dayzDespois de pouco máis de 24 horas á venda en Steam, a versión alpha de «DayZ» xa superou as 172.500 copias vendidas, segundo publicou o CEO do estudo Bohemia Interactive, Marek Španěl, no seu propio Tumblr.

Cartel oficial do filme «Need for Speed»

Por: Mércores, 18 de Decembro de 2013, 23:45 COMENTAR

nfs-poster0
Como xa vos informamos anteriormente, a produtora Dreamworks está a traballar na adaptación cinematográfica do videoxogo «Need for Speed».

Con Aaron Paul (máis coñecido polo seu papel como Jesse Pinkman na serie «Breaking Bad») á fronte, levarán á pantalla grande a velocidade e persecucións que deron fama á saga de videoxogos.

Hoxe mesmo publicaron o cartel oficial do filme:
nfs-poster

O lanzamento está previsto para marzo de 2014.

Xa dispoñible a beta de «SteamOS»

Por: Luns, 16 de Decembro de 2013, 16:00 COMENTAR

steamos
Valve ven de publicar a versión beta do seu sistema operativo baseado en Linux, o SteamOS

Dende a compañía afirman que esta versión beta non é apropiada para usuarios sen certos coñecementos técnicos e que non é un produto rematado, mais ofrecerá unha mellora de rendemento significativa.

Outro punto importante é que polo de agora soamente soporta certo hardware, pero están a traballar para aumentar a compatibilidade. É recomendable ler a páxina de «Preguntas e respostas de SteamOS» antes de probar a beta.

“SteamOS definitivamente non é un produto acabado preparado para un usuario non técnico.”

“Dito isto, xa podemos usalo nas nosas salas de estar. Estamos moi animados sobre o que é e o que vai ser. E cantos máis de vós o probedes e nos contedes as vosas experiencias, máis rápidamente puliremos as arestas.”

“Os usuarios non deben considerar SteamOS como o remprazo para o seu sistema operativo de escritorio. SteamOS está a ser deseñado e optimizado para unha experiencia na sala de estar.”

Podedes descargar a beta dende a súa páxina en Steam.

logo-nintendo-1

logo-nintendo-2

logo-nintendo-3

Como mudaron o logotipo dende os seus comezos a finais do século XIX…

Vía | BeforeMario.com

«The Last of Us», versión Lego

Por: Luns, 16 de Decembro de 2013, 13:00 COMENTAR

Como sería a versión Lego de «The Last of Us»

Vía | Brian Anderson

rainbow-six-patriots
O directivo de Ubisoft, Laurent Detoc, admitíu que o anunciado shooter Rainbow Six: Patriots non funcionaba e terá que ser feito de novo.

“Nós tiñamos o equipo. Eles tiñan unha boa idea. Comezaron a traballar e entón o xogo non estaba a funcionar. Así que tiveron que comezar de novo.”

“Hai un grupo editorial en Ubisoft, un gran grupo, con moitas influencias. Se o xogo non é suficientemente bo, din que non é suficientemente bo. A maior parte do tempo, o equipo dirá: «Si, sabémolo.» Pero outras veces, queren que sigas nunha dirección na que dis: «Non, non vai funcionar.»

“É un deses exemplos no que o intentas e, se non funciona, volves a intentalo. Se segue sen funcionar, non volo imos entregar así.”

Este videoxogo do estudo Ubisoft Montreal foi anunciado en 2011 e despois demorado a 2013, antes de demoralo para o lanzamento nas consolas de nova xeración. Este shooter táctico terá unha historia que capturará a realidade do terrorismo moderno.

Polo de agora, nada se sabe dunha posible data de lanzamento.

«The Room», de balde en iOS

Por: Venres, 13 de Decembro de 2013, 16:00 COMENTAR

the-room
O xogo «The Room» está agora dispoñible de balde en iTunes.

Publicado en 2012 polo estudo Fireproof Studios, «The Room» gañou ese mesmo ano o BAFTA ao mellor xogo británico, ademáis de ser nomeado o Xogo do Ano de Apple.

Dende o seu lanzamento, conseguíu vender máis de 3,8 millóns de copias.

the-room-1

the-room-2

A segunda entrega, «The Room Two» foi publicada onte mesmo, mais polo de agora, en dispositivos iOS, só está dispoñible para iPad. Ten un prezo de 4,49 €.

