Dous meses antes de que saíse a 3DS:

(Barullo de fans): Bla, bla, bla, bla… que ben van saír dous Resident Evil para a 3DS, bla, bla,bla, dous Resident Evil tío, bla,bla, bla…

Dous meses despois de que saíse a 3DS:

(Barullo de fans): Bla,bla,bla, pero que trapallada é este Resident Evil: Mercenaries, pero que é isto… bla,bla,bla… e a isto chámanlle Residen Evil?…

Agora só queda un dos dous Resident Evil que ía saír, a nosa gran esperanza despois do prototipo anterior, o Resident Evil: Revelations, e aínda que non confío demasiado neste xogo, quero ser algo positivo (sempre hai que ser positivos), e despois de ver o seguinte vídeo, atrévome a dicir que pode saír algo bo.

Polo menos sabemos que teremos unha aventura de verdade (mellor ou peor), cos bechos típicos de Resident Evil (o certo é que son típicos despois da cuarta entrega) e unha atmosfera bastante agobiante.

Esperemos ver o Resident Evil que todos esperamos.

Máis novidades de “Mario Kart 7”

Por: Mércores, 16 de Novembro de 2011, 13:00 COMENTAR

Apenas faltan un par de semaniñas para que a próxima entrega de Mario Kart chegue á 3DS, e aínda que estamos nunha etapa na que saen á venda demasiados títulos de tan boa calidade, ninguén se debe esquecer de Mario Kart 7.

Para iso Nintendo pon á nosa disposición un novo vídeo no que nos presentan aínda máis novidades das que xa sabiamos, como un novo poder, novos personaxes, localizacións, etc.

Non sei até que punto vale a pena ver estos vídeos demostrativos, porque o propio título do xogo fala por si só.

Parece que temos un luns de vídeos promocionais, e o certo que todos de excelente calidade. Se fai unhas horas amosábavos o vídeo de Modern Warfare 3, agora tócalle a Nintendo facer os seus vídeos promocionais para os xogos máis esperados para novembro, é dicir, o Super Mario 3D Land, que sairá o vindeiro día 13 para 3DS e o esperadísimo Zelda: Skayward Sword, que ten previsto saír o 20 de novembro para Wii.

Estos vídeos son moito máis divertidos que o feito por Activision pero concorren na mesma temática, é dicir, mesturar realidade con ficción pero todo rodeado cun humor e ambientación típica de Nintendo.

Así até da gusto ver publicidade.

Mario Kart 7 contará cun volante oficial

Por: Martes, 25 de Outubro de 2011, 16:27 COMENTAR

Uhhhh,vaia notición verdade?, por suposto, eu se non fose polo que me río con estas novas non as plasmaría na páxina, pero o certo é que me fan bastante graza.

O mencionado volante ven da man da compañía Hodi e custará uns 12 euros ao cambio.

O certo é que aínda non está confirmado que este periférico chegue a occidente, pero vendo a enorme repercusión desta saga non me extrañaría absolutamente nada. Como vedes na imaxe, o periférico non deixa de ser un anaco de plástico onde se introduce a consola, moi parecido a…claro ao volante que trae o Mario Kart Wii, e onde teño eu ese volante?, pois o certo é que non o sei moi ben, quizáis debaixo do sofá?, dentro da caixa da Wii?, no caseto do can?… quen o sabe.

E agora diríxome a Nintendo:

Por que sacades estas trangalladas que non supoñen nada para o propio videoxogo, é máis, aínda lle restan diversión, porque alguén controla o Mario Kart co volante?, repito, alguén de máis de 10 anos controla o Mario Kart Wii co volante?, dubídoo moito.

Pero bueno, outro trebello inútil que chamará a atención dos máis pequenos, o que suporá un aumento das ventas por parte da xente que nin sequera desfrutará do videoxogo, só máis millóns…ahhh, mira ti que listos os de Nintendo…

Pero como non lle vou dar a miña confianza ao Sonic Generations?,e non me refiro só aos vídeos que nos amosan os de SEGA, os cales xa dixen en máis dunha ocasión que me gustan moito, senón á grande idea por parte da compañía de poñer o Sonic orixinal (o primeiro, o inicial, o que lanzou ao ourizo á fama) como complemento desbloqueábel.

Toma, toma, como debe ser, parece que SEGA está tomando as decisións correctas neste proxecto que pretende revivir a un ourizo con moi pouca saúde e que pretenden enchelo de vitalidade con este Sonic Generations.

Confianza é a palabra, e mirémolo polo lado bo, no caso que non resulte entretido de todo, sempre podemos volver a xogar o clásico Sonic: the Hedgehog.

Agradécese moito ver este tráiler por varias razóns. A primeira delas é que se trata de Mario, e para unha persoa que naceu e medrou con este personaxe xa significa algo bo. E segundo porque trae certas novidades que impacientan aínda máis os seguidores do fontaneiro.

Por un lado vemos máis escenarios dos que nos mostraran (todos igual de fermosos e coloridos) e por outro lado mostra pequenas “chiscadelas” do que suporá este novo Mario. Observar por uns prismáticos para gañar unha vida, lanzarse desde un canón (que me lembrou o Mario 64), empregar trebellos para saltar máis alto, etc.

A diversión parece non rematar cun personaxe que, a pesar da cantidade de títulos que saca, continúa a ter unha calidade excelente. E así é como presta, porque sabemos que será unha aposta segura para calquera usuario da 3DS.

