A triloxía de Phoenix Wright chegará á 3DS

Por: Mércores, 22 de Xaneiro de 2014, 12:05 COMENTAR

phoenixPolo de momento só no continente nipón, mais estes “ports” rematan extendéndose a todos os continentes. Así, poderedes revivir as tres aventuras deste avogado na vosa 3D.

Seguen as portábeis sen ideas novas? Parece que si.

nintendo-logo

Nintendo, esa gran compañía que na súa época de ouro cautivou a milleiros de persoas que non dubidou en abandonalos para centrarse exclusivamente nos casual gamers.

No seu primeiro tramo nesta estratexia foille xenial, mais agora está a sufrir as consecuencias da falta de innovación, así o confirma a propia compañía sacando os números de ventas tanto nas consolas como nos videoxogos.

Tanto o hardware como o software están moi lonxe dos seus obxectivos iniciais, adiantanto que sufrirá perdas de 336 millóns de dólares por non vender o suficiente nas súas consolas.

Concretamente agardan que neste tempo vende apenas 2.8 millóns de Wii U, fronta as 9 millóns que prevían, e 13.5 millóns de 3DS fronte ás 18 millóns de unidades que debían.

Se falamos dos videoxogos un tanto do mesmo, nin na consola de sobremesa nin na portábel conseguen acadar os obxectivos establecidos deixando á compañía con enormes perdas neste ano fiscal.

Cal será a decisión de Nintendo para solucionar isto? Continuar así?

next level games

Next Level Games, creadores de Luigi´s Mansion 2 ou Marios Strikers, aclaran a relación con Nintendo e comunican que traballarán exclusivamente con Nintendo.

A partires de agora só faremos produtos de Nintendo. Estamos moi felices da nosa relación con Nintendo.

Non hai razón para buscar noutro lado. Cada vez dannos mellores e mellores IPs para traballar, e mentres sigamos facendo o noso traballo e elaborando bos videoxogos para eles, non hai razón para aventurarse a facer outras cousas.

Parece que Nintendo quere seguir na súa política de realizar videoxogos exclusivos para eles. Personalmente penso que xa lle está a pasar factura, tempo ao tempo.

bravely-default-flying-fairy
O título creado por Square Enix para a Nintendo 3DS chegará ao mercado europeo o vindeiro 6 de decembro.

Este RPG de estilo xaponés conta cun sistema de combate por turnos tan coñecido nos títulos de Square Enix, como os da saga Final Fantasy, e aproveitará as funcionalidades de realidade aumentada da videoconsola portátil de Nintendo.

O título orixinal chegou ao mercado xaponés en outubro de 2012 baixo o título Bravely Default: Flying Fairy. O vindeiro 9 de decembro chegará ao mercado nipón unha nova versión denominada Bravely Default: For the Sequel, que conta con certas melloras no sistema de combate con respecto á versión orixinal. A versión que chegará ao mercado europeo estará baseado nesta última.

Hideki-Kamiya

Hideki Kamiya, creador entre outros xogos de Devil May Cry, Viewtiful Joe, Okami ou Bayonetta realizou unhas declaracións na que menciona que estaría interesado en realizar un par de Spin-Offs, un de Bayonetta para Nintendo 3DS e outra de Okami.

Dous xogazos, na que con relación a Bayonetta agardamos a súa continuación con certo temor, polo que as palabras do xenio xaponés agora pertencente á desenvolvedora Platinum Games, soan con máis gratitude.

Se tivese a oportunidade, gustaríame realizar un xogo baseado en Jeanne, de Bayonetta. Algo que non sexa dunha escala tan grande, algo que sexa portábel, que poidas xogar en sesións rápidas donde ela é unha profesora de historia, coas cousas divertidas que poderían saír dunha situación como esta.

Tampouco faltaron as palabras para Okami:

Se puidese saír coa miña, tamén me gustaría sacar un spin-off de Okami, menos centrado na idea grandiosa de salvar o mundo, como o mundo máis pequeno das fadas de Issun.

Deixemos un tempo de reflexión para que as ideas de Kamiya se convertan en proxectos claros, porque todo que toca esta persoa resulta como mínimo interesante.

