ps4-xboxone
Tal como comentou nunha entrevista James Armstrong, conselleiro delegado de PlayStation en España e Portugal, a nova PlayStation 4 gáñalle a partida á súa consola rival Xbox One por 3,5 a 1 en vendas no mercado español, a pesar de levar 7 días menos no mercado.

Dende o seu lanzamento o pasado 29 de novembro, lévanse vendidas 80.000 unidades de PlayStation 4 en España. Se os datos son certos (haberá que ver que ten que dicir Microsoft…), un simple cálculo dinos que a Xbox One leva unhas 23.000 unidades vendidas.

Pero Armstrong tamén confirmou que seguen a traballar duro para cumprir coa demanda inical, pois entre 12.000 e 15.000 prevendas aínda non puideron ser cubertas.

blackbeards-wrath
Ubisoft ven de confirmar o lanzamento do primeiro DLC para o «Assassin’s Creed IV: Black Flag», baixo o título «Blackbeard’s Wrath», que engadirá tres novas personaxes dipoñibles para o modo multixogador:

“Blackbeard, empuñando unha espada e moi mal xenio non está para bromas. A súa reputación como temido pirata faille xustiza e os seu movementos para matar inclúen o uso da súa tremenda forza para lanzar aos seus obxectivos e facer que perdan o equilibrio para, a continuación, rápidamente rematalos cun golpe limpo.”

“Orchid é unha asasina mortal amiga dos templarios medrou na China, servindo como conselleira militar na dinastía Quing, onde perfeccionou as súas habilidades de asasina. Executa aos seus opoñentes rápida e gracilmente coa súa katana, unha extensión do seu corpo e da súa mente.”

“Jaguar Cuali, guerreiro azteca de México, chegou ao mar para loitar contra a conquista española de América Central. Un loitador que sobrevivíu á destrución da súa comunidade e xuntou forzas cunha crecente continxencia de Templarios nativos que buscaban renovar a paz e a orde. Impulsado por unha forza mística, Jaguar loita como o seu homónimo animal, atacando de xeito rápido e silencioso coa súa arma favorita: unha discreta macheta.”

Estará dispoñible a partires do vindeiro martes, 17 de decembro por 2,99 € e está incluído dentro do “pase de tempada” (19,99 €).

rayman_origins
Dous anos despois do seu lanzamento orixinal, os usuarios de Mac poderán desfrutar do «Rayman Origins» a partir deste xoves, 12 de decembro, grazas ao traballo do estudo Feral Interactive.

O prezo recomendado é de 19,99 €.

«Fez» acada o millón de vendas

Por: Martes, 10 de Decembro de 2013, 9:00 COMENTAR

fez
Tal como confirmou o estudo Polytron na súa páxina web, o xogo indie de plataformas xa superou a cifra do millón de vendas.

Polo de agora o xogo está dispoñible para Mac, PC e Xbox 360. Está previsto o lanzamento das versións para PlayStation 3, PlayStation 4 e PS Vita en 2014, polo que de seguro esta cifra seguirá a aumentar.

En xuño anunciaron que estaban a traballar na súa secuela, mais pouco tempo despois, o propio Phil Fish confirmaba que abandonaba o proxecto e o mundo dos videoxogos, polo que o «Fez II» foi cancelado.

dying-light
Neste novo vídeo presentado o pasado sábado durante os VGX Awards, o estudo Techland, creadores da saga «Dead Island», amósanos novas imaxes do seu novo proxecto «Dying Light» (outro de zombies…).

Podemos ver o xogo funcionando a 1080p na súa versión para PlayStation 4 e como funciona o sistema de combate e como podemos movernos pola cidade.

Está previsto o seu lanzamento para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One nalgún momento de 2014.

Novo tráiler de «Thief»

Por: Luns, 9 de Decembro de 2013, 17:00 COMENTAR

thief
Eidos Montreal publicou este sábado un novo tráiler do seu novo e agardado proxecto: «Thief».

O lanzamento está previsto para o 28 de febreiro para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

snowdrop-engine-the-division
“Un verdadeiro motor gráfico de nova xeración”. Así nos presenta Ubisoft o seu novo motor gráfico «Snowdrop Engine» neste vídeo ambientado no xogo «The Division».

