Novo tráiler de «Yoshi’s New Island»

Por: Luns, 27 de Xaneiro de 2014, 10:00 COMENTAR

A compañía Nintendo ven de publicar un novo tráiler do vindeiro lanzamento de «Yoshi’s New Island», onde o dinosauro nos demostra as numerosas habilidades que posúe:

O lanzamento está previsto para o vindeiro 14 de marzo para a Nintendo 3DS.

the-banner-saga
A compañía King, creadora do popular «Candy Crush Saga» e similares, presentou unha demanda contra o estudo Stoic, polo título do seu novo xogo «The Banner Saga».

Segundo King, o título “The Banner Saga” moi similar aos seus e pode provocar confusión e erros, o que pode provocar danos á súa marca.

Dende o estudo Stoic comentaron:

“Non imos facer unha saga viquinga sen a palabra “Saga” e non lle temos aprecio a calquera que nolo queira impedir.”

“King.com di que non están tentando impedirnos usar “The Banner Saga”, pero a súa oposición legal contra o noso rexistro da marca permanece. Estamos encantados coas mostras de apoio e a honra de que moitos outros están connosco polo dereito de ter a súa propia Saga. Só queremos facer grandes xogos.”

«The Banner Saga» acadou algo máis de 723.000 dólares na súa campaña de financiación en Kickstarter en abril de 2012, superando, con moito, o obxectivo inicial de 100.000 dólares. Para os que non o coñezades, o xogo é un RPG por turnos cunha ambientación viquinga.

Está dispoñible para descargar en Steam para Windows e Mac.

Anunciado «The Golf Club»

Por: Xoves, 23 de Xaneiro de 2014, 16:00 COMENTAR

the-golf-club
A compañía HB Studios ven de anunciar o lanzamento dun novo simulador de golf, baixo o título «The Golf Club».

“Seguiremos a dar soporte ao xogo con actualizacións, novos contidos, novos campos deseñados por HB, novos obxectos para o creador e, por suposto, escoitaremos aos xogadores de «The Golf Club», facendo os axustes, cambios e engadidos que a comunidade busca.”

O lanzamento está previsto para esta primavera de 2014 para PC, PlayStation 4 e Xbox One.

Máis información na páxina oficial.

kaz
O documental «KAZ: Pushing The Virtual Divide» que trata sobre o «Gran Turismo» e o seu creador Kazunori Yamauchi chega hoxe ao servizo Hulu nos Estados Unidos.

Segundo anuncion a compañía Sony, o documental chegará a outras plataformas, como Sony Entertainment Network, Amazon Instant Video e Crackle, o vindeiro 5 de febreiro.

“KAZ leva ao espectador a través dunha viaxe cinematográfica de dedicación e creatividade a través do obxectivo de Kazunori Yamauchi, o arquitecto detrás do nacemento do Gran Turismo e os seus 15 anos de evolución. O filme amosa imaxes e historias nunca antes contadas por algunha da xente máis influínte na industria automobilística e dos videoxogos.”

O documental foi gravado durante un período dun ano en máis de 12 localizacións ao redor do globo.

the-elder-scrolls-online
Zenimax Online Studios ven de publicar un novo vídeo de 8 minutos de «The Elder Scrolls Online».

Neste novo vídeo, Paul Sage, diretor creativo, Nick Konkle, xefe de deseño de xogabilidade e Dan Crenshaw, xefe de deseño de mazmorras, fálannos do xogo cooperativo deste MMORPG, como nos ataques contra os xefes e outros escenarios no que a cooperación é recomendable.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 4 de abril para PC e Mac, mentres que as versións para PlayStation 3 e Xbox One está prevista para o vindeiro xuño.

Pulp Fiction 8 bit

Por: Xoves, 23 de Xaneiro de 2014, 11:00 COMENTAR

Como tería sido un videoxogo do filme na súa época

Creado por | CineFix

plants-vs-zombies-garden-warfare
A nova entrega de «Plants vs. Zombies», denominado «Garden Warfare», xa está dispoñible para reservar a través de Origin, así como noutras tendas online.

Para anunciar a apertura das reservas, Electronic Arts ven de publicar este novo tráiler do xogo:

O lanzamento está previsto para o vindeiro 27 de febreiro para Xbox 360 (29,95 €) e Xbox One (39,95 €), mentres que a versión para PC (34,95 €) está prevista para a vindeira primavera.

Novo tráiler de «The Last of Us: Left Behind»

Por: Mércores, 22 de Xaneiro de 2014, 21:30 COMENTAR

the-last-of-us-left-behind
A compañía Naughty Dog ven de publicar un tráiler do vindeiro DLC Left Behind para «The Last of Us».

Ellie, xunto coa súa amiga Riley serán as protagonistas da historia deste novo DLC.

O lanzamento está previsto para o vindeiro 14 de febreiro.

brutal-legend
En declaracións a un coñecido medio, Tim Schafer (@TimOfLegend), fundador do estudo Double Fine, afirmou que lle encantaría recrear de novo o mundo de Brütal Legend.

“Encántame ese mundo e encantaríame volver alí. E penso que Jack Black tamén o estaría.”

“Encantaríame volver a ese mundo, aínda que fose cun paquete DLC.”

“Sempre tratamos de conseguir que Lionwhyte volva, cun exército que dirixir. Pode que iso ocorra algún día. Definitivamente, encantaríame facelo.”

thief
A compañía Eidos Montreal ven de publicar os requisitos para PC do seu vindeiro lanzamento «Thief»:

Requisitos mínimos:

  • Sistema Operativo: Windows® Vista
  • CPU: Dual ou Quad Core
  • Memoria RAM: 4 GB
  • Tarxeta gráfica: AMD Radeon 4800 | Nvidia GTS 250
  • Disco duro: 20 GB
  • DirectX®: DirectX® 10

Requisitos recomendados:

  • Sistema Operativo: Windows® 7 ou 8
  • CPU: AMD FX 8000 ou superior | Intel i7 Quad Core ou superior
  • Memoria RAM: 4 GB
  • Tarxeta gráfica: AMD Radeon HD R9 ou superior | Nvdia GTX 660 ou superior
  • Disco duro: 20 GB
  • DirectX®: DirectX® 11

O lanzamento en Europa está previsto para o vindeiro 28 de febreiro para PC, PlayStation 3, PlayStation 4, Xbox 360 e Xbox One.

Novo vídeo de «Rambo»

Por: Sábado, 18 de Xaneiro de 2014, 10:00 2 COMENTARIOS

Rambo-The-Video-Game-600x369
A compañía Reef Entertainment publicou un novo vídeo do vindeiro videoxogo «Rambo», no que controlaremos a John Rambo en escenarios que, se víchedes as tres primeiras películas, vos resultarán moi familiares.

Neste novo vídeo de algo máis de catro minutos podemos ver os diferentes estilos de xogo que atoparemos, dende un modo sixilo para infiltrarnos no fortín inimigo sen ser detectado, ata provocar unha enorme destrución coas armas dun helicóptero.

Pese a estar previsto o seu lanzamento para o pasado inverno de 2013, dende a compañía non se pronuciaron aínda sobre unha nova data de lanzamento, mais está previsto que chegue a PC, PlayStation 3 e Xbox 360 nestes primeiros meses de 2014.

Steam acada os 75 millóns de usuarios

Por: Xoves, 16 de Xaneiro de 2014, 12:02 COMENTAR

Steam_LogoSegundo as cifras publicadas pola compañía Valve, o seu exitoso servizo Steam xa conta con máis de 75 millóns de usuarios, o que supón un aumento de máis de 10 millóns dende o último informe do pasado outubro.