Nintendo 2DS, a «3DS económica»

Por: Xoves, 29 de Agosto de 2013, 9:00 2 COMENTARIOS

nintendo-2ds
A compañía Nintendo acaba de anunciar o seu novo modelo de videoconsola portátil, a Nintendo 2DS.

Este novo redeseño, permitirá aos xogadores desfrutar de todo o catálogo da DS e 3DS, só en dúas dimensións, iso si. Polo demáis, seguirá tendo as demáis características da 3DS: dobre pantalla, conexión inalámbrica e pantalla táctil. Incluirá tamén unha tarxeta de memoria de 4GB e un punteiro como o da 3DS XL.

Unha das pegas que se poden apreciar cun primeiro vistazo é que, a diferenza dos modelos anteriores, non se pode pregar á metade cando non xoguemos, ocupando así moito máis espazo e deixando desprotexidas as pantallas ante posibles danos por accidentes.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 12 de outubro.

layton-7-artwork-1

Level 5 acaba de anunciar nun pequeno evento realizado por eles que están traballando nunha nova entrega do Profesor Layton que se vai titular Layton 7.

Non só o nome chama a atención deste novo título, senón que o xogo será lanzado para 3DS e para plataformas IOS e Android.

E non, non rematan aquí as sorpresas, porque as imaxes amosadas pola propia compañía desvélannos un xogo moi diferente ao que temos visto nos títulos anteriores.

O novo xogo foi resumido como:

Un xogo de puzles no que es un personaxe e compites por puntos.

Despois desta sorprendente noticia só temos que agardar novos datos e facernos a seguinte pregunta, sentaralle ben á saga semellante cambio?

layton-7-screens-1

Nintendo 3DSA consola máis vendida no Xapón continua sendo a 3DS de Nintendo, superando esta semana os 12 millóns de unidades vendidas dende o seu lanzamento. Estes son os datos do reso de consolas:

3DS:(total de ano: 2.268.364;dende lanzamento 12.048.244).
PlayStation Vita:(646.303; 1.777.128)
PlayStation 3:(544.964; 9.405.048)
Wii U:(409.092; 1.036.379)
PSP:(333.055; 19.962.066)
Wii:(53.121; 12.691.957)
Xbox 360:(17.285; 1.631.119)

Sonic the Hedgehog para Android e iOS

Como xa anunciaban os nosos compañeiros de Código Cero, SEGA acaba de publicar o xogo de Sonic primixenio para móbiles. E por unha vez os de SEGA fixeron as cousas ben, cunha versión mellorada, e non as emulacións trapalleiras ás que estamos afeitos (o Sonic Classics Collection da DS aínda me provoca náuseas…). Así, teremos a primeira aventura do ourizo a 60 fps, formato panorámico, e con interesantes engadidos como usar a Tails ou a Knuckles. Todo isto por 2,81€ na Google Play Store e na App Store.

E as novidades móbiles non acaban aquí, senón que xa hai rumores de que están a preparar algo semellando para o Sonic the Hedgehog 2. E sumade a isto a versión mellorada do Sonic CD, que está dispoñíbel desde hai tempo por 2,80€ (Google Play, App Store). Sen dúbida, non habedes de encontrar forma mellor de rexogar estes clásicos… a non sei que teñades unha Mega Drive, claro. Todos os xogos lucen máis bonitos se se xogan na súa plataforma orixinal.

SEGA e Nintendo, do odio ao amor hai só un paso

Atrás fican os tempos de rivalidade entre segueiros e nintendeiros. Os tempos do “Genesis does what Nintendon’t”. Tempos de loitas encarnizadas entre quen defendía a supremacía do ourizo azul e quen vivía enganado pensando que un fontaneiro italiano podía ser mellor. Todo iso xa pasou. Hoxe en día Nintendo e SEGA camiñan de mans dadas pola rúa mentres ollan un para o outro con cariña romántica.

Aonde quero chegar? Pois a que SEGA e Nintendo asinaron unha colaboración pola cal sairán 3 xogos exclusivos de Sonic para as consolas de Nintendo. Isto significa que haberá 3 novos xogos do ourizo para a Wii U e/ou a 3DS que non sairán en ningunha outra plataforma.

