Novos vídeos do filme «Need for Speed»

Por: Xoves, 9 de Xaneiro de 2014, 10:00 COMENTAR

nfs-poster0

A pouco máis de dous meses para o lanzamento da adaptación cinematográfica da saga de carreiras «Need for Speed», a compañía Dreamworks segue a promocionala publicando novos vídeos do filme. Nesta ocasión traémosvos dous vídeos:

No primeiro vídeo podemos ver como o protagonista Jesse Pinkman, perdón, quero dicir Aaron Paul, tivo que mellorar as súas habilidades ao volante para a rodaxe do filme.

Neste segundo vídeo, amósannos o traballo detrás das cámaras do equipo de especialistas encargados de facer realidade as escenas de acción do filme.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 14 de marzo.

gamestopAs accións da compañía GameStop sufriron onte unha caída do 9 por cento tras o recente anucio de Sony do lanzamento do seu servizo PlayStation Now.

2K Games cancela a saga «MLB 2K»

Por: Mércores, 8 de Xaneiro de 2014, 14:00 COMENTAR

mlb2k13
A compañía 2K Games ven de anunciar que cancelan a saga de béisbol MLB 2K, polo que o MLB 2K13 será o derradeiro xogo.

“Decidimos non renovar a saga MLB 2K para 2014.”

“Estamos moi orgullosos dos logros acadados polo equipo responsable de MLB 2K e agardamos con interese as súas contribucións aos nosos futuros títulos, incluíndo NBA 2K, a franquía de baloncesto mellor valorada pola industria e a que máis copias vende.”

A compañía eliminou da súa páxina web toda mención á saga de béisbol, polo que todo parece indicar que o contrato de licencia remataba o día 31 de decembro.

Despois do sorpresivo lanzamento do MLB 2K13 o pasado marzo, esta última entrega recibíu numerosas críticas, pois básicamente era un MLB 2K12 cunha actualización dos elencos de xogadores dos equipos.

Esta cancelación deixa a MLB 14: The Show como único xogo da liga americana de béisbol anunciado para este 2014 para as consolas de Sony, deixando sen alternativas aos xogadores de Xbox 360 e Xbox One.

sony-playstation-now
Tal como anunciou Andrew House durante a presentación de Sony na feira de electrónica de consumo CES que se está a celebrar en Las Vegas, o novo servizo PlayStation Now permitirá desfrutar dos títulos da PlayStation 3 e PlayStation 2 en numerosos dispositivos de Sony, como smatrphones e tablets Sony Xperia, SmartTV’s Sony Bravia, PS Vita e PlayStation 4 e, en certos casos, nalgúns dispositivos con conexión a Internet doutras marcas.

O lanzamento está previsto para o vindeiro verán, pero este mesmo xaneiro lanzarán unha versión de proba. Polo de agora, só estará dispoñible nos Estados Unidos e non hai data de lanzamento prevista en Europa.

Segundo o anuncio, este novo servizo permitiranos, por exemplo, pausar o xogo nun dispositivo no salón para seguir xogando noutro na nosa habitación.

Polo de agora non se coñecen nin as tarifas que terá o servizo, nin como se controlará o xogo nestes novos dispositivos.

dayz

Nunha nova entrada no blogue de DayZ, Marek Španěl, CEO de Bohemia Interactive, confirmou que non agardan alcanzar a versión beta do xogo DayZ antes de finais deste 2014.

Polo de agora, seguen a traballar en pulir e mellorar a versión alpha e eliminar os numerosos erros. A lista de prioridades de traballo que teñen son:

  • Rendemento, estabilidade e seguridade dos servidores.
  • Animais e caza.
  • Cociña e acopio de recursos.
  • Vehículos personalizables.
  • Construccións creadas polos xogadores no entorno.
  • Interacións máis complexas co entorno e opcións de artesanía.
  • Simplificación das accións de usuario e interface.
  • Control e animacións ampliadas e melloradas para mellor fluidez.
  • Mellora no motor gráficos e físicas
  • Soporte para mods e maior flexibilidade para partidas aloxadas polos usuarios e modos de xogo.

Con máis de 875.000 copias vendidas en menos de tres semanas dende o seu lanzamento, o xogo está dispoñible en Steam, por 23,99 €

«Halo 5» para 2014

Por: Martes, 7 de Xaneiro de 2014, 22:00 COMENTAR

Halo

Rob Semsey (Rob Semsey), relacións públicas de Microsoft, confirmou que lanzarán unha nova entrega da saga Halo para Xbox One, pese a que non estaba incluído na recentemente publicada lista de lanzamentos para 2014.

