Valve está a traballar nunha nova entrega dun dos shooters máis exitosos e con máis seguidores: o Counter Strike. Esta nova entrega, denominada “Global Offensive” terá novos modos de xogo, sistemas de clasificacións, opcións de matchmaking, skins, novos escenarios e armas, ademais de actualizar mapas xa coñecidos da versión Source como o clásico de_dust.

Está previsto o seu lanzamento para o primeiro trimestre de 2012 para PC, PS3 e XBOX 360.
Por agora, podedes seguir as novidades na súa páxina oficial de Steam (aínda que nós preferimos que as sigades en Memoria Pixelada, claro.. 😀 :D)

Aquí tedes o tráiler:

Santiago Invaders

Por: Venres, 5 de Agosto de 2011, 11:33 COMENTAR

Creación dos amigos do Rei Zentolo (creo que non precisan presentación, non? xD)

Gears of War: o xogo de mesa

Por: Mércores, 3 de Agosto de 2011, 16:29 3 COMENTARIOS

Acaba de anunciarse o lanzamento do xogo de mesa baseado no mundo do ‘Gears of War’.

Ata catro xogadores tomarán o control de soldados da CGO para destruír a horda Locust e deben traballar xuntos para completar as misións contra o desafiante xogo de enxeño e variado sistema de xogo.

Nesta versión de mesa revivirás momentos clásicos do Gears of War e Gears of War 2. Incluirá unhas 30 figuras, 200 cartas, 9 dados e moito máis.

Tocante ó prezo, por exemplo, en Amazon está por uns 80 $ (uns 57 €, aprox) e dispoñible a partir do 31 de agosto.

Horda 2.0 do Gears of War 3

Por: Martes, 2 de Agosto de 2011, 4:44 1 COMENTARIO

Epic Games vén de publicar este vídeo onde podemos ver algunha das modificacións que terá o modo “Horda 2.0” (maldita manía que se colleu agora co ditoso 2.0 para todo…) no Gears of War 3.

En fin, xa falta menos: 49 días e baixando!!!

8-Bit Assasin’s Creed

Por: Venres, 29 de Xullo de 2011, 0:31 COMENTAR

Que aparencia tería o Assasin’s Creed se o tivesen lanzado nos 80’s??

Neste vídeo podémonos facer unha idea… xDDD


Así é: Microsoft ven de anunciar que coa vindeira actualización para as súas consolas XBOX 360, aparte de outras melloras no sistema XBOX Live, engadirán a posibilidade de realizar pagos mediante PayPal, co que os usuarios terán unha posibilidade máis de pago, sen ter que dar os datos da súa tarxeta de crédito ou mercar as tarxetas de Microsoft Points ou subscripcións a XBOX Live.

Será como consecuencia da filtración masiva de datos persoais e bancarios de millóns de usuarios do ataque sufrido por Sony recentemente??

Ven de rematar o periodo de proba da Beta do Gear of War 3. Vamos facer un pequeno análise das novidades que puidemos ver con respecto ós seus antecesores:

Armas:

 

  • Retro-Lancer: Básicamente é moi similar ó Lancer normal, só que en lugar de ter a tan querida motoserra leva incorporado unha baioneta coa que poderemos facer cargas en carreira para ensartar a todo inimigo que collamos por diante. Para empregala, non temos máis que manter pulsado o botón B, aínda que durante só uns segundos (indicado unha barra na parte superior dereita da pantalla). En canto ós disparos, este arma ten bastante máis retroceso que o anterior, polo que recoméndovos disparar en ráfagas curtas, pois o punto de mira tende a moverse cara arriba rápidamente.

  • Digger Launcher: Con este arma disparamos un proxectil que vai por debaixo da terra ata que estoupa cando colle polo medio a un inimigo. Moito ollo, porque atravesa incluso paredes, así que aínda que esteades a cuberto, poderedes ser víctimas deste arma.

  • Sawed-off: é unha escopeta para usar exclusivamente corpo a corpo, xa que ten un alcance extremadamente curto. Agora ben, destroza todo o que colla. Como di un coñecido meu: “Tiro que mete, familia de loito…”, pero asegurádevos de acertar, porque só ten un disparo de cada vez e tarda en recargarse varios segundos, co que quedaredes expostos nese tempo.

  • Oneshot: Unha nova arma pesada estilo francotirador, cun potente disparo que destroza a todo o que colle por diante. Cando apuntedes con este arma, tedes que deixar que cargue durante un par de segundos, senón o disparo apenas terá potencia e non fará dano ningún. Dende o punto de vista do que recibe o disparo, se vedes unha liña dun láser que vos está apuntando, tratade de poñervos a cuberto ou pronto seredes despedazados.