Para demostrar o nivel gráfico que poden conseguir con este novo motor, amósannos, entre outras cousas, como afecta a hora do día e os efectos climáticos aos cambios de iluminación e como reacciona o entorno á destrución que causemos nel.

O lanzamento de «The Division» está previsto para a segunda metade do ano 2014 para PlayStation 4 e Xbox One, mais dende a compañía non descartaron o seu lanzamento para PC, debido ás peticións da comunidade de xogadores.

quantum-break
Neste novo tráiler publicado esta mesma fin de semana polo estudo Remedy o director creativo Sam Lake amósanos as primeiras imaxes dentro do xogo de «Quantum Break».

Como podemos ver no vídeo, os personaxes do xogo contarán co poder de manipular o tempo. A historia do xogo dependerá das decisións que tomemos durante a nosa campaña.

Polo de agora non se coñece a data de lanzamento, mais está previsto que chegue ás tendas durante o vindeiro 2014 para a Xbox One.

destiny
A compañía Bungie ven de confirmar o vindeiro 9 de setembro de 2014 como data oficial de lanzamento do seu videoxogo «Destiny».

Anunciado para PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One este ambicioso shooter multixogador futurista será o primeiro traballo do estudo Bungie despois do Halo.

“Destiny sempre representou un novo comezo para o noso equipo. Soñamos cunha Bungie renovada e independente. Atopamos socios dispostos a apostar forte por algunhas das nosas novas ideas tolas.”

“Primeiro, compartimos os piares de deseño de Destiny hai menos de un ano. Prometemos redefinir o que os xogadores deben agardar dun xogo de Bungie. Dixemos que queriamos cambiar como xoga a xente xunta. Puxemos o listón alto. Para nós, Destiny representa unha oportunidade única na vida.”

“Dende entón, Destiny seguíu a revelar a súa promesa. Cada nova versión achéganos á nosa visión orixinal. Con eses obxetivos en mente, pretendemos utilizar cada momento a partir de agora ata o lanzamento do xogo para garantir que Destiny cumpre coas vosas expectativas e coas nosas.”

“O apoio e entusiasmo inicial con Destiny foi inspirador. Cremos que é a decisión correcta para o noso xogo, o noso estudo e a nosa apasionada comunidade. Grazas por vir connosco nesta aventura.”

Esta fin de semana tamén publicaron un novo tráiler:

Segundo confirmou a compañía, os xogadores de PlayStation 3 e PlayStation 4 poderán probar a versión beta durante o “verán de 2014”.

broken-age
Neste novo xogo de aventuras, Wood porá a voz a Shay, un dos protagonistas.

Segundo confirmou Tim Schafer esta fin de semana, o actor Elijah Wood (@woodelijah), coñecido principalmente por interpretar a Frodo nos filmes da saga «O Señor dos Aneis», ven de unirse ao reparto de actores que porán a súa voz no novo proxecto do estudo Double Fine: o «Broken Age».

Recentemente tamén confirmaron o personaxe de Curtis, o leñador será interpretado polo actor Wil Wheaton (@wilw), coñecido por interpretar o papel de Wesley Crusher na serie «Star Trek: A nova xeración» ou máis recentemente interpretándose a si mesmo como o inimigo mortal do Dr. Sheldon Cooper na serie «The Big Bang Theory».

Para os que non coñezades este videoxogo, anteriormente coñecido baixo o nome «Double Fine Adventure», en marzo de 2012 conseguíu recadar algo máis de 3,3 millóns de dólares na súa campaña na web Kickstarter.com.

Máis información na páxina oficial.

ffviii
Xa está dispoñible para descarga dixital este videoxogo do ano 1999 a través da plataforma Steam a un prezo de 12,99 €.

Como novidade, o xogo inclúe dúas novas características: o “Magic Booster” que aumentará en 100 a maxia seleccionada e o minixogo “Chocobo World”, concebido orixinalmente para a PSOne PocketStation.

Máis información na ficha en Steam.

snowdrop-engine-the-division
Con este breve vídeo, Ubisoft anuncia a presentación o vindeiro luns, 9 de decembro, do seu novo motor gráfico Snowdrop Engine que empregarán no Tom Clancy’s: The Division.

O lanzamento de “The Division” está previsto para a segunda metade do ano 2014.