NBA_LIVE14

Hai anos, ademais da batalla entre os partidarios do FIFA e os do Pro, había outro enfrontamento, aínda que cuantitativamente menor nestes lares, que dividía aos usuarios: escoller entre os xogos da saga NBA Live (os de sempre) ou os “recén chegados” de NBA 2k.

Dito dilema resolveuse unilateralmente cando EA Sports, a compañía creadora de moitas outras sagas deportivas de éxito, decidíu renomear a edición que vería a luz a finais de 2010 coma NBA Elite 11, pondo fin así a unha marca iniciada no ano 94 co NBA Live 95. Mais ese cambio xa era debido a un para eles necesario cambio de estratexia, xa que unha saga posterior á súa, os NBA 2k creados primeiramente para Dreamcast no ano 99, víñalle gañando a partida nos últimos anos, tanto en calidade coma en vendas.

Portada prevista do malogrado NBA Elite 11

Portada prevista do malogrado NBA Elite 11

Ao pouco os directivos de EA Sports deberon decatarse de que a batalla estaba máis que perdida, e o novo proxecto NBA Elite 11 foi cancelado mentres se agardaban que sopraran mellores ventos, propiciados pensarían, por unha caída da calidade dos NBA 2k ao carecer de competencia. Mais foi todo o contrario, 2k Sports non se acomodou e foi mellorando o seu xogo edición tras edición, proporcionandonos nos últimos anos o que para moitos é a mellor experiencia de xogo deportivo para consolas. As versións 12 e 13 do NBA Elite/Live previstas por EA Sports tampouco chegaron a ver a luz, sendo canceladas en distintos momentos do seu desenvolvemento.nba-2k14-next-gen-graphics-xbox-one-playstation-4-hd-preview

E é agora, coa chegada da nova xeración, cando EA Sports ve a oportunidade de relanzar o seu proxecto. Na mesma data de saída das novas Xbox One e PS4 os seareiros do basket teremos de novo varias opcións entre as que escoller: a espectacularidade, os equipos de Euroleague e o apadriñamento de Lebron James do NBA 2k14 e esta renacida proposta do NBA Live 14, recuperando a denominación orixinal, que vemos neste trailer:

 

Aínda é cedo para posicionarse, pero a primeira impresión é que a loita ten toda a pinta de voltar a ser desigual.

O NBA2k14, do que amosamos nesta nosa web a portada e a novidade de poder escoller equipos de Euroleague, amosase agora neste vídeo en todo o seu esplendor, no que será a súa versión para PS4

Podedes comparar neste outro video as diferencias coa versión actual de Xbox360 e PS3

Polo menos neste caso, o salto xeracional semella xustificado.

Primeiro anuncio para televisión de PS4

Por: Martes, 15 de Outubro de 2013, 11:20 COMENTAR

Co 29 de novembro coma data de saída á venda en Europa, nos USA, onde o lanzamento é o día 15 de dito mes, xa se puido ver, durante un encontro de fútbol américano, o primeiro anuncio televisivo de PS4. Nel salen referenciados xogos coma Killzone Shadowfall, Driveclub ou Deep Down, xunto co eslógan “Greatness awaits” (a grandeza agarda).

Retrasase o videoxogo de Rambo

Por: Mércores, 9 de Outubro de 2013, 9:19 COMENTAR

rambo-the-videogame-hope-police“Rambo the videogame”, do cal xa tíñamos falado en Memoria Pixelada, retrasase polo menos ata xaneiro de 2014. En principio tiña prevista a súa saída a finais do setembro pasado, mais Reef Entertainment non deu cumprido os prazos (ou non se atreveu a competir cos grandes xogos que ven a luz estas semanas).

Posta de longo de GTA Online

Por: Martes, 1 de Outubro de 2013, 11:43 COMENTAR

actual_1380327011

Hoxe é o día no que Rockstar lanza GTA Online, a plataforma multixogador do ‘Grand Theft Auto V’ que está destinada a convertir Los Santos nunha cidade en constante cambio. Debido á expectación xerada, desde Rockstar ofrecen os horarios e detalles sobre o inicio de GTA Online na súa web.

Ler o resto da entrada »

36506.retron-5-xl

Se pensabamos que o Retrode era a útima opción para xogar cos nosos cartuchos de 16 bits, a compañía Hyperkin quere demostrarnos que estabamos equivocados, e rizan o rizo sacando ao mercado a multiconsola RetroN 5, unha nova consola que fusionará os sistemas de catro plataformas clásicas: Nes, Super Nes, Mega Drive e Game Boy Advance (tamén Game Boy e Game Boy Color) e engadindo ao software o adaptador Sega Power Base Converter tamén se poderá facer uso dos cartuchos de Master System. RetroN 5 é a sucesora de RetroN 3, que saía en 2010 sendo compatible cos tres primeiros sistemas antes indicados.

Ler o resto da entrada »

080913-general-chaos

imaxe promocional da nova versión

Ou polo menos eso é o que pretenden desde Game Refuge, o equipo creativo responsable do xogo orixinal, se consiguen o orzamento suficiente mediante unha campaña de crowfunding en Kickstarter. “General Chaos II: Sons of Chaos”,  nome co que sería bautizado o xogo vería a luz para ser xogado en PC e alcanzando maiores niveis de financiamento tamén contaría con versións para Xbox360 e PS3.