E volveume dar a mesma sensación que os anteriores vídeos. É dicir, gostei. A velocidade do ourizo azul volve renacer, e con el volven as esperanzas dos seguidores do Sonic. Aos poucos vamos vendo diferentes escenarios e unha variedade de situacións é moi ampla.

Se todo vai ben, o 4 de novembro saberemos quen ten razón entre AmilGZ e eu. Será outro xogo frustrante do Sonic, ou volveremos ver o ourizo renacido?

Os xogos da NES do Programa Embaixador da 3DS

Por: Martes, 30 de Agosto de 2011, 17:56 COMENTAR

Migallas de pan

Supoño que recordades todo o que supuxo que a Nintendo 3DS baixase de prezo tan drasticamente. E tamén o método que quixeron empregar os da Nintendo para acalmar a furia dos que xa compraramos a súa consola a 250 euros.

Pois claro, o seu Programa Embaixador (ese que regalaba 20 xogos a todos aqueles usuarios frustrados da Nintendo) está prestes a comezar. No día 1 de setembro poderemos descargar gratuitamente os 10 primeiros videoxogos da NES.

Os títulos escollidos son os seguintes:

  1. Super Mario Bros.
  2. Donkey Kong Jr.
  3. Balloon Fight
  4. Ice Climber
  5. The Legend of Zelda
  6. Wrecking Crew
  7. Mario Open Golf
  8. Yoshi’s Egg
  9. Metroid
  10. Zelda II: The Adventure of Link

Non sei, vós contabades con algún máis?

De todos os xeitos aínda nos resta por saber cales serán os xogos da GBA que nos obsequiarán, mais de aquí a finais de ano aínda hai tempo.

Tráiler do multixogador do ‘Star Fox 64 3D’

Por: Sábado, 27 de Agosto de 2011, 14:55 COMENTAR

Todos sabemos que a Nintendo aposta polos remakes, e que moitos dos xogos da 3DS son en realidade xogos da N64 (como os da GBA eran da SNES). A cuestión non é esa, a cuestión é… que máis ten?

Despois do éxito que tivo o Zelda: Ocarina of Time 3D, o 9 de setembro chégalle a vez ao Star Fox 64 3D. Nel encontraremos, basicamente, o mesmo que no Star Fox 64 (chamado Lylat Wars na Europa), con gráficos mellores e efecto 3D. Con todo, haberá unha novidade salientábel, o modo multixogador. Este modo é a mellora que máis están a publicitar, e por algo será. Vede o vídeo e habédelo de entender.

Pois si, o próximo proxecto da SEGA será un título para a 3DS . O seu nome completo será (ponde atención), Rhitmic Phantom Thief R: Inheritance of the Emperor Napoleon, que traducido sería algo como O ladrón fantasma rítmico R: A herdanza do imperador Napoleón. Trátase dunha aventura musical en que encarnaremos un ladrón e axudarémoslle a roubar certos artículos de valor.

Como se desenvolverá a aventura? Deberemos premer os botóns da 3DS no momento adecuado (mesmo empregar o sensor xiroscópico).

Parece ser que a compañía xa conta co apoio de varios compositores de videoxogos, polo que a selección musical pode ser todo un acerto.

Á parte aseguran que o título xa se encontra a 50%, de modo que esperamos ter novas deste videoxogo relativamente cedo.

Eu xa estou a agardar un gameplay para ver concretamente como se desenvolverá, e con que sexa a metade de divertido que o Elite Beat Agents, xa me conformo.

Gameplay de Super Mario 3D Land

Por: Luns, 22 de Agosto de 2011, 16:00 COMENTAR

Coa chegada de calquera consola de Nintendo todos os xogadores agardamos pacientemente a que saquen un novo Mario, porque faga o que faga (da igual que cambie de estilo ou siga estelas anteriores) sempre acaba sendo un xogazo.

Na 3DS chegará Super Mario 3D Land que mesturará o típico tempo nas fases até chegar á bandeirola final cos mundos abertos das últimas aventuras do fontaneiro.

Dende a GamesCom chéganos o gameplay do primeiro escenario onde vemos un par de trasnformacións de Mario, as plataformas coas que nos atoparemos e os ítems que deberemos ir collendo.

A min o xogo tenme unha pintaza, non sei se estarei condicionado por se tratar dun xogo de Mario, pero case estou seguro que será un xogo divertidísimo, e seino porque Mario aínda non me fallou.

Por certo, por que os que gravan estos vídeos sofren todos artrose e parálise nos dedos?, porque dende logo moita habilidade xogando non teñen.

Como saberedes en Colonia estase a celebrar a GamesCom, feira con cada vez máis seguidores e que ano a ano quita protagonismo ao E3.

Pois o ourizo azul tamén estivo por alí e deixouse ver en forma dun novo tráiler de minuto e pouco onde a velocidade volve ser a protagonista, como non podía ser doutro xeito.

Despois de visualizalo un par de veces, que queredes que vos diga? Continúame agradando o que vexo.

Sei que ten partes irregulares, mais a selección de escenarios, a maneira de percorrelos, a variedade nas situacións e sobre todo a forma (rápida e continua) de superalos fai que siga con esperanzas para o próximo título de Sonic, que chegará ás nosas tendas en novembro.

Esperemos que cumpra as miñas expectativas aínda que xa hai persoas que tiveron un primeiro contacto con el e non trouxeron moi boa opinión. Verdade Amil? De todos xeitos darei a miña valoración dentro de tres mesiños e por primeira vez prefiro que Amil non teña nada de razón.