario 3D

Por: Luns, 10 de Xaneiro de 2011, 12:02 COMENTAR

Esta semana foi característica pola cantidade de tráiles da 3DS que sacaron á rede. Como moitos xa era vistos, vóuvos poñer este de Paper Mario que foi un dos que máis me chamaron a atención.

Gráficamente parece estar a unha altura bastante alta e polo pouco que se veu intúese gran cantidades de escenarios e situacións.

Ademais, penso que a 3DS é a consola máis idónea para este título, porque se en anteriores Paper Mario había que xogar cos dous planos e a profundidade, imaxinádevos o que pode chegar a ser xogar coas 3D reais.

Haberá que telo moi en conta.

Okamiden para o 18 de marzo

Por: Mércores, 3 de Novembro de 2010, 11:58 COMENTAR

Hai varias cuestións a comentar nesta noticia. A primeira é que o título promete ser un dos obrigatorios para a Nintendo DS, e supoño que sobrará decir todas as razón, pero por se acaso:preciosista apartado gráfico,historia memorable,control (esperemos) intuitivo e sobre todo,adicción alegre e simpática sumerxíndonos nun mundo verdadeiramente bonito.Ata aquí ningún problema,pero agora comentemos a segunda cuestión.
Que pretenderá Capcom sacando este videoxogo xusto na época na que a esperada 3DS sairá á luz?.Non sei moi ben o que pretende porque aínda que Okamiden é un dos títulos máis resaltábeis penso que os espectadores de Nintendo estarán moito máis pendentes coa nova consola que por un “simple” videoxogo.
Pola miña parte conto probar o Okamiden antes que a próxima consola,pero sigo sen ver moi claro este movemento de Capcom,veremos despois nas ventas.

3DS mestura caras

Por: Martes, 5 de Outubro de 2010, 11:11 COMENTAR

Pois aquí outra das tantas habilidades que terá a próxima portábel de Nintendo coa súa cámara 3D, e para demostralo, os dous grandes cabecillas de Nintendo (Miyamoto e Iwata) deixáronse utilizar para o experimento.

O resultado? a continuación,pero eu xa estou pensando noutros temas máis simpáticos.

Qué pasaría se puxesen ante a cámara un can e unha persoa?

Desta forma se ve Snake Eather en 3DS

Por: Xoves, 30 de Setembro de 2010, 9:34 1 COMENTARIO

O mellor Metal Gear Solid da historia fará a súa aparición na próxima portábel de Nintendo e aínda que isto non é ningunha novidade, creo que ata que se ve esta vídeo con gameplay non se sabe ata que punto chega a calidade deste título.

E neste punto entremos no debate de se Snake se ve mellor na Playstation 2 ou aquí, eu non me atrevería a dar ningunha opinión xa que paréceme que están a un nivel moi igual, pero claro, se na 3DS lle engadimos que estará en tres dimensións quizáis leve o premio gañador.

Será mellor que vexades e xuzguedes.

Data de saída e prezo de 3DS

Por: Mércores, 29 de Setembro de 2010, 20:26 COMENTAR

nintendo3ds2

Por fin podemos saber (parcialmente) cando e canto nos custará adquirir a nova revolucionaria portábel de Nintendo. Digo parcialmente, porque oficialmente só falaron no país nipón, aínda que abonda para facer un breve valoración do que nos pode custar.

En canto á saída, rumoreouse ben tempo que podería saír en Xapón o 11 de novembro, pero finalmente non será así, e terán que esperar ata o 26 de febreiro de 2011 e con relación á chegada a occidente mencionaron que sairía no longo de marzo, aínda que non especificaron o día en concreto.

Pero vamos o que realmente interesa, a que prezo sairá?, pois os xaponeses terana a 25000 yens, que facendo o cambio estaría en 221 euros, polo que se pode intuír que finalmente estará a 250€, porque está claro que farán unha aproximación cara arriba e non cara abaixo.

Así que xa sabedes e xa podedes valorar se vos vai convir ou non, persoalmente e tendo en conta que a cotrosa PSP Go está a este mesmo prezo tampouco me parece unha esaxeración, pero ao mesmo tempo sabendo que Nintendo no fai rebaixas nas súas consolas, quizáis atraería a máis xente se estivese a 200€. Aínda así, e vendo a impresionante cantidade de compañías que están desenrolando para esta consola, creo que para mín vai ser unha compra obrigada.