Segundo Semsey, non se incluíu nesa lista porque aínda non foi anunciado o nome oficial.

«Far Cry» de rebaixas en Xbox Live

Por: Martes, 7 de Xaneiro de 2014, 21:00 COMENTAR

far-cry-3

Ata o vindeiro día 14 de xaneiro, os membros Gold de Xbox Live teñen a posibilidade de descargar os xogos da saga «Far Cry» con grandes descontos de ata o 75 %.

Título: Prezo orixinal: Prezo rebaixado Desconto:
· Far Cry: Instincts Predator 14,99 3,74 € (-75%)
· Far Cry 2 9,99 2,49 € (-75%)
· Far Cry 2: Fortune’s Pack 4,79 1,19 € (-75%)
· Far Cry 3 29,99 14,99 € (-50%)
· Far Cry 3: Deluxe Bundle 9,49 4,74 € (-50%)
· Far Cry 3: Blood Dragon 14,39 4,74 € (-67%)

«Games with Gold» de xaneiro

Por: Xoves, 2 de Xaneiro de 2014, 21:00 COMENTAR

sleeping-dogs
Seguindo coa promoción «Games with Gold», a compañía Microsoft ofrece de balde durante esta primeira quincena do mes o videoxogo «Sleeping Dogs» (2012) a todos os membros Gold do seu servizo Xbox Live.

Para a segunda quincena do mes, ofrecerán o «Lara Croft and the Guardian of Light» (2010).

EA pecha «Warhammer Online»

Por: Venres, 20 de Decembro de 2013, 14:00 COMENTAR

warhammer-age-of-reckoning
Como xa anunciara hai tempo, Electronic Arts pechou este mércores os servidores de «Warhammer Online: Age of Reckoning» ao rematar o seu acordo de licenza con Games Workshop.

“Queremos agradecer a todos os nosos leais xogadores durante todos estes anos o seu apoio.”

Foi lanzado en setembro de 2008 e rápidamente acadou os 750.000 xogadores, pero, pese ás análises positivas da prensa especializada, só a metade deses xogadores seguían a xogar en febreiro de 2009.

Games Workshop chegou a un novo acordo coa compañía Sega para explotar o universo Warhammer con novos títulos.

Assassins-Creed-IV1
Segundo os rumores, a compañía Ubisoft podería estar a traballar en dúas novas entregas da saga «Assassin’s Creed», unha para as consolas de nova xeración (PlayStation 4 e Xbox One) e outra para as anteriores (PlayStation 3 e Xbox 360). Descoñécese como encaixarán estes lanzamentos para PC e Wii U.

Polo de agora, dende a compañía, non se pronuncian ao respecto destes rumores.

«Steam Holiday Sale 2013»

Por: Venres, 20 de Decembro de 2013, 10:00 COMENTAR

steam-holiday-sale
Xa están dispoñibles as ofertas de Nadal en Steam con descontos de ata o 80%.

Dende este mesmo xoves 19 e ata o vindeiro 3 de xaneiro haberá dous tipos de ofertas: ofertas diarias, que durarán 24 horas e ofertas flash que durarán 8 horas.

Dentro das ofertas diarias, agora mesmo podemos atopar:

Título: Prezo orixinal: Prezo rebaixado Desconto:
· Metal Gear Rising 19,99 € 13,99 € (-33%)
· Space Hulk 27,99 € 9,51 € (-66%)
· Dead Island 19,99 € 4,99 € (-75%)
· The Stanley Parable 11,99 € 7,19 € (-40%)
· BioShock Infinite 29,99 € 7,49 € (-75%)
· Dishonored 29,99 € 7,49 € (-75%)
· Monaco 10,99 € 2,19 € (-80%)
· Batman: Arkham Origins 49,99 € 24,99 € (-50%)
· Assetto Corsa 34,99 € 26,24 € (-25%)

Novo tráiler do «Mario Kart 8»

Por: Xoves, 19 de Decembro de 2013, 12:00 COMENTAR

mario-kart-8
A compañía Nintendo ven de publicar un novo tráiler do «Mario Kart 8».

Neste novo vídeo podemos ver os novos circuítos nun aeroporto, no deserto e polas nubes. Tamén podemos ver que inclúen a Rosalina e as versións “bebés” de varios personaxes.

O lanzamento en exclusiva para a Wii U está previsto para a primavera de 2014.