  • Granadas incendiarias: Non hai moito que dicir, creo eu. Similares ás que xa había, so que en lugar de tinta venenosa ou fume, provocan lume onde caen. Tede coidado que se ven voando e choca convosco, iredes para o outro barrio un pouco chamuscadiños….

Ler o resto da entrada »

Sony deixa de fabricar a PSP Go

Por: Mércores, 20 de Abril de 2011, 15:52 1 COMENTARIO


Acaba de saberse que Sony vai deixar de fabricar a PSP Go nas súas fábricas de Xapón e Reino Unido. O motivo non é outro que o vindeiro lanzamento da nova consola portátil NGP (Next Generation Portable), coa que pretende seguir dándolle guerra á súa principal competidora no campo das portátiles, que non é outro que Nintendo coa DS (con todas as súas versións). Agárdase que a nova consola chegue ás tendas hacia finais deste ano 2011, aproveitando así a época do Nadal.

Sony seguirá coa distribución das existencias ata que se esgoten, polo que pode que vexamos un descenso no prezo.

Xa circula pola rede un novo vídeo in-game do agardado título “Battlefield 3.
Polo que se pode observar, os detalles gráficos que terá o xogo son de moi alta calidade, subindo un pouco máis o listón para os seus competidores neste mundo dos videoxogos onde cada vez se esixe máis e máis nivel de realismo.

Se todo vai ben, está previsto que o videoxogo estará nas tendas aló polo cuarto trimestre deste ano… xa queda menos.

“2014. As forzas da coalición dirixidas polos marines norteamericanos continúan as operacións de pacificación a través das fronteiras iraquí e iraní para recuperar a estabilidade da rexión. As forzas da marina xa estiveron afrontando unha crecente e hostil insurxencia entre Irán e Iraq, próximo a Sulaymaniyah. Os ataques mostran signos de organización. A insurxencia é coñecida como PLR.”

F1 2011, o 23 de setembro

Por: Domingo, 27 de Marzo de 2011, 21:56 COMENTAR

Codemasters ven de anunciar que lanzará a nova entrega do simulador de condución ‘do gran circo’ o vindeiro 23 de setembro para PS3, Xbox 360 e PC. Tamén haberá versións para a Nintendo 3DS e NGP.

Se ven gráficamente a versión anterior estaba moi ben, no apartado da xogabilidade, xerou certas críticas por parte de moitos xogadores, tanto por consideralo demasiado ‘arcade’ como pola cantidade de erros que tiña dende o seu lanzamento e que moitos aínda non arranxaron. Terán que aprender dos seus propios erros en Codemasters se non queren perder prestixio no mundo dos videoxogos de conducción, prestixio que gañara fai tempo con títulos como os Colin McRae, por exemplo.

Haberá que agardar a ver que sucede…

Duke Nukem Forever, por fin???

Por: Martes, 1 de Febreiro de 2011, 15:45 COMENTAR

Duke Nukem Forever

Pois si, fai uns días que 2K Games e GearBox Software anunciaron o lanzamento da continuación da mítica saga ‘Duke Nukem’ que chegará ás tendas (será desta???) o vindeiro día 3 de maio en Estados Unidos e o 6 de maio no resto do mundo. Estará dispoñible para PC, PlayStation 3 e Xbox 360.

Despois de 15 anos dende a saída do mítico ‘Duke Nukem 3D’ (1996), inumerables cambios de datas e ata de compañía, parece ser que será o vindeiro día 6 de maio cando por fin poderemos volver a desfrutar desta máis que coñecida saga de videoxogos.

Duke Nukem Forever

Páxina oficial

Por agora pouco se sabe do xogo, xa que soamente publicaron un pequeno trailer con algunha imaxe “ingame”, mais agardamos que pouco a pouco, segundo se vaia achegando a data de saída, se vexa algunha cousa máis.

Aquí tedes o trailer oficial:

A ver se esta vez é a definitiva e non temos que sufrir outro atraso para poder desfrutar de novo con este videoxogo.

Como anécdota, dicir que o 6 de maio xusto se cumpren 2 anos dende que 3D Realms anunciara a cancelación do proxecto por problemas de financiación, o que lle ocasionou algunhas disputas legais con Take-Two (propietaria dos dereitos de distribución da franquicia). Finalmente, outorgóuselle o traballo a GearBox Software.