Deses 3 xogos exclusivos de Nintendo sabemos o seguinte:

  • Dun deles non se falou nada, non se sabe que é o que estarán a argallar.
  • Outro deles, presentado no Nintendo Direct do 17 de maio, será un novo Mario & Sonic nos Xogos Olímpicos de Inverno para a Wii U. Non moita cousa…
  • E o terceiro deles será o Sonic Lost World, do que imos falar no seguinte apartado.

Sonic Lost World

Antonte no web TSSZ filtraban a nova de que SEGA rexistrara o dominio www.soniclostworld.com. E onte mesmo a propia SEGA, desde a súa páxina do Facebook, publicaba o seguinte:

Sonic.Lost.World

No Nintendo Direct que mencionamos antes, o mestre Satoru Iwata dixo que sería un “xogo de acción, plataformas e aventuras exclusivo para Wii U e 3DS” e que teríamos máis información acerca del no E3. Que podemos agardar del, un xogo bo ou un fiasco?

Continuaremos a informar.

No día de onte celebrouse o Nintendo 3DS Direct e aínda que se anunciaron varios títulos, sen dúbida o máis salientábel foi a presentación da segunda entrega do xenial xogo The Legend of Zelda: A Link to the Past.

Esta será unha aventura completamente nova, unha secuela con novos puzzles, novos escenarios e novas posibilidades xogábeis, entre as que destaca a posibilidade de fusionarse coas paredes para acceder a novas zonas, algo que sen dúbida traerá unha alegría a todos.

O título traerá uns gráficos coloridos e en 3D para explotar a potencia da consola, aínda que non é algo que busquemos todos os fans da saga, sabémolo todos.

Este novo The Legend of Zelda non chegará ás tendas até finais deste ano en formato físico e dixital. Agardemos.

Monster Hunter 4, en exclusiva para 3DS

Por: Xoves, 11 de Abril de 2013, 17:50 COMENTAR

Xa queda pouco para a estrea do Monster Hunter 4. O Monster Hunter Tri revolucionou o xénero dos RPG de acción polo seu control orixinal e a posibilade dun xigantesco e salvaxe mundo aberto. O xogo foi anunciado o 20 de setembro de 2012 no Tokyo Game Show, pero o 19 de decembro Capcom declarou nun comunicado oficial que o MH4 sería lanzado no verán de 2013, pois:

O xogo precisa un pouco máis de tempo… para aumentar a súa calidade.

Monster-Hunter-4

Polo de agora, temos confirmada unha serie de novos monstros, así como a reaparición de outros animais presentes en xogos anteriores. Ademais dunha ampla galería de fotos, que Capcom publicou hai pouco, a empresa nipona presentou un tráiler no TGS 2012

 

Batman Blackgate

Aínda que moitos de vós xa estaredes pensando en Batman: Arkham Origins (precuela dos xeniais títulos de Batman e que sairá para as consolas de sobremesa) non podemos esquececernos das portábeis que tamén recibirán a súa ración de home morcego baixo un premisa interesante.

Batman: Arkham Origins Blackgate será un videoxogo para PS Vita e 3DS, realizado por Armature e o que vemos á primeira vista parece que será un xogo que recorde aos tan queridos “oldschool”, é dicir, teremos un título nunha perspectiva en 2D na que deberemos avanzar polos escenarios a medida que imos adquirindo novos gadgets que nos permitirá superar os escenarios que se nos presenten.

Voveremos usar a nosa visión especial

Voveremos usar a nosa visión especial

Entre estes gadgets teremos os xa habituais tirolina, xel explosivo, batarang e sen esquecernos da nosa visión morcego, que nos axudará a recoñecer o escenario.

Así, deberemos escalar, saltar, pelexar e incluso empregar o sixilo na medida do posíbel.

Todos sabemos que os “ports” a portábeis case nunca chegan a bo porto, recordemos o Call of Duty, mais personalmente o que vexo gústame, ou estarei sendo traicionado polos recordos?