Máis información do xogo na súa fícha en iTunes.

fm5
Está previsto que a vindeira semana Turn 10 publique unha nova actualización para o «Forza 5» que reducirá os prezos dos coches ata nun 45% do valor actual, ademáis de aumentar os cartos obtidos por disputar carreiras.

Pouco despois do seu lanzamento, recibíu moitas críticas por parte dos xogadores pois entendían que eses elevados prezos nos coches non era se non unha medida para “forzar” aos xogadores a obter os coches mediante micro-transaccións.

Esta actualización tamén introducirá dous novos modos multixogador: «Drag Racing» (carreiras de aceleración) de ata 16 xogadores e «Tag» que contará coas tres variantes xa coñecidas das entregas anteriores da saga: «Manter a marca», «Virus» e «Pasar a marca».

fable-anniversary
Microsoft anunciou o vindeiro 7 de febreiro como data de lanzamento en Europa do «Fable Anniversary», nova versión do «Fable: The Lost Chapters» (2005), versión estendida do xogo orixinal de 2004.

A nova versión para Xbox 360 contará con novos logros, taboas de clasificación, novo sistema de gardado e novos gráficos en alta definición con iluminación e animación potenciados polo motor gráfico Unreal Engine 3.

fable-anniversary-1
fable-anniversary-2

Ademáis da mellora gráfica apreciable nas capturas anteriores, dende Lionhead tamén teñen pensado engadir novos contidos a este novo xogo, como a compatibilidade con SmartGlass.

Máis información na páxina oficial.

steam_machines
Dende o seu anuncio a finais de setembro, as «Steam Machines» preséntanse como unha boa competencia ás videoconsolas de nova xeración.

Antes de lanzalas ao mercado, a compañía Valve quixo que 300 usuarios as puxeran a proba, así que abríu un período de inscrición ata o pasado 25 de outubro.

Xa en pleno decembro, a partir de mañá, día 13 (ollo os supersticiosos…), a compañía comezará a enviar esas 300 unidades de proba aos afortunados usuarios gañadores, que recibirán na casa o pack formado por unha Steam Machine (haberá varios modelos con diferentes configuracións) e un Steam Controller. Ademáis, nestas unidades de proba irán instalados varios xogos que corren nativamente no sistema operativo SteamOS.

GTA-Online
Onte mesmo, RockStar publicaba unha actualización para o GTA Online que incluía como principal novidade unha versión Beta do creador de contidos que xa anunciaran fai tempo.

Polo de agora, este creador permítenos crear carreiras (normais, GTA ou Rally tanto terrestres como acuáticas ou aéreas) e partidas a morte (todos contra todos ou por equipos).

gta-online-creator

Para os que non sodes moi dados ao modo multixogador, tamén hai novas interesantes, pois esta mesma semana RockStar anunciou que ten plans para incorporar novas misións na historia de Michael, Franklin e Trevor durante o vindeiro ano 2014.

the-elder-scrolls-online
A compañía Bethesda anunciou como data oficial de lanzamento do seu agardado MMORPG «The Elder Scrolls: Online» o vindeiro 4 de abril de 2014 nas súas versións para PC e Mac, mentres que nas versións para PlayStation 4 e Xbox One haberá que agardar ata xuño de 2014.

O director do xogo, Matt Firor comentou:

“A creación do xogo vai moi ben.”

“Xa completamos a maioría dos sistemas do xogo e estamos a centrarnos en facer deste Elder Scrolls o xogo que agardades: pulindo as centos e centos de horas de contido, facendo os combates máis entretidos, arranxando erros nas búsquedas e moito, moito máis.”

Sobre o lanzamento dous meses máis tarde para as consolas comentou:

“A demanda mundial de «The Elder Scrolls: Online» é extraordinariamente alta. Isto supón que necesitamos facer un lanzamento escalonado das diferentes versións do xogo e evitar a sobrecarga inicial dos servidores e asegurar unha experiencia de xogo agradable.”

“Non é só un xogo o que vamos lanzar, é un gran servizo en liña e a nosa primeira prioridade é asegurar un lanzamento estable e sen problemas para todo o mundo.”

Ademáis do anuncio da data de lanzamento, tamén publicaron este novo tráiler, no que podemos ver “centos de xogadores loitando uns contra os outros”.