Ler o resto da entrada »

wii-sports

Portada do Wii Sports, o xogo máis vendido da historia

A poucos días de que saia ao mercado o agardado GTA V, moitos son os que lle agoiran un enorme éxito de vendas, mais moito vai ter que vogar o xogo de RockStar se quere liderar o top dos xogos máis vendidos da historia que ven de publicar a revista Forbes, do cal vemos a seguir os primeiros postos e as súas millonarias vendas:

  1. Wii Sports (Wii, 81,11 millóns de copias)
  2. Super Mario Bros (NES, 40,2 millóns de copias)
  3. Mario Kart Wii (Wii, 33,53 millóns de copias)
  4. Wii Sports Resort (Wii, 31,51 millóns de copias)
  5. Pokémon Rojo y Pokémon Azul (Game Boy, 31,31 millóns de copias)
  6. Tetris (Game Boy, 30,26 millóns de copias)
  7. New Super Mario Bros (Nintendo DS, 29,07 millóns de copias)
  8. Wii Play (Wii, 28,71 millóns de copias)
  9. Duck Hunt (NES, 28,31 millóns de copias)
  10. New Super Mario Bros. Wii (Wii, 26,73 millóns de copias)

A predominancia dos xogos de Nintendo é tal que, para atopar un xogo non desenvolvido ou publicado pola “gran N” teríamos que baixar ata a décimosexta posición, onde nos atoparíamos, curiosamente, co Grand Theft Auto San Andreas.

Podedes ver os 200 primeiros postos da listaxe aquí.

retrodeMoitos somos os que almacenamos cartuchos de 8 e 16 bits na casa, sen ter na maioría das ocasións as vellas consolas en estado operativo. Ata agora, pouco máis podíamos facer que mirar para a nosa colección e xustificarnos díante da familia decindo que os gardamos porque gañan valor co paso do tempo e dentro duns anos venderemolos nunha cuantiosa operación comercial argallada por internet. Mais mentres non chega ese intre, o dispositivo Retrode permitenos utilizar cartuchos da Super Nintendo e da Mega Drive (incluíndo adaptadores tamén Nintendo 64 e mesmo Master System) en calquera ordenador con porto USB, sexa Linux, PC ou MAC.

Sabemos que hoxe en día en moitas webs se poden emular as rom’s de todo o catalogo desas consolas, e o dispositivo Retrode ten un custo duns 65€, mais ademais de asegurarte a procedencia totalmente lícita dos xogos, volver xogar ao teu cartucho do Gunstar Heroes non ten prezo! E mesmo coa posibilidade de recuperares as partidas gardadas hai anos neses cartuchos.

Xbox One aturaría 10 anos encendida

Por: Sábado, 3 de Agosto de 2013, 17:18 COMENTAR

xbox one oneO maior desacougo para os usuarios dunha Xbox 360 era a aparición das “tres luces vermellas da morte”, tamén coñecido por “anel vermello da morte”. Este fallo de hardware deixaba inservible a consola e foi un verdadeiro problema tanto para os usuarios coma para Microsoft, que vía desbordados os seus servizos de atención ao cliente ao ter que repoñer todas as máquinas afectadas.

A compañía non se pode permitir que a súa próxima consola experimente os fallos que sufríu a anterior. Desta forma, Xbox One ten sido deseñada para que teña, ao menos, unha vida asegurada de 10 anos, nos que podería estar sempre encendida e conectada.

Xbox 360 coas temidas “tres luces vermellas da morte”, o que implicaba botar unhas tres semanas sen consola, ata que che mandaran outra desde Alemaña

Fontes relacionadas coa fabricación e desenvolvedores que tiveron acceso ás primeiras unidades declararon que o maior tamaño da nova consola facilitará a dispersión da calor e que ademais se puxo moito empeño en reducir ao máximo o ruido que produce, xa que é unha máquina que está pensada para un funcionamiento constante, en moitos casos no salón.

Desta forma, os desenvolvedores aseguraron aos medios especializados que o ruido emitido pola consola, tanto en “stand-by” coma en funcionamento, é practicamente inapreciable durante case calquera actividade. Unicamente se aprecia o ruido do ventilador mentres se utilizan xogos e o procesador AMD ten que funcionar a pleno rendemento.

 

 

cruce-do-volga

Escena da película “Enemigo a las puertas”, previa ao cruce do Río Volga en Stalingrado

A saga bélica de videoxogos más coñecida da última década “Call of Duty”, bebe moi directamente de multitude de episodios acontecidos nos campos de batalla, tanto a nivel histórico coma de enfrontamentos recentes ou lamentablemente previsibles no futuro, para as últimas e máis modernas versións.

Mais foi no seu inicio, aló polo 2003, cando todos ficabamos pegados ás pantallas dos nosos ordenadores ante as espectaculares e potentes cinemáticas que se nos amosaban, algunha delas copiada tal cual de filmes de éxito coma este cruce do Volga no inicio de “Enemigo a las puertas”, e é que a ver quen se atrevía a non facerlle caso aos comisarios e non “avanzar, avanzar…!!”

Outras escenas desta película foron tamén incluídas coma partes xogables nalgunhas versións do Call of Duty, así que completaremos noutra ocasión este artigo, mentres tanto: coñecedes outras escenas sacadas de películas e trasladadas ao mundo dos videoxogos?

SFII-MS

Recentemente facíamos un exercicio de memoria (pixelada) para lembrar algúns dos mellores xogos da Master System. Afondando no mesmo exercicio de nostalxia profunda producida ao volver á preadolescencia, topamos curiosidades descoñecidas para a grande maioría dos gamers, coma a versión de Street Fighter II para os 8 bits de Sega.

Ler o resto da entrada »