Como funcionan as 3D da Nintendo 3DS?

Por: Xoves, 9 de Setembro de 2010, 22:27 2 COMENTARIOS

Como saberedes, a nova portátil de Nintendo vai traer a capacidade de mostrar imaxes tridimensionais directamente. Isto é, non van ser necesarios ningún tipo de anteollos especiais. Pero… como é iso posíbel?

– Por que se ven as cousas en 3D?

O efecto 3D é un efecto óptico. Trátase de enganar ao ollo pensando que existe profundidade nunha imaxe plana. Isto lévase facendo dun xeito rústico toda a vida, por exemplo nos cadros pintados ao óleo, onde o artista xogando con sombras e tamaños crea a ilusión de que hai cousas en primeiro plano e outras máis atrás, cando en realidade o cadro é plano.

No caso do que se coñece hoxe en día como 3D é un chisco diferente. A visión tridimensional dos animais vén do feito de termos dous ollos. Na vida real cada ollo recibe unha imaxe lixeiramente distinta dada a súa posición diferente na cara e despois o cerebro encárgase de montalas e crear a imaxe que vemos finalmente. Para comprendelo tapade o ollo esquerdo e, acto seguido e sen mover a cabeza, destapádeo o tapade o dereito. Vese que a perspectiva é diferente segundo vexas cun ollo ou co outro.

Pois as pantallas 3D fan iso, mostran unha imaxe diferente a cada ollo para que o cerebro as monte creando unha ilusión. Isto pódese facer de varios xeitos, como o mítico das fotos que se vían cuns anteollos que tiñan un plástico vermello e outro verde, un para cada ollo. Iso impedía que cada ollo vise certas partes da imaxe, o que creaba unha perspectiva da imaxe diferente para cada ollo que o cerebro unía creando a ilusión das 3D. (Ai, míticos fascículos de dinosauros da miña tenra infancia…)

– Como se poden ver 3D sen anteollos?

Fronte ao método habitual con anteollos, chamado estereoscopía, existe un outro método que recibe o nome de autoesteroscopía. A autoesteroscopía é, de xeito xeral, toda a tecnoloxía que permite ver imaxes con sensación de 3D directamente na pantalla. Actualmente, o método que se usa para isto é Parallax Barrier (barreiras de paralelaxe). E este é, meus amigos, o método que usa a Nintendo 3DS.

– Si, si, moi interesante todo iso… pero como carallo funciona?

En primeiro lugar non hai motivo para ser tan groseiro coas preguntas. E que é iso de usar palabróns? Non ves que este blogue pode ser lido por nenos?

Pois ben, o método este das barreiras de paralelaxe é simple. Entre a pantalla de cristal líquido e a luz de detrás ponse unha barreira descontinua. Esta barreira provoca que cada ollo vexa unha imaxe diferente, que ao se uniren no cerebro crearán a sensación de 3D. Para comprendelo, sería como unhas reixas. O ollo dereito non pode ver certas partes do que hai detrás delas que si pode ver o ollo esquerdo e vice versa. Fagamos unha experiencia para velo: Colle un lapis e pono a media distancia entre a túa vista e o computador e fixa a vista neste texto. Se fechas o ollo esquerdo verás que o lapis tapa unha parte deste texto, se fechas o dereito verás que o lapis tapa outra parte distinta do texto, e se abres os dous verás que o lapis se ve esvaido e consegues ler todo o texto sen problemas. Pois iso a un nivel moito máis pequeno é o que fai o efecto.

Isto ten outra vantaxe, que é que se pode desactivar ou activar o efecto pondo ou quitando a barreira. Así, podemos escoller entre ver a imaxe en 2D ou en 3D, cousa que non permite o método dos anteollos. Incluso, regulando a barreira, pódese regular a intensidade do efecto.

– E se este método é tan abraiante, por que non se usa nas TV e nas salas de cinema?

Porque ten moitas eivas insalvábeis polo momento. Para comezar, tes que situar a pantalla totalmente recta defronte de ti, non vale outro ángulo de visión. Á parte, a pantalla non pode estar a máis de 60 cm dos teus ollos, porque a máis distancia tamén deixa de funcionar o efecto.